Radio Valladares
ESPERTA VALLADARES
ESPERTA VALLADARES, magazine matinal diario. Analizamos a actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo.
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Luns 31/05/2021 31.05.2021 1:59:48
Mesturamos calcetíns, grelos e paxariños. Á procura de egagrópilas (bolas con restos de osos, plumas e outros alimentos non dixeridos por aves carnívoras ;) andiveron estas findes nos montes de Coruxo. Nestas saídas divulgativas, xa non se escoita o son do cuco, que cos incendios do 2017 xa non para nos nosos montes. As pegas adoran os "brilli brilli"... non sabemos se lles gustaran os calcetíns d...
Venres 28/05/2021 28.05.2021 1:59:31
Agora que fai bo tempo, que os días son claros… presta saír ao monte e ir de miradoiros. Cal é o voso favorito? Que se ve dende alí? De ubicacións, de columpios e de bancos falaremos co alcalde do Concello de Arbo e co presidente de Montes de Vigo. E xa que estamos de fin de semana, proposta musical: o último dos Os Carunchos, que o sábado se presenta no cultural de Valladares.
Xoves 27/05/2021 27.05.2021 1:59:56
Cantas veces vos enterastes das cousas cando xa remataron? Imos falar de proxectos nos que inda podemos colaborar, como é o documental Documental Puerto Calma, sobre os hoteis que abriron para acoller os inmigrantes que chegaron a Canarias, que busca sacar adiante Paula Martínez. https://www.verkami.com/locale/es/projects/30022-documental-puertocalma Tamén está entre os nosos plans o festival Cant...
Mércores 26/05/2021 26.05.2021 2:00:01
Apurando ata o último momento, así facemos moitas cousas, dende pagar unha multa a entregar documentación, aínda que hai quen prefire ser un pouco máis previsor. Desirée Vila é un bo exemplo disto, ela xa acadou o seu billete para Tokio, e cóntanos a súa experiencia. De como escribir con xeito no día a día, falamos con Armando Álvarez, xornalista deportivo no Faro de Vigo. Vinte anos contando os d...
Martes 25/05/2021 25.05.2021 2:00:25
Probador de videoxogos, testador de colchóns, vixilante dunha illa deserta, garda dunha villa de luxo na que non vive niguén… hai traballos que non o parecen… e os vosos? Seguro que sodes máis como as abellas que non parades. Elas fan un mel delicioso, e que ten Indicación Xeográfica Protexida Mel De Galicia. E agora tamén cosmética: Belacosmética. Ademáis, o grupo vigués BATEA estrea disco: "Tamp...
Luns 24/05/2021 24.05.2021 1:58:12
A identidade cultural das Letras Galegas. Este ano todos descubrimos a Xela Arias, aínda que, non somos quen de nomear a outras mulleres homenaxeadas polas Letras Galegas. Sobre as causas da súa ausencia imos falar con Maria Xose Porteiro, coordinadora do Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos do Consello da Cultura Galega. A banda da Loba deulle o seu toque musical aos poemas de Xela…...
Venres 21/05/2021 21.05.2021 1:59:10
Hai tesouros que se esconden en caixiñas humildes. Damos voz a Rogelio Santos Queiruga, un pescador de Porto do Son que dende as redes sociais levou os nosos mares e os nosos peixes por todo o mundo. Ademáis, falamos con Sheila García do obradoiro que vai impartir, dentro da programación do CVC Valladares polas Letras Galegas, titulado “De Hexeria a Xela Arias”. E sobre os gustos musicais dos vigu...
Xoves 20/05/2021 20.05.2021 1:59:56
Sin Chan sempre dixo “cuíño, cuíño”, que en castelán non soa igual de ben. Ademais, nos últimos anos o sector audiovisual volveu poñer en valor os acentos e series como Fariña ou Néboa non so estaban ambientadas en Galicia, senón que falaban coma nós… Disto conversamos coa actriz Sabela Arán. Neste repaso tamén nos achegamos ao cine coa peli sobre Eurovisión e, porque non á ópera. María Soliña de...
