Radio Valladares

ESPERTA VALLADARES

Society GL ↓ 1482 episodes

ESPERTA VALLADARES, magazine matinal diario. Analizamos a actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo.

Author

Radio Valladares

Category

Society

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 7, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Martes 11/08/2020 11.08.2020

Hoxe falamos de perruquerías como lugar onde socializar. A excusa, "Barber shop chronicles", a obra do National Theater de Londres. A partir daí, fiamos: -coa serie "New Ansterdam". Nun capítulo ós negros que non ían ó hospital lles toman a tensión nas perruquerías -o pelo afro como dereito civil en EEUU. Historias de loita racial contadas a través dos salóns de belleza. E ademáis, unha voltiña po...

Luns 10/08/2020 10.08.2020

Para comezar a semana: -tertulia deportiva con María e Miguel. Imos achegarnos ata o Centro de Alto Rendemento en Pontevedra. -as perseidas. Cara onde temos que mirar para onde atopalas? Astronomía coa Fundación Ceo Ciencia e Cultura. -batallitas do "abuelo cebolleta". José Ramilo, director honorífico, volve á radio. Como eran as festas antes das orquestas? E para fiar cos ouvintes: cal é a vosa c...

Venres 7/08/2020 07.08.2020

Darlle o maxín cun pau. Que facer con un? Neste Esperta pasan as voces de nenos de 5 anos, de 12... os creadores de "Carballolandia" e da festa da Prehistoria en Mos. Ademáis, axenda cultural, que é venres.

Xoves 06/08/2020 06.08.2020

Hoxe no Esperta: -de como foi a celebraciión dos 20 anos da FEGATEA, teatro afeccionado, en Ribadavia a finde pasada. -de como axudar escoitando ás familias víctimas do coronavirus co Centro de Escoita da Diócese Tui-Vigo. -de como está a ser a volta á "normalidade" e nos entrenamentos do campo de fútbol da Gándara (Valladares). -do mundo dos xeados. Dos polos ós xeados de corte, cucuruchos, tarri...

Mércores 05/08/2020 05.08.2020

No borrador do PXOM de Vigo, de momento, estase no periodo de suxerencias. Ata estudio hoxe veñen os afectados da ampliación da Pasaxe na Garrida, AGAPA. Tamén falamos das mulleres olvidadas na historia coa guía turística Nuria Pahino.

Martes 04/08/2020 04.08.2020

Incendios. A volta da folla do verán. Conversamos con bombeiros de Verín, moi críticos coas políticas da Xunta. E na "casa" Chan Grande, de Freixo, vai aterrando as ideas de rexeneración na parroquia despois dos incendios do 2017. O arte serve para non esquencer. Arte no queimado, chantou uns pulmóns queimados no mirador de Chandebrito. Unha voltiña polo patrimonio agochado na Mariña lucense: a ba...

Luns 3/08/2020 03.08.2020

Tertulia deportiva sobre a Volta a Galicia ó seu paso polos montes de Gondomar e a costa de Oia esta fin de semana. Coñecemos o Vigo romano (unha potencia en salinas) coa empresa Anta da Moura. Na música: -un paseo polo reggae dos 60's con Derrick Morgan – Forward March. -a Ukestra do Medio -e para fiar, cháchara sobre instrumentos que quedan "ciscados" pola casa porque foron agasallos ou porque o...

Venres 31/07/2020 31.07.2020

Ai, que calor! Como o levades? Trucos. Os vosos. Explicar a pandemia con imaxes. Conversamos coa médica e ilustradora Mónica Lalanda. No tempo de ocio: videoxogos coas recomendacións de Carlos Pereiro dende a Revista Morcego. E festivais de música por Galicia esta semana.

