AGalegaAudio
Diario cultural | Mañá
As novas expresións e formatos artísticos en diálogo coa historia cultural conflúen neste espazo de información, análise e creación. O Diario Cultural é un dos programas diarios de información cultural máis veteranos da radiodifusión galega. Ademais das emisións diarias e de programas especiais e monográficos, promoveu o libro Narradio 56 historias no ar e anualmente o Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico.
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Diario cultural 10-04-2025 10.04.2025 31:56
“Amar a(mares)”, unha compilación de obras da artista coruñesa Julia Ares, comisariada por Luz Darriba. Ares leva décadas desenvolvendo un traballo singular con vidro fusionado, con pezas que están entre a pintura, a escultura e mesmo a arquitectura No Museo Provincial de Lugo ata o 31 de maio. Moncho Lemos recomenda dúas películas para ir ao cine esta fin de semana: ‘Un funeral de locos’ e ‘La...
Diario cultural 09-04-2025 09.04.2025 30:57
A Xunta homenaxea con ‘Rafael Úbeda. Visión retrospectiva’ as máis de sete décadas de creación artística dun imprescindible da cultura galega, que aos 93 segue en activo. Raquel C. Pico recomenda ler a Jane Austen en galego
Diario cultural 08-04-2025 08.04.2025 30:51
A Deputación de A Coruña ten en marcha as Residencias Artísticas Mariñán 2025, con catro proxectos de literatura e pensamento e outros tantos de música. Conversamos coa comisaria destes últimos, Aitana Cuétara e coa artista Ailén Kendelman, que proxecta convertírese en muller orquestra. Dolores Vilavedra comenta a última novela de Suso de Toro «Conta, Sherezade»
Diario cultural 07-04-2025 07.04.2025 30:57
Conversamos co flamante presidente da RAG, Henrique Monteagudo, que nos visita no estudio multimedia. Música emerxente con Carlos Crespo
Diario cultural 04-04-2025 04.04.2025 30:56
Falamos con tres dos gañadores dos premios María Casares: Xabier Castiñeira (director), Esther Carrodeguas (texto orixinal) e Anxo Outumuro ( actor protagonista). Todos por 'Iribarne', de ButacaZero, que se alzou cun total de nove galardóns. E co noso experto en artes escénicas, Afonso Becerra, afondamos na gran festa do teatro galego
Diario cultural 03-04-2025 03.04.2025 30:00
' Botando Leña' con Lamatumbá Conversamos con Toño Iglesias e Sergio Zearreta, de Lamatumbá, que estrea nova imaxe, novos temas e nova identidade gráfica, deseñada pola artista Noa Fernández. Moncho Lemos recomenda dúas estreas para a fin de semana
Diario cultural 02-04-2025 02.04.2025 30:57
A vixésimo sexta edición do Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, aberto ata o 6 de abril, está centrada no cinema e conta con Francia como país convidado. Eva Mejuto é a súa directora. Conversamos con ela e coa escritora Fina Casalderrey Raquel C. Pico lévanos pola historia do cine mudo
Diario cultural 01-04-2025 01.04.2025 30:57
‘Cancioneiro galego serodio (1989 2012)’, de Xabier Díaz, é, en palabras do seu autor unha viaxe polo país das mil muiñeiras. Dolores Vilavedra comenta ‘Birken’, de Diego Alfonsín.
Diario cultural 31-03-2025 31.03.2025 30:57
Conversamos con Blanca Riestra, autora de «As augas interiores», unha novela de aventuras e thriller psicolóxico coa protagonista embarcada rumbo a Terranova nun buque de salvamento marítimo que pretende estudar o escenario dun naufraxio . O volume completa a súa “triloxía atlántica” e está publicado por Xerais Carlos Crespo tráenos o traballo primeiro de Montedapena
Diario cultural 28-03-2025 28.03.2025 30:57
‘Camaradas’, unha exposición na Fundación Manuel Moldes de Pontevedra que reúne obras do autor con pezas de Mon Vasco, Ignacio Basallo, Luís Borrajo, Guillermo Monroy, Correa Corredoira, Xaime Cabanas, Jorge Barbi e Francisco Mantecón, tomando como nexo a amizade que Moldes compartía con cada un deles . Afonso Becerra comenta ‘A burra, a mesa e o pau’ , do CDG
Diario Cultural 27-03-2025 27.03.2025 28:47
A OSG estrea este venres «Cántico», unha obra do músico compostelán Fernando Buide para soprano, coro e grande orquestra. Trátase dun encargo da Sinfónica de Galicia e o Xacobeo e contará coa soprano canaria Raquel Lojendio, que é colaboradora habitual do compositor. No Pazo da Ópera da Coruña ás 20h. Moncho Lemos comenta ‘Tierra de nadie’ e ‘Por todo lo alto’
Diario cultural 26-03-2025 26.03.2025 31:01
‘Cicatriz’Unha creación da compañía Kirenia Danza, coproducida por Artestudio e a Xunta de Galicia a través do Centro Coreográfico Galego. Interpretada por Kirenia Martínez e Antón Reixa
Diario cultural 25-03-2025 25.03.2025 30:57
‘Cantareiras’, de Icía Varela e seu pai, Xosé Manuel Varela. Un percorrido polo legado da música e a poesía popular e a tradición das pandeireteiras. Dolores Vilavedra comenta ‘Ata que a morte nos separe’, de Elena Gallego.
