Radio Valladares

ESPERTA VALLADARES

Society GL ↓ 1526 episodes

ESPERTA VALLADARES, magazine matinal diario. Analizamos a actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo.

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Radio Valladares

Category

Society

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Sep 29, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

ESPERTA VALLADARES Venres 15/09/2017 15.09.2017

Como todos os venres, a axenda cultural do finde. E ademáis, falamos do Festival Rei Sol na costa de Oia cunha chea de actividades entorno ós petroglifos durante os próximos dous días. Tamén nos visitan Servando Barreiro e Miguel Anxo para falar do libro de contos infantil musicado "Mel, unha mosca agradecida" e Doro Piñeiro, para contarnos da escola de teatro do centro cultural de Valladares.

ESPERTA VALLADARES Xoves 14/09/2017 14.09.2017

Imos dar un repasiño polos inicios do curso escolar coa tertulia sobre os coles. No estudio: - Carmen Boado, xefa de estudios do IES Valadares -Bertila Fernández, presidenta do FOANPAS (Federación de Asociación de Nais e Pais de Alumnos) -Carmen Baz, asesora de organización escolar e diversidade no CRF (Centro de Formación de Recursos do Profesorado)

ESPERTA VALLADARES Mércores 13/09/2017 13.09.2017

Un variado musical para a metade de semana. Os Vacalouras, banda irreverrente chegada dende Teis. E Jaime Vilas, profesor de piano e acordeón no Centro Cultural. Ademáis da súa faceta de profesor, tamén nos contará do seu percorrido vital como músico.

ESPERTA VALLADARES Martes 12/09/2017 12.09.2017

Tertulia feminina sobre a arte urbana con Vanessa Álvarez, deseñadora gráfica, e con Lorena Arévalo do colectivo Til Diacrítico. Recoñecemento ás dez atistas callejeras mais coñecidas no mundo. Iremos escoitando algúns dos grupos que estarán no Revoltallo de Música Emerxente a finais de setembro. E tamén falará con nós Antonio Lero, sobre o novo curso na Unión Musical de Valladares.

ESPERTA, VALLADARES luns 11/09/2017 11.09.2017

Hoxe no programa tivemos a sección de Germán Son, 'A Chamada da Cousa', na que falamos do Mercurio. Tamén falamos con Logonautas, unha empresa que se adica a ensinar robótica ós máis cativos e por último falamos con Diego Troncoso, un veciño da parroquia que nos conta a sua experiencia no estranxeiro.

ESPERTA VALLADARES Venres 09/09/2017 08.09.2017

Pois hoxe falamos con Charo, secretaria do Centro Cultural do seu funcionamento. Tamén, falamos de fotografía con Alberto Costas Barreiro, fotógrafo oficial da parroquia e profesor do curso que comezará neste mes. Ademáis do repaso da axenda de ocio, falamos máis extensamente desta terceira xornada da Romería do Alba deste 2017 con conexión en directo. Por último, Uxío, actor en laberinto sangrien...

ESPERTA VALLADARES Xoves 7/09/2017 07.09.2017

Moi futboleiro este Esperta. Entrevista ós árbitros de Valladares Pérez Pallas e Roberto Maceira. E a continuación, únense a tertulia 3 entrenadores do Clube de Fútbol Valladares para falar do papel dos árbitros, da relación cos entrenadores e futbolistas, dos nenos que están nas escolas de fútbol, das reaccións dos pais... E unha nova sección chega á radio: o concurso de Leti, non é Saber e Gañar...

ESPERTA VALLADARES Mércores 6/09/2017 06.09.2017

No Esperta de hoxe falamos sobre as novas inventivas para facer ximnasia: jumping muiñeira, spinning... e das excusas para non ir ó ximnasio. Tamén nos acompaña no estudio Leni, a profesora das Cantareiras do Alba, que nos ven contar como van ser as clases este ano e mais tamén fai un percorrido polos grupos nos que ela toca (Pandereteiras Tanxedoras, Pelica de Cans, Os cuncheiros e Escarabellos)....

ESPERTA VALLADARES Martes 5/09/2017 05.09.2017

Volta ó cole!!! Comezan os cursos no Centro Veciñal e falamos con Sergio, o profe de guitarra. E con Benigno, mestre de Valladares xa xubilado que ensinou moitos anos en Vincios.

ESPERTA VALLADARES Luns 4/09/2017 04.09.2017

Comezamos a semana!! Para os que non subístedes mirar ós carros de bolas de Freixo o sábado, ahí vai un resumo. E coma tódolos luns, Germán e a súa Chamada da cousa. Aderezamos o programa con noticias moi moi moi curiosas.

ESPERTA VALLADARES Venres 1/09/2017 01.09.2017

Fin de semana ás portas e o Esperta de hoxe ven moi artístico! -Caligrafía con Jorge Regueira, que hoxe expón en Moscú na 6ª Exposición Internacional de Caligrafía -Espazos Sonoros, festival de música antiga, medieval e barroca en diferentes espazos de interese cultural e patrimonal de varios municipios e Galicia -E arte sobre rodamentos coa baixada de carros de bolas de Freixo. -Tamén a axenda cu...

ESPERTA VALLADARES Xoves 31/08/2017 31.08.2017

No programa de hoxe falamos co Instituto ourensán de desenvolvemento económico (INORDE) sobre as investigacións que está a levar a cabo o centro agrodandeiro sobre a pataca. E tamén de música electrónica co grupo Chimpum Flash Sound Sistem.

