AGalegaAudio
Diario cultural | Mañá
As novas expresións e formatos artísticos en diálogo coa historia cultural conflúen neste espazo de información, análise e creación. O Diario Cultural é un dos programas diarios de información cultural máis veteranos da radiodifusión galega. Ademais das emisións diarias e de programas especiais e monográficos, promoveu o libro Narradio 56 historias no ar e anualmente o Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico.
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Diario cultural 29-01-2025 29.01.2025 30:57
“Non hai fotografía que lle faga xustiza”.Os arqueólogos Benito Vilas e Gustavo Pascual falan así do Mosaico de Panxón, que poderá admirarse na casa consistorial de Nigrán a partir do 7 de febreiro logo dun longo periplo polo mundo. Trátase dunha peza arqueolóxica extraordinaria do século III, única representación do xénero musivario cun tema mariño na contorna metropolitana de Vigo, cun incalcula...
Diario cultural 27-01-2025 27.01.2025 30:57
Na parroquia de Santa María de Casaio, en Carballeda de Valdeorras, a Asociación Científica Sputnik Labrego deu cunha aldea de época altomedieval, na zona de Penedo Xudío. O director da escavación, Carlos Tejerizo, cóntanos que grazas ás datacións radiocarbónicas puido datarse entre os séculos VII y IX, o que aproximaría esta ocupación ao momento da existencia de Cassavio, unha ceca de época visig...
Diario Cultural 24-01-2025 24.01.2025 29:13
Coñecemos a IGMIG, o grupo vigués, que acaba de presenta-lo seu terceiro disco, titulado "Revolución". Ana Romaní fálanos de "As formas do amor", a coprodución de Verdeveras e o CDG e Afonso Becerra devélanos o contido do último número de Erregueté.
Diario cultural 23-01-2025 23.01.2025 30:57
Pontevedra acolle o sábado a gala dos Premios Feroz que concede a Asociación de Informadores Cinematográficos de España. Pasarán pola cidade estrelas como Pedro Almodóvar, Eduard Fernández, Candela Peña ou Carmen Machi. Nos falamos con candidatos galegos a premios: a guionista Alba Carballal e o produtor da serie “Rapa”, Alfonso Blanco. Ademáis, Moncho Lemos, comenta a estrea en cines. de "Th...
Diario cultural 22-01-2025 22.01.2025 30:57
Disque María Luisa de Borbón y Borbón-Parma, filla do rei Carlos IV é a primeira muller que compuxo música orquestral. Entrevistamos a José Luis Temes, o director que acaba de gravar coa Real Filharmonía de Galicia catro sinfonías atribuidas á infanta. A nosa colaboradora Raquel Pico fálanos do comezo do turismo en Galicia.
Diario cultural 21-01-2025 21.01.2025 30:55
Tras 15 anos de ausencia volve a Bienal de Arte de Pontevedra. O seu comisario, Antón Castro, fálanos da recuperación deste evento que se desenvolverá durante o verán, terá o seu epicentro no Museo de Pontevedra e estenderase a outros puntos da provincia. A nosa colaboradora Dolores Villavedra lémbranos unha das novelas máis coñecidas de Víctor Freixanes, "O enxoval da noiva"
Diario cultural 20-01-2025 20.01.2025 30:57
Rendemos homenaxe a Bernardino Graña, o poeta do mar e do amor, falecido a pasada fin de semana e despedido en Cangas, a súa vila natal, cun acto laico multitudinario. Víctor Freixanes, Cesáreo Sánchez e Helena Villar axúdannos a facer unha semblanza dun escritor con obra poética, narrativa, teatral, ensaística. Ademáis, o noso colaborador Carlos Crespo trae ó grupo ferrolá de pop “Todo el largo v...
Diario cultural 17-01-2025 17.01.2025 30:57
A compañía Nova Galega de Danza desembarca na Coruña cunha antoloxía que reúne tres das súas pezas máis recentes e celebradas: Leira, Berro e Dique. Os convites esgotáronse en só 4 horas. Falamos co director da compañía Jaime Pablo Díaz. Fin de semana tamén de teatro: "Guerra”, de Teatro do Noroeste estréase no Principal de Santiago e no Salón Teatro representan ata o 9 de febreiro “Nada se s...
Diario cultural 16-01-2025 16.01.2025 30:57
Falamos de "Guerra", a última produción da lonxeva compañía Teatro do Noroeste, que afonda na crueldade das contendas, na miseria e destrucción que deixan ó seu paso. Falamos co director, Eduardo Alonso, e con Xavier Estévez, un dos actores. Presentamos a nova sección de curtametraxes galegas de Agalega.gal e Moncho Lemos fala do filme da semana "Babygirl", con Nicole Kidman co...
Diario cultural 15-01-2025 15.01.2025 30:57
Miguel Rodríguez Monteavaro é un asturiano (filósofo, escritor e músico) que acaba de gañar o premio de poesía Afundación. Converteuse así no primeiro galardoado de fóra de Galicia duns premios que van xa pola edición número 22. O seu poemario titúlase “Cortar pescado en Manila”. E a nosa colaboradora Raquel C. Pico ilústranos sobre a chamada ‘costa de xaneiro’. Non inventamos nada, xa falaban das...
