Radio Valladares
ESPERTA VALLADARES
ESPERTA VALLADARES, magazine matinal diario. Analizamos a actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo.
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
ESPERTA VALLADARES - Martes 09/01/2018 09.01.2018 2:02:27
Hoxe falamos das rebaixas... ¿Hai ou non hai? ¿Compensan? ¿Ides vós moito a elas? ¿Que comprastes nestas últimas? Tamén tivemos a Julia, de 92 anos no programa, xunto ao seu xenro Manolo. Falounos da súa vida en Valladares durante os anos vinte e trinta e botounos luz sobre un episodio histórico e curioso coma foi a creación do tunel que sae de Zamáns ata Valada, no que moitos traballadores morrer...
ESPERTA VALLADARES - Luns 08/01/2018 08.01.2018 2:01:38
Luns de xaneiro, primero laboral do ano e aquí seguimos. O tema do día foi de voltas: ao cole, ao traballo, á rutina. Falamos con Ubaldo, profesor de FP, no Valentín Paz Andrade; e no que construiu xunto aos seus alumnos un aeroxenerador a escala co que optou e obtivo unha subención de 2.000 euros para o proxecto. Tamén estivo no estudo connosco Germán, que veu presentar a temátima do seu programa...
ESPERTA VALLADARES - Venres 05/01/2018 05.01.2018 2:01:52
Hoxe veñen os Reis! E non podiamos evitar e falar e preguntar que cousas traerán esta noite. Así, tivemos a sorte de falar co Rei Mago Baltasar, que sempre amable respondeu as nosas cuestións e desvelounos algún segrediño. Tamén entrevistamos a concelleira de Cultura de Ponteareas, Hortensia, que nos explicou o percorrido que farán os reises polo seu Concello, ao que chegará a Rondalla de Valladar...
ESPERTA VALLADARES - Xoves 04/01/2018 04.01.2018 2:00:33
Hoxe falamos da campaña solidaria "Cada niño, un juguete" coa súa madriña Isa Müller. Tamén entrevistamos a Iago, de Xonix Records, sobre o disco editado pola mentada discográfica de panxoliñas en galego Nada(L). Falamos con Justo, da Rondalla de Freixo e tamén analizamos a polémica do festival de Rondallas suspendido no Ifevi, con Roberto, presidente da federación de rondallas de Vigo e Área metr...
ESPERTA VALLADARES - Mércores 03/01/2018 03.01.2018 2:00:04
Hoxe entrevistamos a Miguel, do balneario-hotel Talaso Atlántico, que conta como residen os inquilinos que prefiren pasar as súas vacacións de Nadal rodeados de auga mariña. Tamén falamos co Ecolectivo, con Alex e Virginia, sobre permacultura, educación e ecoloxía. Chamamos a Lisardo, tesoureiro da Federación de Rondallas, integrante da Rondalla de Santa Eulalia de Mos, sobre a polémica e o confli...
ESPERTA VALLADARES - Martes 02/01/2018 02.01.2018 2:00:05
Hoxe o tema do día abordou os propósitos de ano novo e o seu cumplimento. - Entrevista con César Freiría, da cooperativa Miudiño, arredor dos xoguetes tradicionais e os regalos de reis. - Entrevista a Lara de Broken Peach - Entrevista aos Bechuchos. -Entrevista a DJ América e crónica do fin de ano acontecido no Baile Vello.
ESPERTA VALLADARES - Venres 29/12/2017 29.12.2017 2:17:59
Fin de ano en Radio Valladares! Especial directo con público no auditorio do Centro Cultural e Veciñal de Valladares. -Música en directo con Tomas&Outsider. -Gregorio Álvarez, fai o resumo do ano na Comunidade de Montes. -Resumo retranqueiro coa regueifa de Kike Estévez -Zaida e os seus consellos para sair de festa na noite vella. -E moita participación do público sobre o que esperan para o 2018
ESPERTA VALLADARES - Xoves 28/12/2017 28.12.2017 1:59:53
No tema do día falamos das inocentadas, bromas... e vos colamos algunha ;)) -E tamén falamos de teatro con Teatro do Ar da obra Naufraxio, que representan esta tarde, e con Doro Piñeiro, que fai o resumen anual do Teatro Escoitade -De cara ó fin de ano falamos co fogheteiro Argimiro e mais co restaurante Soriano sobre a cea do 31 -E o carteiro real visítanos esta tarde no cultural para recoller as...
