Radio Valladares
ESPERTA VALLADARES
ESPERTA VALLADARES, magazine matinal diario. Analizamos a actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo.
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Esperta Valladares- Xoves 20/12/2018 20.12.2018 1:59:51
News, news!!! Estreamos programa en Radio Valladares!! Revolution. Vai de videoxogos. E queremos saber, vos de quen vindes sendo? De Nintendo ou Playstation?? Ademáis, Festival de Nadal do CLUBE de Patinaxe Artística de Valladares, luthería antiga na EMAO e, relacionado co nadal e as enchentas navideñas, falamos do uso do Omeprazol, protectores de estómago e outros amigos.
Esperta Valladares- Mércores 19/12/2018 19.12.2018 2:00:21
Nova polémica en Vigo: manter as luces de nadal todo o mes de xaneiro. Imos ir de rebaixas coas luces polo medio ou podemos empatar coa celebración do ano novo chino?? Como é o ano do porco, disque hai que vivir con alegría!!! Ademáis, música no programa: "A voar", novo conto-disco de Cé Home Orquestra. E Vudú, cancións tradicionais galegas en clave de soul. Tamén conversaremos da relación entre o...
Esperta Valladares- Martes 18/12/2018 18.12.2018 2:00:50
Imos ó circo!!! Animais ou equilibristas... cal preferides ir ver?? Damos unha voltiña polas compañías circenses galegas e curioseamos na dos acróbatas do Circo do Sol. Ademáis, falamos coa escritora xuvenil LediciaCostas do seu novo libro "A balada dos unicornios" e co axitador folklórico e sex symbol da copla, Rodrigo Cuevas, que vai estar esta fin de semana na sala Radar. E a pildoriña navideña...
Esperta Valladares - Luns 17/12/2018 17.12.2018 2:00:20
Xa están as rondallas enchendo as rúas de bo ambiente navideño. No estudio conversamos con Justo de Freixo e mais con Plácido de Valladares sobre as rutas, ensaios, abanderados, de canto costan as saidas, das chocolatadas... Ademáis, falamos de compostaxe con Adega e do concello das Neves, que xa entrou na fase 2 do Plan Revitaliza da Deputación. É luns e Germán Son tráenos unha selección de chist...
Esperta Valladares- Venres 14/12/12/2018 14.12.2018 2:00:54
Trivial e Monopoly son dous dos xogos de mesa mais populares. Curioseamos sobre as distintas versións do Monopoly nos seus 80 anos de vida. Agora temos un á galega!! E botamos unha "partidiña" ó Trivial. O espíritu navideño entra no programa da man de "Elfos y calcetines" que achegan regalos ós nenos e anciáns con poucos recusos económicos. E co mercadiño Ofeitoamán, Artesanía de Galicia. 35 anos...
Esperta Valladares- Xoves 13/12/2018 13.12.2018 2:00:23
Hoxe é Santa Lucía, patroa da vista. Algunha vez fóstedes ofrecidos a algún santo? Se un vai ofrecido, soe levar unha vela ou un ex voto. Falamos coa Cerería Sanromán en Pontevedra, a mais antiga de Galicia. Dámoslle un repaso a área veciñal con Ana: construccións de casas novas e respetar os lindes e mais as augas; Benteler, que parece que xa se chegou a algún acordo para solventar as incomodidad...
Esperta Valladares- Mércores 12/12/2018 12.12.2018 2:00:00
Cando ides ás Cíes, sodes lagartos a tomar o sol ou mais de facer snorkel a perseguir ós pulpos e as robalizas? Falamos das Cíes aproveitando que saíu un cómic sobre os fondos mariños: “El gran viaje del plancton” do Instituto de Investigacións Mariñas. XXI Certame de Regueifas esta finde en Valladares. Que regueifeiros van subir ó esceario? Cóntanolo Kike Estévez, da Oral de Galicia. O encaixe de...
Esperta Valladares- Martes 11/12/2018 11.12.2018 1:59:32
Matanza do porco... usos e costumes do extrarradio vigués cunha veciña de Valladares, Carmen. Historias de contrabando. Que é isto? O escritor Lois Pérez, váinolas traer este domingo ata o auditorio de Valladares. Repasamos os top ten da arquitectura industrial da ría de Vigo co historiador Uxío Reinoso, coordinador do proxecto vigoindustrial. E preguntámosvos se vos gusta mais a panificadora de V...
