Radio Valladares

ESPERTA VALLADARES

Society GL ↓ 1482 episodes

ESPERTA VALLADARES, magazine matinal diario. Analizamos a actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo.

Author

Radio Valladares

Category

Society

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 7, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

ESPERTA VALLADARES - Mércores 17/01/2018 17.01.2018

Voltou Sara! E con ela a normalidade ao estudio. Como non podía ser doutra maneira contounos boa parte da súa viaxe, e describiunos como esta ese París do ano 2018. Houbo tempo para outras cousas claro. Falamos con Manu Lourenzo, portavoz do BNG en Soutomaior, sobre as últimas novidades en canto a polémica do transvase do río Verdugo. Tamén chamamos a Don Ángel, párroco de Valladares; para que nos...

ESPERTA VALLADARES - Martes 16/01/2018 16.01.2018

Pasou a Blue Monday e seguimos en pé. Nunca un invento anglosaxón poderá connosco. Hoxe un programa con nada menos que catro entrevistas, de todo tipo; e cun tema a debate moi interesante: "¿Pasamos demasiado tempo conectados? ¿Cantas horas pasas co móvil na man?" Falamos con David Conde, emprendedor onde os haxa que creou unha ampiación para aforrar a medida que gastamos. ¿Soa raro? Pero así é Co...

ESPERTA VALLADARES - Luns 15/01/2018 15.01.2018

Hoxe está Carlos só no programa, que París non perdoa, non esquece, e non deixa que Sara volva antes. Non hai problema. Seguimos coma sempre, informado da actualidade do día e traendo cousiñas interesantes das que falar e escoitar. Hoxe veu Germán a lernos algunhas traducións dos Doors ao estudio. Un momento poético e inspirador. Tamén veu ata o estudo Gabi, o adestrador do equipo de fútbol femini...

ESPERTA VALLADARES - Venres 12/01/2018 12.01.2018

Hoxe o tema do día foron as festas de inverno, esas romerías que quentan alma e corpo cando o frío e a choiva queren facernos tremer. ¡Nada diso! A bailar, comer e pasalo ben igual que no verán. Tivemos no estudio a Pepe, da comisión de festas de San Amaro que nesta fin de semana promete ser un planazo para desfrutar con amigos e familia. Moita música e moita tradición. Como non, tamén se acercou...

ESPERTA VALLADARES - Xoves 11/01/2018 11.01.2018

Hoxe vai de paixóns que quedaron no camiño, pero que aínda se poden retomar. Falamos con Sergi, da escola de Baile MayeuSwing, que están de xornadas de portas abertas para probar isto do baile. Claqué, Cahrleston... Swing, de todo! Álex, monitor do Ximnasio Valladares, ven ao estudo a contarnos como está a ser este inicio de ano. Raquel a traballadora social infórmanos das novidades da Risga e out...

ESPERTA VALLADARES - Mércores 10/01/2018 10.01.2018

Hoxe tivemos un programa moi sabroso. Falamos de furanchos, de Estrellas Michelín, de pratos grandes para comidas pequenas, de churrasco, de parrillas... E todo sin que se nos notara (case nada) a fame. Tivemos ao outro lado da liña a Juan, do Furancho da Balsa que este fin de semana abre a tempada. Volven o cocido e as gaitas. Lembrounos como unha festa converteuse en voda, e como tres días pasar...

ESPERTA VALLADARES - Martes 09/01/2018 09.01.2018

Hoxe falamos das rebaixas... ¿Hai ou non hai? ¿Compensan? ¿Ides vós moito a elas? ¿Que comprastes nestas últimas? Tamén tivemos a Julia, de 92 anos no programa, xunto ao seu xenro Manolo. Falounos da súa vida en Valladares durante os anos vinte e trinta e botounos luz sobre un episodio histórico e curioso coma foi a creación do tunel que sae de Zamáns ata Valada, no que moitos traballadores morrer...

ESPERTA VALLADARES - Luns 08/01/2018 08.01.2018

Luns de xaneiro, primero laboral do ano e aquí seguimos. O tema do día foi de voltas: ao cole, ao traballo, á rutina. Falamos con Ubaldo, profesor de FP, no Valentín Paz Andrade; e no que construiu xunto aos seus alumnos un aeroxenerador a escala co que optou e obtivo unha subención de 2.000 euros para o proxecto. Tamén estivo no estudo connosco Germán, que veu presentar a temátima do seu programa...

