Laboratorio de Radio
Podcast Radio sobre Rodas
Laboratorio de Radio achega a radio a calquera lugar, a calquera persoa. Para amosalo, este canle no que iremos subindo tódalas experiencias radiofónicas. Descobre máis en http://www.laboratorioderadio.com
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
María Barral en Onda Xove Betanzos 06.11.2023 24:37
A alcadesa de Betanzos, María Barral, fai un repaso á situación de Betanzos, lembra os seus comezos e fala tamén da súa faceta persoal perante a redacción de Onda Xove Betanzos. Unha entrevista realizada no marco dunha actividade promovida pola Biblioteca de Betanzos e desenvolvida por Laboratorio de Radio. Música: Blue Dot Sessions
María Sánchez de Farmacia Couceiro en Onda Xove Betanzos 06.11.2023 14:07
É un lugar de peregrinación. Un espazo que garda, en moitos frascos, as esencias de Betanzos. Un sitio do que sentir orgullo. A Farmacia Couceiro é a farmacia máis antiga de Galicia e María Sánchez é a súa actual xerente. Unha entrevista realizada no marco dunha actividade promovida pola Biblioteca de Betanzos e desenvolvida por Laboratorio de Radio. Música: Blue Dot Sessions.
Encarna Gómez e Lucía Tenreiro en Onda Xove 06.11.2023 19:48
A redacción de Onda Xove Betanzos abre os seus micros a dúas protagonistas do día a día betanceiro. A primeira, Encarna Gómez, como unha das grandes tendeiras na Ferretería Eusebio; a segunda, Lucía Tenreiro, como cronista da cidade en El Ideal Gallego. E un protagonista que, aínda que non estea fisicamente, a súa pegada chega ata hoxe: o xornalista de vocación Eusebio Tenreiro. Unha entrevista re...
Concepción Delgado en Onda Xove Betanzos 06.11.2023 15:12
Abrimos as portas a unha das grandes mestras de Betanzos: Concepción Delgado ou, como o seu alumnado a denomina, Conchiña. Unha conversa sobre a educación e os seus retos ou a creatividade literaria dos xornais de antes para anunciar calquera producto. Unha entrevista realizada no marco dunha actividade promovida pola Biblioteca de Betanzos e desenvolvida por Laboratorio de Radio. Música: Blue Dot...
Entrevista ao secretario da FVR Xosé Rodríguez en A son de Risco no 12O 03.11.2023 9:53
O alumnado do IES 12O quixo saber máis sobre a Fundación Vicente Risco e, para iso, tivo a oportunidade de entrevistar ao seu secretario, Xosé Rodríguez. Unha entrevista realizada polo alumnado do IES 12O a través da iniciativa A son de Risco, promovida pola FVR e Laboratorio de Radio.
Ficción ou realidade. Un relato arriscado en A Son de Risco no 12O 03.11.2023 1:11
O alumnado do IES 12O segue as pegadas literarias deixadas de Vicente Risco e, como mellor homenaxe ao autor ourensán, realiza un relato arriscado inspirado na súa obra. Un relato arriscado realizado polo alumnado do IES 12O a través da iniciativa A son de Risco, promovida pola FVR e Laboratorio de Radio.
Entrevista a Acisclo Manzano en A Son de Risco no 12O 03.11.2023 8:34
Un dos artistiñas. O libertador da madeira. Así describiu no seu día Vicente Risco a Acisclo Manzano. Pechando o círculo, o artista volve ao IES 12O, centro no que se formou. Unha entrevista realizada polo alumnado do IES 12O a través da iniciativa A son de Risco, promovida pola FVR e Laboratorio de Radio.
Dramatización sonora de O porco de pé en A son de Risco 01.11.2023 2:46
Unha sátira, unha radiografía, unha fresco eterno dunha sociedade na que un porco chega a alcalde. O resto é literatura ou...non. O alumnado do Cole de Cea leva ás táboas sonoras unha das obras icónicas de Vicente Risco: O porco de pé. Unha dramatización sonora realizada polo alumnado do Cole de Cea a través da iniciativa A son de Risco, promovida pola FVR e Laboratorio de Radio.
