AGalegaAudio
Diario cultural | Mañá
As novas expresións e formatos artísticos en diálogo coa historia cultural conflúen neste espazo de información, análise e creación. O Diario Cultural é un dos programas diarios de información cultural máis veteranos da radiodifusión galega. Ademais das emisións diarias e de programas especiais e monográficos, promoveu o libro Narradio 56 historias no ar e anualmente o Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico.
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Diario cultural 15-05-2024 15.05.2024 30:57
O compromiso de Luísa Villalta foi moi importante. Implicouse, estimulou a reflexión crítica, creou opinión e tomou partido. Á súa beira hai unha amiga que comparte ese cariño: a profesora, ex-deputada do BNG e escritora Pilar García Negro. Con Luís Miguel Crespo repasamos os vindeiros concertos da Real Filharmonía de Galicia e da Orquesta Sinfónica de Galicia.
Diario cultural 14-05-2024 14.05.2024 30:01
Ana Pillado é unha das fillas de Pancho Pillado, o que foi editor de Luísa Villalta, ademais do seu mentor e amigo. Uníronos a música, a literatura e o amor pola cultura galega. Isabel Freire mantivo unha conversa con ela. Con Dolores Vilavedra falamos do libro 'O incendio', de Sara Vila Alonso, gañador do último Premio Blanco Amor de novela.
Diario cultural 13-05-2024 13.05.2024 30:55
As autoras galegas acapararon a novena edición dos Premios Follas Novas do Libro Galego. Alzáronse con 10 dos 13 premios concedidos no Teatro Principal de Santiago. As premiadas quixeron reivindicar a importancia da comunidade do libro en Galicia, dende autores e autoras ata lectores, pasando por editoras e librarías. Falamos con tres das triunfadoras: Susana Sánchez Arins, Leticia Barbadillo e Si...
Diario cultural 08-05-2024 08.05.2024 30:57
Visitamos a exposición "Héctor Francesch. Colecciçon de favoritas" na Fundación Abanca en Vigo. O universo deste artista abarca dende o debuxo á pintura, pasando polas instalacións. Converte en arte obxectos que todos temos a mán, apostando por unha pintura colorista que nos remite ao pop art e ao cómic. Con Luz Castro coñecemos máis da Xornada Power Up arredor de Videoxogos Aplicados e...
Diario cultural 07-05-2024 07.05.2024 30:57
O Auditorio de Milladoiro acolle os Recoñecementos Escena Galega das Artes Escénicas que entrega a Asociación Galega de Artes Escénicas. Con eles recoñécese a profesionais, entidades, instalacións, publicacións e persoal técnico vencellado ás artes escénicas de Galicia. Entre os premiados están Títeres Cachirulo, a Revista Erregueté, Madó Santos, Ana Díaz Calvo, A Casa Vella de Amiadoso e Fátima R...
Diario cultural 06-05-2024 06.05.2024 30:52
Viaxamos á Coruña, concretamente ao Kiosko Alfonso. Alí pódese visitar ata o 21 de xullo a exposición "Peteiro", unha ampla mostra da obra do pintor coruñés Jorge Peteiro que agrupa 94 pezas que permiten obter unha ampla panorámica do artista. Pedro Vasco é un dos comisarios da exposición. Ademais, seguiremos ao cineasta pontevedrés Ángel Santos na rodaxe da súa terceira película, "...
Diario cultural 03-05-2024 03.05.2024 30:57
O Festival Pórtico do Paraíso naceu hai xa 17 anos para encher un baleiro na vida musical de Ourense. Nesta nova edición contan con grandes artistas do panorama nacional e internacional da música clásica cun novo escenario: o castelo de Castro Caldelas. Juan Enrique Miguéns é o presidente da Asociación Pórtico Musical e director artístico do encontro. Afonso Becerra vén falarnos da décima edición...
Diario cultural 02-05-2024 02.05.2024 28:16
Marchamos a Tui, onde o festival Play-Doc celebra dúas décadas buscando novas estéticas e apostando pola experimentación audiovisual. A sección oficial inclué este ano 7 películas do cine máis recente, entre eles a fita póstuma de Jean Luc Godard, "Guerras de broma". Moncho Lemos tráenos dúas estreas: o 'Garfield' de Mark Dindal e 'La casa', dirixida por Álex Montoya.
