Radio Valladares
ESPERTA VALLADARES
ESPERTA VALLADARES, magazine matinal diario. Analizamos a actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo.
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
ESPERTA VALLADARES - Luns 23/10/2017 23.10.2017 2:00:18
No Esperta de hoxe: -A chamada da cousa con Germán Son sobre os celtas -Tai chi e outras artes marciais con Ricardo Soto, do Clube Falcata -Ana Pérez, presidenta do centro veciñal, comentará a reunión veciñal sobre as molestias ocasionadas pola empresa Benteler -Centenario do Instituto Oceanográfico de Vigo coa súa presidenta, Victoria Besada
ESPERTA VALLADARES - Venres 20/10/2017 20.10.2017 2:00:14
Ás portas da fin de semana, falamos con: -Javier Jiménez, da Fundación Pau Costa, sobre a ecoloxía do lume e a xestión de incendios. -Antonio Caeiro, director do documental "Noite Velada" sobre os 75 anos do grupo teatral Airiños de Asados. -Facemos un percorrido pola historia dos cines en Vigo -E conversamos con Pablo Vázquez, o de multicines Via Norte, único cine da cidade olívica onde se poden...
ESPERTA VALLADARES - Xoves 19/10/2017 19.10.2017 2:00:44
Continuamos afondando nas consecuencias dos lumes con: -Roni, enxeñeiro forestal e profesor de repoboación no centro veciñal -Juan Picos, director da Escola de Forestais da Universidade de Vigo -Lucía Viñas, investigadora experta en contaminación maritíma no Oceanográfico de Vigo
ESPERTA VALLADARES - Mércores 18/10/2017 18.10.2017 2:01:04
No programa de hoxe, continuamos a recoller experiencias vividas durante os incendios desta fin de semana: -Isidro Caseiro, que foi presidente da comunidade de montes. -Felipe Carnotto, fotoxornalista -Adrián Ferro, do colectivo Chan Grande de Freixo -Carmen Boado, do IES Valadares, sobre como aproveitar esta circunstancia no plano educativo -e tamén, coa vivencia de Marcelino, empleado do Ceminte...
ESPERTA VALLADARES - Martes 17/10/2017 17.10.2017 2:00:25
Unha análese completa da situación vivida na nosa parroquia, onde as testumuñas dos protagonistas son arrepiantes. -Grazas a Gregorio Ezequiel Álvarez Pereira e todos os peóns que vos achegastes aquí hoxe a contar como foi intentar controlar ese lume. -A Ana Pérez Davila por esa apelación á responsabilidade e a emoción coa que falaban ambos dos voluntarios, sobre todo da mocidade, coma Rubén Alons...
ESPERTA VALLADARES - Luns 16/10/2017 16.10.2017 2:00:42
O Esperta de hoxe é un especial que recolle as testemuñas dos veciños que viviron os incendios de onte domingo na Serra do Galiñeiro, Monte Alba, Freixo... e arredores de Vigo.
ESPERTA VALLADARES Venres 13/10/2017 12.10.2017 1:59:50
No Esperta de hoxe, voltamos ó Vigo de 1972 con: -IV Concurso de relatos Vigo histórico, convocado pola Editorial Elvira. Falamos co seu editor, Xabier Romero, e coa gañadora do relato, María Rodríguez. -"Vigo 1972. A hora da verdade", película dirixida por Roi Cagiao que se estrea nos cines de Vigo o vindeiro 27 de outubro. -Arturo Correa, traballador de Barreras e vinculado ó Partido Comunista n...
ESPERTA VALLADARES - Mércores 11/10/2017 11.10.2017 2:00:33
Hoxe no programa: -A ceramista viguesa Marta Armada, premio Artesanía de Galicia no 2014 e mención honorífica no Festival Internacional de Cerámica Mino en Xapón. -Festival de poesía Kerouak con Vanesa Álvarez -San Roquers, música local pop, power-pop, con pinceladas punk e pop-rock.