Diario cultural 24-03-2025 24.03.2025 30:57
Recibimos a visita de Víctor Freixanes, que remata mandato coma presidente da Real Academia Galega logo de oito anos. Carlos Crespo completa o repaso polo máis novo de Eris Mackenzie
Diario cultural 21-03-2025 21.03.2025 30:57
Co gallo do Día da Poesía, desenvólvese en Compostela ‘ Alguén que respira! , este ano centrado nos horizontes da poesía e da vida. Un dos recitais máis singulares é o que ofrecerán esta tarde varios dos "Neos", entre eles Berta Dávila, a partir das oito no Teatro Principal. Falamos con ela e mais co director do festival, Antón Lopo, Afonso Becerra comenta a obra ‘Helen Keller, a muller...
Diario cultural 20-03-2025 20.03.2025 30:55
A exposición ‘Sociedad Coral Polifónica de Pontevedra 1925-2025, un século de música coral en Galicia’, pode visitarse ata o 20 de abril no museo da cidade. A mostra inclúe reproducións das escenografías realizadas por Castelao e está comisariada polo presidente da Polifónica, Carlos Valle. Conversamos con el e mais coa directora da agrupación, Nanette Sánchez Ordaz. Moncho Lemos comenta dúas estr...
Diario cultural 19-03-2025 19.03.2025 30:57
Xa está en AGalega.gal ‘Poscoito’, unha webserie premiada nos Mestre Mateo que explora o que pasa despois do sexo. O director, Héctor Rodríguez e Isabel Garrido, unha das actrices, concordan en que máis alá do corporal o que buscan é afondar nas emocións. Con Raquel C. Pico pescudamos na chamada ‘Xeración doente’
Diario cultural 18-03-2025 18.03.2025 30:57
Na Coruña pode visitarse ata xullo a exposición “El oro de los akan. Tesoros reales del África occidental.” Hai máis de 300 pezas orixinarias de Ghana e Costa de Marfil, propiedade dun coleccionista austríaco. Guíanos pola mostra o responsable de cultura da Fundación Barrié, Diego Rodríguez. Dolores Vilavedra comenta "Poemas realistas" de Daniel Salgado
Diario cultural 17-03-2025 17.03.2025 30:57
Debullamos con Moncho Lemos a festa do cine galego, que o sábado retransmitiu a TVG. Da gran triunfadora ,‘Rapa’, conversamos co seu director, Jorge Coira. Tamén con Sonia Méndez, premiada pola película ‘As Neves’ e con Zeltia Outeriño polo documental ‘Filmei paxaros voando’. Carlos Crespo fálanos de Eris Mackenzie
Diario cultural 14-03-2025 14.03.2025 30:57
«Gonzalo Torrente Ballester, a travesía dun creador» pode visitarse en Ferrol deica o 30 de abril no centro cultural que leva o seu nome. A exposición está comisariada por Darío Villanueva e Carmen Becerra. A mostra inclúe copias orixinais das súas novelas, primeiras edicións e fotografías, moitas delas tomadas por el. Afonso Becerra comenta ‘PESSOA – SINCE I’VE BEEN ME’ de Robert Wilson.
Diario cultural 13-03-2025 13.03.2025 30:59
Na véspera de que arranquen xira, recibimos a visita de Nuno Pico, que presenta ‘III’ (Ernie Récords), o traballo novo de Grande Amore. Distorsión, ruído e máis rock e diversión. E coma tódolos xoves, Moncho Lemos recoméndanos películas para a fin de semana
Diario cultural 12-03-2025 12.03.2025 30:57
Comisariada por Germán Labrador Méndez, a exposición ‘Ollos de vidro. As formas doutra historia de Galicia’, reúne 300 pezas para reler a historia galega dende a creación (contra)cultural nos últimos 150 anos. Raquel C. Pico lévanos polo camiño das camelias na súa chegada a Galicia
Diario cultural 10-03-2025 10.03.2025 30:57
‘A burra, a mesa e o pau’, con dirección e dramaturxia de Lorena Conde, é a primeira estrea da temporada do Centro Dramático Galego. Trata dunha familia obreira galega nos anos 90, tempo no que era máis doado crer nos contos das avoas ca nas promesas dos patróns. Con música de Cibrán Seixo e Inés Salvado, quen desenvolve tamén a asistencia de dirección. Carlos Crespo tráenos a Michu da Rocha
Diario cultural 07-03-2025 07.03.2025 30:57
A bailarina ourensá Nuria Sotelo fálanos do seu espectáculo "Extravío ou a arte de perderse", un só de danza dirixido por Ana Vallés. Susana Reboredo preséntanos o libro "Contáronme un conto mal contado", un traballo elaborado por un grupo de historiadoras vinculadas á Universidade de Vigo, que pretende visibilizar o papel das mulleres realizando un percorrido desde a Prehistor...
Diario cultural 06-03-2025 06.03.2025 30:57
Inaugurouse en Santiago e percorrerá todas as cidades galegas neste 2025. Da exposición falamos no DC co director de Galaxia, Xose Manuel Soutullo. Colaboración de cine de Moncho Lemos, con dúas películas da semana: ´Lee Miller´ e ´Mickey 17´.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.