AGalegaAudio
Diario cultural | Mañá
As novas expresións e formatos artísticos en diálogo coa historia cultural conflúen neste espazo de información, análise e creación. O Diario Cultural é un dos programas diarios de información cultural máis veteranos da radiodifusión galega. Ademais das emisións diarias e de programas especiais e monográficos, promoveu o libro Narradio 56 historias no ar e anualmente o Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico.
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Diario cultural 10-10-2024 10.10.2024 30:00
Vivir e perdurar na nosa lingua, unha iniciativa do Consello da Cultura Galega que comanda o lingüísta Bernardo Penabade “O nivel educativo e a maior presenza das mulleres na toma de decisións teñen moito que ver con que as lápidas estean en galego”. Jorge Balado, funerario “en galego son máis agarimosas” Moncho Lemos comenta dende Sitges “La substancia” e o documental Super/Man: La historia de Ch...
Diario cultural 09-10-2024 09.10.2024 30:49
O Festival Internacional de Títeres Galicreques, organizado pola Asociación Cultural Barriga Verde, vaille dar o premio de honra da súa 29ª edición a Eduardo Rodríguez Cunha 'Tatán', figura imprescindible da escena gaega en xeral e do teatro de marionetas en particular. E con Raquel C. Pico sabemos da evolución das nosas casas logo de visitar Creafogar.
Diario cultural 08-10-2024 08.10.2024 30:57
SIMULTÁNEA. Sete exposicións en sete cidades da Fundación Abanca. Dolores Vilavedra comenta Tras do ceo, de Manuel Rivas
Diario cultural 07-10-2024 07.10.2024 31:07
“Novos Imaxinarios”, no CGAC. As novas formas do cine, desde as vangardas ata o cinema expandido. A mostra acolle propostas de nove cineastas, entre eles Oliver Laxe. Carlos Crespo tráenos un adianto de “All stars”, o último do músico e produtor porriñés Peter Petrowski :“busco ser un catalizador”
Diario cultural 04-10-2024 04.10.2024 29:46
“Hai moita pegada galega en min, como a retranca” Rodrigo Cortés recibe esta noite a Calpurnia de honra do OUFF. O cineasta e escritor, de raíces ourensás, ten pendente de estrea a súa última película “Escape”, producida por Martin Scorsese.. Afonso Becerra comenta L'èlisir d'amore, ópera cómica en dous actos con música de Gaetano Donizetti e libreto de Felice Romani.
Diario cultural 03-10-2024 03.10.2024 31:48
O Centro Dramático Galego retoma a xira de Terceiro acto, interrompida no seu día por mor do coronavirus. O elenco está formado agora por César Cambeiro, Belén Constenla, María Costas, César Goldi e Fernando Morán. Texto e dirección de Andrea Jiménez e Noemi Rodríguez a partir de improvisacións cos intérpretes. E con Moncho Lemos falamos do Festival de Cine Fantástico de Sitges, que hoxe bota a an...
Diario cultural 02-10-2024 02.10.2024 30:45
SVT Espacio de Arte ten aberta unha mostra con obras de Xosé Lodeiro (1931-1996) realizadas en plena madurez do chamado “pintor de Vigo”. A exposición está comisariada por Ángel Cerviño que salienta del que era inclasificable e libertario e reclama que se afonde no coñecemento e divulgación da súa produción. E con Raquel C. Pico averiguamos por que a xente posaba tan seria nas fotos antigas.
Diario cultural 01-10-2024 01.10.2024 30:57
Arranca en Compostela a 21 edición de Curtocircuito, un festival interdisciplinar que, mantendo o cinema como eixo, atende tamén á fotografía, a arte sonora, a etnografía, a música ou a literatura. Conversamos co seu director artístico, Pela del Álamo. Dolores Vilavedra comenta Material de construción, de Eider Rodríguez. A relación entre unha filla escritora e o seu pai alcólico. Tradución ao gal...
