Radio Valladares

ESPERTA VALLADARES

Society GL ↓ 1525 episodes

ESPERTA VALLADARES, magazine matinal diario. Analizamos a actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo.

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Radio Valladares

Category

Society

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Sep 29, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Esperta Valladares - Luns 3/09/2018 03.09.2018

Comeza setembro. Tempo para planificar cousas, voltar ó ximnasio... e falando de deportes, imos coñecer tenis de mesa con Samuel Pereiro. Sabedes que é un dos deportes que a nivel mundial ten mais federados? Case 40 millóns!!! E comeza a conta atrás para o Revoltallo!!! Hoxe no estudio a Fanfarria Taquikardia. Tamén como cada luns, A chamada da cousa con Germán Son con respostas de nenos a exames....

VALLADARES nos BARES. Tarde no Hermi 30.08.2018

Tarde de verán na terraza do Hermi. Falamos con Fonso que nos contou a historia do bar. Acompañounos coas súas anéctodas de viaxes o pintor Darío Valadares. O rap de Aid e as súas experiencias vitais en Los Ángeles foron tamén parte da tarde. O capitán dos xuveniles no Valladares, Rubén Fitgueiras, tamén se achegou ata a sombra dos olmos. E baixaron os de Freixo para contarnos dos preparativos dos...

Esperta Valladares- Xoves 30/08/2018 30.08.2018

Reciclades ou reutilizades? O que ven sendo reutilización, para os galegos chamouse de toda a vida feismo galego: somieres que fan de cierre, fundas-espantallo, tambores de lavadora-maceteiros... Disto falamos hoxe ó longo do programa. Ademáis, ven Farmalex falar do Punto Sigre, reciclaxe de medicamentos nas farmacias. E tamén conversamos co Instituto de Estudios Miñoranos polas Xeiras de verán, c...

Esperta Valladares- Mércores 29/08/2018 29.08.2018

San Campio rematou... e a volta de tanta festa, quixemos enchelo de anécdotas: o concerto do Grupo América, os paseos en trineo de plástico polo torreiro enlamado a última hora... Tamén falamos de café co mellor barista de España, o vigués Marcos González. Paseamos cos II Roteiros Literarios pola provincia de Pontevedra. E falamos de teatro infantil coa actriz e mestra de teatro Eva Vila.

Luns de San Campio dende o torreiro de festas!!! 27.08.2018

Día grande en Valladares!!! Ambiente de primeira hora no torreiro: só están os da comisión baldeando, os da limpeza do concello e os pulpeiros. A festa está nos barrios. Da Sobreira e mais da Garrida xa saen as carrozas!!! Retransmitimos o concerto da Banda de Merza, a misa e a chegada das carrozas. Ademáis, falamos coa xente que andaba no torreiro na sesión vermú!!! Un ano mais: SAN CAMPIO É NOSO...

VALLABARES. Ruta polos barrios por San Campio 24.08.2018

Tangos, pasodobles, boleros... imos achegarlles ás persoas mais vellas da parroquia a atmósfera das Festas de San Campio. En ruta polos barrios de Valladares coa Charanga Vaite Xa. Sobreira, a Garrida, a Valada... listos para uns bailes? Saladina, ós 102 anos, inda lle botou unha peza, con mooito xeito!!!

Esperta Valladares- Xoves 23/08/2018 23.08.2018

Valladares arde en festas!!!! Mañá é venres 24 de agosto e hai doblete: o San Bertolameu no Alba e mais é venres de San Campio. Cando coinciden xuntos, cal vos presta mais? Coñecemos a historia dos dous santos por Ángel, o cura de Valladares. Tamén viñeron quentar motores a carroza da Garrida... que seica este ano teñen carne de potro no asador!!! A ver se chega algo ata o torreiro para probala. C...

Esperta Valladares- Mércores 22/08/2018 22.08.2018

Conta atrás: 3... 2... 1... SAN CAMPIO É NOSO!!! Nieves, da Comisión de Festas, ven contarnos como están os preparativos: o torreiro, da ruta polos barrios coa charanga Vaite Xa, o tremendo cartel deste ano con Lucía Pérez, a Banda de Valladares e mais a de Merza, se hai foghetes... en fin, do choio e a ilusión coa que se fai este SAN CAMPIO É NOSO!!! Chamamos a Lucía Pérez para saber como están o...

