Radio Valladares
ESPERTA VALLADARES
ESPERTA VALLADARES, magazine matinal diario. Analizamos a actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo.
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Mércores 20/10/2021 15.10.2021 1:22:13
Que agradables eses banquiños de pedra que hai pegados a algúns muros para sentarse e botar un conto. Hoxe paramos no do bar Rial e no da tenda de Inés. Eses lugares de encontro onde un se entera de case todo.
Martes 19/10/2021 15.10.2021 1:23:14
Levar a vaca ó boi. Unha expresión da identidade galega, como ir apañar herba, ir á fonte ou deixar a roupa ó clareo. A conversa é con Julita. A casa onde tocaba levar a vaca por aquí era a súa, no Portal.
Luns 18/10/2021 15.10.2021 1:07:09
As leiteiras foron unha axuda importante á economía dos fogares. Conversamos con Esther, veciña de Zamáns, que foi "leiteira moderna”, porque daquela, nos 80, xa tiña coche.
Venres 15/10/2021 15.10.2021 1:33:39
Xeado de pulpo como entrante. Dende hai un cinco anos sírvenno na Pulperia Fuchela do Carballiño. E se logo vos presta un viño, pasamos pola na Adega Corisca, en Baldráns (Tui). O plan do sábado por eses lares: Rock no alboio. Con Santos ás portas, comezan as rutas ós cementerios. Uns para poñer flores, outros para coñecer os "ilustres que alí habitan". Hoxe guíannos polo dos Eidos, no centro de R...
Xoves 14/10/2021 14.10.2021 1:30:04
Paisaxes coma as Cíes (en modo foto, paseo, acampada...) rebáixannos os niveis de cortisol, a hormona do estrés. Relaxing coup of coffee, amigos que ven Rebe, da Comuna Nutritiva contarnos cousiñas relacionadas co benestar. E vai unha de cine. VI Festival de Cine Inclusivo de Vigo. Algunhas das propostas van na onda da saúde mental. Documentais, longametraxes, curtas... ata sábado no Marco, Salesi...
Mércores 13/10/2021 13.10.2021 1:31:35
Xela Arias era cañera... iso din os Desertores, que están a piques de sacar o libro-disco. Hoxe achégase ata a radio Valerio Araujo a contarnos o que poida avanzar del. Aventureros, tamén imos de ruta. A cabalo, que mola moito. A xente de Finca Moreiras, en Mougás, organiza saidas de ata varios días polos montes das Rías Baixas ata Portugal. Apetece?
Luns 11/10/2021 08.10.2021 1:31:41
Seica hai uns milleiros de anos estampouse un meteorito en Galicia. Deu con el o profesor de bioloxía Evaristo Alfaya paseando polos montes da Cañiza. Algo mais recente na nosa historia son os videoxogos. E parece que dependendo da estación do ano na que nos atopemos, xógase mais a uns que a outros. Tamén vai unha de documentais. O que se está a montar sobre o Hotel Puerto Calma en Canarias.
Venres 08/10/2021 08.10.2021 1:30:01
Ás portas da ponte do Pilar recomendamos a expo "As miradas de Isaac", sobre a figura de Isaac Díaz Pardo. Pódese visitar na sede de Afundación. Conversamos con Xosé Díaz, un dos comisarios. https://www.youtube.com/watch?v=v0SEYCLAuSc Xa entrados no outono, hai cousiñas nos auditorios da cidade. Vai tertulia teatreira porque unhas semanas atrás celebrouse en Compostela o Festival Magán de teatro a...
Xoves 07/10/2021 07.10.2021 1:30:42
I+D+I... diso hai moito na saga de James Bond 007, a peli que destripamos hoxe. Tamén coñecemos a Misión Biológica de Galicia do CSIC e a Gradiant, que organizou unha escape room sobre ciberseguridade na noite dos investigadores europeos.
Mércores 06/10/2021 06.10.2021 1:28:50
Conversamos con Ramilo, que leva practicando a marcha atlética dende que o mundo é mundo en Vigo, a finais dos anos 70. É un dos pioneiros na cidade, pero xa había quen a practicaba nos anos 40. En Galicia hai cerca de 900 pazos. Damos unha voltiña polo Museo Pazo de Tor, en Monforte.
Martes 05/10/2021 05.10.2021 1:30:12
Misterios da antigüedade. Disque o arco de herradura de Santa Eulalia de Bóveda é posiblemente o mais antigo do mundo. Viaxamos ata alí. E tamén facemos unha paradiña no Bronx, onde ten as súas raices o hip hop. Desta corrente musical e cultural conversamos con Muévete Dance Studio.
Luns 04/10/2021 04.10.2021 1:31:09
A compañía Nova Galega de Danza atopase en Bilbao para a gala de celebración dos Premios Max nos que é finalista en dúas categorías. Convesamos nas horas previas con Jaime, o director artístico. Cruzade os dedos! Tamén falamos con Traspès do IX Concurso de Canto e Percusión Tradicional que organizan este mes de outubro.
Venres 01/10/2021 01.10.2021 1:29:16
Tertulia para falar das viaxes de verán con Rebe da Comuna Nutritiva e outros amigos radiofónicos, que traen recomendación literaria, “La revuelta de las putas”, de Amelia Tinganus. E propoñévosvos un plan, anotarse na andaina terrorífica para o 31 de outubro que organiza a Asociacion Deportiva Rastrexo de Areas.
