Radio Valladares

ESPERTA VALLADARES

Society GL ↓ 1482 episodes

ESPERTA VALLADARES, magazine matinal diario. Analizamos a actualidade de Vigo, Valladares e arredores. Sempre en vivo e en directo.

Author

Radio Valladares

Category

Society

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 7, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Luns 23/05/2022 22.05.2022

HISTORIA… así en maiúsculas. Falamos con Santiago Posteguillo que presentou “Roma soy yo”, o seu primeiro achegamento a Julio César. Tamén conversamos con Darío Carrera, sobre como é ensinar esta materia hoxe en día. E seguiremos coñecendo o pasado de Matamá.

Venres 20/05/2022 20.05.2022

Ás portas da fin de semana seguimos celebrando as Letras Galegas. E nós, quedamos no Centro Veciñal e Cultural que o sábado acolle unha homenaxe a José Iglesias Ramilo, que foi director da banda e da coral durante os últimos 50 anos. O domingo pola mañá hai andaina polos montes de Vigo arredor do monte Alba e dos Pozos. E pola tarde no auditorio actúan Germán Son e Paco Barreiro, con quen tamén fa...

Xoves 19/05/2022 19.05.2022

O recunchiño da radio préstase para conversar e ás veces o directo non da para todo. Eso pasou con Denís Carballás e Pablo Vázquez, así que vai a continuación da conversa sobre o libro 'O Son da Cidade'. Ademáis subimos á volanteira, un barco tradicional da Guardia, coa Asociación O Piueiro. Vai camiño de Pasaia, no País Vasco, ao encontro de embarcacións tradicionais. E proposta para o domingo, V...

Mércores 18/05/2022 18.05.2022

Veña, que desta si que vai, falamos de fútbol, da tempada do CD Valladares. Tamén imos ata Oia para coñecer “Concilium”, a proposta de Realidad Alternativa para desfrutar dun xeito distinto o mosteiro. E como de historia vai a cousa, saberemos algo máis da de Matamá.

Luns 16/05/2022 15.05.2022

A Orquesta Clásica de Vigo actúa este martes en Pontevedra… eso non sería noticia de non ser porque o concerto é no Convento de Santa Clara e porque van tocar o órgano que se atopa na súa igrexa. Ademáis, falamos con MJ Perez, que actúa no acto central das Letras Galegas no Centro Veciñal (o martes a partir das 19:00). E escoitamos as historias de como se xestou o repertorio das cantareiras de Val...

Venres 13/05/2022 13.05.2022

Nunha fin de semana chea de actividades e propostas, o domingo pola mañá o San Isidro Labrador marcha de Valladares cara Zamáns. E a xente de Andoa actúa esa tarde ás 19h no Centro Cultural. Sen marchar moi lonxe, en Chandebrito o sábado estarán todo o día coa I Foliada Solidaria da Asociación Galega de Lupus.

Xoves 12/05/2022 12.05.2022

O saneamento das parroquias e a posta en marcha da depuradora marcaron un punto de inflexión na cidade. Como se acadou, canto traballaron dende as asociacións veciñais para deseñar o mellor trazado e as mellores condicións para os veciños.

Mércores 11/05/2022 11.05.2022

A Copa de España de ciclismo chama ás portas. A xente do Club Ciclista Rías Baixas está inmersa na organización da proba deste domingo pero sacaron uns minutiños para contarnos como vai. Falamos de como é facer arte en ferro con Rober de Seoanes. E coñecemos o espectáctulo Inventio da man de Martín Varela, o seu director artístico.

Martes 10/05/2022 10.05.2022

Seguimos musicais, achegámonos a Seso Durán, que presenta o seu segundo disco, “Ascensión”. Ademáis coñecemos o proxecto A Morada, un espacio para a muller ós pes do Castro de Vigo. Tamén damos unha volta por Noia, que imos mirar as laudas gremiais que hai na igrexa de Santa María a Nova.

Luns 09/05/2022 09.05.2022

Para levar mellor os luns nada como un paseo pola natureza. Falamos con Elisa Gago, xefa do servizo de Conservación da Biodiversidade para coñecer a situación da píllara das dunas e doutras aves da costa galega. Ademáis, damos unha volta polos maios, que o venres estiveron por aquí os nenos da EEI Monte Alba. E algo de música… ou de lectura… bueno, un pouco de todo co libro ‘Son da cidade. O libro...

Venres 06/05/2022 06.05.2022

As Letras Galegas merecen máis que un día, e por eso no Centro Veciñal e Cultural de Valladares organizan un mes completo de actividades. Entre a programación esta fin de semana preséntase a Orquesta Cataventos (para os da casa, son os do grupo de acordeóns). Coñecemos a moeda social A Sabia. E nun, aquí te pillo aquí te mato, falamos coa xente de montes do acto conmemorativo polos 25 anos da Manc...

Xoves 05/05/2022 05.05.2022

As gaivotas teñen mala fama… Vicente Piorno, dende o Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia, vainos axudar a desmontar mitos. Ademais, viaxamos na maleta de Films from Galicia, o cartafol co que Agadic leva ao extranxeiro ás produccións feitas no noso país. E coñecemos o traballo de Miguel Rivas, que dende o seu taller de Cabral elabora instrumentos tradicionais

Mércores 04/05/2022 04.05.2022

Rematada a temporada, analizamos con Cristina Cantero a situación do Celta Baloncesto Femenino. Ademáis, unha ración de risoterapia coa xente de Terbutalina, que saca novo disco. E xa que subimos ata alí, unha baixada rápida nas Carrilanas Esteiro.