Xoves 30/07/2020 30.07.2020

Furanchos. Remata xullo. Bótanlle a chave á porta. E moitos, por precaución covid, nin abriron. Juan, o dono do da Balsa, un clásico de xuntarse a tomarlle unha e festexar, emocionouse moito no directo. Mais? Cine con Eloy. Sobre unha das protagonistas de "Lo que el viento se llevó", Olivia de Havilland. Tertulia de deportes. Campionato galego de ciclismo e mais traíñas (Meira vs. Tirán). Andan pe...

Mércores 29/07/2020 29.07.2020

Neste novo tempo, como vai ser a volta ó cole? Bertila Fernández, voceira de Foanpas e responsable da comisión de convivencia, cóntanos dos "peros" ós protocolos da Xunta. E teatro e jazz. Dúas propostas de ocio para estes días. A primeira en Ribadavia, celebrando os 20 anos da FEGATEA. A segunda, as Noites de Jazz na Boa Vila, Pontevedra. E para falar cos ouvintes, que? Rotura de stock. Que non t...

Martes 28/07/2020 28.07.2020

Carga mental das mulleres. Levámolo chip incorporado? "No me lo has pedido", o cómic sobre as excusas dos homes coas tarefas do fogar serve de excusa para unha tertulia con mamás de familias numerosas sobre esta carga mental da que moitas non somos conscientes. De turisteo imos ata o Castelo de Castro Caldelas en Terras de Trives e de "cotilleo" conversamos cos directores da banda de Valladares. C...

Luns 27/07/2020 27.07.2020

Vacacións e viaxes de verán. Este ano, habelos hailos? Imos ata un punto quente dos rebrotes peninsulares, Zaragoza. Como o estan a vivir os galegos alí? Non saímos, que nos traen a compra a casa. Dbarrio, app Colleu pulo durante o confinamento e agora estase a implantar en moitos municipios galegos e noutras partes de España. Conversamos con Pablo Sánchez. E tamén coa tenda de Inés, en Valladares...

Venres 24/07/2020 23.07.2020

Vai ser que non. Ás portas do día grande de Galicia, esta noite tocarían os fuegos na catedral. E na tele tamén estaríamos a mirar a ceremonia de apertura dos Xogos Olímpicos. Os deportistas, a que andan? Desirée Vila cóntanos destes meses preparándose para os paralímpicos no atletismo adaptado. Boa finde! E lembrade a máscara. Diso tamén falamos, con Somos Océano. Fannas ben chulas. Plans: música...

Xoves 23/07/2020 23.07.2020

Día do libro. Que estamos a ler, que lemos no confinamento. E tamén moita cultura visual. Os mais cativos cos libros ilustrados (conversamos con Kalandraka) e os mais adolescentes tirando cara os videoxogos e as series. De cine e bandas sonoras, tamén falamos con Eloy.

Mércores 22/07/2020 22.07.2020

Co Covid-19 entramos nunha lanzadeira no tempo. Imos cambiar hábitos. Moita xente volve ó rural. Osmo, unha aldeiña no Ribeiro, é peculiar. E Martín Touceda fainos de cicerone polo seu proxecto "Horta da solaina". Algúns festivais estivais xa adaptaron os seus formatos e espacios. Conversamos co SinSal e mais coa Mostra de Teatro de Ribadavia.

Martes 21/07/2020 21.07.2020

Un mito a crise dos 40? Moitos deportistas viran as súas traxectorias deportivas uns anos antes. Un chisco de deporte neste Esperta, especialmente fútbol, coa peña Centolos Celestes. E unha voltiña polo noso patrimonio descoñecido e cercano: a catedral de Tui.

Luns 20/07/2020 20.07.2020

Imaxinade a hora de entrada nun cole. Chegan uns moteiros e "escoltan" a un rapaz ata o aula. Impresionados? Esta escenificación serve para visibilizar o acoso nos cativos. Conversamos con P.I.C.A. Radioafeccionados enganchados á maxia e o misterio das ondas tiveron un encontro esta fin de semana no monte Alba. Conversamos con Ramón, de Valladares. E de espacios Covid-free e outros protocolos sani...

