AGalegaAudio

Diario cultural | Mañá

Society GL ↓ 429 episodes

As novas expresións e formatos artísticos en diálogo coa historia cultural conflúen neste espazo de información, análise e creación. O Diario Cultural é un dos programas diarios de información cultural máis veteranos da radiodifusión galega. Ademais das emisións diarias e de programas especiais e monográficos, promoveu o libro Narradio 56 historias no ar e anualmente o Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico.

Author

AGalegaAudio

Category

Society

Podcast website

agalegaaudio.gal

Latest episode

Jun 27, 2025

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Diario cultural 05-03-2025 05.03.2025

Arranca en Madrid a Feira Internacional de Arte Contemporánea. Conversamos con Chus Villar, directora da galería Nordés, a única galega con stand propio en ARCO. Tamén con Nuria Blanco, de Moret Art, que acode a Art Madrid. Raquel C. Pico fálanos hoxe das primeiras películas galegas de ficción

Diario cultural 04-03-2025 04.03.2025

‘Corentena. Game over’, de David Perdomo e Xosé A. Touriñán, un show que combina teatro e videoxogo, un espectáculo interactivo que arranca xira o día 7 en Pontevedra. Dolores Vilavedra comenta ‘Son coma glaciares os barcos de aceiro’, de Cynthia Menéndez.

Diario cultural 03-03-2025 03.03.2025

Menos do 4% das persoas lectoras fano en galego. Un dato alarmante que se tira da última enquisa sobre hábitos de lectura. Analizámola co autor e editor Manuel Bragado, Miguel Toval, (presidente da Asociación de Editoras) e Cielo Fernández (presidenta da Federación de Libreiros) Carlos Crespo tráenos aos lugueses Verter GZ.

Diario cultural 28-02-2025 28.02.2025

O Museo de Arte Contemporánea de Vigo acolle a exposición ‘A pegada das nais de Érguete, un berro que cambiou a sociedade’. Afonso Becerra comenta ‘Transeúnte’, de Daniel Rodríguez en colaboración co Centro Coreográfico Galego.

Diario cultural 27-02-2025 27.02.2025

Medea–Mamá–Monstro chega ao ciclo Clásicas desfeitas na Cidade da Cultura. Nunha experiencia escénica que mestura o falso documental co freak show, Laura Porto e Helena Varela reúnen as pezas sobre Medea que deixaron Eurípides, a poeta Chantal Maillard e a novela de Christa Wolf para tratar de dilucidar quen foi realmente a muller baixo o mito. Moncho Lemos comenta dúas estreas : ‘A Complete Unkno...

Diario cultural 26-02-2025 26.02.2025

17 finalistas para a edición deste ano dos Premios María Casares, os máis importantes do teatro galego, que se entregarán o 3 de abril na Coruña. A favorita é ‘O dragón de ouro’, de Sarabela, con 14 nominacións. A súa directora, Ánxeles Cuña dinos que nela se exploran os límites actorais e narrativos. E ‘Iribarne’ de Butacazero, opta a galardón en 12 categorías. Parabenizamos tamén a súa autora, E...

Diario cultural 25-02-2025 25.02.2025

Recibimos a visita de Héctor Rodríguez (Lontreira). Debuta en solitario como Montedapena cun disco homónimo (Ernie Records) con letras en galego, catalán e inglés...para bailar e pensar Dolores Vilavedra comenta ‘Domingo e outras historias’, de Irène Némirovsky, que nos chega traducido ao galego por Rocío Viéitez nunha edición de Laiovento.

Diario cultural 24-02-2025 24.02.2025

Eva Sandino debuxa o panorama cultural na Galicia de 1985, o ano no que botou a andar a Radio Galega. E no directo, varios convidados. Pepe Ferreirós (Milladoiro) evoca aqueles tempos ”Había moitas inquedanzas. A Radio Galega supuxo un antes e un despois para a cultura do país” A pintora Menchu Lamas salienta que había unha actividade creadora frenética “era inventalo todo”. Victor Freixanes, pres...

