AGalegaAudio
Diario cultural | Mañá
As novas expresións e formatos artísticos en diálogo coa historia cultural conflúen neste espazo de información, análise e creación. O Diario Cultural é un dos programas diarios de información cultural máis veteranos da radiodifusión galega. Ademais das emisións diarias e de programas especiais e monográficos, promoveu o libro Narradio 56 historias no ar e anualmente o Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico.
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Diario cultural 21-05-2025 21.05.2025 30:57
Xa se pode visitar a exposición de fotografía ‘Future Stories’ na Fundación Marta Ortega Pérez (MOP) da Coruña. Raquel C. Pico cóntanos curiosidades do café
Diario cultural 20-05-2025 20.05.2025 31:56
O festival de deseño ‘Galicia Design Week’, que está a ter lugar na Coruña, fai da cidade a capital do deseño por sexto ano. Dolores Vilavedra comenta ‘Os Seráns en Vilancosta’, de Santiago Cortegoso
Diario cultural 19-05-2025 19.05.2025 29:58
‘Fillos do vento: A rapa’, de Brais Revaldería, exhíbese no Festival de Cannes na sección “Competición Inmersiva”. Carlos Crespo pica cancións de XMaseda65
Diario cultural 16-05-2025 16.05.2025 28:56
Buscamos con Eva Sandino a conexión entre o noso repertorio oral popular e as músicas máis actuais: das cantareiras a Mondra ou Tanxugueiras. Imos ata Cannes con Natalia Penas para sabermos da estrea de ‘Sirat’, de Oliver Laxe, recibida con entusiasmo na súa proxección onte á noite. Afonso Becerra comenta ‘Roland mon amour’
Diario cultural 15-05-2025 15.05.2025 30:57
Coñecemos o que é “A recollida”, dende o ‘Cancioneiro popular galego’ ata hoxe, da man de Eva Sandino. Moncho Lemos conecta con Cannes para sabermos máis da presenza galega no festival de cine, nomeadamente da película nova de Oliver Laxe ‘Sirat’. E nas estreas da semana ‘Lo que queda de ti’, de Gala Gracia’ e ‘Tras el verano’, de Yolanda Centeno
Diario cultural 14-05-2025 14.05.2025 31:56
Isabel Freire conversa coa académica Ana Boullón para sabermos por que as cantareiras protagonizan as Letras deste ano. Vituco Neira cóntanos do epistolario de Camilo José Cela, que xa ten parte publicada na internet Raquel C. Pico fálanos dos primeiros proxectos dun aeroporto en Galicia
Diario cultural 13-05-2025 13.05.2025 30:57
Na recta final para o Día das Letras Galegas, afondamos no coñecemento das cantareiras que personifican a homenaxe á poesía popular de tradición oral na reportaxe de Isabel Freire Dolores Vilavedra comenta 'O teito é de pedra’, de Álex Alonso
Diario cultural 12-05-2025 12.05.2025 31:54
Recibimos a visita de Martín Mondragón (Mondra), que anda a presentar ‘De ronda’, o seu segundo disco de estudio. Carlos Crespo trae a Elena Zas
Diario cultural 09-05-2025 09.05.2025 31:56
Vituco Neira lévanos ata Lugo, onde a Domus do Mitreo acaba de ser incluída no Sistema Galego de Centros Museísticos, para falar coa súa directora artística, Dolores Dopico. Afonso Becerra comenta a 11ª edición do Festival Escenas do Cambio
Diario cultural 08-05-2025 08.05.2025 30:57
Visitamos da man de Vituco Neira o obradoiro de composición que se desenvolve en colaboración coa Real Filharmonía de Galicia no marco da programación do RESIS. Moncho Lemos comenta dúas estreas: ‘Una quinta portuguesa’ e ‘También esto pasará’. Ademais,en agalega.gal poderase ver dende o sábado ‘O Corno’, de Jaione Camborda
Diario cultural 07-05-2025 07.05.2025 30:56
Recibimos a visita de Chus Pato e Gonzalo Hermo para debullar a sexta edición de ‘Rosalía en Camiño’, que arranca esta tarde en Padrón. E con Raquel C. Pico coñecemos as primeiras xogadoras galegas de hóckey herba
Diario Cultural 06-05-2025 06.05.2025 29:21
Cantometrics estrea ‘Efémeras’, un traballo no que renden tributo ao labor da fotógrafa Ruth Matilda Anderson. Dolores Vilavedra comenta ‘As poetas da colección Salnés’, de Editorial Galaxia
Diario cultural 05-05-2025 05.05.2025 30:57
