Radio Valladares

ESPERTA VALLADARES

Society GL ↓ 1526 episodes

ESPERTA VALLADARES, magazine matinal diario. Analizamos a actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo.

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Radio Valladares

Category

Society

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Sep 29, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

ESPERTA VALLADARES - Mércores 29/11/2017 29.11.2017

Música "made in Valladares" con: -Psaiko quartet, que gañou o 1º premio do 88 Concurso permanente de xuventudes musicais de España na modalidade de música de cámara. Falamos co saxofonista de Valladares, Juan Álvarez. -A Unión Musical de Valladares participa esta fin de semana no 44 Certame Internacional de Bandas "Villa de Altea" en Alicante. E tamén falamos de amor, relacións de parella, relació...

ESPERTA VALLADARES - Martes 28/11/2017 28.11.2017

Hoxe debatimos sobre o prezo da gasolina con Ramón Alonso, presidente da Asociación de transportistas de Galicia, e con Roberto, presidente de Elite Vigo, unha das catro asociacións de taxistas de Vigo. Tamén falamos de historias de aquí co Restaurante Moisés e co despacho de lotería de Salvaterra agraciado recentemente con 46 millóns de euros

ESPERTA VALLADARES - Venres 24/11/2017 24.11.2017

O Esperta de hoxe vai adicado ás mulleres: -Uxía Blanco Iglesias, Concelleira de Igualdade en Vigo -Felisa Balboa, psicóloga na Casa de Acollida da Muller en Vigo -Marta, avogada no xulgado de Vigo -Ana Pérez, presidenta do Centro Veciñal e Cultural de Valladares -Axenda cultural

ESPERTA VALLADARES - Xoves 23/11/2017 23.11.2017

Hoxe falamos de mulleres na música con: -Pilar Rius, da Asociación de Mulleres na Música -Andrea, clarinetista na Orquesta 430 de Vigo, e mais Nuria, directora do coro Gli Appassionati E rescatando o tema dos lumes, falamos: -da Festa "O norte non esquece" que terá lugar en Valladares este sábado para recaudar fondos para os incendios -da xestión o voluntariado con David Pereiro, de Algalia Consul...

ESPERTA VALLADARES - Mércores 22/11/2017 22.11.2017

Falamos do mundo da droga con: -Asociación Érguete, con Lucía Pereda, educadora social -Nacho Carretero, autor do libro Fariña sobre as redes do narcotráfico en Galicia Tamén falamos da semana do Ciclo de Cine Submarino de Vigo con Alfonso caride , técnico de cultura da Universidade de Vigo

ESPERTA VALLADARES - Martes 21/11/2017 21.11.2017

Falamos de historias de aquí con Eugenia, que viviu un embarazo adolescente hai 40 anos e nos conta como era no contexto social daquelas en Valladares. Tamén falamos con ela das vogalías da muller e das actividades que se foron creando para que a muller tivera mais participación nos espazos públicos. Ademáis, falamos con Francesc Orella, un dos protagonistas na serie de televisión Merlí, onde repr...

ESPERTA VALLADARES - Luns 20/11/2017 20.11.2017

Como cada luns temos no estudio: -A chamada da cousa, con Germán Son sobre a película "Baixo a aréa" -Oficio dos ferradores e os cabalos, co veciño Campio -Teatro Avento e a Sala Ártika, con Marcos Alonso E daremos un par de receitas de cociña con Carlos Monroy

ESPERTA VALLADARES - Venres 17/11/2017 17.11.2017

Chega Santa Cecilia, patroa dos músicos, e falamos con: -José Iglesias, director da Unión Musical de Valladares, para saber como van celebrar este día -The soul jacket, grupo vigués de soul & rock. Toño, o seu cantante, vennos contar do último disco que está a xerar moita expectación porque non lle teñen nome -Dúas Gamberras e un micro. Dúas poetisas e performances moi irreverentes, Nurial Vil e m...

