Radio Valladares

ESPERTA VALLADARES

Society GL ↓ 1482 episodes

ESPERTA VALLADARES, magazine matinal diario. Analizamos a actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo.

Author

Radio Valladares

Category

Society

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 7, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Martes 14/09/2021 14.09.2021

Arroaces. Ata 400 viven nas Rías Baixas. E móvense dunha a outra, coma quen visita os amigos. Quen lle segue a pista é a xente do BDRI, o centro de investigación do medio mariño do Grove. No Grove tamén están as Salgadeiras de Moreira, o museo etnográfico da pesca e a salazón. Outros expedicionarios, os do proxecto Recaladas no Camiño, andiveron en setembro descubrindo o patrimonio industrial do m...

Luns 13/09/2021 13.09.2021

Hoxe un paseo e un vermú. O paseo, pola eurocidade Tui-Valença para coñecer a pegada da cultura xudea aí. E o vermú, o de Povarelo. Dende o Carballiño cunha receita de 1940.

Venres 10/09/2021 09.09.2021

Un pouco de música Revoltalleira e algunha conversa cos músicos do sábado. Enxeito na sesión vermú e Cró! na noite. E xa van XXVIII anos do Revoltallo. A desfrutalo!

Xoves 09/09/2021 09.09.2021

Vai pasear a fin de semana por Valladares a organeta!! Un carriño musical reciclado, que pode tocar dende cancións de Ana Kiro ata folk rock brasileiro cun serrucho musical, cunha trikitixa vasca, un organillo ou cun sistema de percusión autónoma… Falamos co "enxeñeiro musical" Pulpiño Viascón. Tamén chega ó salgueiral a Orquestra de Caramote. Un conto musical que nos vai facer viaxar polo mundo....

Mércores 08/09/2021 08.09.2021

En 15 días xógase un torneo importante de xadrez en Vigo. Alí vai estar o vigués Rubén Fernández, subcampión de España de xadrez sub-16. E tamén a lenda rusa Karpov e Rey Enigma, o misterioso xadrescista que xoga partidas rápidas na rúa. Tamén traemos recomendación literaria: Novela de ajedrez, de Stefan Zweigno. Sacámola do booktrailer duns mociños do IES Elviña da Coruña que, animados pola súa p...

Martes 07/09/2021 07.09.2021

Subir os peldaños da torre de Catoira, os muros do castro de Baroña, saltar mámoas… Diso que non se debe, pero queda ben no selfie, conversamos coa xente de Orgullo Galego. Como valoramos o que temos? Turistas ou visitantes? Tamén traemos unha mestura de maxia e clown con Troula. “Soños” o novo show de Fifo, que vai estar venres na edición miúda do Revoltallo. Se levas un paiaso dentro, este é o t...

Luns 06/09/2021 06.09.2021

Aguacates, non sabemos por que van tan caros... Así que, preguntamos en Frutas J.d Araujo. Con eles imos coñecer o mercado das froitas e as verduras. Escoitamos tamén un chisco de música. A voz de Fransy González e a Xan Campos Trío, que van estar o domingo que ven no Revoltallo.

Venres 03/09/2021 03.09.2021

Montamos en bici. Imos de paseo polas corredoiras de Salvaterra, que son mais levadeiras que as da etapa da Volta a España polas Rías Baixas. O concello ten bicis de balde para percorrelo e anda noutro proxecto con Tui, Tomiño e Monçao para que poidamos facelo en bicis eléctricas. Dende o Baixo Miño, Paco Nonovo lánzanos propostas musicais no seu podcast “Cando Dorme O Ghato”. Tamén traemos unha d...

Xoves 02/09/2021 02.09.2021

Xel ou xabón? Con que preferides para lavar as mans? Coñecemos os de Lubrei, que ademáis de ser unha fonte de Cangas, tamén é o nome dunha marca de cosméticos artesanais e naturais. Voltamos ó tempo das fotografías e o revelado analóxico coas rapazas viguesas de Percal.lab. Durante este mes de setembro están fancendo obradoiros nas instalacións dos antigos Cine Plata. O xoves tamén vai unha de cin...

Mércores 01/09/2021 01.09.2021

O prometido é débeda. A Senda do Moucho deu unha volta connosco polo regato da Senra. Desfrutádea tamén vós. Os mércores toca deportes, Trasnos Béisbol Club. En Vigo xa se xogaba ó beisbol hai 50 anos. Descendentes de cubanos comezaron a practicalo aquí e crearon o Rías Baixas. E logo foron aparecendo outros: Halcones, Trasnos…

Martes 31/08/2021 31.08.2021

A risa como terapia. Diso falamos con Galiclown, os paiasos que visitan ós cativos nos hospitais. Ademais, Teatro Escoitade estrea obra este sábado na casa, abrindo o circuito da Fegatea. Alguén coñece As Ermidas? Hai miles en Galicia, descubriremos o santuario ó carón do río Bibei.

Luns 30/08/2021 30.08.2021

Luns en feminino para falar de todo un pouco. Damos unha volta por San Campio… subíchedes ao torreiro? Inda estamos de festa e o ano que ven vai ser outro novo. Ademais, coñecemos a Montse Betanzos, que segue facendo collares de cunchas dende O Grove, auténtica xoiería. E estreamos as entrevistas aos grupos presentes no Revoltallo 2021 con MJ Perez.

