COMER E FALAR
COMER E FALAR TODO É COMEZAR-SI RADIO GALICIA
Programa sobre Gastronomía galega emitido durante 8 anos na Radio Galega, que se manterá vivo como mínimo nas redes. Despois dun ano, voltamos a estar no aire, agora en SI RADIO GALICIA. Un percorrido por todo o que ten que ver co mundo da gastronomía, do viño, productores, chefs, sen perder nunca de vista algo que nos fai o que somos, a tradición. Pero por riba de todo, as persoas que estan detras deses proxectos, que son os que fan posible as historias que contamos.
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
COMER E FALAR NA REDE 26 DE NOVEMBRO 26.11.2017 1:02:19
Nesta ocasión falamos con Marcos Ramos de "Tu Café" que celebra a segunda edición da Cata enfrontada de Café e Viño en Vilagarcía. Tamén falamos sobre as xornadas do "Lechazo de Aranda del Duero" no restaurante El Corte Inglés de Santiago e con Rafael Mikel de Casa Florencio. Chega a VI edición do Tunel do Viño de La Cesta Natural e Juan Gaiteiro conta as novidades deste ano. E tiramos de hemerote...
COMER E FALAR NA REDE 19 DE NOVEMBRO 19.11.2017 1:01:52
Neste programa queremos facer unha adicatoria especial a Xosé da Flor, un gran amigo que nos deixou estes día. Un programa no que falamos por fin con José Portas de Discarlux sobre un gran proxecto que ten en marcha aqui en Galicia. Tamén mantemos unha longa charla con Benigno Pereira de Pazo da Corga. Coñecemos o traballo de Cristian Santiago de Taberna Arallo. E pechamos o programa con Alberto R...
COMER E FALAR NA REDE 12 DE NOVEMBRO 12.11.2017 1:02:02
Esta semana falamos con Marco Varela sobre o aniversario do Restaurante Sábrego. Tamén facemos balance do Laboratorio Kanalla Ontour con Tito Fernández e sobre unha interesante iniciativa que se pon en marcha na praza de abastos de Ordes. No momento Galicia Calidade coñecemos mellor Abadía As Eiras. Viaxamos a Trives para falar das xornadas micoloxicas organizadas polo Clube de Montaña de Trives....
Comer e falar na rede 5 de novembro 05.11.2017 51:45
Hoxe falamos con Hector López do Restaurante España, pola acción que leva a cabo Galicia Calidade sobre a cociña de caza "Bosuqes e Fogóns". E seguimos polo Caurel descubrindo o proxecto de Marcos Reinoso "Pia Paxaro, coñecendo o aloxamento rural A Teixeira e charlando un ratiño con Charo do Bar Anduriña.
COMER E FALAR NA REDE 29 DE OUTUBRO, ESPECIAL FESTA DA CASTAÑA DO CAUREL 29.10.2017 58:11
Este é un programa especial adicado a XXX Festa da Castaña do Caurel, que se celebrará o 4 de novembro en Seoane do Courel. Falamos coa alcaldesa de Folgoso do Courel, Lola Castro. Tamén visitamos en Parada a casa de Uxio Novoneyra a traves das verbas do seu fillo Uxio. Falamos de rincóns gastronómicos como O Pontón e Casa Ferreiro
COMER E FALAR NA REDE 22 DE OUTUBRO 22.10.2017 1:04:21
Neste Comer e Falar, comezamos o noso percorrido polas terras do Caurel. Charlamos co director da Estación Cientifica do Caurel, Antonio Rigueiro, nunha interesante charla sobre micoloxía e castañas. Volve a sección A Marola de Xoanqui Ameixeiras, hoxe como protagonista o mexillón. E vos facemos unha recomendación, A Carbiña. Situado na aldea de Parada, un conxunto de cabañas fantásticas para disf...
COMER E FALAR NA REDE 15 DE OUTUBRO 15.10.2017 58:56
Programa especial adicado a Mondoñedo. Co arqueologo municipal percorremos rincóns do pobo e tamén relatos da sua historia. Con Fernando Vilariño de Punteiradas Vilapedre imos ata o barrio dos artesáns e coñecemos o seu traballo coa pedra. E con Ubaldo González dende Panadería Rubal, coñecemos máis sobre o pan de Mondoñedo
COMER E FALAR NA REDE 8 DE OUTUBRO 07.10.2017 1:03:56
Visitamos Casa Solla, charlamos con Pepe Solla sobre novos proxectos e novas aperturas. Por fin mantemos unha charla tranquila con Jesús Crespo, xefe de cociña de Casa Solla. E descubrimos a Horta da Paula en Mondoñedo, onde Bruno Pena nos soprende cunha gastraonomía moi interesante na terra de Cunqueiro.
