Radio Valladares
ESPERTA VALLADARES
ESPERTA VALLADARES, magazine matinal diario. Analizamos a actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo.
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Esperta Valladares - Luns 16/07/2018 16.07.2018 2:00:04
Últimos programas da tempada! Hoxe falamos dos concertos de Castrelos, que non son poucos, e que xa están todos confirmados (e algún xa pasou, coma é o de Little Steven). Gústanvos? Ata o estudo achegouse German Son a falarnos da nada a través da poesía, das oracións e das palabras. Tamén estivo Alex Piñeiro, co seu espazo Farmalex. A polémica do Valsartán é do que quixo conversar. Por último, Edu...
Esperta Valladares - Venres 13/07/2018 13.07.2018 2:00:08
Entre as romerías e as verbenas, entre a noite e o día. Que lle gusta máis aos nosos ouvintes? Saír de marcha co sol ou coa lúa? Avisamos de empate técnico! Hoxe achegouse ao estudio Lucía do Festival Ecosons. Música con árbores e que divulga o coidado da nosa terra. Tamén falamos con Elisabeth, da Fundación Sales, responsable do Xardín Botánico de Vigo que xusto hoxe ofrece ao público a posibilid...
Esperta Valladares - Xoves - 12/07/2018 12.07.2018 2:00:05
Hoxe falamos das vacacións... Eres dos que prepara as saídas ao deillo ou do que espera a última hora e toma a decisión de irse de improvisto? Hoxe falamos con Diego Alonso, de Aliadogs, unha nova plataforma que une donos e paseadores ou coidadores de cans dunha maneira gratuita. Ten selo vigués. Tamén conversamos con Víctor, do Festival FLOP. Unha romería onde a diversidade e a liberdade sexual l...
Esperta Valladares - Mércores 11/07/2018 11.07.2018 1:59:39
Hoxe falamos de churrasco, de canto o botabades de menos no monte, e é que en Saiáns xa podedes desfrutalo, por iso falamos hoxe con Uxío o presidente de montes desta zona que conta coas instalaciones legais para poder desfrutar das brasas e a carne. Tamén falamos con Roberto sobre a Festa da cultura ACDC, mentres que con María descubrimos que a Uvigo ten o seu propio F1, construido dentro da Univ...
Esperta Valladares - Martes 10-07-2018 10.07.2018 2:00:12
Hoxe facemos un repaso a todas esas series que marcaron a nosa xuventude... Dende Verano Azul ata Dragon Ball, pasando pola Banda do Patio ou Sabina, cousas de bruxas. Tamén recuperamos a nosa sección "Que foi de...?". Esta vez, foi o turno de Jaleel White, ou vaia, Steve Urkel. Como non, tamén houbo entrevistamos. Falamos con Uxía Blanco, concelleira de Igualdade e normalización lingüistica e xuv...
Esperta Valladares - Luns 09/07/2018 09.07.2018 1:59:59
No verán tamén hai certas rutinas a facer. Unha delas pode ser cortar o céspede, a outra, limpar e manter a piscina (quen a teña). Que actividade farías ti con máis ganas? Hoxe tivemos a Germán Son de novo, e a súa sección A Chamada da Cousa. Tamén pasou polo estudo Ruth, a falarnos do Chao Da, un bar especializado en comida asiática de rúa. Riquísima! Conversamos con Pedro Feijoo do seu novo libr...
Esperta Valladares - Venres 06/07/2018 06.07.2018 2:00:10
Hoxe falamos de amor, ou máis ben de desamor, e é que Bisbal e Chenoa voltaron a actualidade. Por que? Iso volo contamos hoxe. Neste novo programa conversamos con Anahí e Irlanda, as patinadoras de Valladares que participarán esta fin de semana no campeonato nacional en Lleida. Tamén achegáronse ao estudio, Uxía e Sole, da verbena do Corregal. Toca festa, e toca pasalo ben. Como é verán a axenda v...
Esperta Valladares -Mércores 04/07/2018 04.07.2018 1:59:59
Hoxe falamos de fotografía aérea para vodas con drons con Jose, un veciño de Valladares. Tamén botamos unha ollada ás rúas viguesas e visitamos a Feira do Libro e mais ó Seafest, que está a piques de comezar, e organizan visitas guiadas polo VigoPesqueiro.