Diario cultural 30-09-2024 30.09.2024 30:57
A campaña arqueolóxica no Monumento Natural de Pena Corneira localizou un gran poboado romano e unha necrópole. Pero quizais o máis rechamante son os restos do Calcolítico que poden remontar a ocupación do lugar como mínimo hai 4.000 anos. Viaxamos ata alí con Vituco Neira. Carlos Crespo preséntanos a Tomás Porteiro, un cantante e compositor compostelán que ademais da súa carreira en solitario fai...
Diario cultural 27-09-2024 27.09.2024 30:57
“Loba Branca fala de vinganza e tamén de redención”. Brais González, compositor e director desta ópera galega. A música está inspirada nun relato de Vicente Risco que discorre no Courel. Ritmos complexos, texturas ambientais e fusión coas músicas de tradición oral e urbanas. Hoxe ás 19h no Principal de Ourense. L’elisir d’amore, de Donizetti, no Colón da Coruña coa soprano Ruth Iniesta no papel de...
Diario cultural 26-09-2024 26.09.2024 30:57
“ É o disco de divertirme”. Barullo é o terceiro álbum de estudio de Baiuca, con máis electrónica aínda e ritmos máis rápidos. Coma ata agora está callado de colaboracións e ten por obxectivo é poñer a xente a bailar. Moncho Lemos comenta dúas estreas de cine baseadas en feitos reais: Soy Nevenka e La virgen roja
Diario cultural 25-09-2024 25.09.2024 30:57
Conversamos coa directora Ángeles Huerta sobre a película “Antes de Nós”, que xira arredor da figura de Castelao e está en plena rodaxe. “Para min un artista excepcional dunha sensibilidade moi elevada”. Con Raquel C. Pico seguimos as pegadas de Edith Wharton pola Galicia dos anos vinte.
Diario cultural 24-09-2024 24.09.2024 30:57
“O hórreo é un sinal de identidade de primeira liña”. Carlos Henrique Fernández Coto, presidente da Rede Internacional Hórrea de Graneiros Elevados Tradicionais. Galicia acolle por vez primeira o Encontro Internacional arredor destes bens patrimoniais do 27 ao 29 deste mes en A Estrada. Con Ana Romaní visitamos dúas mostras fotográficas de Manuel Outumuro. Dolores Vilavedra comenta o poemario ”Unh...
Diario cultural 23-09-2024 23.09.2024 30:57
A presenza galega no festival de San Sebastián. Falamos con Chelo Loureiro, que presenta dúas curtametraxes da súa produtora de animación Abano. Son "Lola, Lolita, Lolaza" e "Eu vou comigo". Ademáis forma parte da produción da película Justicia Artificial, que compite na sección oficial. E Carlos Crespo tráenos o vigués Filloas, que acaba de publicar un adianto do seu terceiro...
Diario cultural 20-09-2024 20.09.2024 30:57
“Escribir é un proceso de desestinción”. Tras do ceo, a nova obra de Manuel Rivas é unha novela negra radical, salvaxe, sen edulcorantes, e que forma parte dun proxecto literario que ten por fondo a caza do home polo home e a depredación social e natural. Afonso Becerra comenta IRIBARNE , do Centro Dramático Nacional. Segundo a propia compañía é un intento (irreverente) por comprender como chegamo...
Diario cultural 19-09-2024 19.09.2024 30:57
Do 20 ao 28 deste mes desenvólvese en Vigo a oitava edición do Galician Freaky Film Festival na Praza Elíptica. Na sección oficial compiten 60 curtametraxes chegadas de 29 países. Conversamos con Juan de Castro, director do festival, que salienta as producións galegas e as homenaxes aos 40 anos de Terminator e Pesadelo en Elm Street. Tamén as dúas décadas da mítica Toxic Percebe. Moncho Lemos fála...
