AGalegaAudio
Diario cultural | Mañá
As novas expresións e formatos artísticos en diálogo coa historia cultural conflúen neste espazo de información, análise e creación. O Diario Cultural é un dos programas diarios de información cultural máis veteranos da radiodifusión galega. Ademais das emisións diarias e de programas especiais e monográficos, promoveu o libro Narradio 56 historias no ar e anualmente o Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico.
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Diario cultural 30-07-2024 30.07.2024 30:57
Falamos con Henrique Alvarellos da venda de libros, a raíz dun informe publicado pola Federación de Gremios de Editores de España. Co historiador Miguel García-Fernández rescatamos do esquecemento a dúas raíñas que están no Panteón Rexio da Catedral de Santiago: Xoana de Castro e dona Berenguela de Barcelona.
Diario cultural 25-07-2024 25.07.2024 31:27
A tradición dos cabezudos e as estreas da semana con Moncho Lemos.
Diario cultural 24-07-2024 24.07.2024 30:57
A xente do mar rende homenaxe a Rosalía de Castro na Inchadiña Branca Vela, unha iniciativa que lembra uns versos da súa obra “Cantares galegos”. Conversamos co presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, sobre esta navegación de dornas, gamelas ou galeóns polos ríos Ulla e Sar dende o porto de Rianxo. Unha festa, que cumpre 11 anos, para disfrutar e compartir O noso experto en músic...
Diario cultural 23-07-2024 23.07.2024 30:57
En véspera dos Xogos Olímpicos, o escritor Manuel de Castro publica “A historia non contada de Jesse Owens e Luz Long”. O libro narra o papel de Owen, un atleta estadounidense negro, que foi quen de obter 4 medallas de ouro grazas a axuda de Long, un deportista de raza aria que era o orgullo do rexime de Hitler. Conversamos con Manuel de Castro sobre os dous atletas protagonistas, da súa historia...
Diario cultural 22-07-2024 22.07.2024 30:57
A nosa plataforma AGALEGA.GAL emite a webserie "San Simón, a colonia penitenciaria", que afonda no tráxico pasado desta illa como un dos maiores campos de concentración e exterminio de presos republicanos tras o golpe de Estado protagonizado por Franco. 6.000 presos pasaron por esta colonia; moitos deles desapareceron. Conversamos co director Miguel Ángel Delgado, e con Andrea Vázquez, d...
Diario cultural 19-07-2024 19.07.2024 30:57
O mundo da cultura despide a Xavier Deive, un actor curtido no teatro, no cine e nas series de televisión. O seu amigo e compañeiro de profesión Luís Iglesia lembra a personalidade, o traballo e a traxectoria dun interprete que pasou polas series máis importantes da TVG. O Atlántic Fest reúne esta fin de semana en Vilagarcía a músicos internacionais, como Mika, grupos consagrados, como Los Planeta...
Diario cultural 18-07-2024 18.07.2024 30:57
Setestrelo é un grupo de teatro integrado por persoas cegas ou con grandes dificultades de visión. A compañía preséntase en Vigo coa obra “Arroutada”, unha comedia irreverente adaptación dunha obra de Max Aub. Conversamos sobre este proxecto coa súa directora, Mónica Sueiro, e un dos actores, Rogelio Estévez. Chega á carteleira a cuarta entrega da saga “Padre no hay más que uno” de Santiago Segura...
Diario cultural 17-07-2024 17.07.2024 30:57
“Pausa” é o último disco do jazzista galego Hilario Rodeiro, afincado en Euskadi dende hai 20 anos. Coñecemos a súa traxectoria como compositor, o seu traballo con distintas bandas e as inquedanzas que o levan a moverse entre o jazz, o pop, a música de cámara, a electrónica e o sons experimentais. Novo ciclo “Novas músicas” en Lugo. Darío Real, membro da directiva de Teleclube, organizadora do eve...
Diario cultural 16-07-2024 16.07.2024 30:57
“GEAS Mulleres que estudan a Terra”, no MUNCYT da Coruña, descobre a 12 mulleres que avanzaron no coñecemento da ciencia retando á sociedade da súa época. Conversamos con Ana Ruiz, unha das responsables da mostra, sobre estas mulleres, sobre as súas aportacións ó coñecemento da Terra, que quedaron silenciadas. Titirivedra converte a Pontevedra na capital dos títeres. Espectáculos para tódolos públ...
Diario cultural 15-07-2024 15.07.2024 30:57
“Papagallo” plasma en versos e fotografías a metamorfose do barrio coruñés. Coincidindo co 67 aniversario do nacemento de Luísa Villalta, a editorial Kalandraka reedita un libro que naceu da comunión da súa poesía coas fotografías de Maribel Longueira, coa que falamos. Descubrimos a historia, os tesouros e as lendas de Torre da Barreira Sole Feilloza lévanos ata este lugar de Riobó, no concello da...
Diario cultural 12-07-2024 12.07.2024 30:57
“Identidade, memoria histórica e movementos sociais” Luis Seoane volve exhibirse na Fundación homónima logo de tres anos de obras no edificio coruñés. Son 50 obras entre óleos, gravados, debuxos e produción editorial. Falamos con Silvia Longueira, comisaria da exposición que estará aberta ao público durante un ano. Afonso Becerra está en Portugal seguindo o Festival ALMADA, que o domingo acollerá...
Diario cultural 11-07-2024 11.07.2024 30:57
A exposición "Unha vida viquinga", na Cidade da Cultura, agrupa 120 pezas arqueolóxicas únicas chegadas de Suecia, Dinamarca e Francia... e unha barca viquinga de 17 metros! A mostra pretende achegar unha visión máis rica e veraz sobre a cultura viquinga, cuestionando todos os clichés. Tempo para as estreas con Moncho Lemos... con aromas a Frank Sinatra: "Fly me to the moon", p...