Diario cultural 21-02-2025 21.02.2025

“Rosalía é mundial” Anxo Angueira, presidente da Fundación, debulla connosco as actividades que organizan este ano en memoria da poeta de Padrón. O domingo, no día da autora, será a xornada central canda aos recitais, o Caldo de Gloria e maila Alborada para Rosalía Afonso Becerra comenta ‘Non pasarán’, a última produción da compañía teatral Ártika, que anda de xira polo país. Mañá actúan en Ourens...

Diario cultural 20-02-2025 20.02.2025

‘Mala vida e pior morte do rei Ricardo III’, da compañía Excéntricas, co actor e dramaturgo Evaristo Calvo, na pel do monarca inglés para contar unha versión revisada do personaxe descrito por Shakespeare. Moncho Lemos comenta dúas películas de estrea para a fin de semana: ‘El mono’, de Osgood Perkins e ‘Daniela Forever’, de Nacho Vigalondo.

Diario cultural 19-02-2025 19.02.2025

Parabenizamos á script Encarna Alonso, premio de honra dos Mestre Mateo do audiovisual logo de case 40 anos de traxectoria. Raquel C. Pico fálanos do "true crime"

Diario cultural 18-02-2025 18.02.2025

“Publicar un audiolibro é moi custoso”, dinos Fran Alonso de Edicións Xerais, que ten no mercado ‘Pel de cordeiro’, de Ledicia Costas. E unha nova empresa, Cinemar Books, acaba de sacar ‘Avelaíñas eléctricas’ , de Sica Romero, coa que se estrea neste sector. Jacobo Peña explícanos o proceso que seguiron. Dolores Vilavedra comenta ‘Ítaca’, de María Besteiros.

Diario cultural 17-02-2025 17.02.2025

O Laboratorio de Cántigas Novas 2025 é unha iniciativa do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira que busca impulsar a creación artística a partir da riqueza da lírica galega de tradición oral. Este espazo formativo está dirixido por Ugia Pedreira e Óscar Górriz, en colaboración coa Escola de Gaitas de Ortigueira. Carlos Crespo fálanos do selo ferrolán Ferror Records canda o seu codire...

Diario cultural 14-02-2025 14.02.2025

Teatro Escena, unha compañía que reúne artistas de diferentes continentes, presenta este sábado no Auditorio de Galicia 'A danza dos medos'. É un espectáculo de monicreques codirixido por Manuel Mansilla e Jorge Rey. Conversamos con este último e co colombiano Héctor Loboguerrero, asistente de dirección e responsable de luces. Afonso Becerra comenta a  14ª edición do GUIdance

Diario cultural 13-02-2025 13.02.2025

A naronesa María López preséntanos o seu álbum debut, 'Daydreaming', que se publica mañá. Multiinstrumentista precoz (piano, zanfona e gaita) aos 14 años gaña a XXXIV edición do Trofeo MacCrimmon no Festival Intercéltico de Lorient. Agora, con 20, di estar vivindo un soño. Moncho Lemos comenta dúas estreas para esta fin de semana: “Bridget Jones: loca por él” e “Ventimiglio”.

Diario cultural 12-02-2025 12.02.2025

A novelista Arantza Portabales principia serie nova coa inspectora Santaclara e o comisario xubilado Araújo coma dupla protagonista. O primeiro dos ‘crimes de Loeiro’ leva por título ‘Asasinato na Casa Rosa’. Raquel C. Pico pescuda nas orixes da celebración de San Valentín

Diario cultural 11-02-2025 11.02.2025

“Foi unha etapa moi grata que agora botamos en falta”. 40 anos de autonomía de Galicia a través das caricaturas de Siro López. Afundación reúne unha selección de 230 viñetas políticas publicadas en La Voz de Galicia entre 1985 e 2006 Dolores Vilavedra comenta “Runrún”, de Ana Varela.

