AGalegaAudio
Diario cultural | Mañá
As novas expresións e formatos artísticos en diálogo coa historia cultural conflúen neste espazo de información, análise e creación. O Diario Cultural é un dos programas diarios de información cultural máis veteranos da radiodifusión galega. Ademais das emisións diarias e de programas especiais e monográficos, promoveu o libro Narradio 56 historias no ar e anualmente o Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico.
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Diario cultural 18-01-2024 18.01.2024 30:57
O escultor José Antonio Ocaña presenta a exposición 'Medio século tras a a idea, Glaucón' no Centro Municipal Ángel Valente en Ourense. Na sección de voces expertas, Moncho Lemos analiza as últimas estreas cinematográficas.
Diario cultural 17-01-2024 17.01.2024 31:58
Brais Morán presenta o seu novo disco 'Revolución Chic'. No Diario Cultural facemos un percorrido pola súa traxectoria musical. Brais Morán explica que este disco é o resultado de moitas experiencias profesionais e persoais. A súa música é unha viaxe ás discotecas dos anos 70 e tamén unha visión do futuro. 'Revolución Chic' é unha aposta artística revolucionaria. Na sección de...
Diario cultural 16-01-2024 16.01.2024 30:51
O escultor vigués Jose Perozo amosa na galería coruñesa Monty4 unha serie de 19 pezas en madeira e cemento. A exposición 'Antropotectura' parte da idea de que a pel que habitamos é o noso refuxio. É unha reportaxe de Isabel Freire. Na sección de voces expertas, Dolores Vilavedra recomenda 'O paso en falso', de Abraham Pérez, publicado na editorial Galaxia.
Diario cultural 15-01-2024 15.01.2024 30:58
A Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil organiza as 'Xornadas Gálix. Desfacendo a Raia'. Nesta edición de 2024, o protagonismo é para os novos formatos de lectura. Na sección de voces expertas, Emilio Españadero presenta as últimas novidades de música de raíz.
Diario cultural 12-01-2024 12.01.2024 29:58
No Diario Cultural aprendemos a orixe e significado de palabras como Orzán ou Balaídos. Temos todas as claves con Antón Santamarina, un dos máis importantes lingüistas galegos. A Real Academia Galega ofrece na súa canle de YouTube unha nova tempada da serie audiovisual 'O seminario de onomástica responde'. Coas novas gravacións en vídeo son xa máis de 45 os episodios subidos á rede cos q...
Diario cultural 11-01-2024 11.01.2024 29:58
A artista Janet Novás protagoniza a performance 'Feelings' na Fundación Luis Seoane da Coruña. Janet Novás é un nome de referencia na danza contemporánea e, ademais, está na lista de aspirantes aos Premios Goya co seu traballo como protagonista no filme 'O Corno'. Na sección de voces expertas, Moncho Lemos comenta as últimas estreas cinematográficas: 'Honeymoon' e &#x...
Diario cultural 10-01-2024 10.01.2024 29:52
Os grandes clásicos da historia do cine proxéctanse, en versión orixinal, no Teatro Colón da Coruña, con cineastas e escritores que comentarán os filmes. Os convidados son persoeiros relevantes da cultura como Elvira Lindo, Paco Plaza ou Jaione Camborda, directora de ‘O Corno’ e recente Concha de Ouro. Na sección de voces expertas, Luís Miguel Crespo destaca a zarzuela galega ‘Miñatos de Vran’ que...
Diario cultural 09-01-2024 09.01.2024 29:58
A exposición ‘Conexións surrealistas. Colmeiro, Granell e o surrealismo no exilio’ amosa a relación e o impacto entre as obras dos pintores Manuel Colmeiro e Eugenio Granell. Ambos con traxectorias vitais marcadas polo exilio, o avance do fascismo e a persecución da cultura. Na sección de voces expertas, Dolores Vilavedra recomenda ‘Delicioso suicidio en grupo’, de Arto Paasilinna.
