Radio Valladares
ESPERTA VALLADARES
ESPERTA VALLADARES, magazine matinal diario. Analizamos a actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo.
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Esperta Valladares- Mércores 14/11/2018 14.11.2018 1:59:53
Ikea chegou ás nosas vidas hai xa un tempo... e agora vai vir para quedarse no PTL. Que pensades? Boa idea! A dar unha voltiña por alí todos os días!! Ou sodes dos que amades os mobles tradicionais? Ademáis, falamos da andaina etnográfica deste domingo por Valladares. En ruta polos muíños cun profesor da USC que nos ilustrará sobre a toponimia do río Barxa, coas historias dunha veciña sobre o muíñ...
Esperta Valladares- Martes 13/11/2018 13.11.2018 2:00:00
Martes 13!!! Supersticiosos ou non? Imos curiosear nas orixes desta data e mais no número 13, que trae de cabeza ás aerolineas porque case nadie quer que lle toque este asiento á hora de voar. Tamén falamos co IES de Valadares. Están de noraboa! Foron galardonados cun recoñecemento da Xunta polo proxecto de vida saudable no que traballaron Educación Física, Matemáticas, Biología, Física y Química,...
Esperta Valladares- Luns 12/11/2018 12.11.2018 1:59:50
Choveu toda a fin de semana. O temporal Beatriz trouxo rachas de 130km/h. E vos sacástedes o paraugas a paseo, rompéusevos, colléstedes un dun paragueiro "prestado".... Enchemos este programa con anécdotas de paraugas e tamén coñecemos como se fabrican e deseñan os de Ezpeleta. Dende o País Vasco, Susana Gurridichi contounos dos mangos de metracrilato e os tecidos italianos... do novo concepto de...
Esperta Valladares- Venres 9/11/2018 08.11.2018 1:59:10
Morriña! Non falamos da suciedade, hoxe o programa vai de saudade... Dos galegos morriñentos imos falar con Pepe Sendón, do Observatorio da diáspora galega (onda.gal), que se adican a observar a relación dos galegos na emigración con Galicia... e cambiou moito! E mais con Lucio de embaixada.gal, que ven sendo unha taberna virtual onde se atopan os galegos que andan polo mundo adiante! Ata ao estud...
Esperta Valladares- Xoves 8/11/2018 08.11.2018 1:59:40
Vai de cumpreanos hoxe o programa. Como vos gusta celebralo cun festón ou non facedes nada de nada? Botámoslle un ollo ás locuras dos famosos cando os celebran. Ademáis, falamos de seráns de outono con Caruncho e mais de magostos: do de Moaña e mais do Magusto de Salvaterra. Farmalex ven ata o estudio. Imos falar de saúde e do Nolotil, que causou mortes no hospital de Denia ós extranseiros de Rein...
Esperta Valladares- Mércores 07/11/2018 07.11.2018 2:00:08
Pan... ñam ñam... rico que está mollado no aceite do pulpo, nas sopas de burro cansado... 7 panadeiros galegos están entre os mellores de España. Dous son de Porriño. Non é de extrañar, alí está o famoso "pan de porriño". O panadeiro do galardonado Forno de Mosende contounos "o segredo": boa fariña e moito levedado. Coñecedes a técnica jojlomá? É un arte de pintar moi antigo ruso. Aquí na EMAO hai...
Esperta Valladares- Martes 06/11/2018 06.11.2018 1:59:58
Trastadas, falcatruadas... seguro que fixéstedes algunha de rapaces. Ou se xa tendes unha idade, sodes sufridores destas travesuras. Enchemos o Esperta de pillerías infantís e adolescentes. Achegámonos ata o Cuvi para coñecer o programa cultural deste outono aberto á cidadanía: concertos, cine e mais teatro. Falamos con Natalia, vicerrectora de extensión universitaria. Novembro é o mes da ciencia...
Esperta Valladares- Luns 05/11/2018 05.11.2018 1:59:48
É tempo de magostos. Castañas asadas ou cocidas? Ben quentiñas e enfarruxadas saídas do lume ou molladas no leite? Para saber mais delas falamos con Souto da Trabe, unha empresa familiar na zona de Verín. Un souto con 1200 castiñeiros e algún deles da 400 kg de castañas, nin mais nin menos! Seguindo nos montes, falamos coa Mancomunidade de montes de Tameiga, en Mos. Os veciños rexeitaron o proxect...