Diario cultural 01-05-2024 01.05.2024 30:57
Entrevista con Margarita Ledo polo Día das Letras Colaboración de Luis Miguel Crespo
Diario cultural 30-04-2024 30.04.2024 30:57
A exposición "Lousas dun mesmo mundo", do artista compostelán Denís Estévez, inclúe un percorrido visual e poético por un total de 20 montaxes fotográficas en branco e negro. Creadas coa técnica da colaxe, convidan ao espectador a unha dobre lectura crítica, tanto das composicións amosadas coma do mundo no que vivimos. Ademais, a nosa experta literaria Dolores Vilavedra tráenos unha obra...
Diario cultural 29-04-2024 29.04.2024 29:52
Conversamos coa cineasta Sonia Méndez sobre Luz Fandiño, falecida o pasado domingo. Referente do feminismo, muller loitadora, comunista, pobre e comprometida coas causas xustas e con Galicia. Por outra banda, celebramos o Día Internacional da Danza recibindo a Jaime Pablo, coreógrafo e director de Nova Galega de Danza; e mais a Julia Laport, que fai danza urbana e contemporánea. Ademais, Emilio Es...
Diario cultural 26-04-2024 26.04.2024 28:31
Visitamos a mostra "A táctica do colibrí" que, inspirada nos antigos gabinetes de curiosidades e galerías de pinturas, afonda no activismo educativo en defensa dos dereitos humanos. A través das experiencias de varios artistas contemporáneos, convida ao espectador a elixir o seu propio percorrido por corredores labirínticos. Falamos co seu director, Chema Mesías, e cun dos artistas parti...
Diario cultural 25-04-2024 25.04.2024 28:28
João Afonso - sobriño de Zeca Afonso - e Uxía Senlle promoven unha xira de concertos en conmemoración do 50 aniversario da Revolución dos Caraveis. Fan parada tamén en Galicia. En Santiago arredor de 1000 persoas están apuntadas para cantar o Grândola nas inmediacións do Burgo das Nacións. Moncho Lemos tráenos dúas estreas: 'O especialista', con Ryan Gosling como protagonista; e 'Ri...
Diario cultural 24-04-2024 24.04.2024 30:57
Morreu a música punk? Hai futuro? Son preguntas que responde Julen, vocalista do grupo The Eskarallas. Cunha forte pegada do punk da vella escola de Eskorbuto, Cicatriz ou La Polla Records, esta banda vén de presentar o seu primeiro disco, que xa están xirando, e no que non falta a retranca, a irreverencia e a crítica social. Con Luz Castro poñemos en primeiro plano os videoxogos, desta vez afonda...
Diario cultural 23-04-2024 23.04.2024 30:57
Pese a cambiar as formas, os soportes ou os consumos, hai algo que non cambia nunca: a sensación de salto ao baleiro cando se comeza un libro ou de melancolia cando este remata. Polo Día do Libro mantemos o foco nestes elementos de valor incalculable pero a través dun fenómemo que nos últimos anos está a experimentar un notable crecemento: o dos "bookstagamers". Facémolo da man de dúas d...
Diario cultural 22-04-2024 22.04.2024 29:22
“Agora” é o título do primeiro disco dunha nova formación chegada dende Teis: Sun Iou. O grupo mestura rock, música tradicional, punk e pop nun disco autoproducido e no que a amizade e o amor á música son o motor fundamental do proxecto. A creación musical galega do presente, retratada nun libro ilustrado. ‘Galicia Musicalidade’, do divulgador radiofónico NoelTurbulencias, recolle algúns dos nomes...
Diario cultural 19-04-2024 19.04.2024 30:57
As editorais Laiovento e Cuarto de inverno presentan as reedicións do ensaio 'O Don Hamlet de Cunqueiro: Unha ecuación teatral' e a novela 'As chaves do tempo'. Falamos da edición da obras de Luísa Villalta con Prudencio Viveiro e Andrea Jamardo. Afonso Becerra tráenos un híbrido de festival, feira e festa: o Dansa València. Na súa 37ª edición este festival quixo estreitar lazo...
