Radio Valladares

ESPERTA VALLADARES

Society GL ↓ 1482 episodes

ESPERTA VALLADARES, magazine matinal diario. Analizamos a actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo.

Author

Radio Valladares

Category

Society

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 7, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Martes 08/03/2022 08.03.2022

Voltamos! E aquí as dúas traballadoras non tiñamos mellor día que o 8 marzo. Prometemos temas variados. Pero hoxe, homenaxe as mulleres. Ana Kiro nas voces de Ataque Escampe, as experiencias vitais de Lila Star en Oriente Medio e o 'Léxico das costureiras' recollido por A memoria das mulleres. https://www.dogrisaovioleta.gal/wp-content/uploads/2021/01/Lexico-costureiras.pdf

Venres 31/12/2021 28.12.2021

Para rematar o ano: Un dos programas mais divertidos da tempada. O Xapón está na outra punta do mundo, ou non? Conversa co Obradoiro de Gaitas Gil en Pontareas e coa empresa Wadakyu Europe, afincada no Porriño, das conexións que se dan entre Galicia e o país do Sol Naciente. E outro corte dos mais especiais. Rogelio Santos Queiruga, pescador de Porto do Son que dende as redes sociais levou os noso...

Xoves 30/12/2021 28.12.2021

Parte II das conversas interesantes nesta tempada do Esperta. Primeiro imos tomar un café co barista Marcos González, o da súa propia marca Root Café. Logo dar un paseo polas esculturas en Vigo co escultor Remixio Davila e, finalmente, unha partida de billar na mesa que IXO Carbono deseñou para Bugatti.

Mércores 29/12/2021 28.12.2021

O Vigo do mañá. Como vai ser? Onde van estar os edificios, onde se vai poder levantar unha casa? Onde hai casas que xa non constan como tal? E as industrias e as estradas? E os parques e zonas verdes para pasear por onde van cair? Diso vai este especial. Escoitamos a veciños de Valladares e a afectados do vial en Beade. Tamén contamos coa visión dun sociólogo.

Martes 28/12/2021 28.12.2021

Deses titulares de prensa que abraian porque parecen de mentira lemos os mais divertidos destes últimos meses. Os de animais e narcotráfico son un filón. Tamén conversamos con Cecilia, xornalista en Gciencia de como escollen as novas e da linguaxe a empregar para comprendelas ben. E para bailar vaivos selección musical deste ano. Os gustos e os formatos de escoitados colaboradores neste ano do Esp...

Luns 27/12/2021 27.12.2021

A merendaaar!!! Esta semana familias traede o bocadillo ata Valladares. As tardes están animadas no auditorio. Ábrese o telón ás 18h: Luns: 'cantos de nadal' con Emilio Rúa e 'debuxos con area' de Marcos Escudero Martes: circo co clown Jano e a acróbata Lila Star. Mércores: xogos populares de Eira Xandobeleira e a comedia Saaabor! Xoves: contos de nadal con Tarabelos

Venres 24/12/2021 24.12.2021

Hoxe pasamos o rato con xente falando das rutinas navideñas. .un primeiro lixeiriño. Bisqué, unha crema de mariscos. .nadaliñas do cantaautor Emilio Rúa. .de rondallas? A de Freixo non sae. A de Valladares se non chove moito, pode. Domingo hai certame en Mos. .agasallos e cativos. Bebés reborn .para o brunch do 25, conto de nadal na SER: Pinocho .Algún que outro plan cultureta pola cidade e arredo...

Xoves 23/12/2021 23.12.2021

Se non lle escribístedes a carta os reis e queredes ser orixinais, preguntas a María Lado. Ven de impartir un obradoiro de escrita creativa no Museo do Mar neste outono. E para cantar as panxoliñas, a banda xuvenil 'King Kids', dende a Maison Escola de Música e Danza en Mos-Porriño.

Mércores 22/12/2021 22.12.2021

Primeiro día do inverno e primeiro día de vacacións para os cativos… e nós a ritmo de glues, o blues galego. Seguimos o soniquete da lotería co Cadelo Lunático. Se non toca… apuntádevos a San Silvestre de Pontevedra. Correndo quitades as penas e o frío e igual vos toca o lacón. Currádevos o disfraz!

Martes 21/12/2021 21.12.2021

Vos coleccionades, o que? Hoxe, 'diógenes' con elegancia. Cada un coa súa tolemia, nas tendas de videoxogos non dan abasto cos monecos Funko Pop. Para paseo con glamour, Allariz. Aí vai a voltiña polo patrimonio deste martes conversando con María, a concelleira de turismo.

Luns 20/12/2021 20.12.2021

Andan as Tanxugueiras polo medio na palabra do ano. En nada xa poderemos escoitar 'Terra', a canción para o festival de Benidorm. Falamos con elas e co seu mánager para ver como se manexa todo este boom dende unha productora pequeniña PlayPlan.

Venres 17/12/2021 17.12.2021

Mercadiños de nadal. Un paseo estupendo por eles no que coñecemos artesáns con luz propia : Las flores de Greta, dende Morgadáns estampando flores para o mundo. E outra de ocio navideño, Pequeártiko. Teatro para a familia, títeres, musicais, clowns... na sala Ártika.

