Radio Valladares

ESPERTA VALLADARES

Society GL ↓ 1482 episodes

ESPERTA VALLADARES, magazine matinal diario. Analizamos a actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo.

Author

Radio Valladares

Category

Society

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 7, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Mércores 13/04/2022 12.04.2022

A piques de comenzar os festivos… imos coñecer que celebra a Igrexa estes días da man de Ángel Bastos, o párroco de Valladares. E un recordatorio para os padriños, hai que mercar a rosca!!! Falamos coa xente de Kopena. E para rematar unha volta polo cine, polas películas clásicas e actuais que tratan da Semana Santa.

Martes 12/04/2022 11.04.2022

Para este martes a proposta é dar unha volta polo monte, así que traémosvos unhas cantas historias. Coñecemos o proxecto Biomasa-AP de aproveitamento dos restos de tala e poda. Da man do investigador Julio Fierro, do CETIM, falamos de LifeReforest, unha ferramenta para recuperar os terreos despois dos incendios. E damos un paseo polo Bosque da Lingua nos montes de Couso.

Luns 11/04/2022 10.04.2022

Estes días vamos de especiais. Damos unha volta pola tradición… e a modernidade. Coñecemos á xente de Silvereira e as súas xoias de madeira. Jorge Álvarez saltou á palestra por vestir ás Tanxugueiras, agora presenta unha colección na Mostra do encaixe de Camariñas. E imos ata Redondela, ao furancho Cadaval.

Venres 08/04/2022 08.04.2022

O Play Doc arrinca xa. Aínda que o festival como tal desenvolverase en maio xa están realizando accións paralelas como un obradoiro de cine comunitario impartido por Eloy Domínguez Serén, recientemente premiado con la Biznaga de Plata al mejor cortometraje en la pasada edición del Festival de Cine de Málaga. E como estamos de fin de semana… coñecemos os queixos da Gandería Quintián e damos unha vo...

Xoves 07/04/2022 07.04.2022

Aínda que esquivemos a nova, a guerra de Ucrania é unha realidade que está a traer a Galicia mulleres e nenos que precisan, ademais de acubillo, apoio psicolóxico. O proxecto Rosalía trata de acompañalos no seu proceso de adaptación. E coñecemos o traballo dos afinadores de piano falando con Antonio, o que se encarga do Centro Cultural e outros moitos.

Mércores 06/04/2022 06.04.2022

A I Copa da Asociación do Fútbol Gaélico foi para o Keltoi Vigo, falamos con eles. E xa que os pinchamos tódalas semanas, conversamos coa xente de Tor para falar do seu proxecto. Ademáis, coñecemos o proxecto e-pD-WORK, que nos da ferramentas para para reducir o estrés no eido laboral. https://epdwork.org/

Martes 05/04/2022 05.04.2022

E de novo, martes de patrimonio! Damos unha volta por Redondela, pola Portela e os portos da man de 'Redondela, mellor con guía'. Unha proposta gastronómica: as Vioncas Bake . E imos ata Maceda coñecer o seu castelo.

Luns 04/04/2022 04.04.2022

Imos con iniciativas interesantes. O libro de buscar e atopar sobre o Camino portugués da xente de Papelier, o traballo de concienciación sobre o autismo que levan a cabo dende o Arcoiris. Gabinete psicopedagógico , e os proxectos de Arte y garabato.

Venres 01/04/2022 01.04.2022

Viravolta Cocina Retornada presentou unha nova mostaza, con sementes de grelo. Ademais coñecemos á xente de Isius, que esta finde están de concertos. E para rematar, ven un amigo con recomendacións literarias: '¿Qué es el cáncer?' '¿Qué es el VIH?' '¿Qué es la sepsis?' de Eduardo López-Collazo e 'Coronavirus, ¿la última pandemia?' de este mesmo con José Alcamí Pertejo. Libros de divulgación cientí...

Xoves 31/03/2022 31.03.2022

A viguesa High Paw saca novo disco. Del e da producción musical fora dos circuitos máis comerciais conversamos hoxe. Quedaremos tamén no IES Valadares para coñecer como se achega a xente nova á cultura en galego. E xa que estamos en tempo de lampreas, imos dar unha volta ata a Herbón con Minia Del Rio.

Mércores 30/03/2022 30.03.2022

De bicis e libros como resumo deste Esperta. Falamos coa xente do JAVA Kiwi Atlántico e do seu novo proxecto ciclista. Dende a USC e a UVigo lanzaron Alfamov, unha aplicación para avaliar se as crianzas de primaria desenvolven correctamente as chamadas habilidades motrices básicas. E tempo para a lectura, con “Sobrevivindo” de Arantza Portabales.

Martes 29/03/2022 29.03.2022

En Noruega, na “arca de noé” do século XXI, quedaron gardadas sementes de millo do país, para que pase o que pase poidamos facer pan. Deste proxecto falamos con Elena Cartea, directora da Misión Biolóxica de Galicia. Tamén conversamos coa hospitaleira do albergue de Muxía, que chegou ata alí dende Hungría. E coñecemos a historia de Inés de Castro, da man de MJ Perez. https://www.youtube.com/watch?...

Venres 25/03/2022 25.03.2022

Dende Valladares ata Ucrania, unha viaxe de ida e volta levando axuda e traendo ata a España a quen o precisaba. Con esta historia comezamos o programa no que tamén falamos con Roberto Pascual sobre a súa última obra “Sophie non é o meu nome de guerra”. Damos unha volta pola exposición adicada a Antonio Palacios que está no Museo do Mar e coñeceremos á Señora das Letras deste 2022 da man de Marga...

