AGalegaAudio
Diario cultural | Mañá
As novas expresións e formatos artísticos en diálogo coa historia cultural conflúen neste espazo de información, análise e creación. O Diario Cultural é un dos programas diarios de información cultural máis veteranos da radiodifusión galega. Ademais das emisións diarias e de programas especiais e monográficos, promoveu o libro Narradio 56 historias no ar e anualmente o Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico.
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Diario cultural 05-04-2024 05.04.2024 28:28
Xose Antonio Touriñán continua xira por Galicia co seu monólogo 'Aquí tou!', no que realiza un percorrido polos momentos clave da súa vida, nunha mestura de realidade e ficción en clave cómica. Con el conversamos sobre o espectáculo, a súa traxectoria... e dános unha primicia sobre 'Somos criminais'! Afonso Becerra tráenos un chisco de solidariedade co 'NOSO' d'O...
Diario cultural 04-04-2024 04.04.2024 29:58
En colaboración coa Cinemateca Portuguesa, entre o 24 de abril e o 3 de mayo proxéctanse unha serie de documentais filmados nos días da revolución portuguesa. Tamén se proxectan ficcións que retratan á xente nas rúas e as manifestacións, así como o proceso de reforma agraria. Entrevista a Jaime Pena, responsable de programación.
Diario cultural 03-04-2024 03.04.2024 29:55
María Villamarín e Óscar Senra fálannos do ciclo "A aldea desmedida", organizado Numax en Santiago e comisariado por Maos Innovación Social. O que pretende é precisamente botar unha pensada a esta cidade dende distintos puntos de vista e entender o lugar que habitamos. Anton Bruckner centra os concertos desta semana da Orquestra Sinfónica de Galicia. Afondamos na vida do compositor austr...
Diario cultural 02-04-2024 02.04.2024 29:58
A Organización Internacional do Libro Xuvenil marcou o 2 de abril - co gallo do nacemento de Hans Christian Andersen -como o Día do Libro Infantil. Un día para falar de contos, novelas, poesía ou teatro para a cativada. Facémolo con Monste Pena, profesora da USC e investigadora especializada en Literatura Infantil e Xuvenil; e David Cortizo, presidente de Galix. Con elas afondamos nas reivindación...
Diario cultural 01-04-2024 01.04.2024 29:21
Co gallo do “Día das Artes Galegas 2024” deu comezo na Coruña un ciclo composto por catro conferencias dedicado ao escultor Francisco Asorey, un dos renovadores da arte galega, cunha obra espallada por toda Galicia. Nun mes moi especial para os nosos veciños portugueses Emilio Españadero tráenos as melodías e as voces de varios artistas do país luso: Espiral e "Pantagruel", Ana Moura e &...
Diario cultural 29-03-2024 29.03.2024 29:55
A mostra “A inquietude creativa” percorre 50 anos do traballo do pintor lugués Joaquín García-Gesto. Unha exposición antolóxica que se pode ver na sede de AFundación en Lugo. "Sobre" de Teatro Ensalle no comentario de artes escénicas de Afonso Becerra.
Diario cultural 27-03-2024 27.03.2024 29:13
Nun 27 de marzo de 1984, coincidindo coa celebración do Día Mundial do Teatro, anunciábase a posta en marcha por parte da Xunta de Galicia dunha compañía teatro que tería por obxectivo contribuír á normalización e regularización da actividade teatral galega. Eduardo Alonso, Fran Nuñez, Xulio Lago e Tamara Canosa falan da historia e do presente do CDG. Con Luz Castro falamos dos últimos traballos d...
Diario cultural 25-03-2024 25.03.2024 28:58
'O Corno' con 7, 'Matria' con 5 con e 'Rapa' con 3 foron as gañadoras dos premios Mestre Mateo nunha das galas máis celebradas da historia dos galardóns que convoca a Academia Galega do Audiovisual. Conversamos coa directora de 'O Corno', Jaione Camborda, a actriz María Vázquez, protagonista de 'Matria' e Alfonso Blanco, director de Portocabo, prod...