ESPERTA VALLADARES -Xoves 16/11/2017 16.11.2017

Hoxe é Día Mundial do Patrimonio: -Camino Noia, especialista en literatura medieval na Universidade de Vigo, que nos conta como foi traer o Pergamino Vindel ata Vigo. -Patrimonio en Valladares con Isidro Costas (Tarzanito), que fixo traballo de campo para identificar os petroglifos, mámoas, castros... e mais con Óscar Costas, un rapaz que presentou unha proposta ó Concello para poñer en valor este...

ESPERTA VALLADARES - Mércores 15/11/2017 15.11.2017

Hoxe entrevistamos a: -Manuel Gago, do Consello da Cultura Galega que, na semana do patrimonio, nos fala deste marabilloso proxecto de catalogación do patrimonio galego http://patrimoniogalego.net/ - Sovoral de Allariz sobre o mel, as abellas e a apicultura -Pepe Pereira, profesor de coiro na Escola de Artes e Oficios -E dos petiscos co restaurante Cielito Lindo e a súa tapa mexicana

ESPERTA VALLADARES - Martes 14/11/2017 14.11.2017

Hoxe falamos de: -Protestas laborais das traballadoras de Breshka, empresa do grupo Inditex, coa presidenta do comité de empresa Ana Abralde e aproveitamos para coñecer como é o traballo das dependientas neste sector da moda con Zaida -Coñecemos o mund das setas, xa que estamos no outono, da man do biólogo Gabriel Pérez, un vello coñecido da radio que xa estivo aquí co grupo musical Os Vacalouras...

ESPERTA VALLADARES - Luns 13/11/2017 13.11.2017

Comezamos a semana con: -A chamada da cousa sobre o poeta Jack Kerouak -O ilustrador Alejandro Quintano, coñecido como El loco del pelo rizo -O grupo galego de hip hop Ezetaerre -O mundo das algas da man da empresa galega Portomuiños -Damos unha volta polo Concurso de tapas para coñecer o petisquiño do bar Paparrúa no Casco Vello

ESPERTA VALLADARES - Venres 10/11/2017 10.11.2017

Hoxe: -Celta de Vigo con Javier Maté, porteiro entre os anos 81 e 93 -Magosto, castañas & viño: coa bodega Eidos do viño da Cañiza -Unha volta polo concurso de petiscos coa Taberna Bernarda no Paseo de Alfonso -Axenda cultural da fin de semana

ESPERTA VALLADARES - Xoves 9/11/2017 09.11.2017

Hoxe falamos de: -Canicross con Óscar Piñeiro, veciño de Valladares, campeón de España e que vai ir competir ó Campionato Mundial que se celebra en novembro en Polonia -Feira BioCultura de Madrid coa presidenta Ángeles Parra e coa empresa galega Mirabel do Rosal -Asamblea veciñal sobre as axudas ás persoas afectadas polos lumes este domingo en Valladares con Ana Pérez, presidenta do Centro Veciñal

ESPERTA VALLADARES - Mércores 8/11/2017 08.11.2017

Hoxe: -Libros para soñar, a librería infantil do Casco Vello, e mais contacontos coa actriz Beatriz Campos de Migallas Teatro -Alex, o profe de agricultura ecolóxica no centro veciñal, falanos de agricultura ecolóxica e soberanía alimentaria ademáis da súa recente visita ó Sahara nun proxecto de agricultura rexenerativa. E tamén imos de petiscos por Bouzas coa Taberna Patouro e mais o restaurante...

ESPERTA VALLADARES - Martes 7/11/2017 07.11.2017

No programa de hoxe falamos de: -Aldeas especiais: o Couto Mixto na Limia, con Cesáreo González, e Pazos de Areinteiro en Boborás no Ribeiro, con Ramiro Fernández. -Chuches: coa tenda Pecados Compostela e os inventores das frigolosinas, a fábrica Burmar Sweet.

