AGalegaAudio
Diario cultural | Mañá
As novas expresións e formatos artísticos en diálogo coa historia cultural conflúen neste espazo de información, análise e creación. O Diario Cultural é un dos programas diarios de información cultural máis veteranos da radiodifusión galega. Ademais das emisións diarias e de programas especiais e monográficos, promoveu o libro Narradio 56 historias no ar e anualmente o Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico.
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Diario cultural 20-12-2024 20.12.2024 30:57
Centenario da descuberta da arracada de Vilar de Santos Esta tarde, no salón multiusos do consistorio haberá unha xornada dedicada a esta alfaia do noso patrimonio castrexo e tamén se procederá a entregar unha arracada de honra á familia do seu descubridor Afonso Becerra lévanos ao circo de pista, de rúa, de pallasos...
Diario cultural 19-12-2024 19.12.2024 30:58
“Buscamos o abrazo das culturas” Arranca en Ourense o Festival Internacional Rebulir, que chega a súa edición número dezanove e, o seu directorAlexandre Sotelino, dános tódalas claves. O FIR 2024 é un espazo de convivencia intercultural con vocación pedagóxica que se fai latente nas múltiples actividades socioeducativas que integran o programa. Entre os premiados deste ano, a Asociación de Gaiteir...
Diario cultural 18-12-2024 18.12.2024 30:57
Unha investigación da USC reconstrúe virtualmente o coro do mestre Mateo da catedral de Santiago, desmontado no século XVII . Falamos con Francisco Prado-Vilar, investigador principal. Con Raquel C. Pico repasamos as curiosidades máis interesantes de cantas trouxo a este espazo semanal.
Diario cultural 17-12-2024 17.12.2024 30:37
Ata o día 11 de xaneiro pode visitarse en Vigo ‘Cadernos da Limia: Paisaxe, Identidade e Memoria’ do fotógrafo Blas González. Dolores Vilavedra comenta a novela 'Os corpos fráxiles', de Sofía Ruvira
Diario cultural 16-12-2024 16.12.2024 30:57
‘Prisciliano e a Gallaecia’, un documental de Aser Álvarez producido por Arraianos Producións. Carlos Crespo trae hoxe á palestra a Zavala,
Diario cultural 12-12-2024 12.12.2024 30:57
Tras conseguir premios en diversos festivais, por fin chega ás salas de cine "La Parra", a terceira longametrxe do ferrolán Alberto Gracia. Conversamos da película co director e Moncho Lemos fálanos doutras cintas que se verán nos cines este Nadal.
Diario cultural 11-12-2024 11.12.2024 30:57
Convidamos á gañadora do premio Artesanía de Galicia 2024, Julia de la Cal a comentar o seu traballo e avaliar a situación que atravesa o sector artesanal no país. A nosa colaboradora Raquel C, Pico fálanos dos memes.
Diario cultural 10-12-2024 10.12.2024 30:57
Pontevedra acolle do 10 ao 15 de decembro a novena edición do Festival Internacional de Cinema. O director artístico do certame, Suso Novás, fálanos dun evento no que se proxectan 39 longametraxes e que este ano se desenvolve baixo o lema "Defender aos que arriscan". Ademáis, a profesora Dolores Vilavedra preséntanos a obra literaria en galego de Francisca Herrera.
Diario cultural 09-12-2024 09.12.2024 30:57
A nigranesa Raquel Fernández fálanos de "I'm Obelix", o libro co que gañou o premio Jules Verne de literatura xuvenil outorgado pola editorial Xerais. A obra retrata a realidade do acoso escolar desde a perspectiva dun adolescente diagnosticado con trastorno de déficit de atención con hiperactividade (TDAH). Ademáis, Carlos Crespo traenos o primeiro disco en galego de G. Face.
Diario cultural 06-12-2024 06.12.2024 30:57
Magín Blanco visítanos para falar da cuarta entrega do seu espectáculo infantil "A nena e o grilo. O camiño das cores". Afonso Becerra achégase á última proposta da compañía Ay Cariño!
