AGalegaAudio

Diario cultural | Mañá

Society GL ↓ 429 episodes

As novas expresións e formatos artísticos en diálogo coa historia cultural conflúen neste espazo de información, análise e creación. O Diario Cultural é un dos programas diarios de información cultural máis veteranos da radiodifusión galega. Ademais das emisións diarias e de programas especiais e monográficos, promoveu o libro Narradio 56 historias no ar e anualmente o Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico.

Author

AGalegaAudio

Category

Society

Podcast website

agalegaaudio.gal

Latest episode

Jun 27, 2025

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Diario cultural 08-12-2023 08.12.2023

A banda de música Unión de Guláns, con escola de música propia desde hai máis de 100 anos, naceu en 1870 en Guláns, unha aldea de Ponteareas da man de José Carracedo Domínguez, fundador e primeiro director. É unha das formacións máis antigas de Galicia. Vituco pasouse por Gulán para falar de música, da banda e do premio con Rosario con Alicia Porto, directora da escola e da banda e con Noelia Lore...

Diario cultural 07-12-2023 07.12.2023

A Orquestra Sinfónica de Galicia e o Coro interpretan estes días o Mesías de Haendel no Pazo da Ópera da Coruña. Falamos con Carlos Mena e Jone Martínez. Na sección de voces expertas, Moncho Lemos trae dúas estreas: 'Robot Dreams', de Pablo Berger, e 'Anatomía dunha caída', de Justine Triet.

Diario cultural 06-12-2023 06.12.2023

Mary Quintero (Melide, 1931) é unha das profesionais máis relevantes da fotografía de estudo e a máis prestixiosa retratista galega da época. Comezou o seu camiño no mundo da fotografía nos estudos que rexentaron os seus pais en Melide e Lugo, onde descubriu a súa vocación polo oficio. Agora unha exposición baixo o título de "A imaxinación no interior dun estudo" mostra parte do seu trab...

Diario cultural 05-12-2023 05.12.2023

A Asociación Cultural Petapouco e a Destempo está formada por un grupo de rapaces e rapazas que busca achegar a cultura, sobre todo aquela propia das Terras de Burón (A Fonsagrada), aos máis novos e poñelos en contacto, á súa vez, con grandes mestres e mestras aínda vivas que promovan a conservación da propia tradición oral e musical. Dolores Vilavedra fálanos do libro 'O Doutor Glas&...

Diario cultural 04-12-2023 04.12.2023

Álvaro Martínez Leiro, cesteiro de Pazos de Borbén, é candidato ó Premio Nacional de Artesanía e a cesteira Julia de la Cal, co obradoiro La Parabólica de Porriño, está nomeada na categoría de Emprendemento. A Real Academia Galega e a Fundación Barrié buscan a Palabra do Ano 2023! As suxestións do público a través do Portal das Palabras recolleranse ata o domingo 10 de decembro ás 23:59 horas para...

Diario cultural 01-12-2023 01.12.2023

Teatro do Noroeste estrea esta finde “As damas de Ferrol” no Teatro Jofre ferrolán. Trátase dunha nova versión dirixida por Clara Gayo a partir do texto orixinal de Eduardo Alonso. Afonso Becerra tráenos unha recomendación exótica con danza, teatro e música en directo! ‘Blues de Medianoite’, un espectáculo de Laboratorio Escénico e Alba Fernández Cotelo.

Diario cultural 30-11-2023 30.11.2023

O Museo de Belas Artes da Coruña acolle a exposición “Viaxar para pintar” ata o 10 de marzo de 2024. Trátase dunha mostra que reflicte a estadía do artista en Galicia, complementada con obras de artistas galegos cos que estableceu unha relación próxima. A súa comisaria é Sonia Martínez Requena. Como cada xoves Moncho Lemos tráenos dúas estreas: ‘Oito apelidos marroquís’, de Álvaro Fernández Armero...

Diario cultural 29-11-2023 29.11.2023

O laberinto de emocións que nos trae ‘O tempo dos lagartos’. Falamos co escritor Carlos Negro sobre a súa última obra, elaborada xunto a Raquel Senra para Xerais. Con Luís Miguel Crespo rescatamos a figura de Antonio Iglesias Vilarelle. Vén de publicarse unha revisión de partituras do artista: ‘Zeltia’. Todo da man de Jose Antonio Cantal Mariño e o Consello da Cultura Galega.