Diario cultural 08-01-2024 08.01.2024 28:31
Factoría de Subsistencia publica o seu novo disco ‘Respirando sempre’. O disco está formado por nove cancións, músicas atemporais que van máis alá das modas e que relatan a vida cotiá das persoas. A presentación oficial do disco será na Casa das Crechas de Compostela. Na sección de voces expertas, Emilio Españadero destaca os últimos traballos da Quenlla, Leilía e Tanxugueiras.
Diario cultural 05-01-2024 05.01.2024 29:04
A fotógrafa Sara Priego expón ‘El Barranco’ na Fundación Évame Oroza de Vigo ata o 15 de xaneiro. A mostra de fotografías en pequeno formato é unha ollada a nós mesmos a través da dor, a soidade e as ausencias. Uns sentimentos que permiten ao espectador identificarse co traballo e emocionarse. Na sección de voces expertas, Afonso Becerra analiza a relación entre a construción do xénero e a danza e...
Diario cultural 04-01-2024 04.01.2024 29:58
As artistas Iria Pinheiro e Mónica de Nut teñen novo espectáculo poético musical para este 2024. Kennebec é un proxecto innovador de música experimental e electrónica. Na sección de voces expertas, Moncho Lemos comenta as dúas últimas estreas de cine: 'Los que se quedan' e 'Yo capitán'.
Diario cultural 03-01-2024 03.01.2024 29:58
Demo Editorial publica ‘A nosa cinza’ de Xavier Alcalá nun formato novo: unha novela gráfica que amosa unha nova visión da clásica novela literaria, que é unha das pezas máis destacadas da narrativa galega. Entrevistamos a Xavier Alcalá, autor da novela orixinal; e a Manel Cráneo, autor da novela gráfica. Na segunda parte do podcast, Luz Castro repasa os gañadores dos Game Awards 2023, os galardón...
Diario cultural 02-01-2024 02.01.2024 29:27
A música clásica volve a Galicia polo Nadal. Son moitos os autores e compositores de música clásica que viven no estranxeiro. Entre eles atopamos a oboísta Iria Folgado, que reside en Berlín e acaba de presentar o seu debut discográfico ‘Ecos de Breogán’; e ao pianista Guillermo Rodríguez, que vive en Bruxelas e vai actuar no Liceo de Ourense. Na segunda parte do podcast, Dolores Vilavedra recomen...
Diario cultural 29-12-2023 29.12.2023 28:52
O compositor e pianista Alberto Vilas presenta o seu último proxecto ‘Once cancións e unha danza’, un traballo de creación a partires de pezas tradicionais interpretadas a piano polo propio Vilas. Un paseo pola banda sonora da nosa infancia que se presenta como unha evolución das raíces musicais máis populares. É unha reportaxe de Ánxela Diéguez. Na sección de voces expertas, Alfonso Becerra fai b...
Diario cultural 28-12-2023 28.12.2023 28:16
O 28 de decembro de 1923 nacía Manuel Ferrol, o fotógrafo da emigración. O seu traballo figurou nos catálogos de exposicións entre os grandes da fotografía do século XX. É unha reportaxe de Isabel Freire. Na sección de voces expertas, Moncho Lemos lembra a cineasta Patricia Ferreira, a súa vinculación con Galicia e as súas obras máis destacadas.
Diario cultural 27-12-2023 27.12.2023 27:31
O director de cine Enrique Otero explica os segredos de 'Honeymoon', un filme que se estrea o 12 de xaneiro de 2024. Na sección de voces expertas, Luís Miguel Crespo fal balace da música clásica en 2023: destaca os novos cambios nas orquestras galegas e o éxito de festivais coa música clásica como epicentro.
Diario cultural 26-12-2023 26.12.2023 29:49
O escritor Xesús Fraga publica 'Río Miño', un libro que é froito dunha viaxe pola beira do río Miño dende o seu nacemento ata a súa desembocadura. Seis meses de travesía que dan orixe a esta nova obra da literatura de viaxes. Na sección de voces expertas, Dolores Vilavedra fai balance literario de 2023. Destaca a biografía de Basilio Álvarez, asinada polo historiador Miguel Cabo e public...