Mércores 19/05/2021 19.05.2021 1:59:42
Cal foi o último libro en galego que líchedes? A novela negra viguesa xa é un xénero de seu. Na biblioteca Juan Compañel crearon un catálogo a petición dos lectores e, por iso, dende A Movida lanzaron un proxecto para que 10 deses escritores fagan un relato conxunto. De que irá? Rosalía de Castro é unha estrela. Sabíades que podemos ler tamén parte da nosa historia no ceo? Hai outras 88 constelaci...
Martes 18/05/2021 18.05.2021 1:59:46
A bendita retranca galega que temos que explicar cando pasamos da Canda e o Padornelo… tocouvos algunha vez facelo? Entenden as vosas camisetas favoritas? As do Reizentolo con mais tirón seguen a ser as dos "pementos" e, a rebufo, vaille a de "toxiño". Un pouco máis formais, pero sen perder o sorriso, falamos coa asociación Anedia Galicia (nenos con diabetes) e da súa labor de acompañamento ás fam...
Venres 14/05/2021 14.05.2021 1:59:48
No Centro Cultural, co gallo das Letras Galegas, hai unha chea de actividades programadas durante todo o mes de maio. Esta finde temos a actuación de Zeltia, representación do Teatro Escoitade e poemas de Xela Arias nas voces de poetas locais.
Xoves 13/05/2021 13.05.2021 1:59:58
Confesade, se falamos de bandas sonoras... lembrades algunha? Os grandes clásicos pode, pero de cine máis actual, cal vos gusta? No Esperta falamos de musicar cine clásico, recomendamos "Guardianes de la noche: tren infinito". Tamén de novos traballos, como o último disco de Dioivo, e dos proxectos musicais do clarinetista Tonio Comesaña, veciño de Freixo.
Mércores 12/05/2021 12.05.2021 1:59:57
Botamos unha partida? A que? Sodes mais de billar ou de futbolín? Ou de xogar aos dardos? Mentres nos decidimos aproveitamos para falar do CD Valladares, que nos contan como está a ser esta atípica tempada. Con IXO Ingeniería descubrimos a fibra de carbono e das súas aplicacións tamén no mundo do ocio. E, se non vos mareades, subimos coa xornalista Laura Juárez, do Instituto Español de Oceanografí...
Martes 11/05/2021 11.05.2021 1:59:57
A Idade Media, época complexa. Pero seguro que mais limpa do que todos pensabamos. Sabedes que Isabel A Católica utilizaba auga de murta como desodorante? Diso falamos hoxe. Aproveitamos para dar unha volta pola música medieval da man de Xoán Curiel. E tamén imos de roteiro con Alfonso X, o rei Sabio, con quen chegaremos ata Soutomaior... http://roteiros.culturagalega.gal/roteiros
Luns 10/05/2021 10.05.2021 2:00:08
Estamos de volta!!!!!! E de estrea, "nouvelle cuisine", ou antiga, segundo se mire. Aprobaron a utilización de vermes como alimento... así que: que foi o máis raro que comíchedes? O verme da fariña, Tenebrio Molitor, vaise producir en Pontareas por Galinset. Seica ten moita proteína! Ademáis, como estamos no mes de maio, imos ata Redondela coñecer a expo sobre os maios que atopamos polo paseo da X...
Martes 26/01/2021 26.01.2021 1:29:54
Unha historia de vida extraordinaria. Juan Dual practica escalada, running e bicicleta. O que fai especial a vida deste deportista e que vive sen colon, sen recto, sen estómago nen vesícula. Fascinante. Dende Comuna Nutritiva, Rebe, fai apuntes na parte nutricional. Con Estivel Martínez conversamos sobre as carreiras de montaña en Galicia e de como prepararse físicamente para elas.
