COMER E FALAR
COMER E FALAR TODO É COMEZAR-SI RADIO GALICIA
Programa sobre Gastronomía galega emitido durante 8 anos na Radio Galega, que se manterá vivo como mínimo nas redes. Despois dun ano, voltamos a estar no aire, agora en SI RADIO GALICIA. Un percorrido por todo o que ten que ver co mundo da gastronomía, do viño, productores, chefs, sen perder nunca de vista algo que nos fai o que somos, a tradición. Pero por riba de todo, as persoas que estan detras deses proxectos, que son os que fan posible as historias que contamos.
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
COMER E FALAR SI RADIO 05_08_2018 08.08.2018 52:00
Nesta ocasión falamos con Pablo Pizarro sobre o 4º aniversario do Bocanegra Coruña. Tamén falamos con chef Diego López de La Molinera de Lalín e o proxecto conxunto con Robustiano Fariña no Penaguda Sanxenxo. E Blogueamos con josé Luis Oliveira de As Peuquenas viaxes e a cocción en pota lenta.
Comer e falar si radio 29_07_2018 30.07.2018 52:00
Charlamos con Bruno Pena de A Horta da Paula de Mondoñedo tras a xornada de As Carmiñas da Horta e a presentación da Feira do Bonito de Burela a traves da Asociación de cociñeirosa da Mariña. Tamén con Gustavo Dios, falamos dos preparativos para a 40 ediciñon da Festa do Pemento de Herbón. E con Raquel Gil de IMAN Temporing coñecemos a campaña de contratacións que poñen en marcha de cara a vendima...
COMER E FALAR SI RADIO 22_07_2018 23.07.2018 52:00
Neste programa falamos con Ruben González do Cafetín de Pontevedra tras gaña de tapas por Galicia. Coñecemos o novo proxecto de Iván Méndez en I+D de Cabomar. Nova etapa para Miguel González que deixa o Gastrobar Sanmiguel. Descubrimos con Jose Antonio Orozco, Terra de Preguntas e falamos con Pablo Mariño de Bluscus co Agosto na ria con Marques de Vizhoja.
COMER E FALAR SI RADIO 15_07_2018 19.07.2018 52:00
Viaxamos ata terra de trives onde Xiana Dominguez de adega Chao do Couso, nos fala das ultimas granizadas e os seus efectos. Bruno Pena da Horta da Paula de Mondoñedo fala sobre as actividades organizadas para o 25 de Xullo. Falamos do mundo do café e de Cafés Donoso con Sebas e Alicia Agra sobre o seu proxecto Dalalata en Vigo
COMER E FALAR SI RADIO 08_07_2018 11.07.2018 52:00
Nesta ocasión aproveitamos a nosa estancia no Festival de Arvi Vigo SeaFest. Entre outros falamos co presidente de Arvi Javier Touza sobre e tamén sobre os armadores. Tamén tivemos a oportunidade de falar con Joan de Balfegó, empresa familiar con 5 xeracións adicadas o atún vermello. Taberna Morrofino está a punto de abrir en Vigo e xa mostrou o seu traballo neste festival. E tamén charlamos con C...
COMER E FALAR SI RADIO 01_07_2018 02.07.2018 52:00
Neste programa falamos con Pepe Solla sobre o apartado Showrocking do festival Portamerica. Martín Alvarez amplianos información da xornada gastronómica da Estruga en Celanova e Grace Castro sobre o Showroom de Onyvá no Nautico de O Grove. E pechamos cunha charla con José Portas de Discarlux sobre Fisterra Bowine World.
COMERIE FALAR SI RADIO 24_06_2018 25.06.2018 1:11:37
Descubrimos a historia de Roberto e Adriana no Restaurante O Bruño de Cangas. Falamos con Lino Fervenza e Loreda de Taberna A de Lino polo seu 22 aniversario, coa colaboración de luxo de Belinda Washington. E falamos con Alberto Alonso, director do Vigo Sea Fest.
COMER E FALAR SI RADIO 17_06_2018 19.06.2018 53:13
Neste programa, na sección Blogueando, charlamos con Ana e Albert de Zapatillas por el mundo. Coñecemos mellor o seu proxecto de viaxes e tamén outros aspectos profesionais, como a organización de Gijón se Come. Tamén falamos con Carlos Barreira que traslada o seu proxecto BocArte a Pontevedra. E pechamos con José Dieste que nos fala das novidades importantes no DERBY Vilagarcia.
