Radio Valladares
ESPERTA VALLADARES
ESPERTA VALLADARES, magazine matinal diario. Analizamos a actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo.
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Esperta Valladares - Venres 3/08/2018 03.08.2018 1:59:59
Hoxe chegaremos ós 37 graos en Vigo!!! Preferides a calor abafante ou o frío polar? De curiosidades entorno ás "olas de calor" falaremos hoxe no programa. E coma todos os venres, repasamos a axenda cultural para a fin de semana que, esta 1ª quincena de agosto, ven cargadiña. Escollemos dous festivais para falar cos seus organizadores: O Festival de Pardiñas e o Festival de Bandas de Matamá.
Esperta Valladares - Xoves 02/08/2018 02.08.2018 1:59:57
Noite de concerto en Castrelos!! Ven Raphael!! Cal é a túa canción favorita de todos os seus éxitos? Achegámonos ata Bueu, que hoxe comeza o Son RíasBaixas. Falamos con Jordi Lauren, director artístico do festival, e con The Skarnivals, a banda de ska que fechará o festival. E saberemos a que acordo chegaron os taxis coa folga destes días. Portestaban pola regulación das plataformas como Uber e Ca...
Esperta Valladares - Mércores 1/08/2018 01.08.2018 2:00:06
Agosto, todo o mundo vai de vacacións e o Esperta volta. E das vacacións masivas de agosto é do que falamos hoxe no programa. Sabedes que é O Cable Inglés de Vigo? Ademáis dun cable telegráfico que conectaba Europa con América e saía desde Vigo, tamén é unha Cooperativa Cultural. Mirian Fernández, visitounos no estudio para contarnos a manchea de proxectos nos que andan metidas. E de paso, tamén e...
Esperta Valladares - Xoves 19/07/2018 19.07.2018 2:00:22
Último programa da tempada! Voltamos en agosto, pero antes... falamos das festas patronais. Este ano non houbo en Vincios, Matamá está a organizar a última hora, a romería do Alba está en dúbidas. Que está a pasar? Na tertulia: Rodri, da comisión de festas da romería do Alba, Germán, de Vincios, e Pupe, de Beade. Tamén ven ata o estudio Fonso, pola 2º Concentración Motera de Valladares desta fin d...
Esperta Valladares - Mércores 18/07/2018 18.07.2018 2:00:06
Hoxe tocou despedida, coma naqueles veráns de nenos nos que os meses parecían anos e os días eran case infinitos. Carlos fixo o seu último programa connosco! Mañá será o último da tempada! Eso si, coma sempre, falamos de todo un chisco. Falamos con Pablo, organizador do festival folclórico internacional de Vigo. Tivemos no estudo a Marinita, Marchea e Tere, de Amieiras e Delicias, que ademais esta...
Esperta Valladares - Martes 17/07/2018 17.07.2018 2:00:07
Es de ir o primeiro día das rebaixas ou de esperar aos últimos intres? Dos mundos compradores que colisionan. Hoxe o tema do día xirou arredor desta disquisición. Tivemos connosco a Tomás, un dos mellores saxofonistas de Valladares e cunha proxección vital e profesional magnífica. Tamén falamos con Josinho da Teixeira, maestro regueifeiro, que este venres fará unha regueifada no mercado do Calvari...
Esperta Valladares - Luns 16/07/2018 16.07.2018 2:00:04
Últimos programas da tempada! Hoxe falamos dos concertos de Castrelos, que non son poucos, e que xa están todos confirmados (e algún xa pasou, coma é o de Little Steven). Gústanvos? Ata o estudo achegouse German Son a falarnos da nada a través da poesía, das oracións e das palabras. Tamén estivo Alex Piñeiro, co seu espazo Farmalex. A polémica do Valsartán é do que quixo conversar. Por último, Edu...
Esperta Valladares - Venres 13/07/2018 13.07.2018 2:00:08
Entre as romerías e as verbenas, entre a noite e o día. Que lle gusta máis aos nosos ouvintes? Saír de marcha co sol ou coa lúa? Avisamos de empate técnico! Hoxe achegouse ao estudio Lucía do Festival Ecosons. Música con árbores e que divulga o coidado da nosa terra. Tamén falamos con Elisabeth, da Fundación Sales, responsable do Xardín Botánico de Vigo que xusto hoxe ofrece ao público a posibilid...
