AGalegaAudio
Diario cultural | Mañá
As novas expresións e formatos artísticos en diálogo coa historia cultural conflúen neste espazo de información, análise e creación. O Diario Cultural é un dos programas diarios de información cultural máis veteranos da radiodifusión galega. Ademais das emisións diarias e de programas especiais e monográficos, promoveu o libro Narradio 56 historias no ar e anualmente o Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico.
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Diario cultural 21-06-2024 21.06.2024 30:57
"O que non se escribe" é o paraugas que acubilla diferentes propostas artísticas relacionadas coa música, coma unPaseo Sonoro na zona vella de Santiago ou o concerto, mañá no Principal, de Sús e Mel. Afonso Becerra fálanos de Álvaro Reboredo e a súa compañía de circo novo IO
Diario cultural 20-06-2024 20.06.2024 30:57
As traballadoras que escavaron o Dique da Campa de Ferrol protagonizan o novo espectáculo de Nova Galega de Danza. E estreas de cine con Moncho Lemos Estrea en Santiago de Dique. A coprodución de Nova Galega de Danza co Centro Coregráfico conta coa dirección de Marta Pazos: “Para min cada proceso ten que ser un espazo de transformación”. Moncho Lemos tráenos Del revés 2 e Alumbramiento, xa en cine...
Diario cultural 19-06-2024 19.06.2024 31:46
A familia de Enrique Macías deposita na USC o arquivo do compositor para o seu estudo e divulgación. E Luz Castro despide tempada de vídeoxogos con Xerme Partituras, programas, cintas magnetofónicas...o arquivo de Macías será custodiado na Universidade de Santiago.“Como moitos artistas galegos é máis descoñecido na nosa terra que fóra”. E Luz Castro fala de Xerme no peche da tempada.
Diario cultural 18-06-2024 18.06.2024 30:57
O novo libro de poemas de Rosalía Fernández Rial perfila un punto de inflexión na súa poética. E Dolores Vilavedra despide tempada con O nadador De centeo e durmideiras preséntase nunha edición bilingüe do selo Cuatro Lunas . “A forma é a escultura da poesía mesma”. E Dolores Vilavedra despide tempada cos contos de John Cheever
Diario cultural 17-06-2024 17.06.2024 30:57
“Basal non é un disco máis”. O novo traballo de A Pedreira está ideado dende a casa familiar. Falamos do novo disco de Ugia Pedreira. Basal son 9 temas que a compositora crea inspirados no don auditivo e escoita da súa filla. Ranchera, hard-cord, blues, ritmos latinoamericanos, rock... un traballo que explora moitos xéneros: “Esta liberdade tamén se paga pero a vivo tamén dunha maneira plena”. Emi...
Diario cultural 14-06-2024 14.06.2024 30:57
Falamos co arquitecto Ricardo Varela, experto na materia, dos xardíns históricos que hai en Galicia. Son coñecidos? Corren perigo? Atopar a mesura na danza, da bailarina e coreógrafa Raquel Ferradás. Ás 20h en Xunqueira de Espadanedo
Diario cultural 13-06-2024 13.06.2024 30:57
40 anos de Crime en Compostela. A SELIC organiza un roteiro literario polas rúas de Santiago onde transcorre a novela de Carlos Reigosa. Unha reportaxe de Vituco Neira La bandera e Sleeping dogs chegan aos cines esta fin de semana
Diario cultural 12-06-2024 12.06.2024 30:57
25 aniversario do Dicionario dos seres míticos galegos. Falamos con Xosé Miranda, un dos seus autores. Con Luís Miguel Crespo repasamos os concertos sinfónicos que quedan para o remate da tempada.
Diario cultural 11-06-2024 11.06.2024 30:57
O escritor na súa terra festexa este sábado en Compostela a Euloxio Ruibal, que sementará en Galeras unha abeleira. Con el falamos. Dolores Vilavedra recoméndanos hoxe Un anarquista, de Diego Ameixiras.
Diario cultural 10-06-2024 10.06.2024 30:57
Con música, baile e palabra o Consello da Cultura Galega (CCG), o Museo do Pobo Galego e o Instituto da Lingua Galega da USC (ILG-USC) celebran o mércores vindeiro un acto de homenaxe para lembrar a figura de Dorothé Schubarth. Emilio Españadero adiántanos parte do programa da Festa da Carballeira de Zas, que o 9 de agosto arranca a súa 39 edición
Diario cultural 07-06-2024 07.06.2024 30:57
Rotas, de Montse Fajardo, é un estudo arrepiante e imprescindible sobre as mulleres internadas no psiquiátrico de Conxo durante a ditadura franquista. Afonso Becerra fálanos de ´Metodoloxías carroñeras para corpos invertidos`.