Xoves 16/12/2021 16.12.2021

Imprimir en 3D, que pedimos os vigueses? Conversamos coa La Factoría 3D Violín e piano para acompañarnos de música. Irene Cebada e Brais González van estar tocando no auditorio de Valladares o domingo. E unha peli para rematar, El amor en su lugar.

Mércores 15/12/2021 15.12.2021

Falamos cos organizadores do Campionato Galego de Ciclo cross da finde pasada en Porto do Molle (Nigrán). E deixámonos invadir polo espíritu navideño. Hoxe coas panxoliñas. No concerto de nadal da Coral Casablanca imos escoitar unha moi especial, a que soñou Javier Gil un decembro de hai 20 anos e titulou así: 'Luces en el árbol'

Martes 14/12/2021 14.12.2021

Mentres percorremos o mosteiro de Poio (os dous claustros, a escaleira, a igrexa, o xigantesco canasto, os mosaicos... ) as dúas voces que vos acompañaron durante esta tempada imos falando a vida mesma. Por certo, tamén os rapaciños da escola infantil Monte Alba fixeron a súa camiñada ata o muiño da Senra.

Luns 13/12/2021 13.12.2021

Nin luces, nin árbol, nin belén. Para algunhas familias o nadal chega coas charrascas, as castañuelas e os cristos das rondallas. Conversamos con xente que vive esta tradición intensamente en Valladares. E tamén coas Lerchas, dúas comediantas da Estrada, que estiveron hai uns días neste auditorio. As findes súbense ós escearios e pola semana, andan coas palas: a da excavadora e mais a da panadería...

Venres 10/12/2021 10.12.2021

Entre outras cousiñas, esta maña de venres traemos un paseo polo Bosque da Lingua polos Montes de Couso e unha conversa con Paula Carballeira sobre os contos de medo.

Xoves 09/12/2021 09.12.2021

‘O nome da rosa’, un clásico de manta e sofá para amantes das novelas detectivescas e das historias ambientadas no medievo… Falamos da peli e fedellamos no oficio de atopar as verbas axeitadas para que non se perda detalle na trama, ambientación… con Maite Jiménez, a orfebre das palabras que fixo a traducción ó galego. Outra historia. O proxecto moi bonitiño no que anda metida Bicos de Papel e o x...

Martes 07/12/2021 03.12.2021

Tenras e bonitas. Tres historias no Esperta entre festivos: .a vida da matemática María Wonenburger .os contos da avoa de Cris De Caldas .e as 'vivécdotas' na música durante mais de 50 anos con José, o director emérito da banda de Valladares

Venres 03/12/2021 03.12.2021

Divertida e cómica. Conversamos coa actriz Diana Sieira. Cine, teatro, circo e agora, monólogos. Iso trae este domingo ata o auditorio de Valladares. Para esta ponte loooonga van algunhas ideas mais. Cousiñas como pasear. Charlamos con Juan, guía no Parque Arqueolóxico Arte Rupestre de Campo Lameiro.

Xoves 02/12/2021 02.12.2021

O Campo das Laudas. Un camposanto simbólico e un aula ó aire libre. Na historia das persoaxes ás que se adican as lápidas recoñecemos de quen vimos sendo. Acompañados do Capitán Gosende, hoxe: do tempo da República ó verán do 36 en Cerdedo. E tamén cine, que é xoves. 'No' de Pablo Larraín, sobre a campaña publicitaria para chamar á xente ás urnas e derrocar a dictadura en Chile no 88.

Mércores 01/12/2021 01.12.2021

O Camiño de Santiago da para todos: -Dende Quiroga, Carlos Álvarez embarcouse hai unha década cos peregrinos VIP en Turigrino Viajes. -De Tui a Compostela, no camiño portugués media ducia de empresas, ademáis de correos e os taxis, lévanlles o equipaxe. -'A natureza no camiño'. Xogo de mesa para coñecer algúns animais e plantas ó longo da peregrinaxe. E os mércores, unha de deportes: fútbol gaélic...

Martes 30/11/2021 30.11.2021

Paseamos pola estación de buses de Vigo con Verdegaia e falamos do seu estado de abandono actual e das suxerencias para a nova estación intermodal. Na voltiña polo patrimonio, imos ata o Escorial galego, o colegio de Nuestra Señora de la Antigua. Aí en Monforte tamén percorremos a ponte vella e o Parador. Ademáis, coñecemos a lenda da coroa de lume.

Luns 29/11/2021 29.11.2021

Os que tendes cans, xa coñecedes de sobra este voso mundo. O resto dos mortales, imos descubrilo: Ramalladas. Un "hoteliño" para o can. Levan desde o ano 77 educándoos. Ímonos sorprender da sabiduría que aporta a experiencia. E como a nosa relación cos animais de compañía evoluciona, as clínicas veterinarias dun tempo, hoxe son hospitais. Achegámonos ata Vetland en Beade.

Venres 26/11/2021 25.11.2021

O xardín botánico da Fundación Sales. Moitos cativos o coñecen ben, van de excursión cos coles mirar o nenúfar. Imos de tour coa bióloga que nos recibe alí. E tamén viaxamos ata Finlandia para escoitar boa música. A que selecciona Lois Atanes no seu O Recanto do Corcovado.

Listen to the ESPERTA VALLADARES podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.