Radio Ateneo

Libros para as medras

Arts GL ↓ 112 episodes

Libros para as medras, foi o título que lle puxen a este programa. Nel imos falar de libros para bebés, para rapazada, para mocidade, para xente que aínda non acabou de medrar.

Author

Radio Ateneo

Category

Arts

Podcast website

www.spreaker.com

Latest episode

Jun 16, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

A cornecha e o Xibardo 16.06.2026

A cornecha e o Xibardo . Unha tradución que é recreación, unha verdadeira versión propia que toma as referencias do país. O seu título A Cornecha e a Xibardo , non vos deixedes engañar, o xibardo é un tipo de balea. Un álbum ilustrado de Julia Donaldson e Axel Scheffler. A tradución é de Sandra Sánchez Ogando e Laura Sáez. As tradutoras son tan importantes que tamén dedican o libro e, sabedes a qu...

Unha de poesía 02.06.2026

Poesía xuvenil, nin máis nin menos! Non hai demasiada pero algo imos atopando Neste caso ímonos referir a un autor: Fran Alonso e os libros que leva publicado para estas idades. O primeiro foi Cidades (un poemario infantil pero que se aproximaba á adolescencia, porque para a nostalxia das cidades e a súa lembranza hai que ter unha idade), despois conseguiu marabillarnos cunha antoloxía poética par...

Soños dunha sombra 19.05.2026

Soño dunha sombra é a última proposta de Xosé Cobas. Está publicado por Kalandraka en forma de álbum ilustrado e preséntase estes días en Compostela. Trátase dun libro silencioso, un libro sen palabras, deses que pode ler calquera, sexa cal sexa o idioma que fale, calquera sexa a idade que teña... Porque o que lemos son as imaxes que van construíndo o relato que cada unha de nós pasamos a palabras...

Os libros das Letras Galegas 2026 05.05.2026

O libros das Letras do 2026. Próximo o 17 de maio, toca falar deses libros que se elaboran presentando a escritora á que se dedican as Letras deste ano. Como sempre, aparecen estas obras ao lado das asinadas pola autora. Son os materiais cos que se vai traballar nos centros de ensino, os libros que se agasallan ás criaturas e mocidade para que se aproximen a Begoña Caamaño, especialmente nesta oca...

O peculiar 21.04.2026

O Peculiar de Érica Esmorís está ilustrado por Dani Padrón e publicado por Cuarto de inverno. De onde lle vén o título? Pois do nome dun bar que rexenta a familia de Comba, unha nena que observa todo o que a rodea cunha mirada moi especial e nolo vai contando. Sigamos preguntándonos: por que lle puxeron ese nome ao bar? Para sabelo terás que ler esta noveliña destinada a rapazada a partir de dez a...

Unha historia de amor como outra calquera 07.04.2026

Unha historia de amor como outra calquera . A súa autora: Rosa Aneiros. Unha novela que conseguiu o premio Premio Raíña Lupa da Deputación da Coruña na modalidade xuvenil no ano 2024, e aparece publicada na colección Costa Oeste de Galaxia. Rosa Aneiros é xornalista, traballa no Consello da Cultura Galega e conta cunha obra que percorre a literatura para adultos, infantil e xuvenil. Sempre coa mar...

Un par de álbums para crianzas 24.03.2026

Un par de álbums de animais para crianzas: O primeiro deles é Ganapán e Garabato de Chus Álvarez, ilustrado por El primo Ramón. Que é El primo Ramón? Din que é unha criatura bicéfala formada por Borja López Cotelo e María Olmo Béjar, dous arquitectos da Coruña. Ganapán e Garabato está publicado por Pepa a Loba editora, na colección Calidoscopio, destinada a criaturas dende 0 a 3...6 ou a idade que...

Machea 09.03.2026

O Premio Barriga Verde de textos de teatro para monicreques 2024, na modalidade infantil, leva o título de Manchea. Está escrito por Andrea Freire e ilustrado por Lola Villar Pérez. Manchea  é un conto tradicional de princesas, cabaleiros e dragóns... ou quizais non. Da man dos nosos personaxes percorreremos o Titiriverso, un espazo onde monicreques de luva, de fíos e sombras chinesas conflúen nun...

