Radio Valladares

ESPERTA VALLADARES

Society GL ↓ 1482 episodes

ESPERTA VALLADARES, magazine matinal diario. Analizamos a actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo.

Author

Radio Valladares

Category

Society

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 7, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Martes 15/09/2020 15.09.2020

Creatividade galega. Conversamos coa costureira Patricia González do Obradoiro de costura Saians. Deseña moda galega partido da tradición pero, ollo, inspirándose e adaptándoa ós nosos tempos. Mirástedes o chaleco de Amador Árias nos Goya deste ano. Pois iso é. Creativas galegas é un proxecto que aglutina un cento de artesáns e xente creativa galega. Compartir para crecer. Este é o seu lema e Isab...

Luns 14/09/2020 14.09.2020

De vagar. Imos soltando o ritmo do verán paseniño. Quen non pensou en coller unha caravana e percorrer o mundo? Conversamos con Batel Area. Alugan autocaravanas. Así coñece moita xente do interior da península Galicia. E hai quen fai deste viaxar un xeito de vida. Escoitamos algunhas experiencias. Voltar ás rutinas e un común en setembro. No centro veciñal de Valladares comezan tanto os cursos com...

Venres 11/09/2020 11.09.2020

Videoxogos a tutti plen! Non só son violentos. Tamén poden ser educativos. Diso conversamos con Antón. O seu TFG vai sobre aplicacións didácticas dos videoxogos ó rol en vivo. Exemplo: aprender a historia da muller na idade media cun xogo de rol en vivo e videoxogos nun colexio. Esta fin de semana no MARCO un encontro sobre videoxogos e literatura. Comparten a mesma narrativa libros e videoxogos....

Xoves 10/09/2020 10.09.2020

Xoán Curiel, poliédrico na súa música e na súa formación artística, vai polo seu 6 disco. 3 de nenos e 3 de adultos. Neste último colle cantigas medievais e dalles o "seu xeito". De tertulia un bo ratiño con el. Volven os concertos ó auditorio de Valladares. Os fins de setembro recupérase o Moxenas. Este que ven: Lirolai e Acordeireta. Reserva previa chamando ó cultural. E a liga de fútbol tamén v...

Mércores 9/09/2020 09.09.2020

Imos polo mar neste Esperta. Unha volta na traiña cuns dos directivos do clube de remo de Coruxo. Outra con xente do mar e as súas visitas guidas en Amarturmar pola enseada de San Simón. As redeiras da rúa Chao en Vigo, non dan volta senón que quedan no mural da nova sede da Deputación. E unha volta pola xerga adolescente: RT, boquerón, random, hater. Coñecíadelas?

Martes 8/09/2020 08.09.2020

Quen non foi...? -a Franqueira, a San Benito... ofrecido? Dos exvotos e outras tradicións populares conversamos co historiador Anxo Lemos. -algunha vez a un curandeiro, compoñedor de ósos? De palique con Pitís, o de Valladares. -polo camiño de Santiago e parou en Samos? Imos ata o monasterio e a capela do Ciprés. E quen non foi universitario? Ai, a vida universitaria na pandemia. Diso tamén hai te...

Luns 7/09/2020 07.09.2020

7000 libros chegaron ata a biblioteca de Valladares gracias a doazón da familia de Manuel de Castro. Catalogalos foi viaxar pola súa vida, atopando marcapáxinas, recordos…Conversamos co seu fillo. Damos unha volta polos espacios de lectura, as bibliotecas. Como foron cambiando arquitectónicamente. Algunhas prestan videoxogos. Carlos Pereiro comenta algúns. E ademáis, ampliación do PTL coa platafor...

Venres 4/09/2020 04.09.2020

Por onde vos gusta pasear: praia, monte, cidade, beira do río… Hoxe botámonos ó monte. Andainas, baños de bosque e orientación no The Wild Fest. Na bici de Kike, imos polo Lagares. Percorremos as rutas da Deputación: roteiros literarios, rutas ornitolóxicas ... conversando con a Illa dos Ratos e mais con SEO Bird Life. Ó que non lle guste o monte, nen camiñar, pode sentarse nalgún concerto dos que...

