AGalegaAudio

Diario cultural | Mañá

Society GL ↓ 429 episodes

As novas expresións e formatos artísticos en diálogo coa historia cultural conflúen neste espazo de información, análise e creación. O Diario Cultural é un dos programas diarios de información cultural máis veteranos da radiodifusión galega. Ademais das emisións diarias e de programas especiais e monográficos, promoveu o libro Narradio 56 historias no ar e anualmente o Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico.

Author

AGalegaAudio

Category

Society

Podcast website

agalegaaudio.gal

Latest episode

Jun 27, 2025

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Diario cultural 28-02-2024 28.02.2024

En Mondoñedo ten lugar a cerimonia de entrega do ´Cunqueirano de honra` a Claudio Rodríguez Fer. Begoña V´zquez fala con el e con Armando Requeixo, da organización. A nosa experta en videoxogos, Luz Castro, segue co repaso dos premios DeVuego.

Diario cultural 27-02-2024 27.02.2024

Vituco Neira achéganos a NoReM (Noites de rock e meigas) falando con María Valle, voz e percusión neste grupo de Miranda de Ebro que canta en galego. Recibimos á Dolores Vilavedra, que hoxe nos trae ´Así vou eu, formando parte` de Luisa Villalta., a quen se adica este ano o día das Letras Galegas. Esta antoloxía poética está prologada por Pilar Pallarés, cun epílogo a cargo de Eva Veiga.

Diario cultural 26-02-2024 26.02.2024

O que pode ser o xogo de taboleiro máis antigo de Europa estaba en Arzúa. O arqueólogo que dirixiu a excavación en Castro Curbín, Samuel Nión-Álvarez, cóntanos tódolos detalles deste achado, datado na Idade de Ferro. E, con Emilio Españadero, asomámonos a ´Áxúdame a sentir`, o novo disco de Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre que se presenta o venres.

Diario cultural 23-02-2024 23.02.2024

No 187 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, facémonos eco das actividades que a festexan en todo o país e falamos con María do Cebreiro Rábade Villar, codirectora da cátedra da USC sobre a poeta. Recibimos ao noso experto en artes escénicas, Afonso Becerra, para falarmos de 'PF-Site Specific 023', espectáculo de danza estreado en Vigo o pasado día 16.

Diario cultural 21-02-2024 21.02.2024

Falamos con tres finalistas para a 28 edición dos premios de teatro María Casares, a celebrar o vindeiro 21 de marzo. Son Tito Asorey (Talía Teatro), Álex Sampaio (Redrum Teatro) e Víctor Mosqueira (Producións Teatrais Excéntricas). O noso expero en música clásica, Luis Miguel Crespo, achéganos a ´Territorios de la Entropía` da Real Filharmonía de Galicia.

Diario cultural 20-02-2024 20.02.2024

Falamos con Diego Mas, codirector da segunda edición de Cinema por mulleres, na Coruña do 22 deste mes ao 9 de marzo. Dolores Vilavedra tráenos a tradución ao galego da novela gañadora do Pulitzer A cor púrpura.

Diario cultural 19-02-2024 19.02.2024

Coñecemos o libro As peregrinacións a Compostela. Mito, historia e falsidades, de Xosé Miguel Andrade. Escoitamos a Fuxan os Ventos, Carapaus, Budiño e Isidro Vidal.

Diario cultural 15-02-2024 15.02.2024

Arte de exposición con María Maquieira e o seu ´Entroido enfeitizado`na galería Visol de Ourense. Dúas estreas na carteleira: ´Priscilla`e ´Buscando a Coque`.

Diario cultural 14-02-2024 14.02.2024

Mari Pereira entrevista a Perfecto Ramos, autor do libro ´Joaquín Vaamonde Cornide`, un pintor galego con éxito internacional a finais do século XIX. Begoña Vázquez recibe á nosa experta en videoxogos, Luz Castro, que nos fala de cinco dos gañadores dos Premios DeVuego

Diario cultural 13-02-2024 13.02.2024

Anunciamos qur Eva Veiga é o premio de honra nos Mestre Mateo. Isabel Freire fala con Antón Castro, comisario da exposición pictórica ´ Barreiro, o silencio que chove luz na xanela¨. A mostra adicada ao pintor de Forcarei, José María Barreiro, está na Cidade da Cultura ata finais de abril. A nosa experta en poesía, Loli Vilavedra, fálanos da antoloxía comentada de Román Raña ´Poesía das diversidad...

Diario cultural 09-02-2024 09.02.2024

Carlos Taibo preséntanos 'O nosso Porto. Um olhar a partir de Galiza' en conversa con Mari Pereira. Begoña Vázquez recibe a Afonso Becerra, o noso experto en Artes escénicas. Dende Guimaraes cóntanos o máis salientable da 13 edición do GUIdance, o festival internacional de danza contemporánea.

Diario cultural 08-02-2024 08.02.2024

A serie Rapa, de Portocabo, opta a 16 premios Mestre Mateo e Begoña Vázquez fala co director da produtora, Alfonso Blanco. A película O Corno suma 14 nominacións e falamos coa súa directora, Jaione Camborda. Tamén con Álvaro Gago, director de Matria, que é finalista en 12 categorías. E o noso experto en cine, Moncho Lemos, cóntanos de que ven dúas estreas para esta semana; Ferrari e A cor púrpura

Diario cultural 07-02-2024 07.02.2024

Escoitamos 'Interior dun coche fúnebre', terceira das obras de ficción sonora premiadas pola Fundación SGAE e a Radio Galega na súa terceira edición. Coñecemos a Eva María Gontad, que é a súa autora. Luís Miguel Crespo, o noso experto en música clásica, recomenda o disco String Quartets from Galicia, do que escoitamos varios fragmentos.