Diario cultural 14-01-2025 14.01.2025 30:04
Falamos con Diego Anido Seijas, "Diego As", autor do mural de Julio César fronte á muralla de Lugo que foi premiado polo portal Street Art Cities. Agora volve optar a ser galardonado como mellor muralista do mundo cunha obra realizada en Linares. A nosa colaboradora Dolores Vilavedra fálanos do poemario de Emma Pedreira "Pobreza de espírito"
Diario cultural 13-01-2025 13.01.2025 30:57
O pianista e compositor Abe Rábade, recén retornado dunha xira pola Arxentina, fálanos do seu último traballo temático: "Tempo de cor". O disco é unha exploración da sicoloxía da cor. O noso colaborador Carlos Crespo presenta á banda de country pontevedresa Los Tonicash.
Diario cultural 10-01-2025 10.01.2025 30:57
Avanzamos as novidades que preparan para 2025 as grandes editoriais galegas falando co director editorial de Galaxia, Marcos Calveiro e co director de Xerais, Fran Alonso. Para Galaxia 2025 será un ano especial porque cumpre 75 anos e prepara un programa especial de actividades. Ademáis, Ana Romaní fálanos da colección de videos que recollen o patrimonio inmaterial das cantareiras que acaba de pre...
Diario cultural 09-01-2025 09.01.2025 30:57
A Real Filharmonia de Galicia principia o ano cun concerto de Reis en Vigo moi especial. A orquestra interpreta o "Peer Gynt" de Edvard Grieg coa colaboración interpretativa dos actores Tamar Novas e Inés Salvado. Falamos do espectáculo con Tamar e coa directora técnica da RFG, Sabela García. Moncho Lemos comenta duas películas españolas que se estrean: "Desmontando un elefante"...
Diario cultural 08-01-2025 08.01.2025 30:57
Dende o 13 de decembro o Museo de Pontevedra acolle unha exposición na que se poden ver 66 obras do escultor ourensán Acisclo Manzano. Falamos coa comisaria da mostra, Beratriz de San Idelfonso. A nosa colaboradora Raquel Pico diserta sobre a evolución dos xoguetes.
Diario cultural 07-01-2025 07.01.2025 30:57
Cúmprense 75 anos do falecemento de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Cada 7 de xaneiro se lle tributa unha homenaxe da que falamos co presidente da Fundación Castelao, Miguel Anxo Seixas. Ademáis, Dolores Vilavedra introdúcenos no mundo poético de Antón Lopo.
Diario cultural 03-01-2025 03.01.2025 30:57
A editorial Kalandraka celebra os 25 anos da publicación dun dos seus contos de máis sona: "Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis". Falamos da xénese da historia e das razóns do seu éxito cos seus autores; Chema Heras e Kiko Da Silva. Ademáis, Pilar García Rego preséntanos o seu poemario "Desaparecer" e Afonso Becerra comenta o espectáculo "Cousas que soan&quo...
Diario cultural 02-01-2025 02.01.2025 30:57
Falamos con Fernando Franjo, autor do libro "Aquí viviu, Por aquí pasou", Unha ollada a Compostela, poñendo o foco en homes e mulleres insignes que viviron ou visitaron a cidade. Ademáis, Moncho Lemos traenos as estreas cinematográficas da semana.
Diario cultural 31-12-2024 31.12.2024 30:55
O antropólogo, investigador e escritor RAFAEL QUINTIÁ, presenta un amplo estudo titulado ‘Dicionario de amuletos galegos’. Colaboración de Dolores Vilavedra
Diario cultural 27-12-2024 27.12.2024 30:57
A Orquestra Clásica de Vigo celebra o seu 40 aniversario sendo a decana das formacións orquestrais de Galicia. Conversamos co seu director técnico, Manuel Martínez. O domingo ofrecerán un concerto extraordinario de Nadal no Teatro Afundación. Afonso Becerra repasa o máis destacado do ano no ámbito das artes escénicas
Diario cultural 26-12-2024 26.12.2024 30:57
Conversamos con Jaime Pena, director da Filmoteca de Galicia. O coruñés leva tres décadas coma programador na institución, e dende novembro está á fronte do arquivo fílmico galego, que restaura, recupera e dixitaliza o noso patrimonio cinematográfico. Moncho Lemos comenta ‘Nosferatu’ e Sin instrucciones’
Diario cultural 24-12-2024 24.12.2024 30:57
A Gramola Gominola preséntannos o libro-disco e tamén espectáculo ‘O Nadal da avoa Fina’ Dolores Vilavedra comenta e recomenda ‘Ben mantidos’, de Xabier Castro Pérez.
Diario cultural 23-12-2024 23.12.2024 30:57
Xabier Díaz e Adufeiras de salitre andan a xirar con ‘Axúdame a sentir’. Carlos Crespo tráenos a Sun Iou cunha estrea en primicia
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.