Xoves 3/09/2020 03.09.2020

IBI, basura, vado, rodaxe, auga, que tamén é concesión, a plusvalía. Canto nos costa vivir en Vigo? Sácaselle rendemento a estas taxas? As necesidades das parroquias do rural vigués quedan desatendidas. A pesar de pagar "os impuestos". Escoitamos ós veciños e tamén a presidenta da Asociación de veciños de Valladares. Os xoves son para cinéfilos. "Black Panther", como homenaxe ó seu prota que acaba...

Mércores 2/09/2020 02.09.2020

A educación artística ten cada vez mais peso nos coles. Conversamos con Gonzalo Maceira do Estudo Bonobo en Pontevedra e un dos proxectos xurdidos alí, a banda infantil de rock Furious Monkeys. Aproveitamos que esta semana está sendo o Festival de Títeres en Redondela para falar con Tatán. E Julio Gómez do Sinsal, compárte con nós o aprendido ó redor da economía circular coa Fundación Paideia Gali...

Martes 1/09/2020 01.09.2020

Falamos da limpeza das franxas de seguridade nos montes co: -Director Xeral de Defensa do Monte, Tomás fernández Couto. -Presidente de Montes Valladares, Gregorio Álvarez -a única empresa madeireira en Vigo e a técnica do centro veciñal de Valladares, que axuda a orientarse no catastro. Parte II do Esperta. Mundo adolescente na pandemia con dous rapaces de 14 anos, Dani e Alicia. LOL, XD, shippeo,...

Luns 31/08/2020 31.08.2020

Hoxe é luns de San Campio do 2020. Especial coma todo este ano. Canta xente vive das festas? Facemos un percorrido: -Os fogueteiros. Argimiro ten nun ERTE ós 9 traballadores. So está el agora mesmo. -As bandas. O director da de Valladares, César, agradece ós concertos de verán polas parroquias de Vigo e mais na porta do sol. -As orquestas: El Combo Dominicano, non esta de ERTE. Están de baixa porq...

Venres 28/08/2020 28.08.2020

Falamos dos festivais na era coronavirus. Os atrevidos. 1ª edición do Artenauta en Corcubión Os adaptados. Festival de Cans Os adiados. Freixo Rock

Xoves 27/08/2020 27.08.2020

Cine, música e bici. Tertulia deportiva con Jacobo Ucha. Louriña Cycling Team Tertulia musical con Miriam Sandoval Guiraldes sobre Cantigas Trashumantes. Poesía galega na emigración musicada cos ritmos do país no que se escribiu. Fío conductor? A morriña. Cinéfilos, o espacio dos xoves con Eloy. Tenet e Novos mutantes. Visitas guiadas sí. Pero guiadas por quen? En Meirande, os corsarios. En Pereir...

Mércores 26/08/2020 26.08.2020

Con cebola ou sen cebola? Da tortilla e outras opcións para matar o gusaniño da fame imos fiando as 2 horiñas deste Esperta. O Carballo é o local típico para os vigueses que lles gusta "comela con cuchara". Ollo, que parece que non hai recambio xeracional, contounos Antonio Alonso. Para coñecer como vivían as xeracións de principios de s. XX e como llo contan ós cativos imos ata o Museo Liste. E d...

