Radio Valladares

ESPERTA VALLADARES

Society GL ↓ 1482 episodes

ESPERTA VALLADARES, magazine matinal diario. Analizamos a actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo.

Author

Radio Valladares

Category

Society

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 7, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Luns 05/07/2021 05.07.2021

O de falar sós non é cousa de tolos. Hai alguén que sempre nos escoita: Siri e Alexa, pero as súas respostas parecen que quedaron no século pasado. Diso falaremos coa profesora Soledad Torres da Uvigo. Baixando do Cuvi paramos en Galifresh, a ver en que andan metidos. Unha papilla de brécol, berza e grelos que axuda ós maiores de 70 anos a mellorar o tránsito intestinal.

Venres 02/07/2021 02.07.2021

“Tras las luces rojas de neón y la diversión de algunos, o muchos, hombres, se esconde una realidad de esclavitud de mujeres bajo el látigo de un negocio de proxenetas.” Esta é a historia de Amelia Tiganus, como un dos rostros comprometidos coa abolición da prostitución. Falamos deste libro e tamén, co seu ilustrador, Roberto García Peñuelas. Traemos outras propostas culturais. Música e cultura da...

Xoves 01/07/2021 01.07.2021

De que grupo de wasap marchaches? Os tes silenciados ou o teu teléfono pita mais que unha ola a presión? Danger, danger... o perigo do século XXI: os grupos de wasap. Sobre o uso eficiente das redes sociais nas empresas conversamos coa consultora de marketing dixital Iria Álvarez. Violín e acordeón para acompañar a xornada con Caamaño&Ameixeiras. E un clásico do xoves, cine con Eloy. In the Height...

Mércores 30/06/2021 30.06.2021

Al agua patos. Préstavos nadar no mar? Participástedes nalgunha travesía? Foi de noite ou de día? Venres é a travesía nocturna de Teis. Das curiosidades da súa organización conversamos co Club Natación Vigo Rias Baixas. Ademáis, traemos plans para os días de chuvia: os xogos de mesa en galego de Brazolinda xogos. https://brazolinda.com/

Martes 29/06/2021 29.06.2021

Xacobeo 2021-22 A meta é Compostela cunha catedral que quedou ben aqueladiña despois de moitos anos de traballo na restauración. A pedra luce de novo gracias ós canteiros de Renovatio, que son de Vigo. E o enreixado da escalinata do Obradoiro, tamén. Quen aquí estivo foi Forxa Chago, de Compostela. Inda que Santiago é o epicentro, en Galicia temos moito patrimonio. Da súa situación conversamos coa...

Luns 28/06/2021 28.06.2021

Empeza a tempada de festas. Orquestas, bandas, charangas… na sesión vermú cal vos fai mover o pés? En Vigo, se non existira Valencia, seríamos a cidade con mais bandas de música e corais, tamén. Un rico patrimonio cultural inda por valorar. De cantas e de como están a sobrevivir conversamos Enrique Lorenzo, presidente da Federación de Bandas de Música Populares de Vigo, e con Antonio Lero, preside...

Venres 25/06/2021 25.06.2021

Let’s rock!! É venres e traemos conversas ben interesantes. Falamos con Paco Cerdeira, Paco Pakolas para os máis cativos, e tamén con Alba Alonso, que está detrás do proxecto Realkiddys. Ademáis, tempo para o compromiso social co colectivo ECOAR Global ES. Un venres ben completiño!

Xoves 24/06/2021 23.06.2021

Chegou o verán, as vacacións… que plans tendes? Falamos de propostas de ocio, pero activo, que pasamos o inverno sentados nos nosos postos de traballo e agora queremos movemento. Diso especialmente, conversamos con Rebe, de Comuna Nutritiva, e coa empresa Territorio Comanche… Temos por diante un verán cheo de propostas interesantes! Ah, e tamén falamos de cine, que é xoves! Peli recomendada: Retra...

