Radio Valladares

ESPERTA VALLADARES

Society GL ↓ 1482 episodes

ESPERTA VALLADARES, magazine matinal diario. Analizamos a actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo.

Author

Radio Valladares

Category

Society

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 7, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Xoves 25/11/2021 25.11.2021

Coñecemos o "tesouro" da Colexiata, o órgano. Conversamos coa xente que lle arranxou as tripas Organería Acitores. A recomendación cinéfila: 'Ultima noche en el Soho'.

Mércores 24/11/2021 24.11.2021

Toc-toc, fanados! Recóllense dentes de leite. Onde? No Culturgal esta finde para o Centro Nacional de Investigación sobre la Evolución Humana. Imos coñecer porque son un tesouro. Outro banco: o de xoguetes, para os cativos que non teñen. Cada niño un juguete. E unha app, con xogos tradicionais galegos. Ó chou. http://xogostradicionais.consellodacultura.gal/

Martes 23/11/2021 23.11.2021

Do tranvía e as estacións que percorrían Vigo-Baiona. Coruxo, Panxón e Ramallosa, ruperadas para usos sociais. Escoitamos a proposta dos veciños de San Miguel de Oia para a de Canido. Compañeros del metal, o naval está fatal. Diso conversamos con Xulio, da CIGA.

Luns 22/11/2021 22.11.2021

Comezamos a semana con música e retranca para levar as "desfeitas" da vida cotidiana. Escoitamos: "A rente" o novo disco do Amijo da peluquera, que ven sendo Marcos Escudero. Conversamos con Bruno Centelle de SOS Groba sobre os eólicos. Explicado moi sinxelo e coas nosas palabras.

Venres 19/11/2021 19.11.2021

Plan b para a finde… endorfinarse coa música. .C A L M A de Fernando Abreu Fernández .concerto de Santa Icía da banda de Valladares

Xoves 18/11/2021 17.11.2021

Seguindo a estela de onte con Paco Inclán, pasamos a mañá co veciño Amadeo. Mata o tempo de xubilado facendo esculturas. E sáenlle un tanto "gaudianas".

Mércores 17/11/2021 17.11.2021

Coñecemos esta iniciativa de Via Galega: 'Galiza, un pobo, unha selección' como "revulsivo" para o país…. que somos un pobo de artistas e deportistas. "Confesiones con olor a maíz. Un artista valenciano se sube a un hórreo de Valladares (Vigo), donde cita a los vecinos para colaborar en un proyecto artístico. Estuvo 12 horas subido a un hórreo con un libro: Viaje alrededor de mi habitación (1794),...

Martes 16/11/2021 15.11.2021

Ribadeo e as casas indianas. Damos unha voltiña pola Mariña. E temos invitado sorpresa… por parte da Asociación Ponte Nas Ondas. Levan mais de 25 anos promovendo o patrimonio dun xeito mooi divertido entre os escolares. Ah! E paramos na Fraga de Moaña conversar con Lino, o home que pasea as carnes.

Luns 15/11/2021 15.11.2021

Catálogo galego de árbores senlleiras. Coñecemos como se elabora e como se divulga. Damos unha volta polo xardín botánico do Pazo de Lourizán. Un verxel... algunhas das árbores están no catálogo. Outra historia. A de 20 mulleres científicas fascinantes. As atopamos no libriño “Galegas na ciencia”. Mooi divertido de ler.

Venres 12/11/2021 12.11.2021

Os amantes da neve non miran a hora de que chegue o manto branco. Paramos na Estación De Montaña Manzaneda e, sorpresa! Descubrimos un feixe de propostas entorno a montaña: trails, orientación, sendeirismo, rutas gastronómicas, spa... e menceres preciosos. Outro cumio mais. O Monte do Seixo, estación mitolóxica pola que nos vai guiar Calros Solla, da tropa do Capitán Gosende. Atentos, que aquí as...

Xoves 11/11/2021 11.11.2021

Cine, música e “Freguifestas”. Aí vai o trío de historias de hoxe. .Festival de Curtas de Vedra. Cine express creado en 48h con xente nova do audiovisual galego. ."Contos de fadas" coa Orquestra Vigo 430 e invitada de luxo á viola, a exipcia Sindy Mohamed. .San Martiño no Concello de Bueu. Tres días de festa.

Mércores 10/11/2021 10.11.2021

Unha deportes peculiares na cidade: hockey herba. Chegou a Vigo coa xente do Cable Inglés nos anos 30. Nos 80 había case unha decena de clubes pola cidade. Hoxe o Atlántico Hockey Club, o único na cidade, volve xerar canteira. Papiroflexia, arte do plegado do papel. Paramos no Museo de Pontevedra contemplar estas obriñas, mais de 200 chegadas dende outro museo, a Escola Museo Origami Zaragoza. Se...