Diario cultural 10-02-2025 10.02.2025

“Era un artista total”.Aser Álvarez, xornalista e cineasta, amigo persoal de Xosé Vizoso. O mindoniense, de 74 anos, finou este domingo a consecuencia dunha EPOC. e estaba pendente de ir a Lugo, onde estes días pode verse unha gran exposición retrospectiva. O artista gráfico, Premio Nacional de Escultura en 1968, foi parte da alma de Sargadelos, para quen conceptualizou as súas pezas de cerámica....

Diario cultural 07-02-2025 07.02.2025

Falamos coa actriz Lucía Veiga, o director de produción Carlos Amoedo e mailo director de animación e guionista, Xosé Zapata. Son tres dos galegos candidatos aos Goya que se entregan este sábado en Granada por “Soy Nevenka” (como actriz revelación), “ Segundo premio” e “Dragonkeeper” respectivamente. E Afonso Becerra comenta "Fado Alexandrino", a adaptación teatral da novela homónima de...

Diario cultural 06-02-2025 06.02.2025

A editorial Alauda Negra publica o fotolibro "Man". O proxecto fotográfico de Lois Cid e Toni Cortés gañou o III Premio Editorial de Fotografía Documental organizado polo festival Ffoco. Unha nova homenaxe a Manfred Gnädinger, o artista alemán afincando en Camelle, que creou a súa obra artística en harmonía co mar e a natureza. Moncho Lemos analiza "María Callas" e "A Rede...

Diario cultural 05-02-2025 05.02.2025

O festival "Convergencias" inclúe actuacións en Padrón, Ponteareas, A Estrada, Santiago de Compostela e Braga. Unha das citas destacadas é o tributo ao Zeca Afonso e Rosalía de Castro en Braga. Actúan por parte galega, Uxía e Amancio Prada. A nosa colaboradora Raquel C. Pico contounos como e cando chegou a pizza a Galicia.

Diario cultural 04-02-2025 04.02.2025

Mar Caldas fálanos da súa exposición "Mulleres, traballo e memoria", que se pode ver ata maio no Centro Galego de Arte Contemporánea. A mostra, fundamentalmente fotográfica, denuncia a escasa ou nula consideración que as mulleres “facedoras” tiveron no pasado e acadan no presente. Aá profesora da USC, Dolores Vilavedra, comenta o libro "Amuller xeada", da Premio Nobel de Litera...

Diario cultural 03-02-2025 03.02.2025

Estréase no Festival Internacional de Rotterdam “Deuses de Pedra” o documental que gravou o ourensán Iván Castiñeiras ao longo de 15 anos. Comezou a filmar na Raia en 2008 e rematou en 2023. Seguiu a vida dunha pequena chamada Mariana. dende nena nunha escola unitaria ata que rondando a vintena. A cativa ten que decidir se marcha ao estranxeiro. Falamos con Iván Castiñeiras. O noso colaborador, Ca...

Diario cultural 31-01-2025 31.01.2025

Ana Romaní descúbrenos a Cruz Risco, unha das primeiras mulleres que fixo cine en Galicia, filla de Vicente Risco e autora de "Por que marchamos", unha película rodada en 1977 na que tentaba reflectir o contraste entre a vida dos emigrantes nos paises nos que traballaban e a súa forma de desenvolverse nos seus lugares de nacemento durante as vacacións veraniegas. Ana conversa con Xaime V...

Diario Cultural 30-01-2025 30.01.2025

O director vigués Lois Patiño estrea a súa cuarta película, «Ariel», no Festival Internacional de Cine de Rotterdam. A fita está atravesada por Shakespeare e a falta de libertad e conta no reparto con Irene Escolar. Moncho Lemos comenta dúas estreas: A española 'Mikaela' e maila estadounidense 'La acompañante'

Listen to the Diario cultural | Mañá podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.