AGalegaAudio

Diario cultural | Mañá

Society GL ↓ 429 episodes

As novas expresións e formatos artísticos en diálogo coa historia cultural conflúen neste espazo de información, análise e creación. O Diario Cultural é un dos programas diarios de información cultural máis veteranos da radiodifusión galega. Ademais das emisións diarias e de programas especiais e monográficos, promoveu o libro Narradio 56 historias no ar e anualmente o Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico.

Author

AGalegaAudio

Category

Society

Podcast website

agalegaaudio.gal

Latest episode

Jun 27, 2025

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Diario cultural 03-11-2023 03.11.2023

Sabías que 2 de cada 3 topónimos que hai en España están en Galicia? A sexta edición de 'Toponimízate' busca recuperar os topónimos que dan nome ós nosos territorios. Falamos con Vicente Feijóo e Nicanor Palomares, de Galicia Nomeada. Afonso Becerra fálanos de ‘Berro’. Trátase da peza coa que Nova Galega de Danza celebra o seu 20 aniversario.

Diario cultural 02-11-2023 02.11.2023

Ignacio Vilar e Manolo González divulgan por toda Galicia a figura do cineasta pioneiro José Gil por medio dun cinemóbil. Hoxe están no Grove e ata alí vamos. Moncho Lemos fálanos de ‘Saben aquell’ (David Trueba), sobre a figura do humorista Eugenio; e ‘Juniper’ (Matthew J. Saville), protagonizada por Charlotte Rampling.

Diario cultural 01-11-2023 01.11.2023

O Outono Códax Festival chega a Compostela do 3 ao 25 de novembro para encher de música a capital galega na súa decimo terceira edición. Falamos con Fran Villasenín, responsable do festival. Luís Miguel Crespo vén falarnos dos resultados do Certame Galego de Bandas de Música, do último concerto da Real Filharmonía e do Outono Lírico que se celebra en Vigo.

Diario cultural 31-10-2023 31.10.2023

Vámonos ata Coruña con Tono Galán. A expo 'Non finito' de Tono Galán no Quiosco Alfonso da Coruña repasa os 30 anos da súa traxectoria como debuxante, pintor e escultor. No apartado literario, Dolores Vilavedra fálanos de 'Unha saca de patacas', obra de Francisco Coimbra publicada por Xerais.

Diario cultural 30-10-2023 30.10.2023

Semana de medo en Vilagarcía. Celébrase o Festival do Imaxinario Curtas, centrado no cine fantástico. Serán proxectadas 23 longametraxes e 95 curtas. Falamos co director do festival, Luis Miguel Rosales. Falamos de varios traballos: ‘Esterco’ de Temible Olivina; ‘Mentres todos os meus libros arden’, de Fanny & Alexander; ‘Hoxe o sol brilla por nós’, de Os Bar Ban Sónicos; e ‘Guayakill’, de The...

Diario cultural 27-10-2023 27.10.2023

Conmemoramos os 40 anos dos Premios Xerais con dous convidados: Fran Alonso, director de Xerais; e Carlos G. Reigosa, primeiro premiado da historia con Crime en Compostela (1984). Afonso Becerra preséntanos algo diferente... circo! Nada máis e nada menos que o espectáculo "Isolada" da pallasa Natalia Outeiro 'Pajarito'.

Diario cultural 26-10-2023 26.10.2023

Arranca Womex na Coruña. Está considerado como o encontro musical máis internacional e diverso do mundo. Desprazámonos ata alí para falar con Victor Bello, de Nordesia, e Carlos Seixas, do Festival de Músicas do Mundo de Sines. No relativo á gran pantalla, Moncho Lemos vén falarnos de dúas películas: 'Alimañas', de Jordi Sánchez e Pep Antón Gómez; e 'A contadora de películas',...

Diario cultural 25-10-2023 25.10.2023

O guionista Óscar Cruz pasouse a falar da serie en galego 'A arte de ser un mal pai', que pode verse en Filmin grazas á selección oficial no Festival Serielizados de Barcelona e Madrid. A nosa experta en videoxogos, Luz Castro, tráenos dous produtos da empresa Fictiorama: The Fabulous Fear Machine e Do Not Feed the Monkeys.