ESPERTA VALLADARES - Martes 10/10/2017 10.10.2017 2:00:59
Hoxe: -Paula Fernández, arquitecta gañadora do Concurso e innovación para espacios hosteleros Hoteles LAB. -E sobre o Pergamino Vindel: co filólogo Kike Estévez e mais a musicóloga Belén Bermejo, da productora de música medieval Sirgo Torcendo.
ESPERTA VALLADARES - Luns 9/10/2017 09.10.2017 2:00:16
No programa de hoxe: -A chamada da cousa, con Germán Son sobre o libro de ciencia ficción "Magnitude Imaxinaria" -O que foi director do colexio Igrexa de Valladares durante máis de 30 anos, Jose Luis Rdguez Santalices. -Os gañadores do premio educativo Young Business Talents, os alumnos do IES Santo Tomé de Freixeiro. Falamos co seu profesor de economía, Victor Garbí.
ESPERTA VALLADARES - Venres 6/10/2017 06.10.2017 2:00:12
Hoxe: -Colexios do Mundo Unido, con Cristina Santamaría. -Desafío Boot Camp 20174 en Samil este domingo 8 de outubro con Daniel, un dos organizadores. -Festicultores, grupo musical de ska ourensano e tamén organizadores do festival Reperkusión. -Axenda cultural da fin de semana.
ESPERTA VALLADARES - Xoves 5/10/2017 05.10.2017 2:00:43
Dende a ría de Vigo para o mundo con: -Conxemar, un percorrido por esta feira do peixe conxelado que está entre as tres mais importantes de Europa -Pepe, mariñeiro de Moaña que andivo toda a vida no Gran Sol e en Terranova. -Toñi, deseñador de redes de pesca en Arcade -Ramón, veleiro... persoa que arranxa e confecciona velas en Baiona
ESPERTA VALLADARES Mércores 4/10/2017 04.10.2017 2:00:46
Hoxe é o día mundial dos animais e imos falar de historias moi sensibles co medioambiente: -Yogures Xanceda. A responsable de márketing Jessica Rei cóntanos a historia desta granxa familiar, o coidado coa natureza e a colaboración coa campaña "Ti elixes" de adopción de cans. -A queixería de Marqués de Valladares en Vigo co seu dono, Alejandro Montes. -O documental "Fíos Fora", sobre a historia do...
ESPERTA VALLADARES Martes 3/10/2017 03.10.2017 2:00:04
Hoxe, programa moi "valladariense": -Ramón Garrido, arquitecto de Valladares e colaborador no centro veciñal que nos falará da eficiencia enerxética na construcción das vivendas e mais da unhas pinceladas a situación do PXOM en Vigo. -Pedro do Bao, escultor que vive nesta parroquia inda que as súas esculturas andan espalladas por moitos recobecos da xeografía galega. E, ademáis, a sección de notic...
ESPERTA VALLADARES Luns 02/10/2017 02.10.2017 1:59:39
Como tódolos luns, comeza a semana: -A chamada da cousa con Germán Son sobre o libro "A invención de Morel" -O circuito de Teatro Amador no Centro Cultural de Valladares durante as próximas fins de semana e a obra do Grupo Escoitade, Peer Gynt. -Opera neste outono no Teatro García Barbón, con Daniel Díaz, director artístico de Amigos de la Ópera de Vigo. -Curiosidades sobre o queixo Camembert.
ESPERTA VALLADARES Venres 29/09/2017 29.09.2017 1:59:59
Ademáis da axenda cultural para o sábado e o domingo, falamos sobre: -"Deseñando o teu futuro", programa de orientación laboral a escolares de valladares visitando empresas para coñecer os distintos oficios. -Los Marcianos, música indie made in Vigo. -Curso de regueifa no Centro de Oralidade de Vigo con Josinho da Teixeira.