Esperta Valladares- Luns 10/12/2018 11.12.2018 1:59:27
Tópicos & estereotipos. Os galegos somos mais coñecidos pola choiva ou polo son da gaita? Un pouquiño mais de 600 rusos e case outros tantos eslavos viven en Galicia. Coñecemos a súa cultura a través da Asociación de Eslavos en Galicia da man da súa presidenta Marina Bajtina. 4 voces orixinais dirixidas por Carmen Rey forman Ejazz. Coro galego de jazz premio Martín Códax da Música. Obesidade infan...
Esperta Valladares- Venres 7/12/2018 05.12.2018 2:00:59
A Ponte da Constitución marca o inicio de moitas compras navideñas. Imos falar con César Sánchez-Vallesteros, presidente da federación de hostelería provincial, a mirar se hai cheo, se o tirón das luces axuda... E temos tertulia. Que ten Valladares que tan ben se sinte a xente nesta parroquia? Hoxe cos veteranos. Dous de fora: Pablo orensano e Plácido, o director da rondalla. E un de dentro: Sidro...
Esperta Valladares- Mércores 5/12/2018 05.12.2018 1:59:51
Puntualidade!!! Canto se considera que hai que esperar para dicir que chegas tarde? Imos ver que isto ten moito de cultural... o "ahorita vengo" dos latinos pode querer dicir "vou chegando en 1 ou 2 horas"... desesperación máxima nun xaponés. A Orquestra Vigo 430 está de aniversario. 10 anos xa! Están preparando concerto para celebralo. Cóntanolo Andrea González, a nova directora. Un rapaz do IES...
Esperta Valladares- Martes 4/12/2018 04.12.2018 1:59:36
María Callas resucita nun holograma e da un concerto en París. Se o voso grupo favorito xa non vive, pagaríades por ir mirar un concerto dun holograma ou preferides as bandas tributo?? Imos falar cunha banda tributo galega. RIFF RAFF, uns gamberros do Ferrol que clavan a AC/DC. Toñito, o cantante prefire ás bandas tributo ó holograma. Sabíades que só un 8% das pelis que se producen no noso país es...
Esperta Valladares- Luns 3/11/2018 03.12.2018 1:59:08
Comeza a semana! Imos recuperar batalliñas da mili con Cholo, un veciño de Valladares. Así que, aproveitamos para preguntarvos se queredes que volva a mili ou nin se vos pasa polo pensamento. Repasamos as comedias e curioseamos sobre os polvoríns da ría de Vigo. Ata o estudio achegouse o medallista no mundial de taekwondo en Taiwan, Samuel Meilán do A.D. Escuela Tao. Conversamos sobre o mundial e...
Esperta Valladares- Venres 30/11/2018 30.11.2018 1:59:57
Dinoseto ou Sireno? Que é o mais icónico de Vigo? Isto danos pé a falar ó longo do programa do hit "Very, very happy" que lle compuseron ó Caballero sobre as luces no programa do Wyoming, da canción de Toni Lomba "Vaya Tío"... e do Velén con V, irreventente de Vigo. Moi musical este derradeiro programa de Sara no Esperta. Ademáis da súa selección musical favorita, entrevistamos a Ezetaerre, que sa...
Esperta Valladares- Xoves 29/11/2018 29.11.2018 1:59:52
Ceas de nadal á vista!!! Pasádelo xenial ou tentades evitala? Damos algúns truquiños tanto se queredes ser as estrelas da festa como se preferides pasar desapercibidos. Xa que andamos de cuchipandas, Javier Olleros, o cociñeiro do restaurante Culler de Pau, contanos do proxecto Despesques onde anda metido con outros cociñeiros de prestixio. O grupo de rock NAO, está de despedida. Con Jasper falamo...
Esperta Valladares- Mércores 28/11/2018 28.11.2018 1:59:59
Tema masculino o de hoxe. Tendes que vestirvos de traxe, que lle poñedes grabata ou pajarita? Manifestación este 1 de decembro diante da mina de Touro convocada polas Marchas da Dignidade. Falamos con Manolo Caamaño, da FAVEC. Esta fin de semana tamén é o Culturgal en Pontevedra, a feira da industria cultural galega. Adiantanos o que alí imos atopar o seu director José Aldea. Las Brujas de E'lente...