ESPERTA VALLADARES - Mércores 27/12/2017 27.12.2017 2:00:24
- TEMA DO DÍA: A concilicación familiar no 2017. - Entrevista coa guionista e escritora Diana López Varela. - Testemuña de Belén Cameselle sobre a vida laboral e a vida familiar. -Curiosidades sobre como se organizan no día a día as familias con fillos noutros países - Antonio Lero, presidente da banda de música de Valladares, fala con nos sobre a experiencia deste ano que remata.
ESPERTA VALLADARES - Martes 26/12/2017 26.12.2017 2:00:14
Despois do Nadal, preguntámosvos que agasallos vos trouxo Papá Noel e comentamos algunhas curiosidades sobre el, o lugar onde vive e os seus renos. Ademáis, falamos con: -Administración da lotería de Valladares, onde tocou un quinto premio da lotería de Nadal. -A tenda de Inés, das compras de nadal na parroquia (mariscos e peixes) -Rondalla de Vincios, que fai xa 75 anos -Ana Pérez, presidenta do...
ESPERTA VALLADARES - Venres 22/12/2017 22.12.2017 1:59:08
No día do sorteo da lotería de nadal, retransmitimos o sorteo en directo, soñamos no tema do día en que gastaríades os cartos se vos tocase... e toca o gordo ó final xusto ó remate do Esperta!!! Falamos de postais navideñas cos Pintores con el pie e o seu director Ricardo Charlofé. Entrevistamos á rondalla de Valladares a Alfonso, o capitán, Plácido, o directorm e Martín, capitán de abandeirados.
ESPERTA VALLADARES - Xoves 21/12/2017 21.12.2017 1:59:56
Hoxe tivemos como tema do día as eleccións en Catalunya - Entrevista co xornalista e director do Sermos Galiza, Xosé Mexuto. - Entrevista con Xoana Barros, unha galega en Cataluña. - Curiosidades das empresas catalanas en Vigo coa creación das primeiras conserveiras e astaleiros. - Entrevista coas Cantareiras do Alba, Herminia e Marinita.
ESPERTA VALLADARES - Mércores 20/12/2017 20.12.2017 2:00:27
Hoxe ven un programa moi navideño: -Festival de Patinaxe no Centro Veciñal polo nadal con Tamara Valderrama -O feito a man, mercadiño de nadal en Vigo, co seu presidente Manuel González -Decoración navideña con Susi Flor e Invernaderos de Gondomar -Turróns artesanais en Vigo coa pastelería Delicatessen Martínez, da rúa Carral -O restaurante o Moisés propón un menú para a noiteboa
ESPERTA VALLADARES - Martes 19/12/2017 19.12.2017 2:00:01
No Esperta de hoxe: -Abastecemento de augas en Vigo durante a sequía co concelleiro de xestión municipal de Vigo Javier Pardo -Pilar Alonso, artista conceptual figurativa de Tomiño -Concurso de Beléns de Caixanova con Paloma Vela, coordinadora e adxunta da área de cultura e área de exposicións -Proxecto Gato, adopcións de gatos en Vigo
ESPERTA VALLADARES - Luns 18/12/2017 18.12.2017 2:00:20
Hoxe: -A chamada da cousa con Germán Son sobre a árbore de nadal -O garaxe hermético, escola de banda deseñada en Pontevedra, con Kiko da Silva -Instituto de Estudios Vigueses co seu membro mais novo, José Luís Mateo que, ademáis, nos conta a historia do edificio Hermanos Platerno en Doutor Cadaval
ESPERTA VALLADARES - Venres 15/12/2017 15.12.2017 2:00:05
Comezamos programa coa visita con Bicos de papel, a asociación de axuda ós nenos oncolóxicos do Hospital Álvaro Cunqueiro. E nos plans culturais da axenda da fin de semana, falamos co festival solidario Rock&roll children que ten lugar en Churruca e coa Gala do Patrimonio en Cangas.