ESPERTA VALLADARES Xoves 28/09/2017 28.09.2017 1:59:18
Moi televisivo este Esperta: -Recordamos os concursos da tele que xa non están... e que nos gustaría que volveran polos vos recordos que traen. -O novo concurso das tardes da TVG: Ti verás. Visítanos no estudio o presentador destas matrioskas, Roi Vázquez. E tamén: -Xuventur 2017, programa de educación non formal para a mocidade en espazos naturais con elevado interese turístico. -Curso de baixo n...
ESPERTA VALLADARES Mércores 27/09/2017 27.09.2017 2:00:45
Esperta Valladares moi "design": -Retranca galega nas camisetas do Rei Zentolo con Pablo, unha das cabezas pensantes. -Mala Musa: mixturando persoaxes históricas con letras do reggaeton. Cóntannolo as súas deseñadoras, Laura e mais María. -Deseñador de moda "made in Valladares": Diego Lago.
ESPERTA VALLADARES Martes 26/09/2017 26.09.2017 2:00:24
Tentamos achegarnos á xestación subrogada como opción á maternidade falando con: -Aurora González, secretaria e portavoz da asociación pola xestación subrogada en España. -Ramón García, unha familia de Lugo que ten uns bebés xestados nun ventre de alquiler en Ucrania. Ademáis, Judit, psicóloga da Cooperativa Miudiño, cóntanos sobre o obradoiro "Educar en familia" que se inicia este xoves e remata...
ESPERTA VALLADARES Luns 25/09/2017 25.09.2017 1:56:27
Comezamos a semana: -A Chamada da Cousa con Germán Son sobre a Alquimia -Os concursos da tele comentados por Pedro Davila, veciño de Valladares que participou na Ruleta da Fortuna e figurante en series da tv. -Moda retro nos bares co Jukebox (que busca decorar a fachada con cintas de música) e o Local dos 80's (atrezzado con trebellos ochenteros). -E finalizamos con comentarios da xente que estivo...
ESPERTA VALLADARES Venres 22/09/2017 22.09.2017 1:59:31
Comeza o Revoltallo!!! No estudio: -Breo e Rubén, organizadores durante 14 anos do festival -Aúreas, recreando a música dos anos 20 -Títeres na túa casa, co espectáculo "A illa" -Un repasiño ó cartel do Revoltallo 2017
ESPERTA VALLADARES Xoves 21/09/2017 21.09.2017 2:00:23
Hoxe falamos de patimonio da auga (fontes, lavadeiros, regadíos muiños e augas comunais) con: -Alberto Villaorroel, responsable de área veciñal en Valladares, e coa concelleira de medioambiente de Mos, polos inventarios que se fixeron nos últimos anos. -E do Camiño da auga, unha romería que festexa todo este patrimonio en Tortoreos (As Neves). Tamén nos visita o baixista, Rubén Palomo, profesor de...
ESPERTA VALLADARES Mércores 20/09/2017 20.09.2017 2:00:39
Hoxe falamos de: -Arqueoloxía con Mar Cortegoso sobre as salinas de Oia -Danza moderna con Ana Paula, monitora do grupo As Sereas de Valladares -E de música cos pianistas Iván Fernández e Yamini e co grupo de "power folk" Ulträqäns
ESPERTA VALLADARES Martes 19/09/2017 19.09.2017 2:00:55
Falamos de deporte feminino e a súa presencia nos medios de comunicación con: -María Bugarín, xornalista especializada en deportes. -Flic Flac Vigo, que veñen de gañar a medalla de bronce no Campionato do Mundo en Portugal co seu entrenador, Jorge Méndez. -Equipo de fútbol feminino de Valladares, co seu entrenador Gabi Couñago. E tamen falamos cun dos grupos que actúan este finde no Revoltallo: Mo...
ESPERTA VALLADARES Luns 18/09/2017 18.09.2017 2:00:10
Hoxe: -A Chamada da Cousa, con Germán Son sobre as letras das cancións heavys. -Bolos celtas. -O show de Rambanepasi, con Animación A Troula, que van estar no Revoltallo esta fin de semana. -Tertulia cos primeiros organizadores do Revoltallo: Carlos, Graciela, Kandi e Ángeles.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.