Diario cultural 24-10-2023 24.10.2023

Este luns arrancou a Semana de Cine Euroárabe Amal 2023 co foco no conflito entre Israel e Hamás. Desenvolverase no Teatro Principal de Compostela. Charlamos das súas claves co seu director, Ghaleb Jaber. Con Dolores Vilavedra falamos do libro 'Hotel Carioca', de Antón Riveiro Coello. Galardonado co I Premio Álvaro Cunqueiro de Novela 2022, foi editado por Galaxia.

Diario cultural 23-10-2023 23.10.2023

Nunha histórica xuntanza celebrada o 12 de outubro de 1923 en Ortoño acordouse a creación do Seminario de Estudos Galegos no que axiña se integraron moitos dos intelectuais galeguistas que se movían arredor da revista Nós. Agora, entre os actos da celeración do centenario, unha exposición achéganos unha perspectiva diferente daquela institución cultural. Emilio Españadero fálanos da visita de Yoko...

Diario cultural 20-10-2023 20.10.2023

Caamaño&Ameixeiras veñen ó noso estudo para presentar o seu último disco: "Quitar o Aire". Unha visita de verdadeiro luxo. Afonso Becerra preséntanos unha exposición sobre os dez anos do grupo de teatro EU.EXPERIMENTO do Camoes de Vigo.

Diario cultural 19-10-2023 19.10.2023

En outubro chega a librarías a versión estendida de "Ultraluz", de Ledicia Costas, Premio Afundación de poesía con Xerais. O 20 de outubro chega tamén aos escenarios na Cidade da Cultura, coa música de Amaro Ferreiro e Sergio M. Puga. O máis destacado da carteleira cinematográfica vén da man de Begoña Vázquez, que nos presenta 'Os asasinos da lúa', 'O reino animal' e...

Diario cultural 18-10-2023 18.10.2023

O documental 'O médico dos pobres' ten prevista a súa estrea para o 15 de outubro na cidade de Lugo e despois por toda a provincia da Coruña e Lugo no mes de novembro e decembro. Recolle a historia de Manuel Díaz, falecido en setembro do 1936 a man de falanxistas. Falamos co seu director, Federico Rioboo. O noso experto en música clásica tráenos as 'Migracións' da Real Filharmo...

Diario cultural 17-10-2023 17.10.2023

Comeza na Coruña o VI Festival Internacional de Cine Intersección, con proxección, mostras e outras actividades que poderán visitarse do 17 ao 22 de outubro. Para entender as súas claves charlamos co seu director, Gonzalo Veloso. No apartado literario, Dolores Vilavedra tráenos unha obra galardonada co Premio Fiz Vergara Vilariño. Trátase de 'Diarios/1 [Azul Monforte]', escrita por Antón...

Diario cultural 13-10-2023 13.10.2023

Unha historia arredor da discriminación e o acoso escolar. Niso consiste a obra que Redrum Teatro estrea hoxe no Fiot de Carballo. Chámase 'O pequeno poni' e está dirixida por Álex Sampayo. Charlamos arredor das súas claves cos seus protagonistas, Laura Míguez e Guille Carbajo. Sen baixar do escenario, Afonso Becerra 'A tempestade', unha das últimas pezas de William Shakespeare...

Diario cultural 12-10-2023 12.10.2023

A editorial Xerais completa a edición da obra poética de Rosalia de Castro co volume La flor, A mi madre, poesía dispersa e traducións. Un proxecto con edicion critica de Anxo Angueira. Con el charlamos. Sentados na butaca escoitamos a Begoña Vázquez, que nos presenta as principais estreas da semana: 'O Corno', de Jaione Camborda; 'Me he hecho viral', de Jorge Coira; e 'Al...

Diario cultural 11-10-2023 11.10.2023

Nesta primeira Residencia FICBUEU, que terá lugar do 9 ao 15 de outubro en Ons, son catro os proxectos seleccionados de entre os 122 que se recibiron dende todo o territorio español, un tercio deles dende Galicia. A titora será Isabel Peña (Zaragoza, 1983), guionista de películas coma As bestas ou El reino –coas que gañou sendos Goyas–, Stockholm, ou Que Dios nos perdone y de series coma Antidistu...