COMER E FALAR SI RADIO 10_06_2018 11.06.2018 52:02
Neste Comer e Falar, damos un paseo polo que foi a Semana Verde de Galicia. Alí aproveitamos para falar con Jorge Cardoso e Guillermo de Adega Areeiros sobre a recentemente creada IXP do Morrazo. Tamén coñecemos un proxecto que une a pequenos productores cara a exportación. Entre eles Cento x Cento Figueiredo aceite de oliva Galego co que falamos tamén. Queixería Hoxe que presenta a sua crema de q...
COMER E FALAR SI RADIO 03_06_2018 04.06.2018 52:00
Este programa está adicado especialmente o CPR Belarmino Fernández Iglesias de Rosende en Sober. Percorremos o centro a traves dos seus mestres e alumnos para coñecer mellor o seu traballo aproveitando a celebración do seu 20 aniversario. Falamos coa sua directora sobre a historia, cos mestres de cociña e sala e tamén con alumnos que participaron xa este ano en diferentes concursos de escolas.
COMER E FALAR SI RADIO 27_05_2017 28.05.2018 52:00
Neste programa charlamos con Santiago Martinez do CPR Belarmino Fernández Iglesias e o concurso Children's Chef. Tamén con Joaquin Sánchez falamos das Xornadas de Portas abertas en Valdeorras. Viaxamos con Turismo de Porto e Norte ata ponte da barca para falar ca tenente alcalde e con Ana de Lima Escape. E Pechamos con Hermes Castro de Hermes Journey, segundo clasificado do campeonato de España de...
Comer e falar si radio 20_05_2018 21.05.2018 51:59
Neste programa quixemos facer unha homenaxe ó gran Roberto Crespo do Restaurante Roberto de compostela, recuperando unha das poucas entrevistas que deu nos últimos anos, e que tivemos a honra de facer no ano 2016. Tamén charlamos con Victoria Morales sobre a chegada a Compostela con "El Camino más Dulce". E recuperamos para esta nova etapa en Si Radio Galicia unha charla con Eladio Pazos de Panade...
COMER E FALAR SI RADIO 13 MAIO 2018 13.05.2018 52:04
Primeiro programa de Comer e Falar todo é comezar en SI RADIO GALICIA. Nesta ocasión falamos sobre o 15 aniversario do Talaso Atlantico en Oia coa sua directora Rosana Canda e o seu xefe de cociña Javier Fins. Repasamos algúns datos de Rodeiro de Tapas 2018 e coñecemos mellor a Miguel Liboreiro e o seu proxecto O Tobo do Lobo en Melide.
COMER E FALAR NA REDE 15 DE ABRIL 15.04.2018 57:44
O que pode dar se sí unha tertulia improvisada. Así foi a charla que mantivemos con José Luis Oliveira, Xoanqui Ameixeiras, Victor O Bandullo e Emilio Vila. Tras unha xornada de Xurado no Cazatapas Terra de Melide, sentamonos a falar de moitas aventuras e botamos un vistazo o mundo Blogueril
COMER E FALAR NA REDE 8 DE ABRIL 2017 09.04.2018 58:27
Neste programa coñecemos como foi a primeira semana de Victoria Morales "El Camino más dulce" percorrendo o camiño mozárabe e recuperando receitas doces polo mesmo. Tamén disfrutamos dos Fins de semana Gastronómicos de Turismo de Porto e Norte, neste caso visitando Paredes. Melchor Moreiras director da entidade Turismo Porte e Norte, o presidente da Camara municipal de Paredes e Teresa de Cozinha...
COMER E FALAR NA REDE 25 DE MARZO 2018 26.03.2018 57:56
Neste programa falamos con Gerson Iglesias e a sua nova etapa en Adega das Caldas en Ourense. Tamén adicamos parte do programa a descubrir o territorio Barroso de Montalegre con Turismo de Porto e Norte. Os proxectos nos que anda a traballar o concello, o fumeiro, Hotel Rural Misarela, Fojo dos Lobos, Pitoes de Junias, son algúns dos rincóns que descubrimos neste programa.
