Radio Valladares

ESPERTA VALLADARES

Society GL ↓ 1526 episodes

ESPERTA VALLADARES, magazine matinal diario. Analizamos a actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo.

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Radio Valladares

Category

Society

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Sep 29, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Esperta Valladares - Luns - 30/04/2018 30.04.2018

Non estamos de ponte, por iso temos envexa daqueles que hoxe quedaron na cama e por iso animamos ao resto co día! Esta mañá German pasouse polo estudo coa súa sección habitual, A Chamada da Cousa. Tamén falamos con Enrique Vieites da programación preparada no CVCV para Días das Letras Galegas. Preparade as axendas porque vai ser impresionante. Chalarmos co codirector do Play-Doc, o festival de cin...

Esperta Valladares - Venres 27/04/2018 27.04.2018

E chegamos ao programa número 200. Graciñas a todos os ouvintes e xente que pasou polo programa que o fixeron posible. Aquí estamos, e aquí seguiremos! Hoxe falamos con José Iglesias Ramilo, o director da Coral Polifónica de Valladares que o próximo martes actuará no Adutiroio do Mar de Vigo, dentro do programa do Festival de Habaneras. Tamén conversamos con Marcos, da asociación Malaherba, o cole...

Esperta Valladares - Xoves 26/04/2018 26.04.2018

Hoxe tivemos o pracer de falar con Adán da mezcalería de Bouzas Pinche Pancho. Un achegamento aos licores mexicanos da man dun emigrante que chegou a Galicia por amor. Probadeo! Voltou Alex Piñeiro cos seus Farmaconsellos para facernos a vida un pouco máix saudable. Esta vez tocou falar dunha doenza que máis de 7,5 millóns de persoas padecen en España: o estrinximento. Tamén viñeron Marinita e Mar...

Esperta Valladares - Mércores 25/04/2018 25.04.2018

Hoxe o grupo de teatro Atlántida, que actuará o sábado as 20 horas no Centro Veciñal e Cultural de Valladares, falounos desa adaptación maravillosa que fixeron de Os dous de sempre. Vanesa e Marisa, encantadísimos de tervos no estudo. Por teléfono puxéronnos o programa patas arriba Pinto e Caruncho, que nos comentaron o emocionados que estaban co certame escolar de regueifas o venres as 10 no CVCV...

Esperta Valladares - Martes 24/04/2018 24.04.2018

Hoxe fixemos unha viaxe aos 90 da man das Spice Girls e dos Backstreet Boys. Cal será o grupo favorito dos nosos ouvintes? (en caso de que houbera que escoller entre estes). Falamos coa sommelier do té Tatiana Pérez, que agora chega a Vigo da man do clube to té, unha prestixiosa institución que espalla e promove a cultura desta infusión polo mundo. E esta fin de semana o que tamén volve e a patina...

Esperta Valladares - Luns 23/04/2018 23.04.2018

Voltamos! Luns, imos por ti! Hoxe o tema do día xirou arredor do café e o colacao. Cal gaña o duelo do almorzo diario? Germán Son achegouse ata o estudo a falarnos de Ritchie Blackmore, o famoso e xenial guitarrista dos Deep Purple. Hoxe falamos das Norris Glasses, gafas de sold e coiro made in Galicia para ir á última e Feitas a man por Manu Torres no seu obradoiro de Vimianzo. Unha pasada! O bar...

Esperta Valladares - Venres 20/04/2018 20.04.2018

Chegou o BirraSeto, despois dunha semana falando a cachos del, hoxe xa podedes acudir! Iredes ou non? Hoxe tivemos un programa moi cultural e para os que vos deixamos mogollón de plans posibles para a fin de semana. Empezamos falando con Gabi, adestrador do equipo de fútbol feminino de Valladares que esta fin de semana celebrarán o ascenso á categoría superior. Tamén falamos con Berto Pirata, coau...

Esperta Valladares - Xoves 19/04/2018 19.04.2018

Cómeme el donut, cómeme el donut... Está soando en todos lados, e nós quixemos preguntarvos que vós parecía. Será o novo tema do verán? Hoxe falamos con Iván Gallego, responsable de LacónLover, unha FoodTruck que estará esta fin de semana no Festival BirraSeto, e que é dono da receita dunha maravillosa hamburguesa de lacón con grelos. Tamén conversamos con Diego Moreira, de Montañeiros Celtas, que...