Rosa María Méndez, recentemente galardoada coa insignia de ouro do Museo do Pobo Galego, estivo á fronte da Biblioteca e Arquivos da institución durante 40 anos. Vituco Neira repasa con ela a súa traxectoria Carlos Crespo tráenos a Habló Pablo
Diario cultural 02-05-2025 02.05.2025 31:58
“Son afortunado por poder unir música e historia e moi agradecido pola resposta da xente” Achegámonos ata Castro de Rei con Vituco Neira para conversar con Abram Cupeiro, que mañá arranca xira en Ourense con ‘Loira’ e as entradas esgotadas. Afonso Becerra comenta 'Baleiro' de Ensalle Teatro
Diario cultural 01-05-2025 01.05.2025 30:57
Recibimos a visita do profesor Agustín Agra para nos presentar a súa novela última: ‘Libro das contrarias’. Moncho Lemos comenta dúas estreas cinematográficas para esta ponte festiva: ‘La buena letra’ e ‘Bienvenido a la montaña’
Diario cultural 28-04-2025 28.04.2025 30:57
Recibimos a visita de Sofía Espiñeira. A mugardesa acaba de presentar o seu segundo disco ‘Xeografías’, gravado co produtor Arturo Vaquero. Un traballo cheo de paisaxes sonoras, con tinturas intimistas e de raíz e percusión corporal. Carlos Crespo fala con Carles Montalt, de Galunk Producións
Diario cultural 25-04-2025 25.04.2025 31:56
Carballo Interplay celebra a súa duodécima edición consolidado como referente dos contidos dixitais e a creatividade en galego. Afonso Becerra comenta ‘Cicatriz’, de Kirenia Rodríguez e Antón Reixa
Diario cultural 24-04-2025 24.04.2025 31:56
Felicitamos a Fernando Castro Paredes, flamante gañador do Premio Galaxia de Novela 75 Anos, por ‘O lanzador de coitelos’ En Vilalba arranca este venres unha nova edición do FIV, que nos debulla Vituco Neira . E Moncho Lemos tráenos dúas estreas: *‘El último suspiro’ e «A Foreign Song»
Diario cultural 22-04-2025 22.04.2025 31:58
O Auditorio de Galicia acollerá este domingo a Gran Gala do Circo, que correrá a cargo de Pistacatro. Conversamos con José Expósito, o seu xerente e con Antón Coucheiro, pallaso e presentador do espectáculo Dolores Vilavedra comenta «As augas interiores» , de Blanca Riestra.
Diario cultural 18-04-2025 18.04.2025 30:57
Afonso Becerra comentou 'As aventuras de Nabiza Girl: O estraño caso da Cultura Minguante', da actriz Isabel Risco.
Diario cultural 17-04-2025 17.04.2025 30:57
E chegou Berta Franklin, co seu pop delicado e escuro. Desde Lugo, composta por cinco musicazos con bagaxe previa en varias bandas patrias, o grupo presentábase hai case unha década cunha amálgama de sons que tenta crear unha experiencia sensorial no oínte; un convite a descubrir un son propio e coidado que resulta da fusión de rock, soul, psicodelia ou new wave. Dous anos despois do seu último la...
Diario cultural 16-04-2025 16.04.2025 30:57
O ciclo ‘De Lugares e Órganos’ chega á súa décima edición. Os órganos das igrexas da Universidade, San Paio, Santa Clara e, por vez primeira, o do convento do Carme, fan parte da programación musical desta Semana Santa en Compostela. E Raquel C. Pico fálanos dun doce típico destas datas
Diario cultural 15-04-2025 15.04.2025 30:57
‘Rosalía en Fonseca. O xardín da revolución’ Exposición no claustro alto de Fonseca, en Compostela. Vituco Neira conversa con María do Cebreiro, unha das responsables da mostra Dolores Vilavedra comenta o poemario de Yolanda Castaño ‘A falsa autónoma’
Diario cultural 14-04-2025 14.04.2025 30:57
Darío Villanueva lembra a Mario Vargas Llosa, finado onte aos 89 anos. Galicia Nomeada é unha plataforma colaborativa para a recolleita, xeorreferenciación e difusión da microtoponimia galega e de toda a tradición oral asociada. Conversamos co seu coordinador, Vicente Feijoo. E con Carlos Crespo coñecemos as interioridades da produción musical.
Diario cultural 11-04-2025 11.04.2025 29:58
Xa está en tódalas plataformas ‘Esclavos do baile’, o novo dos muradáns Lisdexia. Afonso Becerra está en Dansa València
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.