Diario cultural 28-11-2023 28.11.2023

Deixounos ós 47 anos Miguel López, escritor de libros infantís, profesor e tuiteiro baixo o alcume de ‘O Hematocrítico’. Repasamos a súa figura con Fran Alonso, director de Xerais; Pablo Cruz, o seu editor de Anaya; e Javier Pedreira, creador de Microsiervos. Con Dolores Vilavedra lembramos a figura d’O Hematocrítico e falamos de teatro: ‘Síbaris’, obra póstuma de Domingo Villar para Galaxia.

Diario cultural 27-11-2023 27.11.2023

Unha exposición arredor da figura de Olga Gallego. Foi a primeira muller que entrou na Real Academia Galega como numeraria e protagoniza unha exposición no Arquivo de Galicia do Gaiás. Emilio Españadero tráenos as novidades de varios grupos: Barahúnda e o seu novo disco 'Fremosas'; Ailá, cos seus traballos 'Sansolimón' e 'Ailá de Nadal'; e Leilía e a súa despedida dos...

Diario cultural 24-11-2023 24.11.2023

O Palacio da Ópera da Coruña acolle hoxe un concerto conmemorativo polo 40º aniversario do Consello da Cultura Galega (CCG). A Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG), dirixida por Víctor Pablo Pérez, interpretará un programa no que destaca a estrea da cantata 'Terra', do compositor Juan Durán. Afonso Becerra tráenos un espazo de encontro entre propostas escénicas galegas e portuguesas en f...

Diario cultural 23-11-2023 23.11.2023

A Orquesta Clásica de Vigo organiza a terceira edición do Festival de órgano “8 pés”. Tres días nos que se pode gozar do impresionante órgano Alberdi da Colexiata de Santa María. Isabel Freire cóntanos os detalles. Esta semana Moncho Lemos tráenos dúas estreas: ‘Napoleón’, de Ridley Scott; e ‘El amor de Andrea’, de Manuel Martín Cuenca.

Diario cultural 22-11-2023 22.11.2023

A Asociación Cultural Cántigas e Frores celebra a gala do seu 75 aniversario este sábado en Lugo. Falamos co seu director artístico, Bruno Villamor, e co presentador da gala, Paco Nieto. Luz Castro avánzanos un pouco do Culturgal 2023. Haberá unha exposición interactiva e unha mostra e competición de videoxogos galegos. Entre eles: Super Woden GP (Vijuda), Avoo (Iseltec) e Grelo (Colectivo Arume).

Diario cultural 21-11-2023 21.11.2023

A Casa do Cabildo de Compostela acolle ata o próximo febreiro a mostra “Santiago proxectado, arquitecturas non construídas”, que recolle proxectos non executados na historia compostelá. Falamos co historiador e xornalista Fernando Franjo e coa historiadora da arte Ana Paula Castro. Dolores Vilavedra tráenos a obra gañadora dos XL Premios Xerais de Novela. Trátase de ‘Ninguén contará a verdade’, es...

Diario cultural 20-11-2023 20.11.2023

El Muelle 1931 é unha nova tenda de vinilos, cassettes e publicacións en papel que podemos atopar no número 57 da Rúa de San Pedro en Compostela. Pablo Iglesias e Lorena Durán son os responsables desta tenda que aposta pola cultura, pola arte, o underground, a ilustración e os fanzines e tamén por converter o espazo nun lugar de encontro e intercambio cultural que presta atención especial á produc...

Diario cultural 17-11-2023 17.11.2023

Edicións Xerais de Galicia publica un novo poemario de Lupe Gómez, que gañou o premio Manuel Lueiro Rey. Trátase de "Salón de Té". Isabel Freire conversou con ela. Afonso Becerra tráenos ‘Manuela is in da house’. Coa dirección de Fran Núñez, estreouse o pasado 10 de novembro no Teatro Sá de Miranda de Viana do Castelo (Portugal).

