Radio Valladares

ESPERTA VALLADARES

Society GL ↓ 1482 episodes

ESPERTA VALLADARES, magazine matinal diario. Analizamos a actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo.

Author

Radio Valladares

Category

Society

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 7, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Esperta Valladares - Martes 03/04/2018 03.04.2018

A enquisa de hoxe foi unha das máis disputadas da nosa historia. Coa Reconquista á volta da esquina hai dúas opciós claras para encher bandullo: chouripán e empanada. Tivestes que escoller unha e o resultado foi o que foi. Cal crees que gañou? Falamos con Tere da nova excursión a Asturias do CVCV e o farmacéutico Álex Piñeiro inagurou un novo espazo sobre saúde e benestar. Tamén charlamos con Sime...

Esperta Valladares - Luns 02/04/2018 02.04.2018

Voltados xa das vacacións, comezamos de novo! Que fixestes nas vacacións? Ese foi o tema do día como non podía ser doutra maneira. Ata o estudo achegouse Germán coa súa sección "A Chamada da Cousa" pa desvelar os segredos que unen aos bares coas farmacias. Tamén contamos coa visita de Julia, que coa Reconquista á volta da esquina, ela traballa en arranxos e traxes de época. Necesitas un? Ela é a m...

Esperta Valladares - Martes 27/03/2018 27.03.2018

Roscón ou huevo de pascua. Unha difícil decisión para padriños e madriñas que hoxe tratamos como tema do día. Cal é a gañadora? Sendo a Semana Santa, Don Ángel, párroco de Valladares informounos a primeira hora das actividades a realizar, xunto cos seus horarios, ao longo destes xornadas. Falamos tamén con Paticia de Costa dos Castros e as rutas que levarán a cabo nos vindeiros días. Pracer inmens...

Esperta Valladares - Luns 26/03/2018 26.03.2018

Ducharse pola mañá ou pola noite. Empezar ou acabar o día. De que opción eres ti? Ese foi o tema e debate do día. Moi igualada, coma sempre, esta pelexa argumental. Hoxe tivemos no estudo a Néstor e Julio, as cabezas de Evergreen Guitars & Basses. Uns luthieres incribles que non paran de medrar e facer proxectos (e instrumentos). Tamén falamos con outro artesán, pero neste caso de cervexa. Raúl de...

Esperta Valladares - Venres 23/03/2018 23.03.2018

Cervexa ou viño. O mundo divídese entre dous tipos de consumidores de fermentados (tamén están os dos refrescos pero decidimos non contar con eles nesta ocasión...). O tema do día xirou arredor deste debate, e tratamos de chegar a un punto en común. Lograrémolo? Tivemos ao outro lado do teléfono a Tensy, co seu blog en galego sobre literatura Lecturafilia. Un pracer enormísimo. E... chega á súa fi...

Esperta Valladares - Xoves 22/03/2018 22.03.2018

Xa estamos coa primavera a voltas. Altera o sangue realmente? Xa o notades? Diso falamos hoxe no programa como tema do día, e ata a nosa colaboradora Zaida volveu ao estudio para aclararnos tódalas dúbidas posibles sobre este feito, e contarnos alguna que outra anécdota. Por outra banda tamén falamos con María Xosé das Cantareiras Madialeva, unha agrupación que participará no memoriala Moxenas est...

Esperta Valladares - Mércores 21/03/2018 21.03.2018

Hai vida máis alá da nosa galaxia? Unha cuestión filosófica e antropolóxica que hoxe planteamos no programa, agardando as vosas respostas e opinións. Por outra banda, conversamos con Jacobo Conde, de Viajes Amaia, sobre as tendencias de viaxes para esta Semana Santa. Se non tes plan, escoita atento! Ata o estudo achegouse Víctor Vidal, presidente da comunidade de montes de Chandebrito. Por que? Po...

Esperta Valladares - Martes 20/03/2018 20.03.2018

O arte das chuletas, de sacar medio puntiño nun exame facendo algo de trampa (non moita...). Quen non o ten feito? Iso volo preguntamos hoxe, e diso falamos como exe central do programa. O colectivo Teta Meiga contounos hoxe o interesante proxecto que é Espazo Crianza. Dende agora, as nais de Pontevedra sempre terán un local preto para poder dar o peito. Tamén falamos con Fernando Prieto, de Gato...

