Radio Valladares
ESPERTA VALLADARES
ESPERTA VALLADARES, magazine matinal diario. Analizamos a actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo.
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Martes 12/01/2021 12.01.2021 1:30:02
Xacias, mouras e outras persoaxes máxicas habitan a natureza galega. A fada do Aloia guía os mais cativos por este parque natural para descubrir nas pozas curiosidades dos anfibios e reptiles. Cantas magas, das que fan trucos de maxia, coñecedes? Buscade a Adelaide Herrmann, nos comezos do século pasado, ou a maga peruana Gisell, neste novo milenio. Ou ide ata o espectáculo, "a igualdade non ten t...
Luns 11/01/2021 11.01.2021 1:30:34
Visitamos sitio con encanto para gozar da neve ó quente: Hotel Piornedo, no corazón dos Ancares. Tiramos da memoria infantil para lembrar nevadas en Vigo e a primeira vez que miramos a neve. A música, con Adrian Timms, que segue a sair á rúa coa púa da guitarra no peto. Descubrimos que as súas lecturas son as letras de cancións. Para novelas, xa está Netflix.
Venres 08/01/2021 08.01.2021 1:30:03
Historias da segunda guerra mundial na cidade olívica. Dos muelles foron zarpando barcos de pesca con cargamentos de wolframio, embarcando nazis cara a Patagonia... A que non sabíades que estes barcos eran o Meteosat da época para avisar das tempestades? Os irmáns José e Ramón Trigo, guionista e ilustrador, evidencian no seu cómic "Kartoffel" ("Lobada", na edición en galego) esta parte da nosa his...
Xoves 07/01/2021 07.01.2021 1:30:09
Hoxe falamos do humano e o divino co saxofonista Glen Gibb. Músico en La Chata Soul e The Olivic Blues Band. E dos bailegramas. O baile tradicional galego transcrito en símbolos polo músico e coreógrafo Serxio Cobos.
Martes 05/01/2021 05.01.2021 1:30:15
Chegan os Reis Magos! Despois da lotería, segunda oportunidade para a illusión. O ano pasado andaban polos barrios de Valladares visitando ós mais maiores. E por aí fiamos o Esperta. Cal foi o xoguete que che trouxeron os reis e lle deches mais uso? E o que querías tanto e nunca che daban traido? A bicicleta gaña por goleada!!! Un universos separa os agasallos dos cativos da postguerra, os que hox...
Luns 04/01/2021 04.01.2021 1:29:56
Do incríble mundo da maxia conversamos hoxe. Cun aprendiz de mago: Álvaro, un rapaz de 13 anos o que lle gusta Jorge Blass. E cos mestres: Carlos Tómico, que ten un espectáculo conxunto con Sara Rodríguez onde iremos descubrindo a mulleres magas. Que habelas, hainas. As orixes do Apalpador na música galega, a estrea de cine "Soul" e as peticións dos cativos ós Reis Magos completan este surtido nav...
Escollas 2020 29.12.2020 1:29:56
-que comían os habitantes do castro de Santa Tegra? Os arqueólogos atoparon un tesouro: un dente. -carril bici en Vigo -100 anos de ilustración xacobea. Lorca deseñou un cartel para o Xacobeo e Castelao, outro.
Escolla 2020 29.12.2020 1:34:44
-contos e outras historias locais con Avelino González -cultura nos tempos do covid co alcalde de Nigrán -arquitectura Bauhaus en Valladares -Galicia Nomeada. Os nomes de lugares eran o gps nos tempos dos nosos avós
Martes 29/12/2020 29.12.2020 1:30:20
Peche do ano 2020 cun toque optimista. Que descubrimos neste ano que nos encheu o corazón? Poñemos luz á oscuridade. Valladares aposta sempre por manter a chama da cultura acesa e remata o ano co Certame de Regueifas. Conversamos sobre a improvisación noutras artes escénicas coa poeta Lara Do Ar e co humonista Carlos Meixide.
Luns 28/12/2020 28.12.2020 1:30:45
Repaso anual das novas mais inverosímiles. Dende política, deportes ata ciencia. Dende as acrobáticas historias do rei emérito ata a inxeñería inventicia do narcotráfico e o furtivismo. Todas dan para un bo guión de cine.
Xoves 24/12/2020 24.12.2020 1:32:15
Clásica tertulia de noiteboa, un chisco á galega. -Papatorias e trucos para sobrelevalas (sair a camiñar para abrir apetito). -Panxoliñas moi divertidas e actuais con Mamá Cabra. -O Apalpador e as historias sobre a natureza contadas por Anxo Moure. -Con contos radiofónicos de nadal na SER (El amor en los tiempos del cólera) e en Carne cruda (Poema universal). - E outro conto de nadal, versión cine...
Mércores 23/12/2020 23.12.2020 1:30:00
Despois da aprobación da reforma do Plan Especial da Reforma do Casco Vello, que aproba o uso público dotacional da Panificadora, buscamos insipiración sobre o usos que se lle poidan dar a estas instalacións na cidade. Conversamos con Diego Garulo do proxecto Harinera ZGZ, que nos fala do seu modelo de cogobernanza participativo. Tamén intercambiamos impresións con Uxío Reinoso de Vigo Industrial...