Diario cultural 10-10-2023 10.10.2023

Aritmar celebra no Auditorio de Galicia unha gala para premiar a música e a poesía galega e portugesa. Arancha Nogueira, Isabel Fidalgo, Fillas de Cassandra, Retimbrar e a Associaçom José Afonso compoñen o cartel de galardonadas. Charlamos coas poetisas. Sempre hai un oco para ler. Dolores Vilavedra preséntanos a antoloxía de relatos LGBTIQA+ 'Alguén nos lembrará', coordinada por Nee Bar...

Diario cultural 06-10-2023 06.10.2023

Un paseo por máis de 400 anos para a reflexión. Niso consiste a obra 'Deiche os ollos e miraches as tebras' que Irene Solà vén presentar ó Diario Cultural. Acompáñanos tamén a súa tradutora ó galego, María Alonso, da man de Kalandraka. Abrése ademais o telón para que Afonso Becerra nos fale de 'Roméo et Juliette', adaptación da obra de William Shakespeare no marco da 71ª Tempor...

Diario cultural 05-10-2023 05.10.2023

O documental “O Camiño de Ramón Chao” preséntase estes días no Ourense Film Festival. Aborda a traxectoria do xornalista e escritor Ramón Chao e o seu intese pola figura histórica de Prisciliano. Charlamos del co seu director, Aser Álvarez. Repasando a carteleira, Begoña Vázquez tráenos 'Chinas', de Arantxa Echevarría; 'O exorcista: crente', de David Gordon; e Dispararon ó pian...

Diario cultural 04-10-2023 04.10.2023

A cousa vai de resvistas culturais. A directora Beatriz López fálanos da súa 'MujerArt' e da visibilización da arte en feminino. mentres que Tamara Novoa celebra con nós os cinco anos de vida de 'A Movida', a axenda cultural e de ocio en Vigo. O noso experto Luís Miguel Crespo fálanos das claves da nova tempada da Real Filharmonía. Chámase 'Migracións' e será a primei...

Diario cultural 03-10-2023 03.10.2023

Unha historia arredor da intersexualidade. 'Run Baby Run' estréase no Salón Teatro de Compostela os días 6, 7 e 8 de outubro. Trátase dunha historia arredor da intersexualidade da que charlamos con Fátima Delgado, autora do texto, e Jana Pacheco, directora da obra. Dolores Vilavedra mergúllanos en 'Coímbra', unha novela autorreferencial de Xosé De Cea que aborda a emigración ga...

Diario cultural 02-10-2023 02.10.2023

O Corno, película dirixida por Jaione Camborda, resultou premiada no Festival Internacional de Cine de Donostia. Supón a primeira victoria dun filme galego (en galego) no circuíto de festivais máis relevantes do panorama internacional. Do seu éxito charlamos coa súa actriz protagonista, Janet Novás. O Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo abrirá o seu Programa de sala coa estrea abso...

Diario cultural 29-09-2023 29.09.2023

O Centro Galego de Arte Contemporánea convídanos a celebrar os seus primeiros trinta anos de vida en Compostela. E faino con dúas exposicións e diversas actuacións que inclúen un espectáculo de danza vertical. Charlamos do seu aniversario co seu director, Santiago Olmo, e co artista Antón Pulido. O movemento rápido dun remuíño de auga ou de aire, un vórtice, dá nome a unha nova compañía de teatro:...

Diario cultural 28-09-2023 28.09.2023

É un dos artistas galegos con maior proxección e máis destacados do ano. Mondra visita o estudo do Diario Cultural para falarnos do seu novo disco: 'Ardén'. Nel incorpora ás voces dalgunhas das artistas máis salientables do panorama galego. Tempo para o cine: o noso experto Moncho Lemos tráenos dous filmes dirixidos por dous emblemas da arte cinematográfica. Víctor Erice estrea 'Cer...

Listen to the Diario cultural | Mañá podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.