Esperta Valladares- Martes 21/08/2018 21.08.2018

Conta atrás para San Campio!!! Este ano a estrela invitada é Lucía Pérez e nós xa pensando no ano que ven, propoñemos outras estrelas. Quen preferides Melody co "baile dos gorilas" ou Rebeca con "Duro de pelar"? Ademáis, falamos cos homenaxeados na Festa do Socio deste ano 2018: -A Coral Polifónica do Centro Veciñal e Cultural de Valladares. Ata o estudio achegouse Isabel, a delegada. -O Colectivo...

Esperta Valladares - Luns 20/08/2018 20.08.2018

Volta ó luns. Comeza a semana. E se comezase cunha apocalise, terías un plan infalible para escapar dela ou non aguantarías nin un día? A Chamada da Cousa con Germán Son ven de psicoanalista: Carl Gustav Jung. Ademáis, dámoslle unha volta á memoria e rescatamos historias de Valladares. Sabiades que ós inicios dos anos 80 houbo un cross hípico no Monte dos Pozos? Neses anos tamén se celebraron outr...

VALLADARES nos BARES. Imos ó Rial 16.08.2018

Nesta calurosísima tarde de verán, víspera de San Roque, colocamos o chiringuito do Esperta na terraza do bar Rial. Seica teñen bo viño. E boa conta demos! Na mais que agradecida sombra do porche, fomos conversando co novo dono, Iván, que baixou un momentiño do Alba, onde estaba a preparar os petiscos que vai servir estes días na casa das novenas na Romería do Alba. E foi unha tarde de recordar hi...

Esperta Valladares- Martes 14/08/2018 14.08.2018

No programa de hoxe falamos dos medicamentos xenéricos con Farmalex. Tamén aprendemos a "interpretar" todos esos símbolos, números e códigos que aparecen na caixiña. Por iso, no tema do día vos preguntamos se ides moito o médico ou pola contra, non o pisades caseque nunca. Ademáis, imos ata a beira do Miño. Quen non foi ata Arbo a comer a lamprea? Falamos con Jose, do Restaurante Os Pirús, que nos...

Esperta Valladares- Luns 13/08/2018 13.08.2018

Alá foi a Festa do Pulpo de Carballiño, e xa co San Roque ás portas, comeza a semana mais festeira do ano!!!! Romerías, festas populares... sodes mais de ir de romería a buscar mesa ou de levar o farrapo e espatarrarvos no chan? Tamén, coma cada luns, ven Germán Son coa Chamada da cousa. Hoxe vai de movementos de masas e letras de Operación Triunfo. As reflexións de Noam Chomsky danos o marco idel...

VALLADARES nos BARES. Saímos ó Barxío 09.08.2018

Imos de ruta polos bares e outros lugares pintorescos de Valladares co noso "Esperta de verán". Alá fomos a tarde do xoves á terraza do Barxío. Acompañounos o tempo, a xente, a cadeliña de Pazó... E ata a terraza viñeron tomarlle algo e mais a botar un palique con nós: -as peñas celtistas: Centolos e Celtabirras -Diego Misa polo torneo Interbarrios -e comentamos o Rallye Rías Baixas con Pablo Pazó...

Esperta Valladares - Xoves 9/08/2018 09.08.2018

Os museos están de festa e celebran este sábado 11 de agosto a Noite Branca!!! Isto é: concertos, visitas guiadas, teatralizadas, actividades paralelas... E vos, sodes de museos ou pensades que están mais que mortos?!? Falamos coa Orquesta 430, que vai dar un concerto nos xardíns do Pazo Quiñones de León nesta Noite Branca. E nas praias estes días estanse a ver tiburóns azuis. Falamos co Oceanográ...

Esperta Valladares- Mércores 08/08/2018 08.08.2018

Hoxe é o concerto de Juanes en Castrelos e o alcalde propón un "Vigo para los vigueses", polo menos para acceder ós concertos no foso. Acabaremos cunha Vigopass para camiñar polas beirarrúas de Vigo? Iso é do que falamos no tema do día de hoxe. Moitos dos nosos veciños que viven fora, aproveitan o verán para voltar a casa de vacacións. Invitamos ó estudio a Xoana Barros, unha veciña de Beade que t...