Esperta Valladares - Xoves - 12/07/2018 12.07.2018 2:00:05
Hoxe falamos das vacacións... Eres dos que prepara as saídas ao deillo ou do que espera a última hora e toma a decisión de irse de improvisto? Hoxe falamos con Diego Alonso, de Aliadogs, unha nova plataforma que une donos e paseadores ou coidadores de cans dunha maneira gratuita. Ten selo vigués. Tamén conversamos con Víctor, do Festival FLOP. Unha romería onde a diversidade e a liberdade sexual l...
Esperta Valladares - Mércores 11/07/2018 11.07.2018 1:59:39
Hoxe falamos de churrasco, de canto o botabades de menos no monte, e é que en Saiáns xa podedes desfrutalo, por iso falamos hoxe con Uxío o presidente de montes desta zona que conta coas instalaciones legais para poder desfrutar das brasas e a carne. Tamén falamos con Roberto sobre a Festa da cultura ACDC, mentres que con María descubrimos que a Uvigo ten o seu propio F1, construido dentro da Univ...
Esperta Valladares - Martes 10-07-2018 10.07.2018 2:00:12
Hoxe facemos un repaso a todas esas series que marcaron a nosa xuventude... Dende Verano Azul ata Dragon Ball, pasando pola Banda do Patio ou Sabina, cousas de bruxas. Tamén recuperamos a nosa sección "Que foi de...?". Esta vez, foi o turno de Jaleel White, ou vaia, Steve Urkel. Como non, tamén houbo entrevistamos. Falamos con Uxía Blanco, concelleira de Igualdade e normalización lingüistica e xuv...
Esperta Valladares - Luns 09/07/2018 09.07.2018 1:59:59
No verán tamén hai certas rutinas a facer. Unha delas pode ser cortar o céspede, a outra, limpar e manter a piscina (quen a teña). Que actividade farías ti con máis ganas? Hoxe tivemos a Germán Son de novo, e a súa sección A Chamada da Cousa. Tamén pasou polo estudo Ruth, a falarnos do Chao Da, un bar especializado en comida asiática de rúa. Riquísima! Conversamos con Pedro Feijoo do seu novo libr...
Esperta Valladares - Venres 06/07/2018 06.07.2018 2:00:10
Hoxe falamos de amor, ou máis ben de desamor, e é que Bisbal e Chenoa voltaron a actualidade. Por que? Iso volo contamos hoxe. Neste novo programa conversamos con Anahí e Irlanda, as patinadoras de Valladares que participarán esta fin de semana no campeonato nacional en Lleida. Tamén achegáronse ao estudio, Uxía e Sole, da verbena do Corregal. Toca festa, e toca pasalo ben. Como é verán a axenda v...
Esperta Valladares -Mércores 04/07/2018 04.07.2018 1:59:59
Hoxe falamos de fotografía aérea para vodas con drons con Jose, un veciño de Valladares. Tamén botamos unha ollada ás rúas viguesas e visitamos a Feira do Libro e mais ó Seafest, que está a piques de comezar, e organizan visitas guiadas polo VigoPesqueiro.
Esperta Valladares - Martes 3/07/2018 03.07.2018 2:00:00
Hoxe felicitamos ó Valladares femenino que firmou un acordo de colaboración co Deportivo para visibilizar o fútbol feminino. E como esta semana está a ser o Imaxinasons, falamos co Café Vitruvia para coñecer como foron as jam sessions. Para rematar programa achegámonos ata Morgadáns onde se está a fraguar a iniciativa ecoprint "Las flores de Greta", estampacións florais en tela.
Esperta Valladares - Luns 2-07-2018 02.07.2018 1:59:45
Hoxe falamos de xeados, que xa estamos en xullo e apetece! Cada verán aparecen novos sabores raros, de castaña, de pementos de herbón... falamos con Bico de Xeado. Veu, coma sempre, Germán Son coa súa sección A chamada da cousa. Esta vez quixo analizar ó pintor surrealista Magritte.