Esperta Valladares - Luns 19/03/2018 19.03.2018

Hoxe é o día do pai, por iso quixemos saber cal foi ese peor/mellor regalo que recibiches ou fixeches, dependendo de se entras na categoría de pai ou de fillo. Germán falounos do Solresol, un idioma artificial (ao igual co Esperando) que propón as notas musicais como método de comunicación. Tamén falamos con Carlos, da asociación de Chandebrito, que ven de colaborar nun fermoso proxecto de recopil...

Esperta Valladares - Venres 16/03/2018 16.03.2018

Estades en contra da pena de prisión permanente revisable? Ese foi o tema, ou a pregunta, que plantexamos no día. Tivemos con nós a Gregorio, presidente da comunidade de montes de Valladares, que nos falou de Arte no queimado, o evento que se desenvolverá ao longo do sábado e promete rezumar auténtica beleza artística. Tamén falamos de novo con Leni, sobre a súa futura participación no memorial Mo...

Esperta Valladares - Xoves 15/03/2018 15.03.2018

Pos o despertador unha vez ou necesitas de varias alarmas para quitarte as sabanas? Esa foi a pregunta coa que abrimos o tema o día e que fostes contestando no noso FB. Falamos con Paporrubios, que tocarán na homenaxe a Moxenas este domingo, e con Ricardo, do Clube Falcata, que nos mostrou como se desenvolverá o adestramento a portas abertas que realizarán no CVCV. Por outra banda, Iván Fernández,...

ESPERTA VALLADARES - Mércores 14/03/2018 14.03.2018

Hoxe o tema do día foi ir de esmorga... Sen máis. A pregunta era clara. ¿Fuches algún día de esmorga coma retratou Eduardo Blanco Amor no seu libro? (Sen mortes claro) Ari, a bibliotecaria no CVCV veu falarnos do clube de lectura e da proxección da película A Esmorga que se levará a cabo este sábado. Por outro lado viñeron tamén Enrique VIII a falarnos da súa música. Dende Granada para o mundo! At...

ESPERTA VALLADARES - Martes 13/03/2018 13.03.2018

A gran guerra do século XX e parte do XXI. McDonalds ou Burguer King. O duelo titánico da cómida rápido que divide a xente. E ti de quen eres? Esa foi a pregunta do tema do día deste martes. Falamos con Santiago de Taller 7 MakerSpace sobre impresoras 3D e as posibilidades que ofrecen para o día o día. Ata o estudo achegouse a cantante brasileira Luciney Prates para falarnos do seu percorrido vita...

ESPERTA VALLADARES - Luns 12/03/2018 12.03.2018

Pizza ou Kebab. Dous alimentos que salvan vidas dependendo da madrugada. Con cal te quedas ti? Un tema do día que pode dividir ao mundo. Hoxe no programa recibimos a visia de Germán que trouxo un texto a cabalo entre Donald Trump e o Pato Donald. Que teñen en común? Tamén falamos Ana e Fina, tutora e directora dos obradoiros de Vigo Capacita no CVCV. Por último conversamos con Edi, que nos puxo ao...

ESPERTA VALLADARES - Venres 09/03/2018 09.03.2018

O 8M foi un éxito incrible de participación por iso tratamos de analizar e pensar que vira agora, e como afectara ao futuro. E como non, sobre elo vos preguntamos. Ademais, tamén tivemos un programa cargado de música tradicional con Felipe, de Son das Ondas, de cara ao memorial de Moxenas; e ao grupo de gaitas de Coruxo, Xistra, que cumpren 30 anos. Por suposto, dámoslle un bo repaso a axenda da f...

ESPERTA VALLADARES - Xoves 08/03/2018 08.03.2018

8 de marzo, Día Internacional da Muller Traballadora. Como non, o seguimento da folga ocupa o noso programa por iso se achegou ata o estudo María José, da vogalía de igualdade do CVCV, a dar a súa opinión e expoñer as súas vivencias persoais. Tamén tivemos no estudo a directora xeral de xuventude, participación e voluntariado; Cecilia Vázquez. Falounos da mocidade galega e dos retos que afronta ca...

