Radio Valladares

ESPERTA VALLADARES

Society GL ↓ 1482 episodes

ESPERTA VALLADARES, magazine matinal diario. Analizamos a actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo.

Author

Radio Valladares

Category

Society

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 7, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Martes 01/12/2020 01.12.2020

Arte funcional. Iso é o que fai Inda, un rapaz de Chapela, cos "trastos vellos". Convirte unha varilla do futbolín en percheiro. Con ferraduras arma unha cesta para a leña. I3R artefuncional. Un pouco mais adiante, en Pontesampaio, Bernardo Seoane xunta pezas da "chatarra" e monta esculturas. Un elefante case tamaño real, uns bailaríns de tango cunhas tenazas... Deixamos a ría e imos cara o interi...

Luns 30/11/2020 30.11.2020

Almorzar de vagar, presta. Especialmente, a fin de semana. E mais se cho traen a casa. Ms. Robinson e Matina cóntannos como prepraran eses desaiunos e os brunch para levar. Cun bo libro ou un bo paseo, xa está a mañá "relaxing cup of coffee" feita. Escoitamos recomendacións curiosas dos ointes.

Venres 19/11/2020 19.11.2020

Lanzamento Play 5. Lanzamento X-box serie/s. É dicir, a chegada da nova xeración. Porque todo o mundo está revolucionado? Imos de tertulia! E tamén visitamos o MUVI, Museo do videoxogo en Cangas.

Xoves 19/11/2020 19.11.2020

Falamos de apodos. Dos destas tres parroquias colindantes: Valladares, Beade e Bembrive. Co historiador Anxo Lemos coñecemos outros curiosos da cidade e mais do Valmiñor e con Celso Milleiro, algúns de Marín e Lourizán, que se recollen no libro "Quen é quen".

Mércores 18/11/2020 18.11.2020

Gústanvos as historias? Hoxe biografías de lugares na costa do Morrazo. Historias sobre Domaio e o secadeiro de bacallau, o "Xurelo", a canteira do Cocho... https://ailladosratos.org/blog/ Tamén biografías de mulleres galegas que agora mesmo andan polo mundo adiante traballando no ámbito científico ou tecnolóxico. Perfís extremadamente interesantes para que sexan capaces de motivar ás rapazas a fa...

Martes 17/11/2020 17.11.2020

Imos de viaxe polo mundo submariño da Ría de Vigo con 13grados e un libro chulísimo, Alén do azul. Esta semana o banco de alimentos fai recollida, damos ideas para axudar a facer as cestas con productos mais saudables e nutritivos. E tamén paseamos polo transfondo do banco de alimentos. Quen está detrás, como e a quen se distribuen os alimentos, a imaxe social dos supermercados...

Luns 16/11/2020 16.11.2020

"La maté porque era mía", "mi marido me pega lo normal"... son parte do día a día para a sociedade mexicana. Conversamos sobre os feminicidios nesta parte do mundo con Karina, do colectivo de mexicanos en Galicia. E unha cousa illada? Non, as violacións e asasinatos tamén acontecen nesta outra beira do Atlántico. As manadas. Recollemos impresións de "Jauría", o teatro documental sobre o xuízo da m...

Venres 13/11/2020 13.11.2020

Arquivos e de bibliotecas en lugares especiais da cidade olívica. Descubrimos os lugares, os documentos e as "ratiñas" que os visitan. Imos ata a biblioteca no hospital Álvaro Cunqueiro, a da ONCE, a do museo do MARCO, da Casa Galega da Cultura, a dos clubes montañeiros para rematar o arquivo da bandas.

Xoves 12/11/2020 12.11.2020

Mundo rally. Como é un coche destes por dentro? Como son as carreiras? Canto traballo hai previo a correr unha? Ata este mundiño achegáronse os cativos do cole Monte Alba. E nós, con eles. E sí, o que mais lles gusta é tocar o pito!! Como os xoves toca cine, vai peli sobre carreiras, Rush. E como EEUU o "invade" todo, tamén cine crítico, Borat.

Mércores 11/11/2020 11.11.2020

San Martiño. Magostos e matanza do porco hoxe no programa. Tamén un paneo pola actividade que están tendo as asociacións veciñais neste 2020. Conversamos coa de San Miguel de Oia e coa do Calvario.

Martes 10/11/2020 10.11.2020

Coñecemos Eu Rural, ó artesán Alvaro Leiro e viaxamos ata o Mosteiro de Oseira.

Luns 09/11/2020. 09.11.2020

Tertulia "Vai-darlles". Unha publicación que recollía as inquedanzas artísticas de finais dos 80. Naceu en Valladares, pero coas miras abertas a ser unha canle do movemento que se estaba a producir en Vigo e arredores.

Asociación Mexicanos en Galicia 06.11.2020

O Día de Mortos é unha data moi especial para os mexicanos, quizais a mais importante. De honrar ós mortos e os seus rituais conversamos coa asociación de Mexicanos en Galicia.

