Radio Valladares
ESPERTA VALLADARES
ESPERTA VALLADARES, magazine matinal diario. Analizamos a actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo.
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Mércores 21/10/2020 21.10.2020 1:30:02
Vimos moi verdes hoxe. Arranxos e mantemento nos parques e xardíns da cidade. Tamén, dos parques infantís e biosaudables. Como é a vida nos diferentes lugares da cidade? Descubrimos un proxecto que lle está a tomar o pulso as diferentes asociacións veciñais de Vigo. Teis acumula un nivel de ruido moi grande (AP9, tren, mercadorías...) Pode ser a vía verde unha solución? Paseamos o barrio para coñe...
Martes 20/10/2020 20.10.2020 1:29:41
Hai faros que non deberían ser outra cousa. Por que faros vos gusta pasear? Percorremos o Camiño dos Faros na Costa da Morte, con Cristina. Os coñece ben, entre outras cousas porque viviu en Cabo Vilán ata case 40 anos da súa vida. Ademáis dos faros, outros tipos de sinais como as boias, obeliscos, bandeiras ... conforman un amplo catálogo de sinais merecedoras de ser coñecidas. Animádevos a darll...
Luns 19/10/2020 19.10.2020 1:29:04
Músicas raras, pouco comúns. Conversamos con Mónica de Nut, Nacho Muñoz e Margarida Mariño.
Venres 16/10/2020 16.10.2020 1:29:37
Músicos polas rúas das vilas galegas. Como responde a xente? A que horas tocar? En que lugares? A conversa, con Adrian Timms e Los Coleguitass. E os concellos regulan dalgún xeito? So o de Compostela. Falamos cos técnicos de cultura.
Xoves 15/10/2020 15.10.2020 1:30:02
Inventos. Start ups que nacen e, tempo despois, os seus proxectos chegan a nós. Imos ata o Cuvi. Na facultade de Telecomunicacións xurdiu hai uns anos Releyeble. Un software de recoñecemento facial que, no mundo coronavirus, nos serve para o control de aforos nos locais. En Ciencias do Mar andan probando uns arrecifes artificiais para o xardín acuático do Porto de Vigo. Os xoves sempre damos unha...
Mércores 14/10/2020 14.10.2020 1:31:17
Improvisades? Cando falades, que tal? Con aprendices de maestro neste arte da improvisación en verso falamos hoxe un anaco. Álex "o jallejo" e a Rabela, finalistas de CeibaRimas. Aproveitamos para facer un percorrido polas voces femininas galegas no rap, hip-hop, reagge... As asociacións son necesarias para a sociedade. Iniciamos sección con Antía e Miguel sobre aquelas que forman parte de Vigo.
Martes 13/10/2020 13.10.2020 1:29:43
Prostitución. Un dos grandes negocios do mundo. Towanda Rebels, unhas expertas en darnos conta disto. Ademáis de nas redes, as atopades nas xornadas virtuais que organiza a Rede Galega contra a trata sexual este xoves. 7 das 30 salas de cine en Vigo son accesibles para discapacitados. Que vos parece este dato? O Festival de Cine Inclusivo de Vigo achega outra ollada ó noso redor fora da axenda mai...
Venres 09/10/2020 09.10.2020 1:00:10
O ocio dentro dun local. Poñer un pé no centro comercial, nun auditorio... Cantos de vos lle tedes o voso aquel? Hoxe testamos impresións coa xente do teatro. Nestes tempos, son quen de romper a cuarta parede? Conversamos coas compañías que foron e van pasar polo auditorio de Valladares dentro do Circuito Galego de Teatro Amador. Gargallada Teatro, Tiruleque, Hipócrita Teatro e mais Lohengrín.
Xoves 08/10/2020 08.10.2020 1:00:20
Corea e Xapón. Descubrimos unha parte do sudeste asiático charlando con xente nova sobre: -A música popular K-pop: EXO, Black Pink, Cravity... e a súa incidencia en Galicia -Os K-dramas ou "culebróns coreanos". Rookie historian goo haer ryung, que narra a vida dunha muller rebelde que escapa do esquema tradional de ser boa esposa. -E o estilo das pelis coreanas, case sempre lentas e con crítica po...