Quen é Vicente Risco? en A son de Risco en Cea 01.11.2023 4:33
Quen é Vicente Risco? Unha pregunta que se formula o alumnado do Cole de Cea e na que son axudados pola presidenta da Fundación Vicente Risco, Celia Pereira. As conclusións: no audio de arriba. Unha biografía realizada polo alumnado do Cole de Cea a través da iniciativa A son de Risco, promovida pola FVR e Laboratorio de Radio.
Un día de feira. Un relato arriscado do Cole de Cea 01.11.2023 3:47
O alumnado do Cole de Cea leu a Vicente Risco. E como mellor homenaxe ao autor ourensán fixeron este relato arriscado inspirads nos seus célebres relatos. Un relato arriscado realizado polo alumnado do Cole de Cea a través da iniciativa A son de Risco, promovida pola FVR e Laboratorio de Radio.
Entrevista a Quico Cadaval en A son de Risco 01.11.2023 11:22
Dramaturgo, contador, director de teatro, radiofonista e moito máis. É difícil describir a Quico Cadaval inda que para el a definición do que fai é máis doada: contar. E contar moi ben. Unha entrevista ao director que puxo encol das táboas unha das grandes obras de Vicente Risco: O porco de pé. Unha entrevista realizada polo alumnado do Cole de Cea a través da iniciativa A son de Risco, promovida...
Julián Ferrer en Onda Xove Betanzos 23.09.2023 40:14
Mestre de historia, "historiador ao menos en desexo", como di o protagonista, apaixoado e investigador da Igrexa de Santa María, curioso e moi amable. Esta é unha breve descrición de Xulián Ferrer. Se cadra, para coñecelo aínda máis hai que escoitar esta entrevista da redacción de Onda Xove Betanzos. Unha entrevista realizada no marco dunha actividade promovida pola Biblioteca de Betanzos e desenv...
Entrevista ao presidente do Parlamento de Galicia por 6º de Primaria en Radio Xesteira 16.06.2022 13:03
O alumnado de 6º de Primaria escribiu hai uns meses unha carta ao presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices, no que amosaban o seu desexo de visitar o devandito Parlamento. A primeira resposta foi a visita do expresidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo ao centro e, agora, remata cunha entrevista na casa dos e das galegas, ao presidente Santalices. Escoita como pecha o círculo o...
A lúa e o sol Historias de ciencia ficción sonora no MUNCYT 17.04.2022 3:08
Co gallo da celebración do Día Internacional dos Vos Espaciais Tripulados, Laboratorio de Radio e o MUNCYT unen a súas tripulacións para levar a radio e as historias do espazo ás persoas participantes das actividades do museo. Nesta historia creada por Laboratorio de Radio para esta data, coñecemos a historia de dúas pingas galegas que acompañaron a Yuri Gagarin na súa primeira viaxe ao Espazo Ext...
Os cabaliños das estrelas Historias de ciencia ficción sonora no MUNCYT 14.04.2022 3:40
Co gallo da celebración do Día Internacional dos Vos Espaciais Tripulados, Laboratorio de Radio e o MUNCYT unen a súas tripulacións para levar a radio e as historias do espazo ás persoas participantes das actividades do museo. Nesta historia creada por Laboratorio de Radio para esta data, coñecemos os soños e folgos dunha das astrónomas máis senlleiras da historia, a galega Antonio Ferrín. Música...
STEM Radio unha experiencia multicultural 07.04.2022 15:09
O CPI Virxe da Cela recibe en Radio Xesteira ao alumnado da Joroisten Lukio School (Finlandia) e o Agrupamento de Escolas de Castroverde (Alentejo, Portugal) nun programa especial sobre tres culturas, tres xeitos de entender a vida e compartila na radio. Let`s play it!
STEM Radio desde o CPI Virxe da Cela 07.04.2022 12:02
O CPI Virxe da Cela recibe en Radio Xesteira ao alumnado da Școala Gimnazială Nicolae Romanescu (Romania) para compartir vivencias, coñecementos e opinións sobre esta experiencia de intercambio e profundar sobre que é exactamente iso do STEM. Let`s play it!