Esperta Valladares - Martes 3/07/2018 03.07.2018 2:00:00
Hoxe felicitamos ó Valladares femenino que firmou un acordo de colaboración co Deportivo para visibilizar o fútbol feminino. E como esta semana está a ser o Imaxinasons, falamos co Café Vitruvia para coñecer como foron as jam sessions. Para rematar programa achegámonos ata Morgadáns onde se está a fraguar a iniciativa ecoprint "Las flores de Greta", estampacións florais en tela.
Esperta Valladares - Luns 2-07-2018 02.07.2018 1:59:45
Hoxe falamos de xeados, que xa estamos en xullo e apetece! Cada verán aparecen novos sabores raros, de castaña, de pementos de herbón... falamos con Bico de Xeado. Veu, coma sempre, Germán Son coa súa sección A chamada da cousa. Esta vez quixo analizar ó pintor surrealista Magritte.
Esperta Valladares - Especial vacacións 28.06.2018 56:31
Neste episodio falamos dos comportamentos vacacionais, do postureo vacacional e que hai que facer para que os demáis saiban o ben que o estás a pasar no teu destino ;) Tamén entrevistamos a Isaura, de Studio57, que celebran o seu festival fin de curso no CVCV. Todo iso coa mellor música, e os mellores plans de fin de semana para esta derradeira de xuño.
Esperta Valladares - Mércores 27/06/2018 27.06.2018 2:00:16
Hoxe falamos de libros e de recomendacións, das posibilidades que ofrecen as librerías para non aburrirte este verán, e non son poucas. Chamamos a Diana,coordinadora da AFAGA e dos seus Obradoiros de Estimulación Cognitivo-Funcional. Tamén fixemos un repaso a todo ese cartaz que mostra o Son do Camiño, que este fin de semana iniciará a época de festivais en Galicia. Preparados?
Esperta Valladares - Martes 26/06/2018 26.06.2018 2:00:01
Hoxe enfrentamos dous comidas do verán moi típicas: a sandía e o melón, contra a ensaladilla. E cuidado, que o resultado da nosa enquisa sorprendeunos! Por outro lado, hoxe, todos os invitados viñeron ata o estudo. Algo xenial. Por un lado tivemos a Carballo, que veu falarnos do Campamento de fútbol; mentres que Marta falou dos campamentos de verán. Tamén estivo Basilio Calzado, que actualmente ex...
Esperta Valladares - Venres 22-06-2018 22.06.2018 2:00:15
Mañá é San Xoan! Por iso só puidemos falar desta festa ao longo de todo o programa, ben da cacharela que faremos en Valladares, ben coa xente de Freixo. Por suposto, hai actualidade tamén, curiosidades, e música. Que non falten.
Esperta Valladares - Xoves 21/06/2018 21.06.2018 2:00:01
Como de praias segue indo a cousa, hoxe vos preguntamos como ides ata elas. Se usades o transporte público ou se colledes o coche propio. Hai que pensar no medio ambiente! A primeira entrevista do día tivo como protagonista a Marina, da librería Avións de papel, que falou connosco sobre a II Festa do Libro de Pontevedra. Tamén contamos con Marián, da Peña Xuntanza, para comentarnos a actuación que...
Esperta Valladares - Mércores 20/06/2018 20.06.2018 1:58:46
Seguimos coas praias no programa, e hoxe a pregunta que deixamos no noso Facebook era: Es de ir a praia cunha toalla e un bote de crema ou levas toda unha ristra de obxectos. Hoxe falamos con Xosé Leal, concelleiro de cultura de Bueu e deputado provincial, para coñecer a Semana da Música da vila bueuense. Tamén tivemos ao outro lado do teléfono a Sabela, guitarrista de Agoraphobia, para falarnos d...
Esperta Valladares - Martes 19-06-2018 19.06.2018 2:00:02
Seguimor enfilando o verán, por iso hoxe o tema do día xirou arredor das praias, das do mar e das de interior, as fluviais. De cal es ti? Por outra banda, hoxe falamos con Pablo Lubiáns, controlador aéreo e piloto de drones sobre lexislación, permisos e futuro destes trebellos. Tamén tivemos connosco a Chus sanchez, coordinadora e xerente de AETRAVI, para charlar sobre a ruta de pinchos das Traves...