Diario cultural 22-03-2024 22.03.2024 29:36
Os Premios María Casares de Teatro que outorga a Asociación de Actores e Actrices de Galicia entregáronse onte no Rosalía da Coruña. Nunha festa chea de música e de mar, a gran triunfadora foi 'Unha inimiga do pobo', de Talía Teatro. Falamos co seu director, Tito Asorey, e coa actriz protagonista premiada: Marta Lado. Ademais, conversamos tamén con Artur Trillo e Quico Cadaval, mellor di...
Diario cultural 21-03-2024 21.03.2024 29:07
Dj Mil vén de sacar “Osos & pandeiretas”, un EP formado por seis temas nos que as músicas que conforman as súas influencias empapan cada "beat". A través dunha sesión en directo, e posterior conversa, vainos amosar as claves da súa música. Moncho Lemos tráenos as estreas da semana: 'Cazafantasmas: Imperio Helado', de Gil Kenan, e 'La familia Benetón', de Joaquín M...
Diario cultural 20-03-2024 20.03.2024 29:43
No Día da Narración Oral recibimos o chamamento dos contadores de historias que nos lembran que fabular é un impulso que sentimos os seres humanos desde que vivimos en comunidade. Diso nos fala Soledad Felloza, presidenta do colectivo Narración Oral Galega Con Luís Miguel Crespo viaxamos entre "dous continentes" na programación da Real Filharmonía de Galicia.
Diario cultural 19-03-2024 19.03.2024 29:40
The Rapants é xa todo un fenómeno no panorama musical galego. Logo dun 2023 no que percorreron as salas e os festivais de case todo o noroeste peninsular, este grupo de catro rapaces parece seguir crecendo no presente ano. As Sala Capitol colgou o "sold out" para as noites do 23 e 24 de marzo, nas que se presenta o novo traballo da banda: "La máquina del buen rollo". Conversamo...
Diario cultural 18-03-2024 18.03.2024 29:57
A exposición "Deuses e heroes do barroco veneciano", na sede Barrié na Coruña, tráenos un anaco da extraordinaria e exuberante pintura barroca que a República de Venecia empregou entre os séculos dezaseis e dezaoito para proclamar ante o mundo o seu poder e magnificiencia. Con Emilio Españadero escoitamos a Fuxan os ventos e Milladoiro, As Lembranzas, A Tajea e Encrucillada.
Diario cultural 15-03-2024 15.03.2024 27:55
Recibimos a Mamen Quintas e Cris Iglesias, produtora e actriz do filme 'Tratamos demasiado bien a las mujeres', que chega aos cines apoiada pola CRTVG. A película conta cun elenco coral que encabezan Carmen Machi e Antonio de la Torre e discorre practicamente nunha única localización: a Escola Unitaria de San Simón da Costa, en Vilalba. Afonso Becerra tráenos unha adaptación de Teatro da...
Diario cultural 14-03-2024 14.03.2024 28:04
Uns 9.300 españois, entre eles máis de 200 galegos, pasaron por campos de concentración nazis como o de Mauthausen. A historiadora Alba Garrido Fernández arroxa luz sobre as súas traxectorias no libro “De Galicia a Mauthausen”. Moncho Lemos tráenos outras dúas estreas esta semana: 'Tratamos demasiado bien a las mujeres', dirixida por Clara Bilbao, e 'The Iron Claw', de Sean Dur...
Diario cultural 13-03-2024 13.03.2024 29:51
Descubrimos a figura de Andrés Martínez Salazar, académico que sucedeu a Manuel Murguía na Real Academia Galega e dirixiu o Arquivo do Reino de Galicia. Pedro López é o autor do volume 'Andrés Martínez Salazar: aproximación bio-bibliográfica'. Con Luz Castro falamos dos traballos de varios estudos galegos: Deadvivors, de Enxebre Games, e Catechesis, de Baroque Decay Games.