ESPERTA VALLADARES - Venres 05/01/2018 05.01.2018

Hoxe veñen os Reis! E non podiamos evitar e falar e preguntar que cousas traerán esta noite. Así, tivemos a sorte de falar co Rei Mago Baltasar, que sempre amable respondeu as nosas cuestións e desvelounos algún segrediño. Tamén entrevistamos a concelleira de Cultura de Ponteareas, Hortensia, que nos explicou o percorrido que farán os reises polo seu Concello, ao que chegará a Rondalla de Valladar...

ESPERTA VALLADARES - Xoves 04/01/2018 04.01.2018

Hoxe falamos da campaña solidaria "Cada niño, un juguete" coa súa madriña Isa Müller. Tamén entrevistamos a Iago, de Xonix Records, sobre o disco editado pola mentada discográfica de panxoliñas en galego Nada(L). Falamos con Justo, da Rondalla de Freixo e tamén analizamos a polémica do festival de Rondallas suspendido no Ifevi, con Roberto, presidente da federación de rondallas de Vigo e Área metr...

ESPERTA VALLADARES - Mércores 03/01/2018 03.01.2018

Hoxe entrevistamos a Miguel, do balneario-hotel Talaso Atlántico, que conta como residen os inquilinos que prefiren pasar as súas vacacións de Nadal rodeados de auga mariña. Tamén falamos co Ecolectivo, con Alex e Virginia, sobre permacultura, educación e ecoloxía. Chamamos a Lisardo, tesoureiro da Federación de Rondallas, integrante da Rondalla de Santa Eulalia de Mos, sobre a polémica e o confli...

ESPERTA VALLADARES - Martes 02/01/2018 02.01.2018

Hoxe o tema do día abordou os propósitos de ano novo e o seu cumplimento. - Entrevista con César Freiría, da cooperativa Miudiño, arredor dos xoguetes tradicionais e os regalos de reis. - Entrevista a Lara de Broken Peach - Entrevista aos Bechuchos. -Entrevista a DJ América e crónica do fin de ano acontecido no Baile Vello.

ESPERTA VALLADARES - Venres 29/12/2017 29.12.2017

Fin de ano en Radio Valladares! Especial directo con público no auditorio do Centro Cultural e Veciñal de Valladares. -Música en directo con Tomas&Outsider. -Gregorio Álvarez, fai o resumo do ano na Comunidade de Montes. -Resumo retranqueiro coa regueifa de Kike Estévez -Zaida e os seus consellos para sair de festa na noite vella. -E moita participación do público sobre o que esperan para o 2018

ESPERTA VALLADARES - Xoves 28/12/2017 28.12.2017

No tema do día falamos das inocentadas, bromas... e vos colamos algunha ;)) -E tamén falamos de teatro con Teatro do Ar da obra Naufraxio, que representan esta tarde, e con Doro Piñeiro, que fai o resumen anual do Teatro Escoitade -De cara ó fin de ano falamos co fogheteiro Argimiro e mais co restaurante Soriano sobre a cea do 31 -E o carteiro real visítanos esta tarde no cultural para recoller as...

ESPERTA VALLADARES - Mércores 27/12/2017 27.12.2017

- TEMA DO DÍA: A concilicación familiar no 2017. - Entrevista coa guionista e escritora Diana López Varela. - Testemuña de Belén Cameselle sobre a vida laboral e a vida familiar. -Curiosidades sobre como se organizan no día a día as familias con fillos noutros países - Antonio Lero, presidente da banda de música de Valladares, fala con nos sobre a experiencia deste ano que remata.

ESPERTA VALLADARES - Martes 26/12/2017 26.12.2017

Despois do Nadal, preguntámosvos que agasallos vos trouxo Papá Noel e comentamos algunhas curiosidades sobre el, o lugar onde vive e os seus renos. Ademáis, falamos con: -Administración da lotería de Valladares, onde tocou un quinto premio da lotería de Nadal. -A tenda de Inés, das compras de nadal na parroquia (mariscos e peixes) -Rondalla de Vincios, que fai xa 75 anos -Ana Pérez, presidenta do...