Luns 25/01/2021 25.01.2021 1:29:47
Arrancar o día. Para moitos comeza coa rutina de ler a prensa. Coa choiva dagora mesmo, agradable non é ir pasando as follas do faro nas terrazas molladas. Ademáis, o café enfría axiña. Entón, propoñémosvos a esta xente que elabora newsletters: Letras Corsarias e Kloshletter. Unha sobre libros e outra sobre as novas dos xornais.
Venres 22/01/2021 22.01.2021 1:23:26
Dende unha prespectiva pausada, reflexiva e teórica conversamos sobre o plan de urbanismo e o movemento okupa. Miguel Martínez, profesor de socioloxía, desenvolveu a súa investigación en moitas universidades. Dende Vigo ata Hong Kong, agora na de Upsala en Suecia. Na súa labor en Vigo estivo moi involucrado na participación cidadá e no desenvolvemento do PXOM de inicios do 2000. Con el falamos do...
Xoves 21/01/2021 21.01.2021 1:30:11
Canto coñeces a túa parroquia? Vives nela? Vívela? O proxecto DoBarrio está percorrendo as parroquias de Vigo para chequear como está o movemento veciñal. https://www.youtube.com/watch?v=QeqcozN-7PA E isto por que? Por outras iniciativas que impactan e chaman a revisar o propio. Gracias ó movemento veciñal o barrio de Santa Lucía, na segunda cidade de República Dominicana, foi mellorando a calidad...
Miércoles 20/01/2021 20.01.2021 1:30:50
Inda que no poidamos viaxar, imos dar unha volta coa imaxinación ata San Esteban de Ribas de Sil para coñecer os aneis dos bispos, a Ribeira Sacra, San Pedro de Rocas… E sen movernos do KM. 0, facemos a compra dos productos frescos nas plazas de abastos con Kibus.online. Conversamos con Eduardo, o "ideólogo" desta iniciativa, e con Fernando, o "personal shopper" no mercado Calvario.
Martes 19/01/2021 19.01.2021 1:30:04
Un chisco de deporte, que estamos moi anquilosados co teletraballo e mais cos repetidos confinamentos. Os fisios andan desbordados nestes tempos descontracturándonos das malas posturas. Natalia, fisio en Equilibrarte, recomenda sempre a educación postural e a conciencia corporal como prevención de lesións. O adestador persoal, figura habitual noutros lugares do mundo (en EEUU o 80% da xente tivo a...
Luns 18/01/2021 18.01.2021 1:30:16
O lobo na nosa cultura. Do seu culto recollido en lendas e mais cantares. Do patrimonio dos foxos dos lobos, reflexo da súa influencia na economía durante séculos... de todo isto conversamos con Jose Antonio de la Riera, na serra do Suído. Nos contos infantís clásicos o lobo mete medo e nos modernos, é divertido. As libreiras de Libros para Soñar teñen un escaparate cheíño de contos infantís co lo...
Venres 15/01/2021 15.01.2021 1:30:10
Asistimos a homenaxe pola morte de Mustafá, unha persoa que morreu na rúa durante a ola de frío. Ademáis, hoxe queremos tratar as carencias do modelo asistencial, o problema do racismo en Galicia. Conversamos con Esther Lora de Sos Racismo Galicia e Antón Bouzas de Os Ninguéns.
Xoves 14/01/2021 14.01.2021 1:29:53
Para no quedar enterridos co frío, que tal se botamos uns bailes? Claqué e swing, a linguaxe de comunicación dos negros en América. Sen sair da cidade (moito xa non nos deixan) podemos probar estes días a dar uns pasiños cos mestres de Swing On Vigo e Mayeuswing.
Mércores 13/01/2021 13.01.2021 1:29:58
Ata San Simón viaxamos na compaña de Galicia Fiddle para conversar sobre os encontros musicais nos veráns nesta illa. E cun conto infantil, "A lavandeira de San Simón" de Eva Mejuto, coñecemos outras historias arredor da enseada.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.