Mércores 07/10/2020 07.10.2020 59:29
Olímpicos por Vigo. Como están a adestrar? A triatleta paralímpica Susana Domínguez ten o foco en Tokio 2021 e moitas gañas de competir esta finde no Campionato do mundo en Lisboa. Tamén olímpico o decatleta David Gómez que, agora adestra rapaces nas pistas de Balaídos, anda co ollo a longo prazo. E xa se van recollendo algúns froitos: os de Eva Queimaño e Abdel Larrinaga.
Martes 06/10/2020 06.10.2020 59:56
Vending= café malísimo e sandwich ruín. Iso está a cambiar. Nas máquinas expendedoras de Delikia coidan moitisimo o café, os bocadillos, sándwiches... Mais? Escoitade ó responsable de márketing, Yago Díaz. Curioseamos tamén polas outras moitas cousas que se atopan nos vendings da península e mais do mundo.
Luns 05/10/2020 05.10.2020 1:00:30
No xardín botánico de A Laxe crece a vida mariña (centolas, nécoras… ). Mais rápido do que se pensaba! Conversamos con Carlos Botana, do departamento de sostenibilidade da Autoridade Portuaria. E da vida mariña, á vida nos ríos. Diso trata o "proxecto ríos" de Adega. Hai un par de domingos coordinou "Móllate polos ríos", a actividade de recollida de lixo nos ríos galegos. A asociación Bidueiro est...
Venres 02/10/2020 02.10.2020 2:00:36
Fanzines, revistas do cole... Adicamos o programa ás revistas creadas en Valladares. Nos 80, coincidindo coa explosión do asociacionismo, foron aparecendo "O adro", mais tarde "Vai-darlles", "Folla mais, folla menos" (ésta só tivo un número). Nos 90 creáronse "Ghalochoco" ou a "Revista Escola", que se converteu nun clásico dos venres para a xente da canteira do fútbol. Un ir e vir de grupos xuvení...
Xoves 01/10/2020 01.10.2020 2:00:01
Non saímos do mar. -Que se fai cos descartes? Cremas, productos para os dentes... Contános Ricardo Pérez, xefe do proxecto Descarsel no CSIC- Bouzas -Como son as redes para o Gran Sol? Ata Marín imos conversar co redeiro Landín. -Como é a vida nun barco pesqueiro? A piques de ir á marea está César, capitán nun buque factoría que vai faenar á Antártida. -Sálvora. 3 mulleres salvaron hai un século a...
Mércores 30/09/2020 30.09.2020 2:00:05
Hoxe, teatro e moda. Todo moi vigués. O circuito de teatro Amador chega a Valladares as tardes das fins de semana de outubro. Na moda, artesáns do deseño. Descubrimos como vai ser o traxe da marquesa de Valladares. Vainos guiar este outono polo ceminterio de Pereiró. O deseñador Marcos Carrera revélanos a que anda dende o seu taller. Unha colección casual inspirada en Queen. Hai un escaparate adic...
Martes 29/09/2020 29.09.2020 1:59:59
Vai un Esperta Valladares adicado á alimentación. -as posibilidades dos océanos de satisfacer as necesidades alimentarias conversamos con Elena Ojea, investigadora e directora do Future Oceans Lab no Cuvi -as dietas mediterránea, atlántica e Paleo, coa asesora nutricional Rebeca Osuna. -que comían non castro de Santa Tegra? Cóntanolo Brais Currás, arqueólogo e investigador do CSIC. -e de como cheg...
Luns 28/09/2020 28.09.2020 1:59:38
As setas. Como de como ir buscalas ó monte e da súa importancia neste ecosistema falamos con Gabriel, biólogo no departamento de micoloxía da UVigo. Cos kits autocultibables de Resetea, podemos ter na casa setas ostra. Conversamos con Iñaki, promotor das ideas de kits de brotes, bombas de sementes... E para rematar, coñecemos o Vigo Pesqueiro. Da importancia que ten para a cidade e das actividades...