Xoves 24/03/2022 24.03.2022

Vigo está tomada polos franceses pero dende a Asociación do Casco Vello xa están a traballar para reconquistala. Hoxe a cousa vai de libros. Rodrigo Costoya e a súa última novela histórica “Misarela” e Mela Ortiz coa súa primeiro poemario “La maleta preparada”. E o domingo, no auditorio “Ímonos a por moradas”. Nastasia Zürcher é unha das artistas invitadas.

Mércores 23/03/2022 23.03.2022

Pedro Rodríguez comezou xogando ao balonmán nos pavillóns vigueses, agora está en Hungría… onde ademais forma parte do combinado nacional do país magiar. Tamén falamos con Gersom Costas, do Instituto de Investigación Mariña de Vigo, que saen ao mar facer un estudio sobre as rinchas e os xurelos na Costa Cantábrica. Aquí na parroquia celebramos que o Centro Veciñal foi recoñecido co título de Vigué...

Martes 22/03/2022 22.03.2022

Revisando clásicos musicais chegamos ata Juan Pardo. Familia Caamagno presentou a súa versión de Xuntos, cunha estética peculiar. A ver que nos contan. Ademais, temos unha conversa con Carlos Blanco, que esta semana estrea obra de teatro en Madrid, 'Tercer cuerpo' de Pablo Tolcachir. Última parada en Lugo, para coñecer que se está facer en O Vello Cárcere .

Luns 21/03/2022 21.03.2022

Pimeiro día de primavera, día da poesía… moito do que falar. Coñeceremos o proxecto #estiquecantas, que achega a Rosalía de Castro ao século XXI. Buscamos plans ao aire libre con A Senda do Moucho. Ademais, conversamos con Javier Romero, escritor do libro “Marea Negra”, baseado no narcosubmarino que chegou a Galicia.

Venres 18/03/2022 18.03.2022

Comeza a finde… por fin! Falamos con Wöyza, do que xa fixo, do que está a facer, dos novos proxectos… Damos unha volta pola exposición de coiro que hai na EMAO (O Coiro da Emao) e tertulia, divertida, coas As Maimiñas… para rirnos do mundo mundial!

Xoves 17/03/2022 17.03.2022

Vigosónico segue pechado… ata cando? Eso é o que se están a preguntar os grupos vigueses (Grupos de Vigo en Loita) que se atopan agora sen locais gratuitos de ensaio. Hoxe imos seguir falando de música. Da recuperación dos timbais da Banda Municipal que fixeron dende a Orquesta Clásica de Vigo e que van a presentar nun concerto este venres. E hai nova directiva na Asociación Veciñal O Freixo… daré...

Mércores 16/03/2022 16.03.2022

Usos e disfrutes do monte podería ser o resumo de hoxe. Falamos de como foi percorrer as ladeiras nunha bici de enduro, na Vigobikecontest. Coa xente de Epona Terra damos unha volta polo muíño recuperado en Saiáns para saber como está a funcionar. E iremos ata Xanceda, que traballa para ser cada día máis biosostible.

Martes 15/03/2022 15.03.2022

Hai un ano soubemos que un rapaz de Lugo, Héctor Santos, de Triton Submarines, baixara ata a Fosa das Marianas. Hoxe falamos con el, daquela experiencia, do seu traballo, dos novos retos… Temos tempo para unha conversa con Abraham Cupeiro López, que xunto coa Banda de Valladares presentará o espectáculo Pangea. Un libro, “O Cazador de Zamáns”, de Germán Pardo, e unha voltiña polas pontes de Gundiá...

Luns 14/03/2022 14.03.2022

As enciclopedias pasaron a mellor vida, pero todos precisamos buscar información e a Galipedia é unha boa opción. Falamos con Adrián Estévez, un dos seus editores. Tamén recolleremos as experiencias que lle está a aportar a Isabel Blanco o libro ‘Galegas na Ciencia’. E conversamos coa inmunóloga África González, Premio Ernestina Otero neste 2022.

Venres 11/03/2022 11.03.2022

“Isto si que é un home” é o título do primeiro ensaio do escritor Francisco Castro. Da man de Anxo Lemos percorreremos a historia da oleiría galega e botaremos unha ollada á axenda do fin de semana.

Xoves 10/03/2022 10.03.2022

10 de marzo… día da loita obreira galega. Falamos coa Confederación Intersindical Galega - CIG , da actualidade, das loitas, dos proxectos… Tamén hai tempo para a maxia en galego, con Martín Camiña e o seu espectáculo Lingua do País. E música, o Trío Lied actuará no auditorio do Centro Cultural o sábado dentro do Festival Musical adicado ao Día Internacional da Muller.

Mércores 09/03/2022 09.03.2022

Mércores, deportes. Imos ata Mapache Climbing, en San Andrés de Comesaña, practicar escalada. Ademais, coñeceremos as pitayas, un froito exótico pero que se da moi ben no Rosal, na Hazienda de Ferrero. E tempo para conversar con Peter Punk Pallaso, que estivo por Colombia da man de Payasos Sin Fronteras, con 19 funcións para máis de 7000 nenas na zona de Quibdó.

Listen to the ESPERTA VALLADARES podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.