Diario cultural 20-12-2023 20.12.2023 29:58
A autora preséntanos o su último poemario, unha escolma de fotopoemas editada por Xerais. Varios videoxogos premiados tráenos Luz Castro: 'Avy, Fábulas da Noite', de Gamespond; 'XERME', de Acariño Games; e 'Sea of Stars', de Sabotage Studio.
Diario cultural 19-12-2023 19.12.2023 29:58
Dolores Vilavedra tráenos a obra gañadora do Premio Torrente Ballester de Narrativa en Lingua Galega 2022: ‘Pronto hei de volver’, escrita por Amador Castro Moure para Xerais. Chegan ás librarías os primeiros títulos arredor da autora das Letras de 2024. Preséntase Luísa Villalta, alma de violino, un álbum ilustrado sobre a escritora a través das palabras que a definen. Conversamos con Beatriz Mac...
Diario cultural 18-12-2023 18.12.2023 29:57
A Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional cumpre 20 anos! Falamos con Zeltia Labraña González, unha das integrantes da asociación. Emilio Españadero tráenos varias panxoliñas para este Nadal: ‘Diante da Porta’, de Fuxan os Ventos; ‘De vila en vila’, dos Chavellos; ‘Nadal de Áurea’, de Leni Pérez e Roberto Comesaña; e ‘Aninovo de 1860’, de Ailá.
Diario cultural 15-12-2023 15.12.2023 29:57
A exposición "Tesouros Reais-Obras Mestras do Museo de Terra Santa" poderá verse na Cidade da Cultura dende marzo do 2024. Falamos con Esperanza Gigirey Liste, comisaria e directora do Museo das Peregrinacións. Afonso Becerra trata a proposta teatralmente revolucionaria ‘Desde ese silencio’, de Avelina Pérez, unha das pouquísimas pezas de teatro pos-espectacular que, até o de agora, se t...
Diario cultural 14-12-2023 14.12.2023 29:57
A Escola de Canteiros de Poio organiza as xornadas culturais "Falando Arxina". Falamos con Lucía Espiño, coordinadora da Escola de Cantería, e co artista Manolo Paz. Moncho Lemos vén con dúas estreas: 'La sociedad de la nieve', de Juan Antonio Bayona, e 'La espera', de Francisco Javier Gutiérrez.
Diario cultural 13-12-2023 13.12.2023 29:55
O Centro Sociocultural do Ensanche de Santiago de Compostela acolle unha exposición que repasa a historia dos 40 anos do Carrabuxo e de Xosé Lois González Vázquez. Luís Miguel Crespo repasa o programa 'Exsultate jubilate' da Real Filharmonía, no que aparecen as obras de Manuel Balboa ou do arxentino Osvaldo Golijov sobre o poema de Rosalía de Castro.
Diario cultural 12-12-2023 12.12.2023 29:58
O Coro da Ra celebrará o seu 30 aniversario cun concerto no Auditorio de Galicia de Santiago o vindeiro 17 de decembro. Cóntanos os detalles o director do grupo, Ramón Bermejo. Dolores Vilavedra tráenos a obra 'Retratos de vodas, partos e funerais', unha obra poética escrita por Silvia Penas e editada por Galaxia.
Diario cultural 11-12-2023 11.12.2023 29:57
Charlamos con Cris Pavón, autora de ‘Eva e Lucy’, unha historia na que ciencia e relixión se entrelazan para contar a relación entre unha filla e a súa nai, condicionada pola deterioración cognitiva desta última. Emilio Españadero aborda hoxe varias cuestións: ‘Sete’, o novo traballo discográfico de Susana Seivane, o último do grupo Encrucillada e a celebración do XVIII Festival Internacional Rebu...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.