ESPERTA VALLADARES - Mércores 07/03/2018 07.03.2018

Irás a folga de mañá? Unha pregunta simple e concisa como tema do día para a que contamos coas opinións de Cris e Mónica, a primeira do colectivo Galegas 8M e a segunda da Marcha Mundial das Mulleres da Galiza. Tamén conversamos con Quique Freiría, o noso peixeiro e gaiteiro particular, que derrocha positivismo e traballo por todos lados.

ESPERTA VALLADARES - Martes 06/03/2018 06.03.2018

Comprar ou non comprar o Pergamiño Vindel? Esa é a cuestión... E esa foi a pregunta que vos lanzamos hoxe como tema do día no noso programa. O presidente do cemitero de Valladares falounos da xestión do mesmo e do novo espazo inaugurado hai uns días. Tamén tivemos con nos no estudo a Raquel, ao fronte da vogalía de igualdade do CVCV, para falar da folga do 8 de marzo e outros asuntos relacionados...

ESPERTA VALLADARES - Luns 05/03/2018 05.03.2018

Programa adicado á folga feminista do 8 de marzo. Falamos con Pablo, dos Multicines Vía Norte e coma cada luns con Germán na súa Chamada da Cousa.

ESPERTA VALLADARES - Venres 02/03/2018 02.03.2018

Moito se fala de Fariña estes días, dese libro de Nacho Carretero transformado en serie e que o mércores lanzou o seu primeiro capítulo. Falamos de esa estrea e das opinións da xente, e preguntamos aos nosos ouvintes: ides seguila ou ides abandoala? O domingo comezará o memorial Moxenas, que alcanza a súa sexta edición. Virán por música nesta primeira xornada Os Escaravellos. Era de lei darlles un...

ESPERTA VALLADARES - Xoves 01/03/2018 01.03.2018

Chegou marzo pero parece haber cousas que nunca cambian como o conflicto coa illa de Toralla. Hoxe analizamos a súa historia, os seus puntos máis relevantes e tentamos arroxar algo de luz sobre as posibles solucións propostas ao longo dos anos. Tamén falamos con Roxo da Cantina Candela sobre os Bazares nos bares. Unha proposta activa e diurna, na que as artesanías, os obradoiros e decenas de propo...

ESPERTA VALLADARES - Mércores 28/02/2018 28.02.2018

Quén non quixo ser mago? Ou polo menos ter algunha varita coa que facer algún encantamento de ser preciso... Diso falamos no Esperta de hoxe. De posibles encantamentos, dos seus pros, das súas contras. O Winterfest é un festival que se celebrará o sábado no CVCV. Era obrigado traer ata o estudo a profesora do noso grupo de baile, As Sereas. Ana Paula falou de baile connosco, de movementos, de gust...

ESPERTA VALLADARES - Martes 27/02/2018 27.02.2018

Moito comentastes no noso Facebook hoxe! Claro que a pregunta era boa... Cal foi o primeiro móbil da vosa vida? Menuda nostalxia cos Motorolas e os Nokias! Neste novo programa falamos con Xosé Alfredo Oliveira, homenaxeado co Premio a unha vida entregado ao mundo coral na última edición do Acopovi no Mar de Vigo. Xenial testemuña a súa. Tamén falamos con Noemi Chantada, nominada pola súa obra La m...

ESPERTA VALLADARES - Luns 26/02/2018 26.02.2018

Hoxe falamos de desigualdades, do día a día das mulleres, da inxustiza que supón. Tivemos connosco a Germán coma todos os luns, esta vez para lernos algúns intensos microrrelatos. Tamén falamos vía telefónica con Susana Pedreira, xornalista ubicada en Pontevedra, e unha das impulsoras das xornadas "As mulleres que opinan son perigosas". Unha cita obrigada esta fin de semana na Boa Vila. Ata estudi...

ESPERTA VALLADARES - Venres 23/02/2018 23.02.2018

¿Cantades? ¿Na ducha? ¿No coche? ¿Pola rúa? Diso disertamos hoxe no tema do dia e a verdade e que botamos unhas risas... sobre todo cando nos mandades audios cantando vós. Para empezar o día falamos con Javier Pitillas, da asociación Discamino. Policía local de Vigo que no seu tempo libre logra axudar a cumprir soños, coma é facer o Camiño de Santiago a persoas que non poden facelo sosas debido a...

Listen to the ESPERTA VALLADARES podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.