Diario cultural 16-11-2023 16.11.2023

Unha das chegadas a cines máis esperadas. 'O soño de sultanas', tras estrearse oficialmente en San Sebastián, chega á gran pantalla e Isabel Herguera e Paula Valiño veñen comentala. Moncho Lemos tráenos dúas estreas: ‘Que nadie duerma’, de Antonio Méndez Esparza; e ‘La ermita’, de Carlota Pereda.

Diario cultural 15-11-2023 15.11.2023

“Vigo no Tempo” é unha mostra que busca reivindidar a identidade e a cultura urbana da cidade. É a quinta entrega do proxecto “Cidades no Tempo”. Falamos co seu comisario, Manuel Gago, e co coordinador local da mostra, Manuel Bragado. Como é habitual dentro da programación de Cineuropa, a Real Filharmonía de Galicia participará tocando música de compositores de cine e poñendo tamén música a unha c...

Diario cultural 14-11-2023 14.11.2023

Gozar do Jazz e doar comida para o banco de alimentos local. Esa é a proposta do ciclo Butaca de Jazz, que cada venres deste mes de novembro na Coruña encherá de música a sala de concertos de Afundación cun fin solidario. Falamos coa produtora Inés Portela. Dolores Vilavedra tráenos a recomendación literaria da semana: 'A inmoral doutora Cons', escrita por Roberto Fernández Álvarez e edi...

Diario cultural 13-11-2023 13.11.2023

A Asociación Cultural Senunpeso, artífice de, entre outros, o Laboratorio Audiovisual de Vedra, resultou gañadora do XII Premio José Sellier. Falamos con Moisés Álvarez, membro da última directiva da asociación, xa disolta. Emilio Españadero vén con varias propostas de música en directo: A Festa do Trece, en Narón; ciclo Músicas para recrear, no Campus de Pontevedra da Uvigo; e o Festival Folk Can...

Diario cultural 10-11-2023 10.11.2023

Durante este mes celébrase na Coruña o Festival de Teatro Valacar. Organizado pola ONCE, ten como obxectivo cambiar a forma na que se percibe a arte e a integración na cidade. Falamos co director do grupo e varios actores. Hoxe Afonso Becerra tráenos ópera: 'Don Pasquale' da Asociación Amigos da Ópera de Vigo, pertencente ó seu "Outono Lírico".

Diario cultural 09-11-2023 09.11.2023

Como cada outono, o Cineuropa de Compostela enche a cidade de citas de película. Non só se trata da proxección de 115 filmes, senón de numerosas actividades paralelas, concertos, mesas redondas e obradoiros arredor do cinema. Ademais, Cineuropa premia este ano as traxectorias de Luis Zahera, Ana Torrent e Joâo Canijo. Falamos co director do festival , José Luis Sosa. Moncho Lemos tráenos dous film...

Diario cultural 08-11-2023 08.11.2023

O Museo do Gravado de Artes, no concello de Ribeira (A Coruña), ven de ser distinguiudo este ano cun dos Premios da Cultura Galega 2023. Ata alí achegouse o comañeiro Vituco Neira para conversar co seu director, Xoán Pastor Rodríguez Santamaría. Luz Castro tráenos hoxe un xogo de estratexia: 'Canción de Nunu', creado por Tequila Works. Desenvolve a historia de dúas personaxes do coñecido...

Diario cultural 07-11-2023 07.11.2023

Falamos coa gañadora do Premio Merlín de Literatura Infantil 2023 concedido por Xerais. Trátase de Leticia Barbadillo e da súa obra 'A botella de lentellas'. Dolores Vilavedra tráenos hoxe un texto teatral. Trátase da obra 'A nunca vista', escrita por Ana Abad de Larriva para a editorial Difusora e gañadora do Premio Abrente de Textos Teatrais 2022.

Diario cultural 06-11-2023 06.11.2023

As Miudiño Sessions, impulsadas pola plataforma A Regueifa 2.0, son unha serie de micronconcertos de grupos e solistas galegos en formato mínimo gravados en localizacións singulares. Noel Feáns, o seu promotor, fálanos destas sesións, feitas de xeito artesnal e sen fins comerciais. Emilio Españadero fálanos da homenaxe que se lle vai facer a Pancho Álvarez en Fene e dos novos traballos discográfic...

Listen to the Diario cultural | Mañá podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.