Esperta Valladares - Especial vacacións 28.06.2018 56:31
Neste episodio falamos dos comportamentos vacacionais, do postureo vacacional e que hai que facer para que os demáis saiban o ben que o estás a pasar no teu destino ;) Tamén entrevistamos a Isaura, de Studio57, que celebran o seu festival fin de curso no CVCV. Todo iso coa mellor música, e os mellores plans de fin de semana para esta derradeira de xuño.
Esperta Valladares - Mércores 27/06/2018 27.06.2018 2:00:16
Hoxe falamos de libros e de recomendacións, das posibilidades que ofrecen as librerías para non aburrirte este verán, e non son poucas. Chamamos a Diana,coordinadora da AFAGA e dos seus Obradoiros de Estimulación Cognitivo-Funcional. Tamén fixemos un repaso a todo ese cartaz que mostra o Son do Camiño, que este fin de semana iniciará a época de festivais en Galicia. Preparados?
Esperta Valladares - Martes 26/06/2018 26.06.2018 2:00:01
Hoxe enfrentamos dous comidas do verán moi típicas: a sandía e o melón, contra a ensaladilla. E cuidado, que o resultado da nosa enquisa sorprendeunos! Por outro lado, hoxe, todos os invitados viñeron ata o estudo. Algo xenial. Por un lado tivemos a Carballo, que veu falarnos do Campamento de fútbol; mentres que Marta falou dos campamentos de verán. Tamén estivo Basilio Calzado, que actualmente ex...
Esperta Valladares - Venres 22-06-2018 22.06.2018 2:00:15
Mañá é San Xoan! Por iso só puidemos falar desta festa ao longo de todo o programa, ben da cacharela que faremos en Valladares, ben coa xente de Freixo. Por suposto, hai actualidade tamén, curiosidades, e música. Que non falten.
Esperta Valladares - Xoves 21/06/2018 21.06.2018 2:00:01
Como de praias segue indo a cousa, hoxe vos preguntamos como ides ata elas. Se usades o transporte público ou se colledes o coche propio. Hai que pensar no medio ambiente! A primeira entrevista do día tivo como protagonista a Marina, da librería Avións de papel, que falou connosco sobre a II Festa do Libro de Pontevedra. Tamén contamos con Marián, da Peña Xuntanza, para comentarnos a actuación que...
Esperta Valladares - Mércores 20/06/2018 20.06.2018 1:58:46
Seguimos coas praias no programa, e hoxe a pregunta que deixamos no noso Facebook era: Es de ir a praia cunha toalla e un bote de crema ou levas toda unha ristra de obxectos. Hoxe falamos con Xosé Leal, concelleiro de cultura de Bueu e deputado provincial, para coñecer a Semana da Música da vila bueuense. Tamén tivemos ao outro lado do teléfono a Sabela, guitarrista de Agoraphobia, para falarnos d...
Esperta Valladares - Martes 19-06-2018 19.06.2018 2:00:02
Seguimor enfilando o verán, por iso hoxe o tema do día xirou arredor das praias, das do mar e das de interior, as fluviais. De cal es ti? Por outra banda, hoxe falamos con Pablo Lubiáns, controlador aéreo e piloto de drones sobre lexislación, permisos e futuro destes trebellos. Tamén tivemos connosco a Chus sanchez, coordinadora e xerente de AETRAVI, para charlar sobre a ruta de pinchos das Traves...
Esperta Valladares - Luns 18-06-2018 18.06.2018 2:00:24
Hoxe falamos do Festival de Ortigueira, ou máis ben preguntamos se forades a unha das citas máis míticas do verán galego. Veu, coma sempre, Germán Son coa súa sección A chamada da cousa. Esta vez quixo analizar a Velázquez. Tamén falamos coas Cantareiras do Alba, que actuaron esta fin de semana en Tui e próximamente na residencia de San Francisco.
Esperta Valladares - Venres 15/06/2018 15.06.2018 2:00:12
Hoxe falamos de dúas prendas imposibles de comprender. As gafas sen cristais e as chanclas en calcetíns. Maiciña do ceo, quen é capaz de levar algunha delas? Hoxe achegouse a falar connosco Conchi da Asociación San Telmo de Tui pola celebración do Día da Muiñeira. Tamén viñeron a charlar ao estudio, DJ América e Sole, que nos contaron o programa da festa dos 80 no Carregal. Festaza.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.