Esperta Valladares- Vernes 2/11/2018 31.10.2018 1:59:58
Nesta ponte de todos os santos, temos festa en Valladares: a verbena da Paloma! Falamos con Pablo dos grupos que van ir animando a festa o sábado e mais o domingo. E se non chega cos bailes... tamén hai humor no auditorio do Centro Cultural. XIX anos de festival da risa. Que lle fai gracia á xente? Cóntanolo un dos humoristas, Ramón Guamá. Ademáis, esta finde en Compostela celébrase o Mundial infa...
Esperta Valladares- Mércores 31/10/2018 31.10.2018 2:00:07
Samaín. Di Manuel Gago, membro do Consello da Cultura Galega, que é das tradicións que, estando esquecidas, e sendo importadas, conseguimos facer nosas. Deste pequeno entroido falamos hoxe. -Merendiñas de samaín: vasoiras de meiga, momias de samaín, dedos de feiticeiro... -Trucos de maquillaxe, disfraces sinxelos para parecerse ás protagonistas de pelis de terror: Morticia Adams, novia de Frankest...
Esperta Valladares - Martes 30/10/2018 30.10.2018 2:00:04
Chegou o frío invernal e por iso imos falar de como ides a cama para estar quentiños. Cun pixama vello cheo de bolas o que lle tes moito cariño ou cun pixama deses gordos gordos que abrigan moitíssimo? Ademáis, falamos do Petisquiño con El Juliana no Mercado do Progreso e o seu ravioli de raia. Tamén da folga de empresas de elaborados do mar con Carmen, de Comisións Obreiras. E do tenis de mesa de...
Esperta Valladares - Luns 29/10/2018 29.10.2018 2:00:03
Cambio de hora. Aféctavos ou seguides tal cual coa vosa vida? Imos falar dos pequenos transtornos que nos ocasiona xogar coa luz solar. Como cada luns, chega Germán Son coa Chamada da Cousa. Hoxe falamos dunha peli moi recomendable "Lucky" (2017), que fala de vivir o final da vida. Ciencia versus Fútbol. Un gráfico do investigador vigués Francisco Rodríguez fíxose viral estes días en Twitter ó com...
VALLABARES no Novo Río Frío (A Pasaxe) 25.10.2018 1:59:46
Saímos ó linde con Vincios. Imos ata o Novo Río Frío. Dende a Asociación de Empresarios da Pasaxe explicáronnos as orixes deste polígono industrial ás aforas de Vigo e do movemento económico que dentro del se xera. Falamos tamén da súa legalización e a próxima ampliación. Ademáis, coma todas as findes... curiosidades e axenda cultural... dentro e fora da parroquia.
Esperta Valladares- Xoves 25/10/2018 25.10.2018 2:00:08
Michael Jackson e Queen... quen vos chista mais? Dous grandes espectáculos chegan esta finde a Vigo: "Forever" no García Barbón e "God save the Queen" no IFEVI . O Michael Jackson de Forever é galego, de Carballo. Álex Blanco contounos que todo comezou cunha actuación no seu cole... e mira ti onde chegou... de xira europea e ata tivo entre os espectadores a Latoya Jackson. Ademáis, falamos de anda...
Esperta Valladares- Mércores 24/10/2018 24.10.2018 1:59:46
Se forades presidentes do goberno que quitaríades antes as obras inútiles ou os cargos que sobran? Preguntamos isto porque imos entrevistar un grupo de rap punk moi retranqueiro. Dende a Moncloa para o mundo: ós XPresidentX. A semana pasada organizáronse en Vigo as VII xornadas contra a prostitución. Como está a situación en Galicia? Falamos con Silvia, portavoz da Rede Galega contra a Trata.
Esperta Valladares- Martes 23/10/2018 23.10.2018 1:59:39
Abrides o xornal... ides directo a ler o horóscopo e mais as esquelas? Hoxe falamos dos signos do zodíaco... credes neles ou pensades que son parvadas? Os médicos están de folga en Galicia. Que sistema sanitario temos? Como está por dentro? Os médicos están cansos: moitos pacientes, atención en diversos lugares da provincia, agora a nova figura do pediatra de área... Explicounos a situación Manuel...
Esperta Valladares - Luns 22/10/2018 22.10.2018 1:59:57
Zurdos ou destros? Como é vivir sendo zurdo? Descrubrimos con Bea, unha cociñeira de profesión, que os coitelos son distintos, as xarras tamén, abren as portas distinto.... Outro descubremento é o do taekwondo. O TAO Vigo chegou ata a final do GOT Talent, na tele. E descubrimos que son bos, que en Galicia hai moi bo nivel... en novembro van ata o Mundial en China. Así nolo contou o seu entrenador...