Diario cultural 12-03-2024 12.03.2024 29:51
Recibimos a Eva Veiga, xornalista, escritora e actriz que vai recibir o Premio de Honra Fernando Rey nos Mestre Mateo 2024 logo dunha intensa carreira profesional. Tamén está con nós a nosa experta Dolores Vilavedra para falarnos do libro 'O legado da nena do sal', unha obra de Elena Gallego Abad editada por Xerais.
Diario cultural 11-03-2024 11.03.2024 29:57
Ata o día 12 de abril tedes a oportunidade de acudir á Sala Municipal de Exposicións de Palexco para presenciar a mostra "Antonio Palacios. El rumor de la historia". A exposición percorre a figura e traxectoria do arquitecto e urbanista galego, recoñecido como un dos profesionais máis destacados da historia da arquitectura nacional. Emilio Españadero tráenos varias novidades da música tr...
Diario cultural 08-03-2024 08.03.2024 28:58
Polo Día da Muller aproveitamos para que as editoriais galegas nos fagan as súas recomendacións literarias con motivo desta conmemoración. Libros que van dende o femnismo terapéutico a lecturas par aos máis cativos e cativas. Falamos con Paz Castro, de Kalandraka; Patricia Porto, da Libraría Lila de Lilith; e Laura Rodríguez, de Hércules Edicións. Afonso Becerra cóntanos hoxe da estrea de 'Ce...
Diario cultural 07-03-2024 07.03.2024 29:28
A mostra "A arte do exilio galego" que pode atoparse no Museo Provincial de Lugo pretende fuxir das celebracións e datas conmemorativas e poñer o foco no exilio galego e a súa influencia en arte e artistas. Aurelia Balseiro é a directora do museo. Moncho Lemos traénos dúas estreas: 'Los pequeños amores', dirixida por Celia Rico Clavellino, e 'Por tus muertos', de Saya...
Diario cultural 06-03-2024 06.03.2024 29:43
A exposición 'Lamazares. Inda é día' revisa, por primeira vez, os 50 anos da obra do artista Antón Lamazares. Unha mostra na que conviven pinturas e madeiras, campos e flores, cadaleitos e toureiros, obras de enorme tamaño, palabras, poemas... e incluso un alfabeto propio. O noso colaborador Luís Miguel Crespo adica o seu espazo no programa a falar do papel das mulleres no mundo musical,...
Diario cultural 05-03-2024 05.03.2024 29:51
Coñecemos por dentro unha empresa de Bertamiráns adicada á produción cinematográfica e de vídeo: Alfonsín Digital LAB. Son os responsables da estética final da maoría das series e filmes que se están producindo en Galicia. Dolores Vilavedra trae o libro de José Prieto 'Cinco Pseudocomedias', composto por cinco textos emparentados polo humor... sen seren cómicos.
Diario cultural 04-03-2024 04.03.2024 29:57
A Mostra de Teatro Clásico de Lugo celebra a súa vixésimo cuarta edición dende o 3 ao 17 de marzo con obras teatrais que xa triunfaron en diversos festivais de todo o Estado. A Mostra aposta tamén polas compañías galegas que están producindo obras de teatro clásico. Emilio Españadero tráenos os novos traballos de Golfiños, Encrucillada e Manseliña.
Diario cultural 01-03-2024 01.03.2024 22:16
Un total de dez películas, documentais e curtametraxes con selo galego pasarán polo Festival de Cine de Málaga, a maioría en Seccións Oficiais e boa parte delas con apoio desta casa, da CRTVG. Falamos con Pablo Dopazo director de 'O frío', e Lorena Ares, codirectora de 'Cafuné'. Afonso Becerra tráenos a estrea en galego por parte de Sarabela Teatro de 'O dragón de ouro...
Diario cultural 29-02-2024 29.02.2024 30:57
Visitamos a exposición "Oitenta e un anos e un lapis" de Siro López no Kiosco Alfonso da Coruña, que recolle o traballo do caricaturista durante os últimos 55 anos. Con Moncho Lemos coñecemos as principais novidades da carteleira: 'Dune 2', dirixida por Denis Villeneuve, e 'Dream Scenario', de Kristoffer Borgli.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.