Esperta Valladares - Martes 7/08/2018 07.08.2018

E verán... un xeado, por favor! Vos gustan mais os de xeo ou os de cucurucho con dúas bolas? De gustos xirou o tema de hoxe no programa. Como somos curiosos, nos achegamos ata o acuario do Museo do Mar de Vigo para coñecer mais da vida dos tiburóns, as raias, os cabaliños de mar... hai visitas guiadas case todas as mañáns e podemos mirar como lles dan de comer. Na parte musical, charlamos co Grupo...

Esperta Valladares - Luns 6/ 8/2018 06.08.2018

Hoxe queremos testar se nas parroquias de Vigo a xente se sinte mais identificada coa parroquia ou con ser vigués. Aquí en Valladares, sodes de Vigo ou de Valladares? E coma todos os luns, chega Germán Son coa súa Chamada da Cousa para falar de "experiencias compostelanas". Ademáis, imos coñecer a Galunk produccións, unha productora de música rap e ska galega. E a Ensemble Galería, que están organ...

Esperta Valladares - Venres 3/08/2018 03.08.2018

Hoxe chegaremos ós 37 graos en Vigo!!! Preferides a calor abafante ou o frío polar? De curiosidades entorno ás "olas de calor" falaremos hoxe no programa. E coma todos os venres, repasamos a axenda cultural para a fin de semana que, esta 1ª quincena de agosto, ven cargadiña. Escollemos dous festivais para falar cos seus organizadores: O Festival de Pardiñas e o Festival de Bandas de Matamá.

Esperta Valladares - Xoves 02/08/2018 02.08.2018

Noite de concerto en Castrelos!! Ven Raphael!! Cal é a túa canción favorita de todos os seus éxitos? Achegámonos ata Bueu, que hoxe comeza o Son RíasBaixas. Falamos con Jordi Lauren, director artístico do festival, e con The Skarnivals, a banda de ska que fechará o festival. E saberemos a que acordo chegaron os taxis coa folga destes días. Portestaban pola regulación das plataformas como Uber e Ca...

Esperta Valladares - Mércores 1/08/2018 01.08.2018

Agosto, todo o mundo vai de vacacións e o Esperta volta. E das vacacións masivas de agosto é do que falamos hoxe no programa. Sabedes que é O Cable Inglés de Vigo? Ademáis dun cable telegráfico que conectaba Europa con América e saía desde Vigo, tamén é unha Cooperativa Cultural. Mirian Fernández, visitounos no estudio para contarnos a manchea de proxectos nos que andan metidas. E de paso, tamén e...

Esperta Valladares - Xoves 19/07/2018 19.07.2018

Último programa da tempada! Voltamos en agosto, pero antes... falamos das festas patronais. Este ano non houbo en Vincios, Matamá está a organizar a última hora, a romería do Alba está en dúbidas. Que está a pasar? Na tertulia: Rodri, da comisión de festas da romería do Alba, Germán, de Vincios, e Pupe, de Beade. Tamén ven ata o estudio Fonso, pola 2º Concentración Motera de Valladares desta fin d...

Esperta Valladares - Mércores 18/07/2018 18.07.2018

Hoxe tocou despedida, coma naqueles veráns de nenos nos que os meses parecían anos e os días eran case infinitos. Carlos fixo o seu último programa connosco! Mañá será o último da tempada! Eso si, coma sempre, falamos de todo un chisco. Falamos con Pablo, organizador do festival folclórico internacional de Vigo. Tivemos no estudo a Marinita, Marchea e Tere, de Amieiras e Delicias, que ademais esta...

Esperta Valladares - Martes 17/07/2018 17.07.2018

Es de ir o primeiro día das rebaixas ou de esperar aos últimos intres? Dos mundos compradores que colisionan. Hoxe o tema do día xirou arredor desta disquisición. Tivemos connosco a Tomás, un dos mellores saxofonistas de Valladares e cunha proxección vital e profesional magnífica. Tamén falamos con Josinho da Teixeira, maestro regueifeiro, que este venres fará unha regueifada no mercado do Calvari...

Esperta Valladares - Luns 16/07/2018 16.07.2018

Últimos programas da tempada! Hoxe falamos dos concertos de Castrelos, que non son poucos, e que xa están todos confirmados (e algún xa pasou, coma é o de Little Steven). Gústanvos? Ata o estudo achegouse German Son a falarnos da nada a través da poesía, das oracións e das palabras. Tamén estivo Alex Piñeiro, co seu espazo Farmalex. A polémica do Valsartán é do que quixo conversar. Por último, Edu...

Listen to the ESPERTA VALLADARES podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.