Venres 06/11/2020 06.11.2020

Nos albores do 1999, vivíase esta "ansiedade colectiva" polo novo milenio. Daquelas por Valladares circulaba un xornal, hoxe extinto, "Ghalo Choco". Que preocupaba á parroquia, cales eran as inquietudes? Conversamos con Milio, o "redactor xefe". Falamos da celebración no Reino Unido da noite das fogueiras, da súa orixe e a reformulación na historia de "V de Vendetta".

Xoves 05/11/2020 05.11.2020

Quen ten unha horta, ten un tesouro? Nas hortas escolares os mais cativos pásanno ben xogando coas mans na terra e, de paso, experimentan o ciclo da vida. Conversamos cos mais cativos do Monte Alba e mais cun cole do barrio de Coia, xa na cidade. As hortas urbanas, como a de Navia, son unha escola para os maiores. De cultivar o campo e de como foi cambiando saben moito as tendas agrícolas. Falamos...

Mércores 04/11/2020 04.11.2020

Descubrindo a cidade e quen a habita. Imos ata o barrio de Canido falar cos pescadores e coñecer as asociacións de mariñeiros que alí hai. Lembrades a Jair, o rapaz de Guinea Bissau? Viu estudar un mestrado en economía na UVigo grazas a unha campaña de crowdfunding. Conversamos con el sobre esta oportunidade.

Martes 03/11/2020 03.11.2020

Entre a realidade e a ficción. Algunhas novas do xornal teñen este matiz. E hai quen ten a habilidade de convertilas en cancións. Os duques de Monterrey o fan coas relacionadas co narcotráfico. Sobre o tigre de Mazaricos hai quen ten preparado o romance. Imos ler algunhas novas surrealistas, a ver se inspiran a alguén.

Luns 02/11/2020 02.11.2020

O Día de Mortos é unha data moi especial para os mexicanos, quizais a mais importante. De honrar ós mortos e os seus rituais conversamos coa asociación de Mexicanos en Galicia. Os camposantos están cheos de morcegos. Que sabemos deles? Morcegos de Galicia fai unha labor divulgativa moi interesante.

Venres 30/10/2020 30.10.2020

Con que nos asustaban de pequenos? Algúns medos foron cambiando (home do saco, santa compaña...) e outros, mais universais, perviven no tempo (ós fenómenos da natureza, a certos animais...). Coa excusa do Samaín, os coles fan un traballo en coñecer os medos e procurar recursos para afrontalos. Hoxe, conexión coa escola infantil Monte Alba. E o fío do tempo con xente que viviu a súa infancia nos an...

Xoves 29/10/2020 29.10.2020

Aproveitando que se celebra o salón do manga de Barcelona facemos unha tertulia sobre este universo. Conversamos sobre as diferentes exposicións e salóns en Galicia. Do valor das tendas de cómics falamos con Sousa Comics. Cóntannos que incluso veñen compar dende Oporto. Vivir ou debuxar manga non en doado. Moitos ilustradores galegos acaban fora, en Francia.

Mércores 28/10/2020 28.10.2020

Comeza o Galician Freaky Film Festival. 60 cortos para rir, pasar medo... As actividades paralelas este ano son ben interesantes. Por exemplo, a charla sobre bandas sonoras no cine con Conrado Salabader. Tratamos o tema do carril bici en Vigo. Falamos co colectivo de mulleres Bicivisíbeis e con Alexandre Mouriño, o arquitecto responsable do deseño do mesmo. E reflexionamos sobre os modelos de mobi...

Martes 27/10/2020 27.10.2020

Facemos #ARutaDasArtistas co ilustrador Davida e paramos nunha rúa de Bouzas onde está Yolanda Porto, percusionista da Ukestra do Medio. Hoxe, de paseo polas rúas e barrios de Vigo na procura de ilustracións con código QR. Outra ruta, un pouco mais lonxe. Ata o mosteiro de Santa María de Oia, un tesouro arquitectónico. A súa istoria tamén o é. Dende os monxes militares ata cárcere na Guerra Civil.

Luns 26/10/2020 26.10.2020

De como se estructura o precio dun funeral e dos trámites posteriores á morte falamos hoxe. Unha radiografía coa aseguradora La Fe, co tanatorio Emorvisa e cunha xestoría. O tempo do coronavirus xa foi mudando algunhas cousiñas nalgo tan arraigado a nós os galegos, como é a morte.

Venres 23/10/2020 23.10.2020

Alemáns chegados a Galicia nos 80. As aventuras de Miguel, o "papá" da tradición furgoneteira en Vigo con Furgocamping Stuttgart cars. Vale a pena sentarse a escoitalas cunha copa de albariño nunha mecedora. No sofá tamén vale.

Xoves 22/10/2020 22.10.2020

Acompañamos a campiona de España sub23 en heptalon Eva Queimaño ós entrenamentos. A cabalo entre Pontevedra e Vigo. O ximnasio mais pequeno do mundo colle caseque na palma da man é un invento vigués. Nace da necesidade vital de Manuel Montes de facilitarse os entramentos para frear o seu Parkinson. Agora hai interese polo Handy Gym ata na NASA. Aporte nutricional das froitas? Non é o mesmo comela...

Listen to the ESPERTA VALLADARES podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.