ESPERTA VALLADARES -Xoves 14/12/2017 14.12.2017 2:00:37
Falamos da sequía e uso responsable da auga con Jose Antonio del Rey, xerente de operacións de Viacqua. Coñecemos o Centro de día do PTL con Lorena Prado, a educadora social, e charlamos con Pilar, unha das usuarias, sobre a súa vida. E como xa chega o nadal, falamos do Concerto de Nadal da Universidade de Vigo co técnico de cultura Alfonso Caride
ESPERTA VALLADARES - Mércores 13/12/2017 13.12.2017 1:56:53
Hoxe é Santa Lucía e falamos coa Comisión de festas de Vincios. Tamén nos acompañan: -The Momento Impro, teatro improvisado con Antón Couceiro -A regueifeira Lupe Blanco dende Coristanco -A Fundación Mujeres por África, que ven de firmar un convenio coa Universidade de Compostela para que estudiantes africanas poidan continuar a súa formación en universidades europeas
ESPERTA VALLADARES - Martes 12/12/2017 12.12.2017 2:01:04
Hoxe no Esperta: -A veciña Carmen dos Cantares, cunha canción retranqueira sobre a banda de Valladares e tamén cun par de receitas de pan do de antes -Libros del KO, co seu editor, Emilio -Certame de regueifas en Valladares, co seu organizador Carlos Alonso -OVO Publicidade
ESPERTA VALLADARES - Luns 11/12/2017 11.12.2017 2:00:43
No Esperta de hoxe: -A chamada da cousa con Germán Son, sobre o pintor Kandisky -Óscar Piñeiro sobre os campionatos de canicross, acadou o 4 posto no Mundial celebrado en Polonia hai unhas semanas -Música con "Uxía e a vaca lambona" de Troula Animación -Historia dunha librería con Xaime da librería Andel
ESPERTA VALLADARES - Xoves 7/12/2017 06.12.2017 1:59:23
No programa de hoxe: -Contacontos para bebés con Mai Lúa -A gañadora do concurso escolar nacional sobre a violencia de xénero na modalidade de debuxo -Grupo musical: Os bechuchos -Radio Cerna: informativo medioambiental -Axencias de viaxes: onde viaxan os vigueses durante a ponte?
ESPERTA VALLADARES - Martes 5/12/2017 05.12.2017 2:00:32
No día previo á celebración da Constitución Española, falamos coa Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica. Tamén entrevistamos ó boxeador Dani Melo, veciño de Valladares que ven de gañar o Campionato Galego na modalidade de peso utralixeiro. E de cara o Nadal, repasamos as actividades que van ter lugar no Cultural ó longo deste mes, comezando pola inauguración do Belén mañán. E tamén f...
ESPERTA VALLADARES - Luns 4/12/2017 04.12.2017 2:00:17
Comezamos a semana con: -A chamada da cousa co escritor Henry Miller -A Unión musical de Valladares que acadou o 1º premio no Certame Internacional de Bandas "Villa de Altea" (Alicante) -Culturgal, X Feira das Industrias Culturais Galegas, co xestor Xosé Aldea -Bruxo Queiman e Pousa, sobre os seus espectáculos e o novo disco de Andrea Pousa, Respirar
ESPERTA VALLADARES - Venres 1/12/2017 01.12.2017 2:00:30
Coma tódolos venres, ademáis da axenda cultural: -A sobremesa na festa do cocido de San Andrés -O grupo de música Sacha na Horta -A viaxe dos Amigos do Pobo Saharaui a Tinduf estes días -Media maratón de Vigo, co organizador Javier Álvarez, e entrenamento persoal con David García Oterino
ESPERTA VALLADARES - Xoves 30/11/2017 30.11.2017 2:00:59
Achegámonos á Mancomunidade de Montes de Vigo. Para coñecela, tertulia con: -Uxío, presidente Mancomunidade Vigo e presidente en Saians -Gregrorio, vicepresidente nos montes de Vigo e presidente de Valladares -Enrique, secretario e representante de montes Matamá -José, vocal e presidente de montes de Beade -Daniel, técnico de montes Esta fin de semana tamén vai ter lugar en Vigo o Nunca Mais Fest,...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.