Martes 03/05/2022 03.05.2022

Que causa unha marea vermella, que organismos fan que sexa tóxica, que condicións climáticas son as propicias para que esto suceda…? Diso e dalgunha cousa máis falamos con Enrique Nogueira do Instituto Español de Oceanografía de Vigo. Ademais, conversamos con Rebeca, da Comuna Nutritiva, sobre a importancia de escoitar ó corpo dos mais cativos cando comenzan as rutinas alimenticias. E damos unha v...

Luns 02/05/2022 02.05.2022

Os luns lévanse mellor con música. Con Pablo Carpintero coñecemos ás investigacións que permitiron confirmar que a gaita de Xan de Campañó ten arredor de 500 anos. Tamén falamos con Brais González da composición que interpretou coa Orquestra Vigo 430, a peli de 1926 'As aventuras do Príncipe Achmed'. E coñecemos que é o lupus coa asociación Lupus Galicia Agal.

Venres 29/04/2022 29.04.2022

Á fin de semana chama ás portas e entre os plans que chegan co bo tempo un que se recupera despois do parón pola pandemia: volve este sábado a Sementeira a Matamá organizada polo Colectivo Malaherba. Ademáis, coñecemos ao grupo de rock progresivo Blue Merrow de Pontevedra. E recomendacións literarias que nos trae o noso amigo Álex: 'Reunión' de Natasha Brown.

Xoves 28/04/2022 28.04.2022

Entre 1467 e 1469, nesa época tivo lugar en Galicia a Revolta Irmandiña. Un episodio da historia galega descoñecido, con personaxes tan relevantes como Xoan Branco, a quen nos achega o escritor Fran Zabaleta. E de volta á actualidade conversamos con Ana Pérez, presidenta do CVCV. Ademais, aproveitamos para facer un paseo polos corredores do Centro Veciñal e Cultural de Valladares visitando a expos...

Mércores 27/04/2022 27.04.2022

O día internacional da danza é o sábado… falamos con Santi Almuiña, da agrupación Amieiras-Ledicias de Valladares. Da man de Eva Pérez damos unha volta pola historia da roupa mariñeira que, xunto con Alberte Mozo, está a recuperar. E conversamos con Xan Leira, director dun proxecto cinematográfico sobre os pescadores de Nigrán.

Martes 26/04/2022 26.04.2022

A memoria histórica é un concepto sobre o que aínda estamos a traballar. Falamos con Julio Prada, profesor de historia de Universidade de Vigo sobre iso. Tamén lle damos unha volta dende o teatro, coa obra O Péndulo, de Inversa Teatro. E temos tempo, para coñecer a historia do mosteiro de San Paio de Albeos en Crecente.

Luns 25/04/2022 25.04.2022

Adxudicar a cada cidade galega un grupo de música, este foi o xogo no que se meteu o xornalista musical Rodri Míguez… e xa nos conta que escolleu para Vigo. Ás portas do Play Doc falamos con Faia, que xunto con Nacho Múñoz e Lar Legido, actuará na xornada inaugural musicando poemas de Zeca Afonso. Ademais, vai recomendación de libros portugueses neste 25 de abril. E marchamos ata Lugo onde montaro...

Venres 22/04/2022 22.04.2022

O CantoConto está a chamar ás portas, falamos coas As Maimiñas! Entre as propostas que están por vir tamén hai unha Andaina por Valladares o 30 de abril. Ah, e este sábado organizan un festival en Lavadores. Leni Pérez actúa xunto con Roberto Comesaña. Conversamos sobre o seu proxecto musical. E a axenda, que é venres!

Xoves 21/04/2022 21.04.2022

Deixar de fumar non é doado, pero dende a Unidade de Tabaquismo da USC desenvolveron unha app para axudar e xa teñen os primeiros resultados. Ademais, coñecemos a proposta de voluntariado ambiental interxeracional da Xunta de Galicia. E achegámonos ao porto de Vigo a coñecer este barquiño, o Hidria II.

Mércores 20/04/2022 20.04.2022

Dúas historias ben xeitosas: investigadores da UVigo atoparon fósiles de libélulas de fai 145 millóns de anos e a posibilidade de apadriñar colmeas no Rosal coa xente de Mel Niño do Corvo. Ademáis, como hai tempo, damos unha voltiña polos arredores do estadio de Balaidos. Un paseiño divertido.

Martes 19/04/2022 19.04.2022

Da terra ao espacio. Este martes falamos da importancia das miñocas coa xente de Amigos da Terra; subimos aos satélites nos que traballa a xente de Alén Space, e recibimos visita no recuncho da radio. Volve a Comuna Nutritiva para conversar sobre a alimentación emocional. E hai tempo para a proposta de patrimonio… un paseíño pola Peneda en Soutomaior.

Luns 18/04/2022 18.04.2022

Volta das vacacións… comezamos a mañá tranquilas, dando un paseo por Coia, coñecendo a súa toponimia tradicional con Xulián Martínez, profesor do Álvaro Cunqueiro. Falamos con Manuel Gago, da situación do patrimonio cultural na diáspora, concretamente no Uruguay. E conversamos coa xente de Deleite que no seu apoio á cultura están a producir un disco con versión dos clásicos galegos.

Listen to the ESPERTA VALLADARES podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.