COMER E FALAR NA REDE 18 DE MARZO 2018 18.03.2018 52:06
Aparte do repaso as novas máis destacadas, coñecemos mellor o bonito proxecto de Victoria Morales. "El camino mas dulce" percorrerá en 40 etapas o camiño de Santiago mozárabe e recuperará moitas receitas de doces tradicionais a traves do seu percorrido. Tamén recuperamos a entrevista con José Portas de Discarlux, no que falamos dun proxecto que dará moito que falar nos vindeiros meses, Fisterra Bo...
Comer e falar na rede 11 de marzo 2018 11.03.2018 50:47
Neste Comer e Falar facemos un especial adicado a Ponte de Lima. Falamos con Nuno Abreu responsable de Turismo, descubrimos a Quinta das fontes e os seus viños, restaurantes como Casa do provedor ou o Encanada, e na Feira da Caza, pesca e lecer coñecemos o proxecto Bisaro de Planalto
COMER E FALAR NA REDE 4 DE MARZO 2018 04.03.2018 55:06
Neste programa charlamos con Gerson Iglesias que tras 5 anos pecha un ciclo co final de Ruxe Ruxe en Vigo. Agora inicia unha nova aventura en Adega As Caldas en Ourense. Tamén falamos co seu axudante Alexandre Mariño, xa que conseguiron chegar a final do VindeTapas. E na nosa visita a Festa do Queixo de Arzúa aproveitamos para falar con Victor de Aldea de Barrio e descubrir o proxecto Pata Celta
COMER E FALAR NA REDE 25 DE FEBREIRO 2018 25.02.2018 57:31
No prograa de hoxe charlamos con David Sueiro, creador de Galo Celta. Hoxe coñecemos mellor a sua historia e hacia onde van os seus novos proxectos como avicultor artesanal. E tamén charlamos con Eladio Pazos de Panadería Divina, sen dúbida un dos panadeiros máis importantes de Galicia e o gran introductor da panadería artesana na alta cociña.
COMER E FALAR NA REDE 18 DE FEBREIRO 2018 18.02.2018 54:04
No programa de hoxe charlamos con Vanesa Vera Avola e Michel do Madia Leva, que inicia unha nova etapa. Tamén neste programa blogueamos con Andrea Gabián, máis coñecida como Lady Compostela. Descubrimos algo máis da sua historia e os seus proxectos. Damos un repaso as novas de actualidade.
COMER E FALAR NA REDE 4 DE FEBREIRO 2018 04.02.2018 55:02
Falamos con Miguel González do Gastrobar SanMiguel e a sua proposta presentada en Xantar sobre o uso da auga das burgas. Iñaki Bretal de O Eirado da Leña conta máis sobre o proxecto de banquetes posto en marcha en Lugo. E Gerson Iglesias do Ruxe Ruxe sobre a sua participación nas actividades do Pergamiño Vindel
COMER E FALAR NA REDE 28 DE XANEIRO 2018 28.01.2018 1:04:26
Hoxe falamos de cociña internacional en Galicia. Por unha barda Kro, un templo da cociña peruana en Vigo. E o outro lado da ría unha referencia nacional da cociña italiana, Il Popolo. Tamén falamos do Vinde tapas e viaxamos a Portugal, a coñecer as Montanhas Magicas
COMER E FALAR NA REDE 21 DE XANEIRO 2018 21.01.2018 51:22
Voltamos no 2018 despóis dunha pausa. Facemolo con Iván dominguez e a sua presenza en Madrid Fusión. Charlamos con Guille Moscoso de Pan da Moa. Na festa do Botelo falamos co pregoeiro e con Soledad Figueros de Valdeorras es Vino. Voltamos con gañas de seguir contando historias.
Comer e falar na rede 3 de decembro 03.12.2017 1:00:00
Mantemos unha charla con Kike Piñeiro de A Horta do Obradoiro, tras o seu paso pola feira internacional do viño en Amsterdam. Gerson Iglesias do Ruxe Ruxe é semifinalista no Cociñeiro do Ano e charlamos con el sobre a sua preparación. Xoan Canas contanos máis sobre o novo Licor de pementos de padrón DR. ZAS. E con Marcos Ramos coñecemos os gañadores da Cata enfrontada de Viño e Cafe.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.