VALLABARES na cantina do Carregal 18.10.2018 2:00:01
Baixamos para voltar subir! Valladares é toda unha montaña... chea de bares. Imos ata a cantina do torreiro do Carregal. Polos micros foron pasando: -Almu e Santi da Verbena do Carregal -Dj The Guardians -A peña Demos e Demonios -O clube da petanca Tamén repasamos a axenda cultural do finde. Moito rock no IFEVI o sábado. Mago de Oz, Baron Rojo... Falamos con Fortu, o cantante de Obús.
Esperta Valladares- Xoves 18/10/2018 18.10.2018 1:59:49
Furrullo na faltriqueira era o que levaban as vellas antes cando non había tantos bancos. Vos sodes dos que aforrades moito ou mais ben sodes dos que vivides a vida e a ghasta que son dous días?? Que aprendemos dos incendios do ano pasado? Falamos con Juan Picos, director da Escola de Forestais, da nosa relación co monte e a natureza. A semana que ven é o Campionato Europeo de Mushing en Suecia. U...
Esperta Valladares- Mércores 17/10/2018 17.10.2018 2:00:05
Groupis dun grupo de música? Algunha anécdota de chegar ata ó back stage e tocarlle a man ó cantante? Falamos de concertos, de público e tamén tertuliamos cos músicos e mais cos hostalerios. Ata o estudio achegáronse Arturo Álvarez, recoñecido músico de jazz da escena galega, e tamén David Iglesias, dono do Monk blues bar, para falar da nova lei de espectáculos galega. Ademáis, falamos do problema...
Esperta Valladares- Martes 16/10/2018 16.10.2018 1:59:53
Peli ou serie? Preferides ir ó cine coas palomitas e a pantalla grande ou tragar 24h series sen parar: Walking dead, El cuento de la criada, True blood... Abracadabra patadecabra!!! Queredes aprender uns truquiños de maxia? O mago Óscar Fernández vai estar os venres no CVCV ensinado trucos de cartas e outros mais sinxelos con bolis e papeles... "Arnoia, Arnoia" o libro de aventuras de Ferrín foi l...
Esperta Valladares - Luns 15/10/2018 15.10.2018 1:59:53
Cocido ou callos?? Cal é o voso prato de inverno?? A pesar do milleiro de festas dos callos que hai por Galicia adiante, a xente seica lle tira mais o cocido. Como cada luns, a chamada da cousa vai do escritor Giorgio Manganelli. A entrevista reto de hoxe é co Centro de Interpretación de Linguas de Signos de Galicia. Falamos coa coordinadora, Mª Cruz Ousinde, a través da súa intérprete. Ademáis, e...
Esperta Valladares- Xoves 11/10/2018 11.10.2018 1:59:53
12 de outubro: Festa do marisco no Grove! E vos que sodes mais de boi ou de centola? Seguro que rapiñades as patas gordas do boi antes que nadia, a que sí? Buscades outros plans para esta ponte do Pilar? Tranquilos que facemos un repaso polos de Galicia adiante: San Froilán, Poemagosto... e polos de Vigo e arredores tamén: Karraskal Rock, Teatro Amador... O espacio de saúde con Farmalex convertius...
Esperta Valladares- Mércores 10/10/2018 10.10.2018 1:59:59
Hoxe falamos de peluquerías e de canas. Tinte ou non? E tamén é o Día Mundial do Ovo. Déronnos un truquiño para que non salten ó fritilos... botarlle unha pizca de fariña na sartén. Funcionará?!?!? Os mércores en Vigo soan a jam session. Hai moitas. Fomos ata o Sinatra para falar con Arturo Álvarez e a súa banda, a Monk Blues Band. Tamén nos achegamos ata o porto de Vigo para felicitar a Henry Rob...
Esperta Valladares- Martes 09/10/2018 09.10.2018 2:00:04
Curiosidades mundanas, se non mirades ben, vos gustan mais as lentillas ou as gafas? Imos falando disto ó longo da mañá e doutras cousiñas mais. A Boot Camp vai ter lugar en Samil este domingo. Desafío de obstáculos e food traks con cerveza para que queira mirar este espectáculo coas Cíes de fondo. E se sodes de plans de interior, hai butacas para o teatro no Centro Cultural de Valladares. Esta po...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.