ESPERTA VALLADARES - Luns 6/11/2017 06.11.2017

Comezamos a semana con: -A chamada da cousa, con maridaxes entre a poesía e a música -Marcos Puhinger, artista, pintor de cadros hiperrealistas con bolígrafo -Julia Comesaña, modista de Valladares que ten o seu propio negocio en Sanjurjo Badía con traxes de época, disfraces... -Miriam, a guía das visitas teatralizadas ó ceminterio de Pereiró E da ruta dos petiscos no Casco Vello co restaurante El...

ESPERTA VALLADARES - Venres 3/11/2017 03.11.2017

Previa da Verbena da Paloma! -Orquesta Sintonía de Vigo, con dous dos antigos integrantes: o trompetista Gabino Vila e o teclista e fundador Delio Maceiras -Tertulia sobre verbenas e salóns bailes nas parroquias con Pablo, da comisión da verbena da Paloma, e outros dous veciños, Benigno, o antigo mestre, e mais Cándido da Garrida -Axenda cultural

ESPERTA VALLADARES - Xoves 2/11/2017 02.11.2017

No programa hoxe: -Cipri e Baldo, do Colectivo Chan Grande de Freixo, para coñecer como se están a organizar e que propostas teñen para os montes -Alejandra, profesora de agricultura ecolóxica -Rubén Ayuzo, profe de submarinismo, que adestrou ós actores da nova serie da TVG, Viradeira.

ESPERTA VALLADARES - Martes 31/10/2017 31.10.2017

Especial Samaín: -Ángel, párroco de Valladares -Manuel Gago, historiador e membro do Consello da cultura galega -Ledicia Costas, escritora xuvenil do libro "Escarlatina, a cociñeira defunta" -Sabela Moreda, maquillaxe para Halloween -Defuntos noutras partes do mundo

ESPERTA VALLADARES - Luns 30/10/2017 30.10.2017

Hoxe: -A chamada da cousa sobre o Quixote e as verbas mais e menos repetidas -Gregorio Álvarez, sobre a asamblea extraordinaria da Comunidade de Montes esta fin de semana -Rubén Ramos, profesor de xornalismo na Universidade de Zaragoza, sobre os bulos informativos E sobre o Pergamino Vindel, falamos dos obradoiros musicais tódolos sábados de novembro co grupo de música medieval Pres de Cambrai e d...

ESPERTA VALLADARES - Venres 27/10/2017 27.10.2017

Fin de semana outra vez... -Alaiza Couture, deseño textil elaborado a partir de proteínas lácteas -X aniversario do novo edificio do Centro Veciñal e Cultural de Valladares -Mariana Pérez, cantante de Beade que compuxo unha canción sobre os lumes -Axenda cultural

ESPERTA VALLADARES - Xoves 26/10/2017 26.10.2017

No programa de hoxe falamos do cancro de mama con: -Diego Piñeiro, enxeñeiro de Selmark, que deseñaron un suxeitador para o post operatorio. -Mercedes e Paula, dúas mulleres que atravesaron ou están atravesando esta enfermidade Tamén nos visita no estudio o percusionista Suso Feixón.

ESPERTA VALLADARES - Mércores 25/10/2017 25.10.2017

Achéganse ata o estudio: -Manuel Alonso, xerente de Autronic -Fins Ereixa, presidente de Adega, Asociación para a defensa ecolóxica de Galicia -Sheila Alfonso, veciña de Freixo e adestradora de cans en Vai de Cans

ESPERTA VALLADARES - Martes 24/10/2017 24.10.2017

Un grupo moi especial pasa polo estudio hoxe: -Retincos, grupo folk que se formou no centro cultural de Valladares hai xa uns anos. Falamos con Cholo e mais con Manuel. -No Día Internacional das Bibliotecas falamos co concelleiro de cultura de Vigo para saber que se vai facer de especial nas bibliotecas da cidade. -E tamén na parte veciñal, falamos con Alberto Villarroel porque queremos saber como...

Listen to the ESPERTA VALLADARES podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.