Diario cultural 06-06-2024 06.06.2024 30:55
Viaxamos con Vituco Neira ata a Casa da Matanza para falar con Chus Pato, Bernardo Atxaga e Andrea Núñez da nova edición de ´Rosalía en camiño`. Dende hoxe ata o sábado. Moncho Lemos tráenos dúas de acción/comedia para ver comendo flocos de millo: ´Asesino por casualidad`e ´Dos policías rebeldes 4`.
Diario cultural 05-06-2024 05.06.2024 30:57
Falamos con Héctor Pose da súa última novela"Corpos no mar". E con Luz Castro coñecemos tres videoxogos que comparten o obxectivo de defender o medio natural
Diario cultural 04-06-2024 04.06.2024 30:57
Entramos con Vituco Neira nas xornadas de cine escolar que se desenvolven na Domus da Coruña no maro do S8. E con Dolores Vilavedra coñecemos Á viaxe de meu pai`, d Fernando Pereira. O libro recolle as notas e cartas reais do seu proxenitor nos dous últimos anos da guerra civil.
Diario cultural 03-06-2024 03.06.2024 30:55
Achegámonos coa investigadora Marieta Lorenzo á figura da gran soprano coruñesa María Luísa Nache no centenario do seu nacemento. E con Emilio Españadero propoñemovos A Verbena do Rella, este sábado en Ramirás
Diario cultural 31-05-2024 31.05.2024 30:57
Afonso Becerra fai balance da Galicia Escena Pro, da que salienta as propostas de danza. Falamos cos Moura do seu novo EP ´Fume santo de loureiro`
Diario cultural 30-05-2024 30.05.2024 30:04
´Outra historia é posible` : Unha mostra no Gaiás reivindica seis artistas galegas que despuntaron nos 80’s pero non gozaron da visibilidade merecida debido aos condicionantes de xénero. Moncho Lemos fálanos de dúas estreas: Back to black e La mujer dormida
Diario cultural 29-05-2024 29.05.2024 30:57
Falamos cos programadores culturais de Outes e A Guarda, que están a tomar parte na feira Galicia Escena Pro. Luís Miguel Crespo tráenos A mansión dos anxos
Diario Cultural 28-05-2024 28.05.2024 29:42
Falamos con Eupropio Rodríguez e Fernando Reyes do libro fotodocumental Viva! Os Xenerais da Ulla. A nosa experta en Literatura, Dolores Vilavedra, tráenos ´A fuxida`, de Cristina Rey Vázquez
Diario cultural 24-05-2024 24.05.2024 28:39
O Festival de Cans é esa versión rural, divertida e moito menos comercial que do festival de cine francés. Na vixésimo primeira edición pasarán polo Porriño David Trueba, María Vázquez e moitas outras personalidades do audiovisual. Falamos co director do festival, Alfonso Pato. Afonso Becerra tráenos a última montaxe do Centro Dramático Galego: "Os actos e as profecías".
Diario cultural 23-05-2024 23.05.2024 30:57
Falamos coa viguesa Ledicia Costas, que está presentando o seu último libro 'Pel de cordeiro', unha novela para a adultos na que mandan as bruxas de todo tipo, desde as que perseguiron durante a Inquisición ás que teñen consultas nos nosos días. Con Moncho Lemos repasamos as novidades da carteleira: 'Furiosa', de George Miller; e 'Segundo premio', de Isaki Lacuesta e...
Diario cultural 22-05-2024 22.05.2024 30:57
Viaxamos ata o conxunto arqueolóxico de Santalla de Bóveda. As modernas técnicas de investigación están proporcionando novas vías para entender un monumento que, até o de agora, era un dos grandes misterios do pasado romano en Galicia. Con Luz Castro analizamos nesta ocasión a presencia do galego no sector dos videoxogos.
Diario cultural 21-05-2024 21.05.2024 28:22
Regresamos ás pinturas da viguesa Menchu Lamas, a precursora que nos anos 80 estableceu os primeiros lazos entre modernidade e tradición, entre o abstracto e o figurativo. A galería Luisa Pita de Santiago acolle unha escolma de obras de Menchu Lamas dos últimos 5 anos. Cadros de grandes formatos nos que as formas circulares e a pulsión xeométrica volven adquirir protagonismo. Con Dolores Vilavedra...
Diario cultural 20-05-2024 20.05.2024 30:57
Imos somerxernos no fondo do mar para descubrir bosques de algas a través da mostra "Retrato dun bosque de laminarias", da artista viguesa Elena Alonso. Unha exposición na que combina pinturas coloristas, vídeo e realidade aumentada para poñer en valor estes ecosistemas mariños e concienciar sobre a súa conservación. Con Emilio Españadero repasamos os principais premiados dos Premios Mar...
Diario cultural 16-05-2024 16.05.2024 29:22
Co profesor e especialista en teatro galego Henrique Rabuñal analizamos a actividade teatral de Luísa Villalta. Escribiu cinco obras e deixou algún material inédito. Con Moncho Lemos repasamos as principais novidades da carteleira: 'Disco, Ibiza, Locomía, dirixida por Kike Maíllo; e 'Calladita', de Miguel Faus.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.