COMER E FALAR NA REDE 1 DE OUTUBRO 01.10.2017 52:36
Neste programa charlamos con Bea Sotelo sobre os seus proxectos, a sua colaboración con Decantart e a celebración do aniversario de Eclectic. Charlamos con Elena Fabeiro de Artesania de Galicia, pola celebración na Cidade da Cultura de "Artesania no prato". Voltamos ata a terra de Tras os Montes en Portugal, para coñecer a cria do porco Bísaro e tamén o Restaurante "O Javali"
COMER E FALAR NA REDE 24 DE SEPTEMBRO 24.09.2017 51:10
Nesta ocasión visitamos a Feira de mprendemento Pont-Up Store en Pontevedra, onde atopamos varios proxectos gastronómicos. A Casa da Avoa, Cervexas Meiga, Terras da Mariña, Croketas-D, Comprar en Galicia ou Conservas Sotavento. Tamén coñecemos un pouco mellor o novo proxecto de André Medici de Purosushi
COMER E FALAR NA REDE 17 DE SEPTEMBRO 17.09.2017 55:02
Neste programa charlamos con Ivan Dominguez de Michele Peroni do Restaurante alborada de Coruña. Tamén achegamonos ata terras de Tras os Montes en Portugal, para coñecer as propostas de Rota Terrafria a traves de Turismo de Porto e Norte. Descubrimos as moitas actividades que se poden disfrutar
COMER E FALAR NA REDE 10 DE SEPTEMBRO 09.09.2017 57:44
Neste programa falamos con Miguel González do restaurante Sanmiguel sobre enbiga 2017. Tamén desta viaxe, rescatamos unha charla con Mauricio Couly do Restaurante La Toscana de Neuquen e do seu proxecto de queixos Hermanos Toscano. No espazo Galicia Calidade falamos sobre a vendimia con Guillermo Diez de Bodegas Nairoa e Juan Luis Méndez de Via Romana. E pechamos falando do aniversario de Ruxe Rux...
COMER E FALAR NA REDE 27 DE AGOSTO, ESPECIAL ENBIGA 27.08.2017 56:17
Un dos dous programas especiais que faremos sobre a nosa aventura na Patagonia. Hoxe coñecemos a algúns cociñeiros/as que participan nesta aventura. Tamén descubrimos un dos froitos máis importantes para os habitantes de Villa Pehuenia e a historia de Maria Teresa. E unha charla co chef Carlos Rodriguez que nos achega a cociña de Costa Rica
COMER E FALAR 13 DE AGOSTO 13.08.2017 41:40
No Comer e Falar na rede falamos da visita da conselleira de Medio Rural a Torre de Núñez, empresa co selo de Galicia Calidade, pola axuda que reciben para unha nova ampliación do seu secadeiro de O Corgo. E seguimos percorrendo o mundo Foodtruck hoxe con Crepe Cabarey, Hermes Journey e Baden Baden.
COMER E FALAR NA REDE 6 DE AGOSTO 06.08.2017 57:37
No programa de hoxe, charlamos con Carlos Snaimon sobre o evento Enbiga 2017 no que estaremos presentes en terras de Chile e Arxentina. Tamén coñecemos o proxecto Pandemillo Taberna Galega en Cangas con Gustavo Soliño. E rematamos coñecendo da man de Maica Couto o fantástico proxecto na Nave 5 na Praza de Abastos de Compostela.
COMER E FALAR NA REDE 30 DE XULLO 30.07.2017 55:55
No programa de hoxe falamos da Festa do Pemento de Herbón e facemos un especial sobre o Rilla na Rua, no que falaremos cos amigos de Laconlover, Panpiragua, Arepa Olé, Atabaka Bendita Cocina e Kilometro Fuego, que están a participar neste evento en Nigrán ata o vindeiro martes
Comer e falar na rede 23 de xullo 23.07.2017 55:18
No programa de hoxe falamos con Damián Seijas, un dos nosos mellores baristas que acaba de fichar por Nespresso. Falamos no noso tempo de Galicia Calidade sobre a visita da Conselleira de Medio Rural a Kiwi Atlantico. Coñecemos un espazo maravilloso no Caurel, A Cabaniña. E hoxe Blogueamos con Eva Abal de Una idea, Un Viaje.
Comer e falar na rede 16-07-2017 16.07.2017 54:56
Hoxe Cristina Codesido de Petroni, Guille Moscoso de Pan da Moa, Iago Losada de Rilla na Rua e o Patrón maior da Cofradia de Aguiño pola festa do percebe. Dispoñible cada domingo de 13:00 a 14:00 na rede. Podes seguirnosno grupo do facebook "Comer e Falar".
Come e fala do 9 de xullo Parte 2 09.07.2017 28:05
Nesta segunda parte, na hemeroteca recuperamos unha charla con Marcelo Radio de Adega Eidos co selo de Galicia Calidade de fai ano e medio, e escoitamos a segunda parte de "A Marola" con Xoanqui Ameixeiras falando sobre os Chipiróns de potera e algunha divertida historia
Come e fala do 9 de xullo Parte 1 09.07.2017 30:07
Come e Fala non emitido en antena. Nesta primeira parte falamos con Miguel González do Gastrobar Sanmiguel tras gañar o concurso De Tapas por Galicia e pola sua participación no Enbiga en Chile e Arxentina. Tamen Falamos con Xoanqui Ameixeiras na sección A Marola, sobre o que foi o concurso de Castaña de Galicia
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.