ESPERTA VALLADARES - Venres 22/12/2017 22.12.2017

No día do sorteo da lotería de nadal, retransmitimos o sorteo en directo, soñamos no tema do día en que gastaríades os cartos se vos tocase... e toca o gordo ó final xusto ó remate do Esperta!!! Falamos de postais navideñas cos Pintores con el pie e o seu director Ricardo Charlofé. Entrevistamos á rondalla de Valladares a Alfonso, o capitán, Plácido, o directorm e Martín, capitán de abandeirados.

ESPERTA VALLADARES - Xoves 21/12/2017 21.12.2017

Hoxe tivemos como tema do día as eleccións en Catalunya - Entrevista co xornalista e director do Sermos Galiza, Xosé Mexuto. - Entrevista con Xoana Barros, unha galega en Cataluña. - Curiosidades das empresas catalanas en Vigo coa creación das primeiras conserveiras e astaleiros. - Entrevista coas Cantareiras do Alba, Herminia e Marinita.

ESPERTA VALLADARES - Mércores 20/12/2017 20.12.2017

Hoxe ven un programa moi navideño: -Festival de Patinaxe no Centro Veciñal polo nadal con Tamara Valderrama -O feito a man, mercadiño de nadal en Vigo, co seu presidente Manuel González -Decoración navideña con Susi Flor e Invernaderos de Gondomar -Turróns artesanais en Vigo coa pastelería Delicatessen Martínez, da rúa Carral -O restaurante o Moisés propón un menú para a noiteboa

ESPERTA VALLADARES - Martes 19/12/2017 19.12.2017

No Esperta de hoxe: -Abastecemento de augas en Vigo durante a sequía co concelleiro de xestión municipal de Vigo Javier Pardo -Pilar Alonso, artista conceptual figurativa de Tomiño -Concurso de Beléns de Caixanova con Paloma Vela, coordinadora e adxunta da área de cultura e área de exposicións -Proxecto Gato, adopcións de gatos en Vigo

ESPERTA VALLADARES - Luns 18/12/2017 18.12.2017

Hoxe: -A chamada da cousa con Germán Son sobre a árbore de nadal -O garaxe hermético, escola de banda deseñada en Pontevedra, con Kiko da Silva -Instituto de Estudios Vigueses co seu membro mais novo, José Luís Mateo que, ademáis, nos conta a historia do edificio Hermanos Platerno en Doutor Cadaval

ESPERTA VALLADARES - Venres 15/12/2017 15.12.2017

Comezamos programa coa visita con Bicos de papel, a asociación de axuda ós nenos oncolóxicos do Hospital Álvaro Cunqueiro. E nos plans culturais da axenda da fin de semana, falamos co festival solidario Rock&roll children que ten lugar en Churruca e coa Gala do Patrimonio en Cangas.

ESPERTA VALLADARES -Xoves 14/12/2017 14.12.2017

Falamos da sequía e uso responsable da auga con Jose Antonio del Rey, xerente de operacións de Viacqua. Coñecemos o Centro de día do PTL con Lorena Prado, a educadora social, e charlamos con Pilar, unha das usuarias, sobre a súa vida. E como xa chega o nadal, falamos do Concerto de Nadal da Universidade de Vigo co técnico de cultura Alfonso Caride

ESPERTA VALLADARES - Mércores 13/12/2017 13.12.2017

Hoxe é Santa Lucía e falamos coa Comisión de festas de Vincios. Tamén nos acompañan: -The Momento Impro, teatro improvisado con Antón Couceiro -A regueifeira Lupe Blanco dende Coristanco -A Fundación Mujeres por África, que ven de firmar un convenio coa Universidade de Compostela para que estudiantes africanas poidan continuar a súa formación en universidades europeas

ESPERTA VALLADARES - Martes 12/12/2017 12.12.2017

Hoxe no Esperta: -A veciña Carmen dos Cantares, cunha canción retranqueira sobre a banda de Valladares e tamén cun par de receitas de pan do de antes -Libros del KO, co seu editor, Emilio -Certame de regueifas en Valladares, co seu organizador Carlos Alonso -OVO Publicidade

Listen to the ESPERTA VALLADARES podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.