Martes 25/08/2020 25.08.2020

Quedamos na raia con Portugal neste Esperta. Vai de historias: -dos contrabandistas -as rescatadas da memoria dos veciños de Vigo por Avelino González. Ollo! Juego de Tronos podería terse gravado no Galiñeiro. -as do viño en Señorío de Rubiós -e as do arco visigótico de Panxón

Luns 24/08/2020 24.08.2020

Abrimos a semana falando das romerías. 24 de agosto ven sendo Sanbertolameu. Gran romería no Alba. Nos anos 60 pagábanlle os músicos 2000 pesetas por tocar todo o día de hoxe. Amparo, a veciña de Valladares, cóntanos ésta e outras moitas anécdotas da época. Rosquillas é souvenir das romerías. Como o levan este ano. Imos ata Pontareas falar cos de Ancla. As poxas, o outro atractivo. Diso tamén imos...

Venres 21/08/2020 21.08.2020

Mañá de tertulia sobre a música infantil en galego coas Maimiñas, Uxía Lambona e a Banda Molona e Luis Prego. Na bici de Kike imos pola senda da auga, dende San Xoán ata o embalse de Eiras. E unha voltiña polos concertos e outros plans culturais para esta fin de semana por Galicia.

Xoves 20/08/2020 20.08.2020

Montar unha voda hoxeendía necesita case tantan producción como un concerto dos Rolling. Conversamos coa wedding planer, Casadeira. O mundo dos soños no cine con "Orígenes". E unha volta pola Mancomunidade de Montes de Valladares co seu presidente Gregorio. Algunhas novidades: o megaparque de xogos, os cabalos que comen as plantacións de árbores novas, a idea dun I+D no monte da Sobreira por parte...

Mércores 19/08/2020 19.08.2020

Novos empregos e adaptacións na "era covid". -As pantallas publicitarias de RelEYEble, nas que segundo quen estea diante o software cambia a imaxe publicitaria. Adaptáronse para detectar os rostros que levan ou non máscara. Contóunolo Elisardo, un dos fundadores desta spin-off saida da UVigo. -Sair de ruta en grupo pola natureza tamén ten o seu aquel agora mesmo. Conversamos con Gerardo, da Senda...

Martes 18/08/2020 18.08.2020

Cabinas de teléfonos. A primeira en Vigo instalouse no ano 1966. Os teléfonos nas casas chegaron entrados os anos 80. Entre unha cousa e outra, onde ía chamar a xente do rural vigués? Hoxe, "vivécdotas". Ademáis, unha voltiña polo patrimonio galelego. Ata o parque do Pasatempo en Betanzos. Unha vez chegados aquí, sí que damos unha volta polo mundo.

Luns 17/08/2020 17.08.2020

Dende que os cans entraron a vivir nas casas hai un negocio en expansión: as peluquerías caninas. E non é cousa de urbanitas. Pola área metropolitana hai unha chea. Conversamos con "Malas pulgas". De cabalos, cóntanos dende o clube hípico Alazán, no alto de San Cosme, como levaron o confinamento os animais. No espacio dos deportes: Jacobo Lorenzo, o novo adestador Valladares feminino. Unha volta p...

Venres 14/08/2020 11.08.2020

Vai de coleccionismo este Esperta. Que cousas raras chega a coleccionar a xente? E de brindos. Ata o Courel imos falar sobre o Louzarela co regueifeiro Kike. De videoxogos trae recomendación Carlos Pereiro. "Horizon Zero Danw" E nos plans culturais: concertos, noites brancas dos museos...

Xoves 13/08/2020 11.08.2020

Que cidade queremos para os vindeiros 20 anos? A parroquia de Valladares queda un "chisco" estrangulada" polos polígonos industriais. Sobre as melloras deste plan xeral de Vigo, conversamos cunha representación veciños de Valladares, implusados dende o Centro Veciñal. Na música veñen ata o estudio os galegos de Psaiko Quartet. Martín de Rianxo e Juan de Valladares. Marchan estudiar ó conservatorio...

Mércores 12/08/2020 11.08.2020

Mundo podcast. Se tendes que escoller 3, cales son? Imos de tertulia cos millenials descubrindo podcast cómicos, pouco coñecidos, creados no confinamento (a xanela audiovisual), podgalego...

Listen to the ESPERTA VALLADARES podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.