Esperta Valladares- Martes 27/11/2018 27.11.2018 1:03:04
Cando tendes fame e queredes facer algo rápido de comer, de que tirades? De pasta ou de arroz? Imos darlle unha voltiña ás opcións de comida rápida... que tamén incluen o servicio de comida a domicilio: Just eat, Delivery... un negocio que cotiza en bolsa! Ademáis, no programa o grupo de rap Son da Rúa busca figurantes para o seu novo videoclip; o Oceanográfico de Vigo fai labor divulgativa cos ma...
Esperta Valladares- Luns 26/11/2018 26.11.2018 1:59:40
Encendido navideño. Xa está aquí e chegou para quedarse un mes looongo. Que pensades deste lucerío ó mais estilo neoyorkino? A vivir que son dous días ou que isto é un ghastío? No programa tamén falamos do mito de Orfeu con Germán Son na Chamada da Cousa. E ata o estudio achegouse Ana Braña, do Grupo de Humanización do Hospital Álvaro Cunqueiro. Moi interesante o que están a mover dende o servicio...
Esperta Valladares- 23/11/2018 23.11.2018 2:00:01
Black friday e encendido das luces de Nadal en Vigo. Comeza potente a fin de semana! Chegaralle ó alcalde de New York o destello das luces do Caballero? Ademáis, o domingo é o 25N, día no que recordamos ás víctimas da violencia machista. Charlamos con Raquel, a traballadora social do centro veciñal de Valladares, sobre algúns dos casos e as actividades culturais e sociais para recordalo. Na axenda...
Esperta Valladares - Xoves 22/11/2018 22.11.2018 2:00:01
Vanse reestrear dous clásicos: Dumbo e Aladdin. E queremos saber cal deles vos chista mais. Aproveitando, imos repasar curiosidades destes dous grandres éxitos de Disney. Ademáis, falamos de educación sexual en adolescentes coa xinecóloga Sabela Iglesias. Recolleu as súas preguntas nun libro que vai presentar en breve no Culturgal "Dúbidas reais dos adolescentes sobre o sexo" da editorial Catro Ve...
Esperta Valladares- Mércores 21/11/2018 21.11.2018 1:12:28
Clientes repelentes! Sodes dos que lle fan a vida imposible ós camarareiros ou pola contra lles facilitades o choio e lles axudades cos platos? Imos encher o Esperta de anécdotas de camareiros e de clientes. Tamén falamos de impresión 3D co profesor do novo curso que comeza no centro veciñal de Valladares en xaneiro. E de coros tradicionais con Xaquín Xesteira de Cantigas e Agarimos de Compostela....
Esperta Valladares- Martes 20/11/2018 20.11.2018 2:00:00
Hoxe é o día mundial do neno e preguntámonos como eravades de cativos. Uns fedellos que o revolucionaban todo ou uns nenos tranquilos dos que non te enterabas deles? Cine e libros no programa. Voces Rotas, ciclo de cine na sede de Afundación con películas premiadas nos Óscar, en Cans... sobre a inmigración, as adopcións e as guerras. Hoxe podemos ver "Verano 1993", premio Goya á mellor dirección d...
Esperta Valladares - Luns 19/11/2018 19.11.2018 1:59:52
"Anécdotas de enfermeiras" un libro da escritora Elisabeth Iborra e Germán Son ven ilustrarnos con algunha delas... desternillantes, por veces. Tamén falamos de deseño de luxo coa empresa Blue Lion "made in Valladares" con Borja Fontán. O producto estrela é a mochila Heart of Venus de 5000€ con pel de avestruz de Sudáfrica e detalles de ouro.
Esperta Valladares- Venres 16/11/2018 16.11.2018 1:59:49
Ano 1992, España vólvese abrir ó mundo: olimpiadas & expo... Cobi & Curro... e comeza tamén a moda grunch, acid... Dos 90's falamos no programa. Na axenda cultural, este sábado é Santa Cecilia e a Unión Musical de Valladares presenta ós novos integrantes nun concerto no auditorio. Tamén hai festa de danzas do mundo organizada polo Grupo Monteira. Viu ata o estudio Suso Cancelas para contarnos dos...
Esperta Valladares- Xoves 15/11/2018 15.11.2018 2:00:00
Revolución no flamenco: Rosalía. Un fenómeno de masas pasadeiro ou chegou para quedarse? Ó longo do programa imos comentar cousiñas de Rosalía, flamenco "millenial". Ata o estudio achegouse o pintor Antonio Albalde, que nestas tardes está a pintar o muíño da Senra e expón unha obra sobre muíños galegos no Centro Cultural de Valladares. Ademáis, o grupo musical vigués Presumido. Música electrónica...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.