Radio Ateneo

Libros para as medras

Arts GL ↓ 112 episodes

Libros para as medras, foi o título que lle puxen a este programa. Nel imos falar de libros para bebés, para rapazada, para mocidade, para xente que aínda non acabou de medrar.

Author

Radio Ateneo

Category

Arts

Podcast website

www.spreaker.com

Latest episode

Jun 16, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Un par de libros de bruxas 11.02.2025

Un par de libros de bruxas.  Por algunha razón volveron as historias de bruxas e hai coleccións enteiras que falan delas. Hoxe traemos un par de libros que as teñen como protagonistas e que queremos destacar sobre moitos outros. Inventario de bruxas da avoa Maruxa, de Ramón D. Veiga, ilustrado por Isabel Muñoz e publicado na colección Meigas de Minicumio. Escola de bruxas de María Canosa , con ilu...

Presas fáciles 21.01.2025

Presas fáciles de Miguelanxo Prado é unha banda deseñada da que se publicaron dous títulos. O primeiro deles levaba o subtítulo de Hienas e estaba publicado por El Patito Editorial. A segunda entrega leva o subtítulo de Voitres e está publicado por Retranca editora. Na primeira o autor presenta o drama de persoas maiores que son engañadas pola banca coas preferetes e outros productos perversos. Na...

Os libros de Abel Tomé 17.12.2024

Os libros de Abel Tomé. Por que nos chama a atención un novo autor? Igual porque non  os conta máis do mesmo. Porque é quen de crear novos mundos que nos abren fiestras a outros imaxinarios, eses que andamos buscando sempre. Porque si, han de estar ben escritos, a ser posible tamén ben ilustrados, ben editados… isto supónselle para estar publicados, pero cando nos achega unha nova realidade, a rea...

O fabricante de sombreiros 03.12.2024

O fabricante de sombreiros de Pinto & Chinto é unha desas xoias que cando aparecen nos alegran os días. Unha obra para permanecer, chea de orixinalidade, imaxinación e bo facer. Este dúo de creadores (David Pintor e Carlos López) tan coñecidos pola viñetas de humor no xornal como polos libros infantís, agasállanos, de vez en cando, con materiais dunha calidade superior ante os que non nos qued...

Paremos a invasión. Que o plástico non nos domine 19.11.2024
A última fronteira 08.11.2024

A última fronteira é un álbum ilustrado de Cecilia Heikkilä traducido por David Álvarez e publicado por patasdepeixe. O primeiro que debemos pensar é que nos suxire o título. Cal é para nós a última frontera? Cando se pode pensar en viaxar cara ela? Quen queremos que nos acompañe nesa aventura?

Bos títulos, tamén para a infancia 22.10.2024

Pensando neste asunto, ademais de libros para mocidade, tamén me acordei dun par de títulos que me gustaron. Curtiños pero moi axeitados. Un deles é Vou! de Elena Andrés publicado por Galaxia. O outro Estou ocupado!.

Outros títulos moi bos 08.10.2024

Cóntase que nunha ocasión se xuntaron dous escritores e falaron. Un tiña un gran título pero non daba atopado o relato. O outro tiña unha boa historia pero os títulos que lle pasaban pola cabeza non lle facían xustiza… Que pasaría? Nós imos continuar con outras dúas novelas que ao noso entender contan con bos títulos e un magnífico contido. Unha delas é Que me pare o corazón se te esquezo de Andre...

Títulos que nos impresionan 24.09.2024

Ningunha estrela levará o meu nome é un deles. Fainos pensar, que historia pode haber detrás? Porque igual non hai estrelas suficientes no firmamento para nomearnos, ou certamente, somos insignificante e non o merecemos. Unha historia de Antonio Manuel Fraga publicada na colección oqueleo de Obradoiro hai pouco tempo. Anxos en tempos de chuvia   de Miguel Vázquez Freire publicada na colección Fóra...

De animais e lembranzas 25.06.2024

Dous traballos moi diferentes. O último libro CD de Paco Nogueiras, o músico que lle pon sintonía ao noso podcast, leva o título de Son animal porque todos os poemas cancións están protagonizados por animais: o can, a vaca, o burro, o gato, a cabra, a galiña o porco, o mosquito, o parrulo, a ra e o grilo. O último libro de Concha Blanco (Eu tamén fun pequena) no que se recollen os contos que todas...

Músicos 11.06.2024

Mozart e Haydn en Galicia . Trátase de libros protagonizados por grandes músicos que viaxan a Galicia. Fina Casalderrey trouxo a Mozart en O xenio da Cidade do Sal , un libro ilustrado por Xosé Cobas e cun CD con música coordinado e interpretado polo frautista Luís Soto e publicado por Xerais.  Agora escribe Suso de Toro, tamén para Xerais, co mesmo ilustrador e coa música incorporada de Fisión At...

Libros das Letras para a infancia 14.05.2024

Por moi difícil que pareza toda a cultura está ao alcance da infancia, simplemente hai que saber como presentala. Esta afirmación confírmase cada ano cando se trata de celebrar as Letras Galegas. Sexa quen sexa a persoa homenaxeada nas escolas, dende a idade máis temperá, vai ser traballada sempre con ese aire que caracteriza as festas pero sen perder un grao de calidade. Por esta razón, os libros...