Literatura dunha autora 24.02.2026

Fina Casalderrey é a autora galega, candidata española Premio Memorial Astrid Lindgren 2026. Que todas as seccións da Oepli concorden en presentar a Fina a este premio internacional quere dicir moito. Ela foi a primeira autora galega en recibir o Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil. Cando entrou na RAG, dende as bibliotecas escolares de Galicia distribuiuse un texto no que se dicía qu...

Brunilda e Brunildo 10.02.2026

Brunilda e Brunildo  é un álbum ilustrado de Ánxela Gracián e Jessica Mera publicado polo editorial Fervenza. Na presentación editorial fálase dunha historia que axudará a que a cativada comprenda a importancia da adaptación, o respecto e a tolerancia. Porque trata dunha ra que ha de cambiar de lugar (tal vez polo cambio climático) e bota de menos todo o que perde co cambio, ata que atopa un novo...

Son adoptada, e que? 27.01.2026

“Son adoptada, e que?” quere lembrar unha colección que publicou a editorial Galaxia hai un tempo, presentándonos títulos que pretendían normalizar situacións que necesitaban ser tratadas de maneira habitual como “Meu pai é ama de casa, e que?, Eu vivo en dúas casas, e que?... Un dos títulos era xustamente sobre a adopción. Non nos imos referir a este libro, senón a outros, menos evidentes pero qu...

Astronomía para xente miúda 13.01.2026

Cando presentamos Unha cidade en Marte quedamos con ganas de continuar falando de libros de astronomía. Por iso volvemos á editorial Embora para traer un par de obras: A marfallada toda da xornalista científica Floor Bal, un libro divulgativo, que nos conta "a fascinante historia de como chegamos desde o principio do universo á vida actual. "Dende a teoría do Big Bang, asistimos a como se formou o...

Unha cidade en Marte 09.12.2025

Hoxe imos falar de astronomía, de outros planetas e da posibilidade de vida nalgún deles. Ou máis ben, imos falar dun libro que trata esta temática. Un libro traducido ao galego pola multipremiada María Alonso Seisdedos que aparece publicado na editorial Embora. Un libro colectivo porque conta coa autoría do profesor de Astrofísica: Guillen Anglada-Escudé, do físico, farmacéutico e divulgador cien...

A pés descalzos 25.11.2025

Ás veces unha cousa leva a outra, un tema a outro tema e un libro a outro libro. Cando, no podcast anterior, falaba de álbums ilustrados que nos remitían ao contacto coa natureza aparecía o libro A pés descalzos con toda a razón. Porque moverse descalzo é pisar a natureza suavemente, é sentila doutra maneira ao tempo que nos vemos parte dela. A autora, unha creadora e terapeuta polaca, mostraba a...

Volver á natureza 04.11.2025

Hai uns días, lendo sobre as escolas na natureza viñéronme á cabeza tres títulos. Poderían ser máis, seguro, pero estes tres libros foron facendo un camiño polo que non me quediu outra que transitar. O primeiro deles é Asilvestrarse. Volver ao salvaxe de Cristian Moyano con ilustracións de Irene Cuesta publicado por Zagorí e o CSIC na colección Mentes curiosas. Un libro de divulgación científica p...

Libros de mar 07.10.2025

Seguimos falando do mar nos libros. Para iso, podemos ler un poema do libro titulado Mar de mazá de Elvira Ribeiro e… seguir falando do mar, desa gran masa de auga que nos abraza e se fose esixente podería atreverse a reivindicar que o noso planeta se chamase Mar en vez de Terra. Falando de mar aparecen libros como O gran libro dos nosos mares ou Man de Camelle , Balea , As flores radioactivas , A...