Venres 27/08/2021 27.08.2021

Traémosvos plans para o modo off Imos ata Redondela, a falar cos apartamentos Redonvi Apartaments & Rooms, albergue do Camiño de Santiago, para ver como está sendo este ano. Ademáis, desconectamos do mundo nas instalacións do Talaso Atlantico e tomamos o aperitivo con Casa Hermo Delicatessen & Gourmet.

Xoves 26/08/2021 26.08.2021

Formigas… de pequenos chámannos a atención, son dos primeiros insectos que coñecemos, tocamos, investigamos… Delas sabe moito Iago Sanmartín, que levou ese interese un paso máis alá dentro do Grupo de Ecoloxía Evolutiva da Universidade de Vigo. A recomendación para os amantes da pantalla grande: Antz e Bichos. Tamén damos unha volta polo mar con Carlos Freire, implusor do proxecto COBS (dentro do...

Mércores 25/08/2021 25.08.2021

Hoxe damos unha volta polo mundo das reformas. Falamos coa carpintería Milano e coa empresa Salvaescaleras Nexoted… e despois marchamos cara a As Neves coñecer o seu producto estrela, o requeixo, mmmm! https://condadoparadanta.com/

Martes 24/08/2021 24.08.2021

Un dos mellores plans de verán é ir á aldea, pero non todo o mundo está preparado para a vida no rural. En Ribadesella tiveron que colgar un cartel advertindo disto. Preguntamos a A Maquía Pousavedra, casa rural en Sober, sobre como responde á xente aos ruidos, ou a súa ausencia. Ás veces, estes urbanitas atopan eses sons ao carón da ventá da súa casa… e toca cambiar de lugar o galiñeiro! Iso paso...

Luns 23/08/2021 23.08.2021

Este Esperta de luns é un Revoltallo de entrevistas. Dende Acordeireta, co seu disco Loitar cantando; ás gafas de realidade virtual nas que traballan 13grados para coñecer os fondo das Cíes. E ademais, Bioga Galicia, que agrupa a 70 empresas de biotecnoloxía.

Venres 20/08/2021 19.08.2021

Traemos dúa propostas para esta fin de semana. Coñecer a vía Mariana, dende Braga ata Muxía. http://viamarianalusogalaica.eu/ E tamén a Arca Da Noe, un espazo cultural en Vilar de Santos.

Xoves 19/08/2021 19.08.2021

Un libro, dous libros, tres libros… así, a trioloxía de Vicvs. Pero na cabeza de Beto Luaces xa está a cociñarse outra entrega. Conversamos tamén con Epona Terra dos proxectos que teñen na mancomunidade de montes de Saiáns. E por último, o clásico dos xoves, a recomendación cinéfila: Locke.

Mércores 18/08/2021 18.08.2021

Conversamos co vigués Nico Rodríguez que ven de acadar a medalla de bronce nos xogos olímpicos en vela 470, co seu compañeiro Jordi Xammar. Ademáis, coñecemos empresas viguesas. Descubrimos os tecidos non tecidos de RCfil NON-TEX e os productos de Animosa inspirados nas grandes mulleres da historia.

Martes 17/08/2021 17.08.2021

Ás veces, non nos decatamos de todo o que temos en Galicia. Que alguén nolo conte dun xeito diferente permítenos comprendelo e valoralo. Os Quinquilláns fan visitas teatralizadas en diversos puntos de Galicia. Aquí preto en Santa Tegra e en Porriño. Ó mundo das profesións do mar, achegámonos co Turismo Marinero Amarturmar. E con alguén que desfruta contándonos a historia das pedras todos os martes...

Venres 13/0/2021 13.08.2021

Se inda no pisástedes os museos da cidade hoxe tendes un plan: a noite branca. Para facervos as ganas, achegámonos ata o Museo do Mar de Galicia. E, como é venres, un chisco de música. A dos saxos, con Tomás Alonso López sobre o Vigosaxforum, que tivo lugar a semana pasada en Valladares. A última parada do Esperta é na enseada. Imos conversar coa cineasta Diana Toucedo da súa última curta “Tatuado...

Xoves 12/08/2021 11.08.2021

Achégase a fin de semana… traemos plans, propostas para celebrar. Un brinde cun bo viño do Ribeiro, Ramón Do Casar; un café de Root Café, da man do barista Marcos González; e unha boa peli, que Eloy trae algunha proposta interesante.

Mércores 11/08/2021 11.08.2021

Rapaces, mochila ó lombo. Imos de senderismo por Galicia adiante con Rutea. Tamén hai tempo para conversar con Avelaíña Asociación Saúde Mental, que traballa no Baixo Miño dando apoio ás familias. E volve Rebeca, de Comuna Nutritiva, desta volta a falar de como orientar as vacacións dun xeito saudable, flexible.

Martes 10/08/2021 10.08.2021

Os castros… vemos as imaxes non en blanco e negro, pero casi, en marróns e grises, e resulta que non, que había un amplo abano de colores. Sobre iso imos falar con Paco Boluda, que entre os seus proxecto ten a recreación en 3D do castro de San Cibrán de Las. Un pouco de música, da man de As Efémeras e o seu son “furancheiro”, para alegrar o verán. E de remate outro chisco de patrimonio, imos de ca...

Listen to the ESPERTA VALLADARES podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.