Venres 17/07/2020 17.07.2020

Recuperar a bici e sair facer rutas. Exploramos por cal subir ó Galiñeiro. Muíños, petroglifos, aldeas con moito encanto coma Murxido... acompañan a paisaxe no monte. Tempo para a axenda cultural, especialmente adaptada ó Covid: moitos roteiros e concertos reducidos. E tempo para reflexionar sobre quen tivo e ten problemas para poñer un prato de comida na mesa con Cáritas.

Xoves 16/07/2020 16.07.2020

Conciliar... é un verbo que existe? Con Sonia Hermida, do blog "O mundo ó revés", e con María, unha das monitoras no campamento do Centro Cultural de Valladares, conversamos sobre a experiencia nestes últimos meses. E os espacios na casa, reinventáronse? Como foi conciliar, traballo, nenos, ocio... O PXOM de Vigo trae de cabeza á xente de Valladares e van presentar alegacións a través dunha plataf...

Mércores 15/07/2020 15.07.2020

Primeiro Esperta deste 2020 en directo. Como foi o confinamento? En que nos fixemos expertos? A moitos deulle pola cociña e facer pan, pero tamén en novas tecnoloxías facendo reunións virtuais. E conversamos do pan coa panadería de Valladares, que vendeu moito mais pan ca nunca, e co Forno Mosende de Porriño. E na música dos concertos streaming e ensaios virtuais, co Coro Gaos da Coruña e mais coa...

Ocupación do xogo nos patios dos coles 03.01.2020

Como xogabamos na nosa infancia no patio do colexio? Tradicionalmente, os chicos son mais activos e ocupan mais espazo no que son os patios… as nenas son mais pasivas, xogan a xogos mais estáticos. Pero son así de xeito natural ou é porque todo ese tipo de palabras coas que nos educan nos está indicando onde debe ir cada un en función do noso xénero? Cando te comportas de forma obediente, ás nenas...

Batiburrillo ano novo 02.01.2020

Tempo de rondallas. Musicalmente hai unha tendencia a voltar ás rondallas tradicionais, con mais repertorio folk e menos verbeneiro. Sobre isto, os ensaios e as rondallas que están mais fortes conversamos coa de Valladares. E con Eloy, imos tertuliando sobre o que nos marcou no 2019: a verba top galega "sentidiño", a española "emoji"... e outros feitos, recuperación de animales case extintos como...

Que cousas importan para o ano que comezamos? 31.12.2019

Non é o fin… é o principio! Traemos desexos da xente e con eles facemos un paneo, ó noso gusto, polo que importa para o ano 2020: -que amainen as cousas en América Latina -que o uso do galego saia do estado de sedación -que rematen os feminicidios e tratar as persoas como persoas -unha mentira contada mil veces é unha verdade? Reflexionar sobre se o que se escoita é certo -o espíritu deportivo dos...

Reflexionamos sobre xogos 30.12.2019

Hai xogos para nenos e para nenas? Achegámonos ó valor educativo e didáctico dos diferentes xogos tradicionais e mais actuais. A importancia do xogo como instrumento socializador. Temos tertulia. De cultura, das "outras luces" conversamos un anaco con Tamara Novoa, de Amovida.gal

A boa morte. Acompañamento coa Fundación Eomaia 27.12.2019

Acompañar é o que fai Luzia Titán, dende a Fundación Eomaia. Acompaña no proceso de nacer e no de morrer. A conversa pausada, dende o corazón, abre portas á reflexión: testamento vital, coidados paliativos... como nos gustaría morrer? onde? acompañados ou sós? Para ir ambientándose, un corto e unha peli. "Alumbramiento" https://www.youtube.com/watch?v=vRPlpMEAJpw "Despedidas", peli xaponesa sobre...

Listen to the ESPERTA VALLADARES podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.