Radio en femenino desde el C.P. A Lama 10.01.2022 32:42
La violencia de género sigue siendo uno de los grandes problemas que tenemos como sociedad. Por ello, debemos seguir trabajando desde todos los frentes para eliminarla. En esta ocasión, desde el Centro Penitenciario de A Lama (Pontevedra), un conjunto de internas elaboran un programa sobre la violencia de género a través de una encuesta realizada dentro de la prisión, una entrevista a la subdelega...
Dani Sousa en Agolaín Radio 13.12.2021 18:40
Nunha nova andaina radiofónica, o CEIP de Agolada abre a súas portas para recibir a un antigo alumno que sabe moito de radio. Clarinetista, home de diálogo, interesado pola filosofía e as relacións internacionais recibimos a...Dani Sousa! O comunicador criado en Agolada recibirá unha chea de sorpresas, será obxecto dun 1-2-3 sobre el e responderá a unha redacción que traballou arreo para sacar adi...
Ser actor, por David Seijo en Emotiradio 15.09.2021 7:12
É un luxo para Vilagarcía sen prexuízos recibir ao actor David Seijo. David, nado en Vilagarcía, amosounos nesta entrevista o seu compromiso coa terra, as dificultades de ser actor ou as lembranzas dos seus primeiros pasos na interpretación. Un proxecto de Laboratorio de Radio e Arelar. Músicas CC By: The_Underscore_Orkestra: Americana_Jam Blue_Dot_Sessions: Ghost_Byzantine
Vilagarcía sen prexuízos en Emotiradio 15.09.2021 25:44
A mocidade de Vilargarcía de Arousa ten moitas cousas que dicir e por iso, a través da radio, chega este programa no que falarán dos seus intereses, entrevistarán ao alcalde de Vilargarcía, Alberto Varela, desmontaran prexuízos, analizarán como lles afectou a pandemia ou crearán un emocionario para afondar nos seus sentimentos. Un proxecto de Laboratorio de Radio e Arelar. Músicas CC BY: Andy G. C...
Mulleres: oficios e saberes 22.08.2021 17:47
Rematamos experiencia radiofónica desde a Escoliña do Couto cunha serie de entrevistas a mulleres importantes e oficios que, sen elas, non existirían ou non sería tan importantes. Falamos cunha redeira, dúas costureiras, unha palilleira e unha cesteira. Tamén mergullámonos nas palabras e a súa importancia con dúas poetas. A música que soa é de Jahzzar, con Vanlig e Scars. Un proxecto de Laboratori...
Pilar, Obdulia e Josefa, Saberes de muller 16.08.2021 19:51
Obdulia, Josefa da Mata e Pilar do Folgoso son tres mulleres cheas de historias que reflicten todo que pasou e pasa neste século e no anterior: emigración, traballo, sacrificio, pobreza e desenvolvemento. Todo irrigado de historias, contos e coplas nunha entrevista desde a Escoliña do Couto. A música que soa é de Jahzzar (Vanlig) e de Josefa da Mata, que versiona a Ana Kiro e de Pilar de Folgoso.
Teresa dos Cucos, Saberes de muller 12.08.2021 14:10
Teresa dos Cucos é unha das grandes contadoras de Galicia. Na súa memoria garda coplas, ditos e historias que foi escoitando ao longo da súa vida e que serven para coñecer ás persoas doutro tempo que non deixa de ser o noso tempo. A música que soa é de Jahzzar (Vanlig) e da propia Teresa dos Cucos.
Equiocio 2021_Programa Especial 06.08.2021 29:35
Un ano máis outro mundo en Ferrol. Outro ano máis, Equiocio reabre as súas portas para sentir a paixón pola hípica e reafirmar un compromiso: a solidariedade, a empatía, a necesidade de facer deste mundo un lugar mellor. E, nesta cita imprescindible do verán ferrolán, volve a radio desde Covas. Benvidos, benvidas a Equiocio 2021! Un programa de Laboratorio de Radio co apoio de Gadis. Músic...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.