Mércores 23/06/2021 23.06.2021

Noite de San Xoán: fogueiras e herbas. Sabedes cales hai que buscar? O ramo varía moito dunha parroquia a outra. Afonso Rodríguez, da Comunidade de Montes de Coruxo, cóntanos que alí leva: sabugueiro, herba de san xoán (hipérico), aromáticas (romeu, hortelán…), a fenta, follas (viño, acibro ou nogueira), tromentelo, cerquiño e mirto. Á sardiñada da noite acompáñase de viño. Tinto ou branco? Sabede...

Martes 22/06/2021 22.06.2021

“I feel good…” que música escoitades para sentivos mellor? De música, do seu valor terapéutico falamos con Afundación e o seu proxecto “Música a flor de pel”, que se está a desenvolver nos Centros de Educación Especial da contorna. Fundación Igual Arte foi un dos que acolleu o proxecto. Marcos Estévez, o seu director, cóntanos que tal foi. Pero non só de música se alimenta a nosa alma, tamén de li...

Luns 21/06/2021 21.06.2021

Agora xa non se ven moitos burros pero vós, recordades telos na casa? Dende Allariz, Asociación ANDREA traballa na súa conservación. Tamén terapia cos enfermos de Alzheimer. E se levantamos a vista cara ao ceo, o investigador galego Pablo Lemos cóntanos en que está a traballar dende a Universidade de Sussex e falamos da situación do observatorio de Forcarei coa Fundacion Ceo Ciencia e Cultura.

Venres 18/06/2021 18.06.2021

O Xapón está na outra punta do mundo, ou non? Das conexións que se dan entre Galicia e o país do Sol Naciente, dende o mundo cultural ao empresarial, conversamos con: Suevia Sobral, profesora no Departamento de Xaponés - EOIVigo, co Obradoiro de Gaitas Gil en Pontareas e coa empresa Wadakyu Europe, afincada no Porriño.

Xoves 17/06/2021 17.06.2021

Noemí García, profesora de lingua galega que puxo en marcha no seu instituto (Leiras Pulpeiro, Lugo) o proxecto Galego para Boomers… Mais que un xeito de traer o galego ao século XXI, definirémolo como un xeito de traer aos boomers ao século XXI. Malala Ricoy ven coa compañía Cirkompacto ao CVCV para amenizar a Camiñada Guiada Pasiño a Pasiño que se vai celebrar o domingo. E para rematar o program...

Mércores 16/06/2021 16.06.2021

É mércores… así que falamos de deportes e centrámonos no mundo do pádel. Un deporte que en Vigo non deixa de crecer. De feito, están a piques de inaugurar un novo centro en Sárdoma, Twelve Pádel. De cales son os seus beneficios para a saúde, do seu boom, de palas e pelotas… aprendemos moito porque conversamos cun adestrador. Nos últimos tempos os ximnasios cambiaron moito. De como acondicionar as...

Martes 15/06/2021 15.06.2021

En 20metros cadrados pode facerse unha hortiña urbana? Cé Rodríguez comezou así en 2013 nun anaco fronte o torreiro de Bembrive. Cando saían os cherries sacaba foto e contaba unha pequena historia. E así foi crecendo ata convertirse en agrotuber. E hai mais: a huertina de Toni, en Asturias, Cosas del jardín dun arxentino... Sabemos que non se lle dan ben as berenxenas e sí, os tomates e as fabas…...

Luns 14/06/2021 14.06.2021

Leandro Lamas ten moitas historias que contar, desas que lle serven de inspiración para os seus debuxos. Andivo esta finde pintado “viñetas do camiño” no Camiño Inglés, en Narón e non deu rematado o cadro porque os cativos que por alí andaban non paraban de lle pedir un debuxo. E el facíalles un paxariño. A Leandro gústalle moito a bici e recoméndanos a serra do Forgoselo, que lembra a paixase de...

Venres 11/06/2021 11.06.2021

Buscando a Wally. Alguén atopou a mini nova sobre a concentración “Eólicas así, non” da finde pasada no Obradoiro nos principais xornais de cabeceira galegos? De xornalismo e de novas que importan e hai que buscar con lupa conversamos con Reporteros Sin Fronteras. O seu director en España, Alfonso Armada, rescata do esquecemento a sección de cartas ó director. Ten a súa importancia. E tamén recome...