Xoves 30/09/2021 30.09.2021 1:31:30
Coñecemos a historia dos refuxiados con protección internacional que chegan ó centro de asilo de Tui, xestionado pola Asociación Diversidades. E outra historia, cinematrográfica. A recomendación dos xoves: Benedetta, inspirada no relato "Actos Vergonzosos" de Judit Brown.
Mércores 29/09/2021 29.09.2021 1:32:27
Como levar o tran-tran cotidiano cando tes cativos ó redor? De conciliación conversamos coa Asociación Madres Solteras por Elección MSPE. Setembro é mes de volta ás rutinas deportivas. Piragüismo, kayak, remo... practícanse na ría de Vigo e podense probar estes días na semana azul que organiza Ariven. Tamén danza é outra opción. Esta finde hai festival de baile moderno coas Sereas en Valladares.
Martes 28/09/2021 28.09.2021 1:31:39
Palcos da Música. En Galicia temos moitos, algúns ínfimos e peculiares como o de Chandebrito. Un arquitecto e un músico que andan ó rescate deles, documentando os que sobreviven en https://palcosdamusicagalegos.wordpress.com/ As historias tocando neles darían para un libro interminable… Peripecias José, as do director emérito da banda de Valladares. Mais de 50 anos tocando neles.
Luns 27/09/2021 27.09.2021 1:30:25
Contamos a historia das mulleres na fábrica de cerámica de A Pontesa e a da xente que apañaba o cornezuelo do centeo para vendelo ás multinacionais farmacéuticas. Conversamos coas directoras de Nación e mais de Negro Púrpura. Peli e docu, que recollen estas vivencias.
Venres 24/09/2021 24.09.2021 1:34:43
A mollarse polos mil ríos de Galicia na limpeza simultánea deste domingo. Nós propoñemos o mais raro que atopamos: o río Gafos. Onde queda iso? Non busquedes na wikipedia que xa no lo conta a xente de Vaipolorio. E dentro dos plans de ocio para estes días, van as pelis freakis do Galician Freaky Film Festival. Este sábado estrean sección cativa, o Pequefreak!
Xoves 23/09/2021 23.09.2021 1:30:39
Hoxe falamos de videomaping e outras técnicas de iluminación na danza e no teatro con Laura Iturralde. E tamén, de cine. "Las golondrinas de Kabul", unha peli de animación ambientada no verán de 1998 nun Kabul baixo dominio talibán.
Mércores 22/09/2021 22.09.2021 1:31:26
Van un par de historias bonitas. A dun pioneiro no mundo do surf. Aitor Francesena ‘Gallo’, que vai estar en Patos esta finde nos campionatos de surf adaptado (Galego, Nacional e Internacional). E a da Asociación Bicos de Papel, que axuda ós nenos con cancro no Cunqueiro e apoia ás familias, e tamén trae reto deportivo. Un trail solidario en outubro.
Martes 21/09/2021 21.09.2021 1:31:25
Hoxe falamos da mina de ouro subterránea romana mais grande de Galicia. Está en Tabagón, no Rosal. Algúns dos buratos de acceso ás galerías teñen 30m de profundidade. Tamén conversamos co artista plástico Pablo Pastor.
Luns 20/09/2021 20.09.2021 1:33:44
Coñecemos as presas de regadío que están a poñer en valor na Comunidade De Montes de Coruxo, refuxio natural de moitos anfibios. E descubrimos un invento: o salvatortugas que deseñaron os pescadores da Organización De Palangreros Guardeses. Para rematar, ou comezar, melodías relaxantes utilizando sons da natureza. Propoñémosvos que escoitedes a de Santi Oia, que ven acompañada de ASMR. O título da...
Venres 17/09/2021 17.09.2021 1:33:29
En Bembrive había un tempo onde se facía sidra en case todas as casas. Falamos diso cun veciño. E percorremos unhas cantas festas da mazá que se fan en outubro pola contorna. Ademáis, non imos moi lonxe hoxe. Na comunidade de montes de Couso (Gondomar) cultivan arándanos, grosellas, frambuesas e setas shiitake que podemos mercar transformadas na marca Acolá. Convertiron unha presa de auga en pisci...
Xoves 16/09/2021 16.09.2021 1:31:29
Cine mudo con música en directo. A conversa de hoxe é con Brais, o "jefe" de Caspervek. Os xoves tamén hai proposta de cine, a de Eloy. Aí vos vai unha de ciencia ficción: Dune. Damos a volta ó mundo coas fotografías de Javier Teniente. Preguntámoslle a Jorge Lens, comisario da súa expo "unha xeografía atormentada", como chegou a escoller as 180 fotos e que tiveran sentido entre elas!
Mércores 15/09/2021 14.09.2021 1:29:51
Coñecemos ós deportistas mais destacados nas carreiras de obstáculos en Galicia e tamén os circuitos que por aquí hai. Contóunolo Dani, un dos organizadores do Desafío Boot Camp en Samil. Ademáis, unha volta polos roteiros cinematográficos nocturnos que propón o Play Doc de Tui.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.