Diario cultural 10-07-2024 10.07.2024 30:57
Mañá comeza o Festival Internacional de Música Celta. Emilio Españadero, director de ‘Lume na Palleira” debulla o programa con Bruno Lozano, o presidente da Escola de Gaitas de Ortigueira. De Baiuca a De ninghures. Carlos Crespo fálanos dos grupos que están renovando a música tradicional galega mesturándoa coa electrónica.
Diario cultural 09-07-2024 09.07.2024 30:57
“Esgotadas as prazas para tomar parte na Semana do Patrimonio Invisible en Pontevedra en apenas 4 minutos”. Manuel Rial, o seu coordinador, debulla connosco os seis lugares pechados ao público que visitarán nesta cuarta edición. Miguel García-Fernández achéganos a figura de Xoana Vázquez das Seixas, unha muller empoderada na Galicia medieval de finais do século XIV
Diario cultural 08-07-2024 08.07.2024 30:57
Xa está en marcha o Atlantic Pride na capital herculina. Falamos con César Pérez, codirector, desta cita do Orgullo Norte que se alonga toda a semana. Con Soledad Felloza percorremos a ruta dos carpinteiros cos pés mollados, en Serra de Outes
Diario cultural 05-07-2024 05.07.2024 30:57
Esta mañá bota a andar na USC a cátedra institucional Rosalía de Castro. Falamos coa súa codirectora, Mª do Cebreiro Rábade Villar. Axenda don día con Vituco Neira. Afonso Becerra tráenos Dique, de Nova Galega de Danza
Diario cultural 04-07-2024 04.07.2024 30:57
A Coruña acolle dende hoxe a 22 edición do congreso internacional Mundos Dixitais, desta volta centrado na Intelixencia Artificial. Falamos co seu director, Manuel Meijide, e con Jorge Morais, finalista no festival de animación que alberga esta cita. Axenda con Ana Romaní. Moncho Lemos tráenos dúas estreas de cine español: Mala persona e El bus de la vida
Diario cultural 03-07-2024 03.07.2024 30:57
Esta noite faleceu aos 82 anos o historiador, ensaísta, profesor e articulista Justo Beramendi. Ana Romaní traza o seu perfil e falamos del con Ramón Villares, Luís Álvarez Pousa e Concha Losada. E co noso experto musical, Carlos Crespo, escoitamos a grupos e proxectos que este ano anunciaron desspedida, coma Leilía
Diario cultural 02-07-2024 02.07.2024 30:57
A Fundación Pazos Cuchillo en Oza-Cesuras abre a exposición «Suplantación». Axenda con Ana Romaní. Tito Asorey e Vanesa Martínez Sotelo quedaron finalistas do premio á Mellor adaptación ou versión de obra teatral na XXVII edición dos Max, por Unha inimiga do pobo, de Ibsen. Falamos co ourensán. As mulleres da Idade Media en Galicia fronte aos malos casamentos: denuncias, fuxidas, infelicidade e mo...
Diario cultural 01-07-2024 01.07.2024 30:57
Falamos coa directora luguesa Olga Osorio da rodaxe da súa nova película en Elciego. El secreto del orfebre, con Mario Casas e Michelle Jenner, adapta a novela do mesmo título de Elia Barceló. Axenda do día con Ana Romaní. Soledad Felloza cóntanos Vilar de Donas co gallo do 800 aniversario da igrexa lucense
Diario cultural 28-06-2024 Video 28.06.2024 30:57
Achegámonos ao deseño galego, premiado en varios certames ao longo deste mes de xuño, na reportaxe de Ana Romaní. E celebramos o Orgullo con Afonso Becerra e "Blondi"
Diario cultural 27-06-2024 27.06.2024 30:57
Falamos coa pregoeira da 41 edición da Mostra de Teatro de Cangas, Patricia Vázquez, e coa súa directora artística, María Armesto. A axenda do día, con Ana Romaní. Moncho Lemos tráenos dúas novidades na carteleira: Casa en llamas, de Dani de la Orden, e *Kind of kindness, de Yorgos Lanthimos
Diario cultural 26-06-2024 26.06.2024 30:57
Falamos con Esteban Girón, director de comunicación do Resurrection Fest, consolidado coma referente internacional e que abre hoxe as súas portas en Viveiro. Ana Romaní tráenos a axenda do día e o noso novo colaborador, Carlos Crespo, dará conta de novos proxectos musicais conformados por artistas galegos que xa teñen os seus propios grupos.
Diario cultural 25-06-2024 25.06.2024 30:57
Aproveitando o verán haberá unha nova campaña no xacemento arqueolóxico AQUIS QUERQUENNIS, na localidade ourensá de Baños de Bande. Queren completar a escavación deste campamento militar romano, de 25.000 metros cadrados, que chegou a acoller 600 soldados. Desta volta hanse centrar no pretorium, a residencia do mando superior da unidade. Ana Romaní debulla a axenda do día e o noso novo colaborador...
Diario cultural 24-06-2024 24.06.2024 30:57
-Falamos co antropólogo José Fuentes Alende do seu novo libro, publicado pola Deputación de Pontevedra, Los exvotos en Galicia. Trátase dun amplo estudo en dous volumes sobre exvotos de diferentes tipos coma os de cera, as maquetas ou os cuadros votivos. -Axenda do día con Ana Romaní, -Soledad FELLOZA fálanos de patrimonio, lendas e tradicións.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.