Martes 22/12/2020 22.12.2020 1:30:57
E non nos tocou o Gordo. Quedamos sen o pincho de bogavante que tiñamos reservado. Dende Canido ata Teis hai un mundo arredor da pesca. As guías de Vigo Pesqueiro nolo contan moi ben! No Museo Liste expoñen algúns dos beléns que fan en México, Polonia e noutras partes do mundo. As pedras do mosteiro de Celanova, onde se rodou o último éxito de Netflix, "El desorden que dejas", teñen moita historia...
Luns 21/12/2020 21.12.2020 1:30:51
Neste día de solsticio, baixa o apalpador das montañas. Vimos navideños! Moita panxoliña e un chisco de pensamento crítico. Este Nadal consume menos, crea máis. Con Greenpeace Galicia conversamos de #REinventa_Vigo, reinventar as cidades e que sexan amables para a xente. Con esta choiva de hoxe ímonos perder o evento do ano no ceo: o “biquiño” de Xúpiter e Saturno. Un sinal, se vivíramos nos tempo...
Venres 18/12/2020 18.12.2020 1:29:54
A raiz da alarma xerada ó redor da ocupación, buscamos a realidade desta problemática. Atopamos que a vivenda é un problema complexo e a activista da PAH, María Álvarez, axúdanos a comprendelo.
Xoves 17/12/2020 17.12.2020 1:30:16
Da precariedade laboral da sanidade na área de Vigo falamos con Enfermeiras Eventuais en Loita. Tamén imos ata Verín, saber se a tendencia a eleminar os paritorios en hospitais comarcais segue sobrevoando como hai exactamente un ano. Conversamos coa Plataforma en defensa da sanidade pública da comarca de Monterrey. No cine vai unha de espías, "El topo", e outras adaptacións de Le Carré á gran pant...
Martes 15/12/2020 15.12.2020 1:30:26
Historietas Xacobeas. Na Biblioteca Nacional de España teñen algo moi interesante: “Carteles para un Camino, 100 años de ilustración jacobea”. José Tono, o comisario da expo, contounos unha chea de cousas curiosas e interesantes. Sabíades que Lorca deseñou un? E Castelao, tamén. Coa ollada cara o futuro, ilustráronse estes carteis e historietas. Conversamos con algúns dos ilustradores. https://con...
Luns 14/12/2020 14.12.2020 1:29:26
Descubrir o xardín e as súas posibilidades. Isto pasoulle a moita xente durante o confinamento. E ó sair, acudiu a vivieros como Adoa. Cantos coidados precisa o césped? Conversamos sobre as plantas e o manto verde. Moitos lle coñecen os remedios naturais ó sabugueiro, que abonda polos prados galegos. Pero quen prepara delicias gastronómicas con eles? Na zona de Allariz, en Vilar de Santos, Carabuñ...
Venres 11/12/2020 11.12.2020 1:31:53
O túnel da Porta do Sol. Escoitamos o parecer da Asociación Vigo Histórico sobre a obra do túnel. Xa que andamos polo Casco Vello, aproveitamos para coñecer a que anda a asociación de veciños. E falamos con Fiz Axeitos sobre os pisos turísticos, as actividades da asociación e a Panificadora. E por último, conversamos con Ancoradoiro Cohousing. Unha proposta cooperativa para vivir en comunidade, un...
Xoves 10/12/2020 10.12.2020 1:29:33
Búscase a colaboración cidadá para indentificar as poboacións de libélulas. E tamén as especies mariñas na costa. Mergulladores descubrion recentemente un percebe azul na ría de Vigo. Xa está rexistrado no catálogo de Diversimar, onde hai xa metidos 245 tipos de peixes e 165 de invertebrados. Na Uvigo, dende o departamento de Ecoloxía Evolutiva estudan o comportamento das libélulas. En Galicia hai...
Mércores 09/12/2020 09.12.2020 1:30:14
O maratón co paralímpico galego Gustavo Nieves. Ademáis de como adestra para Tokio 2021, conversamos sobre o muro dos 30km e a tecnoloxía nos tenis. A FEGATEA nos 20 anos de vida xunta xa a mais de 50 grupos de teatro afeccionado galegos. Acaba de recibir o premio Premio da Cultura Galega nas artes escénicas.
Luns 07/12/2020 07.12.2020 1:30:31
Que ten plantexado a Xunta para a Serra da Groba e mais o Galiñeiro? Megaparques eólicos, coma no resto dos montes de Galicia. Conversamos co Instituto de Estudos Miñoráns, onde se promove un manifesto contra os parques eólicos nestas serras.
Venres 04/12/2020 04.12.2020 1:33:30
Imos ata o PAU de Navia e falamos coa Asociación de Veciños Novo Vigo. Cóntanos as demandas do barrio; mobilidade, contaminación acústica e ampliacións do barrio.
Xoves 03/12/2020 03.12.2020 1:29:48
Vimos culturetas. Culturgal, a Feira de Industrias Culturais en Galicia, metamorfoseou o formato este ano. Imos falar de como funcionaron os Foros e o streaming. Entramos no Museo do Mar de Galicia para coñecer os concertos desta semana e as expos. No cine dos xoves, o docu de Maradona do 2019. Queredes que volte o Xabarín? Asinade na Mesa pola Normalización Lingüística para que haxa unha canle na...
Mércores 02/12/2020 02.12.2020 1:30:01
Mens sana in corpore sano. Ioga, pilates... un chisco de meditación. Exploramos o mundo das masaxes ayurveda. Un toque de presencia con Uxía Bastos e Suna Abreu.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.