Martes 09/11/2021 09.11.2021

Viaxe lonxe imos ata Ourense para descubrir a inmeeeensa riqueza patrimonial desta provincia. Vai unha pista: case 1000 concellos e 7000 aldeas. A unha igrexa, alguna capela e mais un cruceiro... botade as contas. Iso só para comezar. Conversamos con Carlos, presidente da Asociación para a defensa do Patrimonio Cultural Galego (APATRIGAL).

Luns 08/11/2021 08.11.2021

De novo pola Ribeira Sacra no Esperta. Agora mesmo estase dando unha revolución de xente nova facendo cousas distintas. Comezamos o luns coñecendo a queixería Airas Moniz. O CSIC promove no mes de novembro en Galicia mais de 15 iniciativas para conmemorar a Semana da Ciencia e a Tecnoloxía. Escoitamos as propostas para esta semana en Vigo. Coa Comuna Nutritiva conversamos de como se pode adaptar a...

Venres 05/11/2021 05.11.2021

As cores do fondo mariño impresionan. Se navegamos a bordo do Nautilus de Ocean Secrets, descubrimos moitos outros tesouros da ría de Vigo en tempo real gracias a unha potente cámara de visión submarina. Calzade os tenis este domingo para a Vigo Media Maratón “La 21”. A proba de 10km vai en homenaxe a Alejandro Gómez. Ou collede a bici que imos de aventura polos viñedos con Bike & Wine Galicia.

Xoves 04/11/2021 04.11.2021

Kimuchi de vieira, unha das moitas tapas do Petisquiño Vigo. Ata 40 podemos ir probando nos próximos quince días. A Quico Cadaval ímoslle preguntar polos contos das tabernas, que foi onde el aprendeu. Como todos os xoves, tamén vai unha de cine by Eloy: Petite Maman.

Mércores 03/11/2021 02.11.2021

Abmiram Quartet. Os da marimba. Hai unha semana estiveron de concerto didáctico no auditorio deste centro veciñal cos nenos dos coles de Valladares. Ó rematar, antes de ir a polo pincho, sentáronse un ratiño diante do micro.

Martes 02/11/2021 02.11.2021

Tempo de defuntos. Como é o tempo de visitar os ceminterios, conversamos co antropólogo Rafa Quintía sobre os rituais entorno á morte na nosa cultura. A terapia con vibración serve como instrumento a Uxía Bastos para acompañar ás persoas na última parte da vida. E hoxe comparte con nós a súa experiencia. Na selva amazónica viven a súa propia cosmovisión. Tonhito de Poi trasládanos parte dela no di...

Venres 29/10/2021 29.10.2021

Xa está aquí este pequeno entroido do medo e conversamos sobre estas propostas para a ponte: .thriller teatral, Repóker de ases .unha peli, O secreto de Marrowbone .e para a banda sonora, Xhamain

Xoves 28/10/2021 28.10.2021

Monte Penide/Mirallo en Redondela, gran complexo arqueolóxico. Entre mámoas e petroglifos hai 72 xacementos. Conversamos con arqueólogos de A Citania, Arqueoloxía e Xestión do Patrimonio sobre o museo virtual que crearon para coñecerlo sen sair da casa. http://montepenideprehistorico.com/es/index.html A finde pasada na Cidade da Cultura xuntouse moita xente nova ó redor da creatividade, o emprende...

Mércores 27/10/2021 27.10.2021

Proposta de outono. Ir ó monte e coller uns fentos para decorar un banquete. De aperitivo, chourizo de cabaza e nos postres, bica de castaña. Estas ideas bulen na xente de Floristería Lola en Mos, Calabizo en Nigrán e Sofragal en Nogueira de Ramuín na Ribeira Sacra.

Martes 26/10/2021 26.10.2021

Os contadores de Kamishibai viaxan polas vilas do Xapón divertindo á xente coas súas historias. En Galicia os contos e as lendas van monociclo de Tarabelos por bibliotecas, coles, prazas... E sabedes que? A da Coca gusta unha e outra vez. E subimos algunha que outra montaña co redondelano Jose Antonio, corredor habitual de trails. Acaba de completar un solidario, recaudando fondos para a Asociació...

Luns 25/10/2021 25.10.2021

No cemiterio de Pereiró recíbenos unha escultura na memoria de Concepción Arenal. E nestas semanas tamén nos guía "ela mesma" dentro das visitas teatralizadas que organiza o concello. Outro xeito de coñecer momentos da mocidade deste portento de muller preséntanse no espectáculo de títeres Fábulas da Montaña, da actriz Larraitz Urruzola. E con Rebe da Comuna Nutritiva paseamos pola feira vegana do...

Venres 22/10/2021 15.10.2021

O Valladares... rematamos estes especiais con fútbol. O clube está a piques do centenario. Contamos parte da súa historia.

Xoves 21/10/2021 15.10.2021

Falamos da auga. Da do embalse de Zamáns. Hai quen recorda cando aquí debaixo viñan pastar as vacas. E das traidas de auga que hai por Valladares para abastecer ós veciños.

Listen to the ESPERTA VALLADARES podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.