Venres 25/09/2020 25.09.2020 2:00:02
Os nomes de lugares eran o gps nos tempos dos nosos avós. Nas terras de Galicia está nomeado todo. E para que non se perda esta memoria nace o proxecto Galicia Nomeada. Conversamos con Vicente Feijoo, coordinador da Unidade Técnica de Toponimia Seminario de Onomástica (RAG). Aterrizamos na toponimia de Beade, de Chandebrito e na propia de Valladares. Na axenda cultural do finde, ademáis de música,...
Xoves 24/09/2020 24.09.2020 1:59:52
Xente que inspira. Deportistas, famosos, un veciño... Como son por dentro os concursos de beleza? Conversamos coa veciña de Valladares, Silvia Vázquez, que ven de gañar Miss Grand Galicia. Co psicólogo deportivo, Iago Roel, dámoslle importancia ós valores do deporte para a vida, a xestión das emocións e ó entrenamento mental dos deportistas. Un que inspira no cine é David Lynch. A anécdota é que p...
Mércores 23/09/2020 23.09.2020 1:59:42
Alerxias alimentarias. Van en aumento. Sabemos convivir con elas? Parece que non. Só os familiares dos nenos e persoas alérxicas. E hai moitas: óvo, leite, marisco, froitos secos, froitas (kiwi, mazá...). Fai falta divulgación e lexislación para que estes ingredientes non estén "escondidos" nas listas dos paquetes, nas cartas dos restaurantes... Valladares, que ten? Moito. Os miradoiros do Alba, C...
Martes 22/09/2020 22.09.2020 1:59:54
Historias de corsarios galegos e sinais do seu paso pola nosa costa. -Isabel Barreto, nativa de Pontevedra, foi a primeira mulelr almirante na historia da navegación. -"Con cien cañones por banda...", inspirada no corsario Benito Soto. Tamén da Boa Vila. -Normandos e sarracenos pasaron pola iglesia San Xiao de Moraime, en Muxía. -"Daniela Pirata e as mozas pirata". 7 probas ten que pasar Daniela p...
Luns 21/09/2020 21.09.2020 2:00:45
A que se adicaban os nosos avós? Carreteiros, modistas... Do legado familiar no traballo conversamos con Campanas Ocampo. 400 anos atrás, unha familia de artesanos nómadas percorría a península facendo campás. Chegaron a Caldas e quedaron. Isto era no 1600 e ata hoxe, que continúa co oficio Chicho, un dos tatara tatara... netos. De como reducir os descartes de peixe a bordo dos barcos cóntanos Xul...
Venres 18/09/2020 16.09.2020 2:00:52
Ideas que xurden nos bares e acaban nun garaxe. Falamos de bandas emerxentes. En Freixo xurdiu unha durante o confinamento. E o Revoltallo é un escaparate para moitas delas. Gabriel MacKenzie trae a este festival moito blues e aires do Mississippi. Ides ir escoitando moitos dos grupos que van soar dende hoxe venres ata o domingo. Na versión familiar, o Revoltalliño, tamén hai música, contos, maxia...
Xoves 17/09/2020 16.09.2020 1:58:46
Vai de castings! Personal 7 Figuración busca xente para unha peli de Dani de la Torre en Vigo. Con Iván Armero, descubrimos os "tejemanejes" dos castings e mais "o xeito" dalgúns directores. No Primavera Cine esta tarde proxectase o documental “Noite Irisada”, de Bea Vázquez Campaña. Cheo de historias sobre os dereitos LGTBI na historia de Galicia. Coma todos os xoves, Eloy trae paseos cinematográ...
Mércores 16/09/2020 16.09.2020 1:59:48
De como foron e serán as vivendas conversamos neste Esperta. E tiramos para casa, Valladares. O arquitecto Ramón Garrido cóntanos que as "casa cubo" non son construccións tan modernas como pensabamos. Os muíños, en certo modo, tamén son cubos. E teñen o seu tempo. Propietarios de casas singulares: o chalé de Valladares, a única casa La Bauhaus en Galicia. Viaxamos pola súa historia, case 100 anos,...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.