Diario cultural 18-04-2024 18.04.2024 28:27
A programación do Teatro Rosalía Castro da Coruña mantén dende hai 22 anos unha atención continuada á danza. Falamos co director do Rosalía Castro, Paulo Rodríguez. Moncho Lemos tráenos as estreas da semana: a secuela '+Cuñados', dirixida por Luis Avilés coa participación da TVG; e 'Civil War', do director Alex Garland.
Diario cultural 17-04-2024 17.04.2024 30:57
Comeza en Braga o XIV Congreso da Asociación Internacional de Estudos Galegos co título Horizontes de Estudos Galegos e/na Lusofonía. Luís Miguel Crespo dános as claves do programa da Real Filharmonía para esta semana: "A cor da memoria", dirixida por Baldur Brönnimann e Wu Wei ao sheng. Composta por "Ecos vermellos", "A cor amarela para sheng e orquestra" e "O p...
Diario cultural 16-04-2024 16.04.2024 29:58
Comezan as Residencias Artísticas de Literatura e Pensamento e Música que organiza a Deputación da Coruña en Mariñán. Falamos de comisariados e proxectos con Roberto Abuín, Aitana Cuétara, Su Garrido Pombo e Carmen Marina Vidal Valiña. Dolores Vilavedra tráenos unha experiencia agrícola para animar a calquera a través de 'A noite das cebolas', unha novela de Rosa Aneiros editada por Xera...
Diario cultural 15-04-2024 15.04.2024 29:54
'A cousa eterna' é o novo libro de poemas do escritor e narrador oral. Os movementos poéticos do diafragma nun libro publicado por Apiario editora. Falamos do vindeiro concerto de Xosé Manuel Budiño no Teatro Principal de Ourense presentando o seu oitavo álbum: 'Branca vela'. Imos tamén ata Pontevedra, onde a finais de mes vai ter lugar a Aña Urbana na Praza do Concello, con gr...
Diario cultural 12-04-2024 12.04.2024 29:55
A Asociación Labra organiza en Compostela o Encontro que reúne aos profesionais da luthería galega. Falamos con Ana Fariña e Pablo Sánchez. Con Afonso Becerra abordamos as dificultades dos artistas emerxentes para facerse un oco en modalidades marxinadas como a danza contemporánea. Facémolo a través da obra 'Nova Dança', coproducida e estreada polo Teatro Diogo Bernardes.
Diario cultural 11-04-2024 11.04.2024 27:55
O Legado Berta Cáccamo doa ao Museo de Pontevedra o arquivo documental da artista. Cadernos, diarios, obxectos, correspondencia que se presentan na exposición que se inaugura no edificio Castelao. Falamos con Juan de Nieves e Xosé M Alvarez Cáccamo Lembramos a figura do director Jaime de Armiñán, falecido esta semana. Por outra banda, afondamos na última película de Benito Zambrano: 'O Salto&...
Diario cultural 10-04-2024 10.04.2024 29:51
“Tod@s abandonamos persoas e principios no camiño marcado para o éxito, para chegar”. O CDG estrea a obra central do seu 40 aniversario, Os actos e as profecías. Falamos con directora, Tamara Canosa e cunha das intérpretes, Mónica Camaño. Luz Castro explícanos en que consisten as novelas visuais, un xénero de videoxogos de aventura conversacional. "Ti Primeiro" foi a primeira novela visu...
Diario cultural 08-04-2024 08.04.2024 29:36
Boloña convértese cada primavera en espazo de encontro para os distintos ámbitos profesionais implicados no mundo do libro infantil e xuvenil. A Asociación Galega de Editoras conta cun espazo propio dentro desta Feira Internacional do Libro Infantil e Xuvenil. Falamos co seu presidente, Henrique Alvarellos, co director de Kalandraka, Xosé Antonio Ballesteros, e con Fina Casalderrey, candidata Prem...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.