Diario cultural 05-12-2024 05.12.2024 30:57
Amar o mar é o primeiro albúm de Belem Tajes. É un disco pero tamén un proxecto artístico que abraza a natureza. Moncho Lemos comenta dúas estreas para esta fin de semana,‘Emilia Pérez’ e ‘Here’ (Aquí)
Diario cultural 04-12-2024 04.12.2024 30:57
A Real Academia Galega e a delegación coruñesa do Colexio de Arquitectos de Galicia homenaxean esta tarde a Andrés Fernández-Albalat Lois co gallo do centenario do seu nacemento. Raquel C. Pico fálanos hoxe de comidas e sobremesas típicas do Nadal
Diario cultural 03-12-2024 03.12.2024 30:57
A vida do tudense frei Rosendo Salvado, misioneiro bieito do século XIX, chega á televisión nunha docuserie da TVG dirixida por Valentín Carrera. Dolores Vilavedra comenta a obra gañadora do premio Repsol de narrativa breve 'Pirotecnia' , de Alberto Ramos
Diario cultural 02-12-2024 02.12.2024 30:57
Falamos do fenómeno de banda deseñada ‘Heartstopper’, de Alice Oseman, que Xerais está a publicar en galego . E Carlos Crespo tráenos a 9Louro
Diario cultural 29-11-2024 29.11.2024 30:57
O bravú festexa o seu 30 aniversario ás 21:00 horas no Culturgal, cun documental e o concerto da Banda Xangai e as pontevedresas Rager. Xurxo Souto, líder dos Diplomáticos de Monte Alto e referente indiscutible deste movemento, protagoniza o filme producido por Nós Televisión. Afonso Becerra debulla o número último de Erregueté, a revista das artes escénicas en Galicia @erreguete.gal
Diario cultural 28-11-2024 28.11.2024 30:57
Esta tarde proxéctase no Museo do Pobo Galego unha creación audiovisual da produtora Illa Bufarda sobre o proxecto de investigación do arqueobotánico ribeirense Andrés Teira Brión para a Universidade de Oxford. Moncho Lemos comenta dúas estreas para esta fin de semana ‘Pídeme lo que quieras’ e Vaiana 2
Diario cultural 27-11-2024 27.11.2024 30:34
Falamos coa autora e escoitamos a obra, a derradeira das tres premiadas nesta edición de 'Escoitamos teatro.' Céspede artificial sitúanos no xardín dunha familia acomodada a onde van chegando varios gatos.
Diario cultural 26-11-2024 26.11.2024 30:57
‘Con propósito de emenda’, de Marta Lado. Falamos con ela e escoitamos a peza. A fisterrá Marta Lado, autora e actriz galardoada nos Mestre Mateo e os María Casares, preséntanos a historia dun guionista que se fai pasar por cura para inspirarse nas confesións dos fregueses. A súa parella decide poñelo a proba... Texto e dirección: Marta Lado. Interpretación: Marta Ríos e Jorge Varandela. Adaptació...
Diario cultural 25-11-2024 25.11.2024 30:57
‘Petricor’, de Lidia Fraga. Falamos coa autora e escoitamos a obra, unha das tres gañadoras do certame deste ano
Diario cultural 22-11-2024 22.11.2024 30:57
A partir do luns imos emitir as obras gañadoras da cuarta edición do concurso de teatro radiofónico 'Escoitamos teatro’, que convoca a Fundación SGAE coa colaboración da Radio Galega. Trátase de ‘Petricor’, de Lidia Fraga; ‘Con propósito de emenda’, de Marta Lado; e ‘Céspede artificial’, de AveLina Pérez. Falamos co compositor rianxeiro Antón Alcalde, gañador da 35.ª edición do Premio Jóvene...
Diario cultural 21-11-2024 21.11.2024 30:55
“Mentres haxa desigualdade seguirá habendo violencia” En vésperas do 25-N, Día internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, o Consello da Cultura Galega debate sobre os novos relatos da violencia machista. 'Prefiro condenarme' e 'Raqa' con Moncho Lemos
Diario cultural 20-11-2024 20.11.2024 30:57
A Compañía de Treatro Valacar estrea a obra “Pervertimento”. Pedro Rubín, director e Ana Docampo, actriz. Colaboraciónd e Raquel C. Pico
Diario cultural 19-11-2024 19.11.2024 30:46
Chus Nogueira e Xose María Álvare Cáccamo, sobre o Simposio Luisa Villalta Colaboración de Loli Vilavedra
Diario cultural 18-11-2024 18.11.2024 30:45
Entrevista con Alberto Lobelle, director de "Pico Sacro", que se estrea en Cineuropa Colaboración de Carlos Crespo
Diario cultural 15-11-2024 15.11.2024 30:51
Esta tarde no Pazo do Hórreo van recoñecer a Castelao coma primeiro presidente de Galiza. Asemade inaugúrase unha exposición na Fundación Penzol e na USC acaba de arrancar a cátedra que leva o seu nome. Da man do profesor e académico Henrique Monteagudo percorremos os tres escenarios. Afonso Becerra comenta ‘As gardiás’, de Teatro de Ningures. A obra reflexiona sobre a vellez, a independencia e os...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.