Diario cultural 06-02-2024 06.02.2024

Begoña Vázquez fala con José Luís Baños, autor de 'Encerrado'. Esta é unha das pezas gañadoras de Escoitamos Teatro, unha iniciativa da Fundación SGAE en colaboración coa Radio Galega. Escoitámos a obra, que transcorre no ascensor dun tanatorio. A segunda proposta do programa conta coa voz experta de Dolores Vilavedra, que nos achega á tradución ao galego de Canas ao vento, de María Alon...

Diario cultural 05-02-2024 05.02.2024

Santiago Cortegoso fala das tres obras gañadoras da terceira edición de Escoitamos Teatro, unha iniciativa da SGAE, en colaboración coa Radio Galega, da que é coordinador. Escoitamos a primeira delas, Última Chamada, unha dramedia creada por francisco Manuel Peleteiro que transcorre nun aeroporto.. Emilio Españadero tráenos dúas propostas musicais: Cucos de Corcubión, de Mark Dos Santos, e A fonte...

Diario cultural 02-02-2024 02.02.2024

Begoña Vázquez fala con Antón Castro, un dos impulsores de ´Na casa deles´, unha iniciativa do grupo lugués Son de Corda que mestura voces e piano con textos de poetas lucenses coma Uxío Novoneyra ou Manuel María. A voz experta desta edición é Afonso Becerra, que nos presenta a nova compañía galega de teatro Souvenir e a súa obra ´Non é unha canción´, premiada no V Festival Pezas dun teatro do Por...

Diario cultural 01-02-2024 01.02.2024

A artista Soledad Penalta expón en Lalín, no museo Ramón María Aller, varias das súas pezas escultóricas baixo o título ´Formas e grafismos´. Moncho Lemos comenta o drama épico ´A terra prometida`, unha película dinamarquesa ambientada no século XVIII. A segunda longametraxe é unha comedia española callada de caras coñecidas. ´A raíña do convento ` é o debut coma protagonista de Mario Vaquerizo.

Diario cultural 31-01-2024 31.01.2024

Begoña Vázquez fala con Iria Aldegunde, autora da versión en banda deseñada do clásico de Neira Vilas ´Memorias dun neno labrego´e coa experta en videoxogos Luz Castro sobre a final dos premios DeVuego

Diario cultural 29-01-2024 29.01.2024

A escritora do Páramo Celia Díaz preséntanos o seu libro 'As faces do diamante', editado por Galaxia e composto por dez relatos cheos de segredos, vergoñas e decepcións. Ademais, Emilio Españadero tráenos as primeiras confirmacións do Festival de Ortigueira 2024.

Diario cultural 26-01-2024 26.01.2024

O 'Pequefilmes' dá comezo na Cidade da Cultura para entreter a todos os cativos... e non tan cativos. Conversamos co director deste festival infantil de referencia en Galicia sobre as claves e o máis destacado que poderemos ver esta finde. Afonso Becerra adica o seu espazo semanal a falarnos da publicación do número 106 da 'Erregueté', a revista de artes escénicas galega que vé...

Diario cultural 25-01-2024 25.01.2024

O Consello da Cultura Galega acaba de analizar nun informe as características arquitectónicas do fenómeno indiano. Afondamos no que define este tipo de arquitectura en Galicia e como protexela e conservala. Ademais, o noso experto Moncho Lemos vainos falar de dúas películas de estrea en cines: 'Pobres criaturas' e 'Un mal día lo tiene cualquiera'.

Diario cultural 24-01-2024 24.01.2024

Analizamos con Patricia Hermida o informe "Impacto da Industria Musical en Galicia: tendencias, retos e oportunidades", impulsado pola Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM) e realizado por un equipo de investigación da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Con Luís Miguel Crespo conversamos sobre os novos concertos da Real Filharmonía de Galicia que terán lugar en Santiag...

Diario cultural 23-01-2024 23.01.2024

O vello cárcere de Lugo acolle unha exposición de acuarelas e cadros en relevo do pintor, mestre e músico coruñés Alfonso Deus. Unha proposta de mestura da que conversa con Isabel Freire. Por outra banda, a nosa experta Dolores Vilavedra trae o segundo libro de Natalia Alonso Ramos: 'Advertencias para un traxecto boreal'.

Diario cultural 22-01-2024 22.01.2024

O escritor Francisco Coimbra publica a novela 'Unha saca de patacas', unha obra de lingua, diversidade e patrimonio. Na sección de voces expertas, Emilio Españadero analiza as novidades da música tradicional.

Diario cultural 19-01-2024 19.01.2024

A Orquestra Clásica de Vigo celebra o seu 40 aniversario neste mes de xaneiro. Facemos un percorrido pola traxectoria da Orquestra co seu director e fundador, Manuel Martínez Álvarez. Na sección de voces expertas, descubrimos as últimas novidades en artes escénicas con Afonso Becerra.

Listen to the Diario cultural | Mañá podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.