Esperta Valladares - Luns 18-06-2018 18.06.2018 2:00:24
Hoxe falamos do Festival de Ortigueira, ou máis ben preguntamos se forades a unha das citas máis míticas do verán galego. Veu, coma sempre, Germán Son coa súa sección A chamada da cousa. Esta vez quixo analizar a Velázquez. Tamén falamos coas Cantareiras do Alba, que actuaron esta fin de semana en Tui e próximamente na residencia de San Francisco.
Esperta Valladares - Venres 15/06/2018 15.06.2018 2:00:12
Hoxe falamos de dúas prendas imposibles de comprender. As gafas sen cristais e as chanclas en calcetíns. Maiciña do ceo, quen é capaz de levar algunha delas? Hoxe achegouse a falar connosco Conchi da Asociación San Telmo de Tui pola celebración do Día da Muiñeira. Tamén viñeron a charlar ao estudio, DJ América e Sole, que nos contaron o programa da festa dos 80 no Carregal. Festaza.
Esperta Valladares - Xoves 14-06-2018 14.06.2018 2:00:04
Lopetegui, Huerta, fútbol, política... A actualidade manda e onte foi unha tolemia. Por iso falamos de todo un pouco hoxe e tratamos de arronxar algo de opinión e información sobre o acontecido nas últimas horas. Tamén conversamos con Luis Carballo, organizador do XXVI Festival de Jazz e Blues de Pontevedra. E miramos cara o noso CVCV con César, Cris e Doro. Os dous primeiros pola proximidade do f...
Esperta Valladares - Mércores 13/06/2018 13.06.2018 2:00:08
Hoxe tocou falar de Urdangarín. A actualidade manda, por iso o cuñado do Rey Felipe IV centrou boa parte do noso programa. Tamén falamos con Alejandro, dono de La Grieta aquí en Vigo. Un bar Gaming, evolución natural dos vellos cibers, onde tanto un pode xogar, coma tomarse unha caña vendo o último torneo de League of Legends. Novas tendencias. Tamén falamos con Antón Bouzas presidente de Os Ningu...
Esperta Valladares - Martes 12-06-2018 12.06.2018 2:00:08
Comezamos programa falando con Iván Méndez, chef, natural de Ponteareas e está a piques de facer as maletas e deixar os fogóns dor estaurante Marina Dávila para adentrarse nun fermoso proxecto coma é Un chef no rural. Carlos García, baixista de La casa de los ingleses, fálanos do seu primeiro disco que sae a venda o día 20, pero para abrir boca, os pontevedeses xa publicaron Nunca lo veremos. Un a...
Esperta Valladares - Luns 11-06-2018 11.06.2018 1:59:57
Hoxe falamos un bo anaco sobre o cubo de Rubik. Algunha vez fostes capaces de deixar iguais as súas seis caras? Germán Son visitounos coma sempre para falar da Gran Guerra, mentres que Zaida falounos na súa sección sobre acoso laboral. Como non podía faltar unha entrevista, conversamos con Javi de Roy Beer sobre o seu furancho urbano recén aberto en Vigo e súa cervexa artesana.
Esperta Valladares - Venres 08-06-2018 08.06.2018 2:00:01
O papel hixiénico é un utensilio de uso cotidiano, e como o poñemos pode ser motivo de debate. Hoxe o tema o de día xirou arredor desta cuestión e descubrimos a historia deste obxecto. Este fin de semana son as Festas do Cristo aquí en Valladares, por iso todo o programa foi enfocado a falar con diferentes personalidades que teñen algo que dicir sobre elo: Don Ángel, o cura; Rober, da comisión de...
Esperta Valladares - Xoves 07/06/2018 07.06.2018 2:00:03
Novo Goberno e novos ministros. Falamos deles e da opinión que a rúa verteu nas redes. Cal é a túa? Hoxe falamos do fin de curso da terceira idade e das excursións que están por facerse no CVCV con Tere A piques de comezar o II encontro de Teatro de ACDC Vigo, falamos con Roberto, presidente da Asociación de Centros Culturais, e Doro, director do grupo Escoitade de Valladares. aquí no Estudio Por...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.