Rematou o verán 17.09.2025

Remata o verán e cómpre despedilo. Para iso, podemos ler un poema do libro titulado Vrao de Lois Alcayde outro de Poemar o mar de Antonio García Teijeiro e… falar do mar, aínda que sabemos que non todo o mundo pasa o verán no litoral. Pois ben, falando de mar aparece A escola dos piratas , As flores radioactivas , A praia da esperanza , de Agustín Fernández Paz, O gran libro dos nosos mares ou Man...

Todo o que aprendín pola miña conta 24.06.2025

Hoxe falamos de álbums ilustrados en galego publicados por editoriais de fóra de Galicia. A historia arrinca cos inicios de Kalandraka e chega ata exemplos actuais como Todo o que aprendín pola miña conta antes de chegar á escola , unha reflexión sobre edición, infancia e lingua.

Cómics composteláns 10.06.2025

Nun podcast anterior falabamos dun cómic, Gloria. Todo é obra de artistas de Pío Barreiro, un compostelán que crea unha historia situada na construcción do Pórtico da Gloria. Agora traemos outra banda deseñada doutro compostelán, Fausto Isorna, que retoma o personaxe dunha serie, Simón Martel. Ela foi definida como a heroína máis lonxeva da historieta galega. Neste caso Simón Martel vai realizar o...

Gloria 27.05.2025

Presentámosvos Gloria. Todo é obra de artistas . O primeiro cómic de Pío Barreiro. El é o libreiro da primeira libraría especializada en comics de Santiago e leva ese nome: Komic (con K).  A libraría está situada na rúa San Pedro de Mezonzo, en Santiago, dende 1987. De vez en cando, ademais de vender libros, edítaos ou coedítaos. Esta é unha desas ocasións nas que publica con Demo, a editorial gal...

Libros informativos 2 06.05.2025

Máis libros de non ficción ou informativos. O primeiro do que imos falar é de Que é a guerra de Eduard Altarriba que aparece en galego traducido por Moisés Barcia e publicado por Sushi Books . Este libro está pensado para responder, de maneira sinxela, todas as preguntas que se nos ocorran despois de ver noticias sobre a guerra. Dise que comprender como funcionan as guerras, as súas causas e conse...

Libros informativos 15.04.2025

Imos falar de libros de non ficción , tamén chamados libros informativos ou de coñecemento. Libros destinados á xente que non acabou de medrar e ten moita curiosidade. Xente á que lle gusta saber cousas, aprender, entender o por qué do que sucede. Poden ser tan divertidos coma os libros de ficción, de feito hai crianzas que os prefiren.

Isabel Blanco e os libros sobre mulleres 01.04.2025

Isabel Blanco e os seus libros de divulgación sobre mulleres científicas, artísticas ou músicas, no mes de marzo. Isabel Blanco é avogada pero tamén escritora, cunha mirada posta sempre na muller. Así o demostra nos álbums ao redor de Rosaura ( As receitas de Rosaura, Rosaura e o mar e Rosaura, cesteira de Mondariz ilustrados por Luz Beloso) e nos libros de divulgación: Galegas na ciencia, Galegas...

O triángulo vermello 11.03.2025

A colección " Pequena memoria ", de Xerais, dirixida por  Eva Mejuto , presenta álbums ilustrados con temática relacionada coa memoria democrática. Podemos preguntarnos onde está o límite nas historias que se contan ás crianzas e podemos asegurar que a dificultade está na maneira de contalas. Nesta colección apareceron os títulos  A lavandeira de San Simón , escrita por Eva Mejuto e ilustrada por...

Un libro que son dous 25.02.2025

Sete días con Lía ou Sete días con Leo é o título, porque cada historia ten a súa denominación e a súa cuberta. Unha empeza por un lado e outra polo outro. Un protagonista, unha protagonista; unha historia nun lugar en paz e outra nun lugar en guerra, é dicir, nun campo de refuxiados que é a consecuencia dunha confrontación bélica. A historia dunha semana en cada un deses lugares. O seu autor, Xos...

Listen to the Libros para as medras podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.