ESPERTA VALLADARES Mércores 30/08/2017 30.08.2017

No programa de hoxe falamos de series: Netflix e HBO. E para descubir o porque enganchan tanto, falamos co guionista galego para series da TVG, Raúl García. Seguindo no mundo cinematográfico, tamén temos con nós a Francis, profesor de artes plásticas, que está a dar un obradoiro sobre Stop Motion no campamento xuvenil do centro veciñal. Na recta final do programa, falamos da Travesía a nada "Desaf...

ESPERTA VALLADARES Luns de San Campio dende o torreiro 28.08.2017

Especial San Campio. 4 horas de directo para contar o que está pasando no torreiro de festas. A baixada das carrozas, retransmitimos a misa, tamén o concerto da Unión Musical de Matamá e falamos con todos os que vos achegástedes ó adro para saber se sodes de vermú ou de viño, se ides á tarde as cucañas, se ides comer marisco ou cordero, tiramos da vosa memoria para encher este directo de anécdotas...

ESPERTA VALLADARES Venres 25/08/2017 25.08.2017

Xa chegou San Campio, finalmente!!! -Os detalles relixiosos, co cura Ángel. -A parte festeira, con Ce Orquesta Pantasma e o espectáclo "O Xogueteiro" e mais coa Orquesta Charleston Big Band. E tamén para os que onte estivéstedes de romería no Alba, ahí van os comentarios que lle fóstedes deixando ás reporteiras mais dicharacheiras do Cepudo. E agora sí, a desfrutar da festa. San Campio é noso!!!

ESPERTA VALLADARES Xoves 24/08/2017 24.08.2017

Día grande da Romería do Alba. Durante as dúas horas de programa iremos falando cos romeiros que van subindo o santo ó Alba, cos veciños de Freixo que tamén van en procesión e contan de chegar para as poxas, coa comisión de festas que xa está na casa das novenas preparando os callos. E tamén contactaremos co grupo de baile galego Traspés que van amenizar a sesión vermú do domingo en San Campio e c...

ESPERTA VALLADARES Mércores 23/08/2017 23.08.2017

No Esperta de hoxe temos a Tatiana Pérez, unha xoven emprendedora galega que coa súa tenda de tes acadou o seu camiño profesional. Tamén falamos con Pili Pampín, que actuará o sábado nas festas de San Campio. Tamén Carmen, que nos conta como vive a Coral estas festas.

ESPERTA VALLADARES Martes 22/08/2017 22.08.2017

Semana moi de Valladares ésta. Hoxe con nós: -o homenaxeado na Festa do Socio na área de deportes, Antero Rodríguez. -e facendo a previa a San Campio: as carrozas da Sobreira e mais da Garrida e tamén volve a sección de Zaida en "como entender San Campio".

ESPERTA VALLADARES Luns 21/08/2017 21.08.2017

Entramos na semana de San Campio e no Esperta de hoxe ven ata os estudios Nieves, presidenta da comisión de festas, para contarnos os últimos detalles: acondicionar o torreiro, limpeza de campos para o parking, últimos permisos do concello... e, como non, do programa das festas. E coma tódolos luns, Germán Son na Chamada da Cousa conversa sobre o libro "O señor das Moscas".

ESPERTA VALLADARES Venres 18/08/2017 18.08.2017

Esperta Valladares fala con Raúl Alonso, o homenaxeado na festa do socio deste 2017 na área de cultura. Tamén ven ata o estudio Ari, a responsable da biblioteca do Centro Veciñal para falarnos das úlitmas novidades. E saberemos de anéctotas da banda durante as saídas este verán.

ESPERTA VALLADARES Xoves 17/08/2017 17.08.2017

No programa de hoxe falamos con: -Amable, un dos homenaxeados na Festa do Socio polo seu traballo na área veciñal. -con Raquel, a traballadora social do centro veciñal sobre o programa da Xunta sobre o acompañamento a persoas maiores. -e coa compañía de teatro ButacaZero, que están ensaiado a obra "A butaca. Fantasía en Dor maior nº3"

ESPERTA VALLADARES Luns 14/08/2017 14.08.2017

Esperta Valladares no medio desta ponte festiva de San Roque, festa rachada!!! Falamos coa comisión de festas do Alba, que preparan a subida dos santos ó Alba mañá. Tamén coa Hermandade de San Roque, para que nos conten os últimos arranxos para esta romería viguesa. E en plan mais tranqui, Tito da Casa de Arriba en Churruca, vennos contar do ciclo "Os luns ó cine". Este luns "2001 Odisea no espaci...

ESPERTA VALLADARES Venres 11/08/2017 11.08.2017

Facemos á previa da Festa do Socio este domingo no Monte dos Pozos. Ven ata o estudio Ana, a presidenta do Centro Veciñal, para contarnos os intríngulis deste día. Facemos un percorrido pola historia desta festa e falamos cun dos socios mais antigos, Bengino Comesaña, e tamén cunha das socias mais novas, Patricia Rojo. E como xa está ahí o finde, contámosvos a axenda de festis, concertos... que é...

ESPERTA VALLADARES Xoves 10/08/2017 10.08.2017

No programa de hoxe: -Marisquiño e batalla de gallos -Noite branca en Vigo, museos abertos na noite do venres con actividades especiais. -Petroglifos na costa de Oia, coa asociación Costa dos Castros e mais en Valladares, con Xulio Fdez Pintos.

ESPERTA VALLADARES Mércores 9/08/2017 09.08.2017

Hoxe moito gas no programa: "Fe en dios e ferro a fondo". Falamos de rally cos veciños Pazó e Seoane, corredores no campeonato nacional. Facemos un percorrido polo Rally de Donas, rally de coches clásicos onde compiten moitas mulleres. E quentamos motores para encontro motero deste domingo no Campo de Fútbol da Gándara con Alfonso Misa, un dos organizadores.

Listen to the ESPERTA VALLADARES podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.