AGalegaAudio

Diario cultural | Mañá

Society GL ↓ 429 episodes

As novas expresións e formatos artísticos en diálogo coa historia cultural conflúen neste espazo de información, análise e creación. O Diario Cultural é un dos programas diarios de información cultural máis veteranos da radiodifusión galega. Ademais das emisións diarias e de programas especiais e monográficos, promoveu o libro Narradio 56 historias no ar e anualmente o Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico.

Author

AGalegaAudio

Category

Society

Podcast website

agalegaaudio.gal

Latest episode

Jun 27, 2025

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Diario cultural 14-11-2024 14.11.2024

Recibimos a visita da cantante, gaiteira e docente Carme López (Carmela), para falarmos de ‘Vinde todas’, o seu proxecto de música de tradición oral que sae hoxe á venda. Moncho Lemos comenta “+Cuñados ”, que se emite ko domingo na TVG. E ademais, dúas estreas para esta fin de semana: ‘Polvo serán’ e ‘GladiatorII’

Diario cultural 13-11-2024 13.11.2024

 Amazon Prime estrea o día 22 unha docuserie sobre a Ciudad de los Muchachos de Benposta, en Ourense. A preestrea este sábado no festival compostelán Cineuropa. E Raquel C. Pico fálanos hoxe da moda dos maratóns de baile nos anos vinte

Diario cultural 12-11-2024 12.11.2024

 A partir das sete da tarde, na sala Inn da Coruña terá lugar un concerto solidario coas vítimas da Dina. As entradas para ver a  Bala, Boyanka Kostova, Grande Amore, Maragrep, Mondra, Ortiga, Sabela, The Rapants e Triángulo de Amor Bizarroa, están esgotadas. A recadación íntegra destinarase á Fundación Horta Sud, con sede en Torrent.  Dolores Vilavedra comenta “Detective Ferruchi”, de Marta Villa...

Diario cultural 11-11-2024 11.11.2024

Que se fai coas vellas e vellos? Teatro de Ningures estrea  ‘As Gardiás‘, un texto do francés Násser Djemaï  que reflexiona sobre a vellez. Dirixido por Cristina Domínguez e interpretado por Casilda Alfaro, Rebeca Montero, Sonia Rúa, Amparo Martínez e Melania Cruz.  Carlos Crespo tráenos hoxe a Eris Mackenzie, un artista de Castelo (na área metropolitana da Coruña) que, segundo as súas propias pal...

Diario cultural 08-11-2024 08.11.2024

Con Xosé Antonio Touriñán e Carlos Blanco que estrearon hai unha semana o seu novo espectáculo “Somos criminais e punto final". Artes escénicas con Alfonso Becerra

Diario cultural 07-11-2024 07.11.2024

Pasamos polo HematoFesti, o macrofestival que estes días honra en Vigo a memoria de Miguel Ángel López, o Hematocrítico. Morreu hai agora un ano e deixou tras de si un regueiro de amigos, de fans... nos máis diversos ámbitos. Porque Miguel Ángel foi un multitarefas: escritor, mestre, comunicador e autor de blogs humorísticos. Xente de todos eses eidos xúntase para renderlle un entusiasta tributo....

Diario cultural 06-11-2024 06.11.2024

Turismo, cultura e arte danse cita na sétima edición de Compostela Ilustrada, que busca descubrir e promocionar unha cidade diferente., a través dos ollos dos debuxantes. Conversamos con Gemma Sesar, organizadora do encontro, e coa ilustradora e tatuadora Aldara Prado, unha das convidadas, Raquel C. Pico achéganos a figura de María Luz Morales, escritora e pioneira do periodismo cultural, Nada na...

Diario cultural 05-11-2024 05.11.2024

«Anos 80: Movida, Atlantismo, Vangardismo e Underground» é un percorrido por esa década intensa e rupturista que marcou o futuro da música e das artes tamén en Galicia. Conversamos co autor, Fernando Fernández Rego. Dolores Vilavedra comenta "Manual de padronaxe", de Nerea Brey

Diario cultural 04-11-2024 04.11.2024

Gloria (Todo é obra de artistas), a primeira novela gráfica de Pío Barreiro. Con viñetas da ilustradora e historiadora da arte Lola Garcerá, Carlos Crespo trae hoxe a Garza, que acaba de sacar o seu segundo LP

Diario cultural 01-11-2024 01.11.2024

'A profundidade esencial da terra. Benjamín Palencia, Manuel Colmeiro e o surrealismo dos anos trinta'. Exposición no Museo de Arte Contemporánea de Vigo, comisariada por Carlos López Bernárdez.”Coinciden na atracción polas culturas que na época eran denominadas “primitivas”, polo popular e pola fascinación etnográfica”  Afonso Becerra debulla as sete propostas que concorreron na Coruña...

Diario cultural 31-10-2024 31.10.2024

Mañá remata a rodaxe de Onte á noite conquistei Tebas, de Gabriel Azorín. Trata do paso da adolescencia á idade adulta dende a óptica masculina, como salienta a produtora galega do filme, Beli Martínez. Venres e sábado desenvólvese en Chantada unha nova edición do Castañazo Rock. E con Moncho Lemos comentamos "O corpo aberto", dispoñible de balde en AGalega.gal e a estrea en salas de &qu...

Diario cultural 30-10-2024 30.10.2024

Arranca en Ribeira a sétima edición de Mares da Fin do Mundo. Unha mostra internacional de cinema documental comprometida co medio marítimo e co sector pesqueiro artesanal que se alonga ata o domingo. Raquel C. Pico tráenos as primeiras novelas galegas de pantasmas.