Esperta Valladares - Mércores 18/04/2018 18.04.2018

Poderá o Celta alcazar os postos para voltar a xogar en Europa a próxima tempada? En Valladares a xente non dubida, e ten unha opinión, adiviñas cal é? Hoxe falamos con Henrique Vieites sobre a programación que o CVCV prepara para o Día das Letras Galegas, e sobre as actividades feitas e xa premiadas . Contactamos con José Luis, de La Casa de Aldea, unha tenda online chulísima que se dedica a vend...

Esperta Valladares - Martes 17/04/2018 17.04.2018

Vigo terá unha nova Praza de América e parece que a gran maioría da xente está a favor da súa reforma pero por se acaso, preguntamos polas nosas redes se así é. Tamén está á volta da esquina o Birraseto, e Esteban, un dos se us organizadores púxonos ao día de todas as actividades que se levarán a cabo. Tivemos a sorte de falar con Vicente Viso, presidente da protectora de A Madroa que actualmente...

Esperta Valladares - Luns 16/04/2018 16.04.2018

Hoxe preguntamos aos nosos ouvintes se prefiren como mascota un can ou un gatiño. As cousas estiveron axustadas pero parece que o can segue sendo o mellor amigo da nosa especie. Falamos con Xaquín de Treixadura, membro fundador da agrupación por excelencia da música tradicional galega, que este sábado pasado encheron o teatro de Afundación ata os topes. Tamén achegouse Raquel, traballadora social...

Esperta Valladares - Venres 13/04/2018 13.04.2018

O primeiro bico. Ese momento trascendental e irrepetible. Foi un trauma? Foi de película? Hoxe falamos moito deles, das súas formas, das súas clases e dos seus significados. A nosa compañeira Zaida, axudounos con elo. Tamén falamos con Antonio, presidente da banda de música de Valladares, de cara ao concero que o sábado 14 de abril ofrecen no auditorio co Centro Veñical e Cultural de Valladares.

Esperta Valladares - Xoves 12/04/2018 12.04.2018

Sacar o carnet á primeira ou... ás que sexan! Cando o fixeches ti? Esa foi a cuestión que plantexamos e para a que contamos con José, de Autoescuelas Pazó, para ver se hoxe seriamos capaces de voltar a aprobar os nosos respectivos permisos de conducir. Conversamos con Asier Muñoz, enfermeiro, para que nos conte como debemos comportarnos cando vexamos vir unha ambulancia polo retrovisor. Tamén fala...

Esperta Valladares - Mércores 11/04/2018 11.04.2018

O gran debate final. A separación de dous mundos. Un onde se lle pon piña á pizza, e outro no que evitan tal acción. O tema do día queda enmarcado nesta intensa temática. Falamos con Eduarno Méndez sobre ese primeiro galego que apareceu en As Neves que viviu hai máis de 200.000 anos. Tamén conversamos con Remigio Davila, veciño e escultor de Valladares sobre a súa vida e obra. Por último, César Fr...

Esperta Valladares - Martes 10/04/2018 10.04.2018

Sabes o que firmas cando descargas unha APP e daslle a aceptar términos de uso e condiciones? Non te preocupes... Case todos o facemos, aínda que no fondo saibamos que non deberíamos ser tan indulxentes cos nosos datos dixitais. Hoxe falamos coa escritora María Xosé Queizán sobre feminismo e sobre o seu libro Rosalía de Castro e o poder sexual. Tamén compartimos un anaco con Manuel Martínez, direc...

Esperta Valladares - Luns 09/04/2018 09.04.2018

A Reconquista acabou pasada por auga e ata suspendida na tarde do domingo... Pero hai que tirar para adiante! Hoxe o tema do día xirou arredor do máster de Cifuentes. Ten que dimitir? Ou non? Avisamos dunha cousa, a enquisa feita tivo o cen por cen dos votos, por primeira vez, para unha opción. Ademáis de contar con Germán, como cada luns, falamos con Ángel Otero, escultor e artista co chocolate a...

Esperta Valladares - Venres 10/04/2018 06.04.2018

Hoxe foi un programa deses molóns, deses bonitos, deses hiperlocais... E é que coa Reconquista xa esta fin de semana é moita a xente de Valladares que se verá involucrada na festa. Ata estudio achegáronse, primeiramente, Ana, Gregorio e Nieves para contarnos os seus papeis dentro da representación da Reconquista. Logo viñeron Cipri e Fari, da peña Freixo; para explicarnos os segredos do seu posto....