Xoves 10/06/2021 10.06.2021

2004 entraron as velutinas en Francia e no 2014, en Galicia. Temos problema medioambiental. Non só para os apicultores, que lles comen as abellas. É que estas fan o 80% da polinización. Así que nos cambiaría moito a paisaxe. Suso Asorey da Asociación Galega de Apicultura - "AGA" cóntanos isto e moito mais. E aquí unha charla que fixeron en marzo en Freixo. https://www.youtube.com/watch?v=PWx8Phm32...

Mércores 09/06/2021 09.06.2021

Facer deporte por facer deporte. Sabedes que Galicia é unha potencia no voleibol? Con Guillermo Touza, presidente do Club Vigo Voleibol, coñecemos xogadores históricos, que as rapazas senior están na primeira liga galega, os xunvenís andan no campionato de España e descubrimos tamén outros lugares onde se practica Boiro, San Sadurnino e Lugo. Coma sempre o verán chega de golpe e píllanos coa crema...

Martes 08/06/2021 08.06.2021

Croquetas de cocido, empanada de polo guisado… cal era o clásico de aproveitamento na vosa casa? De reducir e reutilizar como compromiso social falamos con Cáritas para que nos conten como están os comedores sociais e cales son as súas necesidades. Tamén damos unha volta polo mercado de Teis. Lembrades o regateo das peixeiras a ú ltima hora? A versión moderna son packs de 12 euros. Un día van chin...

Luns 07/06/2021 07.06.2021

Con que ser mitolóxico vos metían medo de cativos? Dos centos que pululan pola Galicia adiante, Juancho Debuxa Deseña, veñen de ilustrar 40+1 no Catálogo de criaturas mitolóxicas e fantásticas de Galicia. Non sabemos se a Santa Compaña quererá acompañarnos polas rúas de Vigo… de seguro sí que o farán Xulio Verne, Francis Drake e os espías ingleses e alemáns que son en quen se convirten os guías de...

Venres 04/06/2021 04.06.2021

Mañá é o Día do Medioambiente. Na Senda do Moucho, ademáis de programar saídas ben xeitosas, sacaron un libro de sobre a flora que podemos atopar na serra dos Ancares. A que non sabíades que en Vigo, gracias ós peches perimetrais, a natureza recobrou cousiñas como orquídeas na zona da Travesía? Buscádeas, que ainda están en flor. Orgullo Galego, a vida en Galicia contada en galego inunda as redes...

Xoves 03/06/2021 03.06.2021

Los lunes al sol, La playa de los ahogados… Vigo foi, e segue sendo, o plató de moitas películas e series: Toro, Auga Seca, Un asunto privado... Conversamos con Pablo Cameselle, xerente de Vigo Film Office. Imaxinades a Cruela de Vil paseando pola rúa do Príncipe? Polo de agora, nos cines. O certo é, que ás veces é a realidade a que supera todo e atopánomos, como nunha distopía, confinados… Esa si...

Mércores 02/06/2021 02.06.2021

Chega o verán, remata o cole e xurde a gran pregunta: que facemos cos nenos? Imos ata El Kiriko. As aulas da natureza están a ver como melloran as súas perspectivas. Esta longa pandemia puxo sobre a mesa a súa realidade e por primeira vez, asociaronse: SOS aulas da natureza. Para os maiores tamén temos plan: Campos de traballo. A oferta de Xuventude Galicia é ben ampla, aínda que xa quedan poucas...

Martes 01/06/2021 01.06.2021

Casados, desta volta vai por vós… que foi o agasallo mais extraño que vos fixeron pola vosa voda? ou cal o que máis vos gustou? Seguro que hai algún repetido… e todo iso tendo en conta que o que precisabades eran cartos. Imos de vodas... unha paradiña no atelier da diseñadora viguesa Valzú dos seus proxectos que fai ben pouco presentou nun marco de excepción, como foi o teatro García Barbón. E a s...

Listen to the ESPERTA VALLADARES podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.