Diario cultural 29-10-2024 29.10.2024
Diario cultural 28-10-2024 28.10.2024

Arranca a semana dos mortos e as ánimas. Defuntos, Samaín, Halloween...Que monstros asustan á rapazada? Son os mesmos medos que tiñan seus pais? Coa axuda de Isabel Mociño -experta en literatura infantil-e Maco Valle, libreira, tratamos de dar coas repostas. Carlos Crespo tráenos hoxe un adianto en primicia do primeiro disco de Law.

Diario cultural 25-10-2024 25.10.2024

‘Escribo sobre temas que me interesan pero non teñen oco nos xornais’ Marta Villar, escritora e periodista, recollerá mañá o Premio Xerais 2024 por Detective Ferruchi, unha novela vindicativa na que aparecen o racismo, as costureiras que levantaron Inditex, o empoderamento feminino ou o consumismo. Afonso Becerra lévanos ao Circo de Pinocho, de Educateatro Producciones. Circo de carpa en galego qu...

Diario cultural 24-10-2024 24.10.2024

Mañá arranca en Vilagarcía o Curtas Festival do Imaxinario  e a vila muda estes días en Gotham City. Ata traen o Batmóbil. e quen queiran fotografarse co vehículo mítico disporán dun  photocall  os días 1 e 2 de novembro. Cine de estrea con Moncho Lemos: 'Rita' e 'La gran escapada'. Tatoo, arte baixo a pel, exposición na Cidade da Cultura

Diario cultural 23-10-2024 23.10.2024

Entramos na rodaxe en Vigo de ‘As liñas descontinuas’, segunda longametraxe de Anxos Fazáns. Con Raquel C. Pico achegámonos á figura de Filomena Dato.

Diario cultural 22-10-2024 22.10.2024

A exposición Xaquín Marín, humor líquido galego chega ao Auditorio de Galicia para amosar unha selección de pezas que abranguen os máis de sesenta anos de profesión do artista nado en Fene en 1943. A mostra está comisariada polo seu fillo Xandre Marín e cos dous conversamos. Con Ana Romaní coñecemos a exposición de estampa popular galega E Dolores Vilavedra comenta  “Arqueoloxías de amor para a ci...

Diario cultural 21-10-2024 21.10.2024

“Existir é resistir”. Baixo este lema arranca en Santiago o Festival Internacional de Cine Euroárabe Amal, que acada a súa 22 edición cando se fai un ano do “xenocidio televisado contra o pobo palestino”. Conversamos co director da Fundación Araguaney, David Rodríguez, arredor desta cita co cinema de produción independiente e contido social. Carlos Crespo tráenos hoxe a Breo, a quen moitos xa cons...

Diario cultural 18-10-2024 18.10.2024

“Pode ir quen así o desexe” A Escola de Teatro de Narón é un centro público de formación integral que leva 42 anos funcionando. Ata alí foi Vituco Neira para falar coa súa directora e con antigos alumnos que agora imparten docencia. Afonso Becerra comenta “Ollos cara adentro”, unha proposta escénica das bailarinas Xián Martínez e Elena Castellanos que traslada a concepción surrealista do soño a un...

Diario cultural 17-10-2024 17.10.2024

“Estamos ante un proceso creativo nunca visto” David Rodríguez, responsable de cultura da Fundación Barrié, que mañá inaugura a exposición Nick Knight: Roses from my Garden en primicia para España. A mostra, formada por medio cento de imaxes -algunhas inéditas- trae á Coruña a faceta máis íntima e descoñecida do fotógrafo británico, un dos máis influentes do mundo da moda. Moncho Lemos comenta “ L...

Diario cultural 16-10-2024 16.10.2024

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega recoñece como Mestra e Mestre da Memoria 2024 á catedrática de Literatura galega Camiño Noia Campos e ao folclorista Henrique Peón, polas súas aportacións ao longo dos anos “para manter viva a nosa memoria colectiva e o saber popular”. Recibirán os galardóns nunha gala en Lugo o venres pola tarde. Con Raquel C. Pico achegámonos á figura do v...

Diario cultural 15-10-2024 15.10.2024

De como unha novela levou a un achado. A historia dos aneis dos nove bispos medievais soterrados en Santo Estevo de Ribas de Sil. Son catro aneis milagreiros dos que o xoieiro José Luis Ferreiro fixo unhas réplicas que se poden ver na sancristía. Os orixinais están a ser estudados no CSIC. Falamos con el e con Vania López, directora do  Centro de Conservación San Martín da Diocese de Ourense, que...

Diario cultural 14-10-2024 14.10.2024

“Sorprendeume o éxito de As malas mulleres” Marilar Aleixandre, Premio Nacional de Narrativa. “ Compatibilizar a escrita coa docencia é complicado” Andrea Maceiras, autora de LIX. Con elas celebramos o Día das Escritoras. Carlos Crespo tráenos hoxe a Carabela, un cuarteto de Noia que fan música “diverxente”en galego. O sábado estarán na final dos premios Narf

Diario cultural 11-10-2024 11.10.2024

Mañá ás cinco arranca en Pontevedra a cuarta edición do Ceiba Rimas, freestyle improvisado en galego. Connosco no estudio os dous gañadores do ano pasado: BIG MEU (Martín Represa) e MOG (Mauro Castaño) que rapean en directo. E con Afonso Becerra"Bipedestrución" , de Disiden. Cia, coa viguesa Marcia Vázquez e Martín Los Arcos, un espectáculo familiar de danza contemporánea con conciencia...

Listen to the Diario cultural | Mañá podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.