Diario cultural 18-09-2024 18.09.2024 30:57
Sarabela Teatro preestrea ‘A cincenta que non quería comer perdices’ no Teatro Principal de Ourense cun pase para escolares. A obra busca desmontar os falsos mitos do amor romántico a partir da historia escrita por Nunila López Salamero con dramaturxia e dirección de Fina Calleja. Falamos con ela e tamén co actor Fernando Calleja da necesidade de rachar cos estereotipos de xénero. E con Raquel C.P...
Diario cultural 17-09-2024 17.09.2024 30:57
O gabinete de Ricardo Blanco-Cicerón. Do coleccionismo ao museo Deica o 10 de novembro no Edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra. Falamos con Erea Castro Alfonso, a comisaria desta exposición: “Era un adiantado na conservación de patrimonio galego”. Escoitamos “Pedindo perdón” de Tanxugueiras. Dolores Vilavedra comenta “Os mortos que amei”, de Iria Collazo . Unha road trip disparatada a través...
Diario cultural 16-09-2024 16.09.2024 30:57
Coñecemos en Vigo o Club de Lectura da biblioteca do MARCO en conversa coa súa responsable, Iria Fernández. Con Isabel Freire afondamos na obra do pintor Chinoski, que estes días expón en Ourense. E Carlos Crespo preséntanos a Nadie González. Do primeiro disco desta viguesa, que fai hiphop “blandito” , escoitamos Coroa de flores e A Charrasquiña.
Diario cultural 13-09-2024 13.09.2024 30:57
Ana Romaní lévanos aos Espazos Sonoros. Con Afonso Becerra debullamos o inicio da temporada de Ópera Arranca na Coruña o III ciclo de concertos “Noites na cidade vella”
Diario cultural 12-09-2024 12.09.2024 30:57
Os cegos cantores, portadores da esencia das músicas de tradición oral desde a Idade Media, son os protagonistas do IV Celme de Zanfona. Unha colección de Pregos de cordel do Arquivo Castro Vicente permite ver de preto as calidades formais, editoriais, literarias e relativas á estampa. Inclúe un espectáculo teatralizado de Quico Cadaval que recrea a alianza dos cegos cantores coa arte dos monicreq...
Diario cultural 11-09-2024 11.09.2024 30:57
Na sede de Afundación en Vigo ata o 5 de outubro.: "Un mosteiro, un mar de historias” . A mostra pon en valor o patrimonio do Real Mosteiro de Oia, o único da Orde do Císter ubicado na costa atlántica. Con Raquel C. Pico percorremos os inicios da radio en Galicia
Diario cultural 10-09-2024 10.09.2024 30:43
Unha exposición de fotografías nunha aldea de Muras en 1957 plantexa unha incógnita: Quen é a rapaza do cartel? Polo de agora é a muller misteriosa. Imos ata o FIC Bueu con Ana Rmaní. E Dolores Vilavedra tráenos poesía. O debut literario de Breogán Xague “Todos os lonxes”
Diario cultural 09-09-2024 09.09.2024 30:57
Coas entradas esgotadas arranca en Compostela a Semana do Patrimonio Invisible. Con Vituco Neira achegámonos a algúns destes espazos agochados, coma os mananciais de Vite ou a Torre do Tesouro da Catedral. Con Carlos Crespo coñecemos á coruñesa hydn, de nome real Sandra Guedev, creadora no seu momento do "galenglish" pero que agora só canta engalego.
Diario cultural 06-09-2024 06.09.2024 30:19
Falamos da XII edición de Cidade Imaxinaria coa xerente da Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez, e un dos artistas participantes. A cita, de balde e para toda a familia, é mañá de 16 a 20hno Gaiás. Con Ana Romaní imos ata o Pazo da Ópera da Coruña, que o domingo arranca temporada con La Bohème. E Afonso Becerra cóntanos ANÖA, un espetáculo de danza da compañia da coreógrafa Elvi Balboa
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.