Esperta Valladares - Xoves 05/04/2018 05.04.2018

Unha hamburguesa de 1.5 quilogramos. Quince minutos para comelo. Serías capaz? Hoxe falamos deste tipo de retos e se algunha día vos atresvestes a facer un. Para elo contamos con José Manuel, dono da Hamburguesería Florida, a cal posúe esa hamburguesa case imposible de comer (alguén o fixo... e dúas veces). Tamén charlamos co,n Francisco Rodríguez, da asociacón etnográfica Mariñas, sobre a Reconqu...

Esperta Valladares - Mércores 04/04/2018 04.04.2018

Ir, ou non, vestido de época á Reconquista... Decisións que vos preguntamos e que ides respondendo ao longo do programa. Hoxe falamos con presidente da asociación Casco Vello, Fiz, sobre todo o programa que se desenvolverá durante a Reconquista. Días de festa para desfrutar. Tamén convesamos a Eduardo Freiría, concelleiro de cultura en Tui, sobre a festa do Meixón. E non, non confundades co mexiló...

Esperta Valladares - Martes 03/04/2018 03.04.2018

A enquisa de hoxe foi unha das máis disputadas da nosa historia. Coa Reconquista á volta da esquina hai dúas opciós claras para encher bandullo: chouripán e empanada. Tivestes que escoller unha e o resultado foi o que foi. Cal crees que gañou? Falamos con Tere da nova excursión a Asturias do CVCV e o farmacéutico Álex Piñeiro inagurou un novo espazo sobre saúde e benestar. Tamén charlamos con Sime...

Esperta Valladares - Luns 02/04/2018 02.04.2018

Voltados xa das vacacións, comezamos de novo! Que fixestes nas vacacións? Ese foi o tema do día como non podía ser doutra maneira. Ata o estudo achegouse Germán coa súa sección "A Chamada da Cousa" pa desvelar os segredos que unen aos bares coas farmacias. Tamén contamos coa visita de Julia, que coa Reconquista á volta da esquina, ela traballa en arranxos e traxes de época. Necesitas un? Ela é a m...

Esperta Valladares - Martes 27/03/2018 27.03.2018

Roscón ou huevo de pascua. Unha difícil decisión para padriños e madriñas que hoxe tratamos como tema do día. Cal é a gañadora? Sendo a Semana Santa, Don Ángel, párroco de Valladares informounos a primeira hora das actividades a realizar, xunto cos seus horarios, ao longo destes xornadas. Falamos tamén con Paticia de Costa dos Castros e as rutas que levarán a cabo nos vindeiros días. Pracer inmens...

Esperta Valladares - Luns 26/03/2018 26.03.2018

Ducharse pola mañá ou pola noite. Empezar ou acabar o día. De que opción eres ti? Ese foi o tema e debate do día. Moi igualada, coma sempre, esta pelexa argumental. Hoxe tivemos no estudo a Néstor e Julio, as cabezas de Evergreen Guitars & Basses. Uns luthieres incribles que non paran de medrar e facer proxectos (e instrumentos). Tamén falamos con outro artesán, pero neste caso de cervexa. Raúl de...

Esperta Valladares - Venres 23/03/2018 23.03.2018

Cervexa ou viño. O mundo divídese entre dous tipos de consumidores de fermentados (tamén están os dos refrescos pero decidimos non contar con eles nesta ocasión...). O tema do día xirou arredor deste debate, e tratamos de chegar a un punto en común. Lograrémolo? Tivemos ao outro lado do teléfono a Tensy, co seu blog en galego sobre literatura Lecturafilia. Un pracer enormísimo. E... chega á súa fi...

Esperta Valladares - Xoves 22/03/2018 22.03.2018

Xa estamos coa primavera a voltas. Altera o sangue realmente? Xa o notades? Diso falamos hoxe no programa como tema do día, e ata a nosa colaboradora Zaida volveu ao estudio para aclararnos tódalas dúbidas posibles sobre este feito, e contarnos alguna que outra anécdota. Por outra banda tamén falamos con María Xosé das Cantareiras Madialeva, unha agrupación que participará no memoriala Moxenas est...

Listen to the ESPERTA VALLADARES podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.