Animálgama 30.04.2024

Un novo libro de poesía infantil. Un novo autor que nunca antes escribirá para nenos e nenas. Ramón Sánchez acaba de publicar Animálgama na colección Pitiños de Antela editorial con ilustracións de Lucía Barrios.

Teño 14 anos e non é unha boa nova 11.04.2024

Teño 14 nos e non é unha boa nova de Jo Witek móstranos ese mundo no que ser muller e adolescente non é nada apetecible.  A novela está traducida por Antía Veres Xesto e ilustrada por Jimena Estívaliz. Preséntase como "Una historia chea de esperanza sobre a terrible realidade que sofren cada ano doce millóns de nenas no mundo: o matrimonio infantil." e tamén "Efi é unha das múltiples rapazas que a...

Carlos López e as historias pequenas 02.04.2024

Carlos López é Chinto, o de Pinto e Chinto, un dúo de humoristas galego formado polo debuxante David Pintor (do que xa temos falado nestes podcast) e polo guionista e autor ao que nos estamos referindo. Xuntos fan humor gráfico en La Voz de Galicia e noutros medios de comunicación, pero ademais, teñen publicado varios libros de literatura infantil xuntos (como Minimaladas e Novas minimaladas , Con...

Día do pai 19.03.2024

Hoxe é 19 de marzo, nesta data celébrase o Día do Pai. Non sabemos se é moi necesario ou se realmente é unha data organizada para o consumo. Pensada para facerlle agasallos ao pai polo feito de selo. Non imos tomalo a mal, imos aproveitalo no caso de que queirades ter un detalliño con voso pai. Seguro que o merece... Por iso, vouvos facer unha recomendación de libros que seguramente lle gusten por...

Os acartonados, os minilibros e un álbum de Kalandraka 05.03.2024

Hai pouco publicáronse dous acartoados de Eric Carle: Da cabeza aos pés (enteiramente del) e Oso pardo, oso pardo, que ves aquí? realizado con Bill Martin Jr. Trátase de libros para prelectorado que vai aprendendo o nome dos animais e as cores nun caso, e descubrindo as partes do corpo mentres xogan a moverse como algúns animais. Os minilibros son 7 libriños que veñen nunha caixa. Na actualidade h...

A esencia do humano. Día Internacional da Lingua Materna 20.02.2024

O Día Internacional da Lingua Materna celébrase anualmente o 21 de febreiro para promover a consciencia sobre a diversidade lingüística e cultural do planeta. Foi establecida pola UNESCO en 1999, e recoñecida pola ONU no 2008 Ano Internacional das Linguas. Ten a súa orixe nos feitos de Bangladesh en 1952 cando varios estudantes morreron nas protestas do Movemento pola Lingua Bengalí. A esencia do...

Dous premios: Arume de Poesía para a Infancia e Fina Casalderrey para a igualdade 06.02.2024

O premio Arume está convocado pola Fundación Neira Vilas coa colaboración de GALIX e o patrocinio de Deleite. Acaba de publicarse Os versos da mariola de Antón Cortizas que foi o poemario ganador na convocatoria anterior. O premio Fina Casalderrey de Literatura para a Igualdade, está convocado pola editorial Baía e o último premio concedido e publicado foi E que vai ser? de Adelaida Vidal.

A nave dos fatos 23.01.2024

Quen dixo que a rapazada non pode acceder á arte de todo tipo? Este é un libro homenaxe a Brueghel, O Bosco e algún pintor máis como Patinir: A nave dos fatos.

Dous libros: Monstr3s e O paso do Noroeste 09.01.2024

Dous libros: Monstr3s de Laura Parrula e Óscar Villán para criaturas pequerrechas Unha boa historia que nos fala dos medos, do temor ante "o outro", ao descoñecido ou descoñecida e a amizade que salva todas as dificultades. Para lectorado experto e xuvenil, O paso do Noroeste , unha novela gráfica que adapta aquela coa que Xavier Queipo ganou o Premio García Barros e na que traballa man a man con...

Nadal 12.12.2023

Nadal con a de agora vacacións, de agasallo, de arume ou folla do piñeiro, de ano novo, de ánimo para vivilo, de alegría para gozalo, de aí veñen os reis, de aquí estamos nós. Tempo de querernos aínda máis e demostralo con pequenos galanos, o mellor deles, xa sabemos: un libro. Hai un libro para cada un e unha de nós, nestes audios témolos e tamén no blog De libros e outros agasallos, só temos que...

Os migrantes 29.11.2023

Un libro para lectorado que comeza a ler e quere pensar. Os migrantes de Marcelo Simonetti e María Girón publicado por Kalandraka, para falar do que hai detrás desa palabra que lle dá título e está tan de actualidade. Porque... que son os migrantes? Un doce, un xogo, unha mascota...? Debemos terlles medo? Este álbum é unha fiestra aberta ás palabras e o seu significado, ao pensamento infantil, á r...

En novembro, ciencia 14.11.2023

En novembro, ciencia, porque novembro é o mes da ciencia en galego nas bibliotecas. Por iso, falaremos de libros de coñecemento, de libros de divulgación científica.

Aí ven o Samaín 31.10.2023

Samaín chámase a festa creada polos pobos celtas, entre eles o galego. Segundo as súas crenzas, a noite do 31 de outubro daba comezo o novo ano, marcando o final do tempo das colleitas ou da luz e o inicio do inverno ou estación da escuridade.

Listen to the Libros para as medras podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.