Radio Ateneo
Libros para as medras
Libros para as medras, foi o título que lle puxen a este programa. Nel imos falar de libros para bebés, para rapazada, para mocidade, para xente que aínda non acabou de medrar.
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Historias revisitadas. Libros que recollen relatos de sempre, escritos doutra maneira 03.10.2023 5:19
A reescritura de historias está moi de actualidade, darlle a volta ao conto, que o conte un narrador diferentes, que os personaxes vaian dunha historia a outra, que bo pase a ser malo e viceversa, que non repitamos todo o tempo o mesmo libro.
Estrelas galegas da ciencia 19.09.2023 5:37
Publicado por Hércules de Ediciones conta cos textos de Maite Vence, Manuel Vicente e Andrea Bures. As ilustracións son de Clara Cerviño. Estamos ante un libro de divulgación científica, un libro que nos fala de científicos e científicas galegas que son moi descoñecidos para a meirande parte da poboación. Queremos que a rapazada os coñeza, que saiba que tamén nese campo temos destacado dende Galic...
Libros de cartón para persoíñas con mans redondas e dedos gordechos 20.06.2023 6:02
Libros para prelectorado, para que non lles coste traballo pasar as páxinas e para que poidan repetir unha e outra vez a lectura, adiantándose ou seguindo ao adulto que os acompaña, coa axuda das ilustracións.
Unha volta ao mundo 06.06.2023 7:04
Un libro imprescindible. O seu título: Unha volta ao mundo . O mellor que lin nos últimos tempos. Da autoría de Joseba Sarrionandia, está ilustrado polo cubano Ares e traducido ao galego por Isaac Xubín. Un luxo, de verdade, un libro que dá que pensar a través do texto e das imaxes e na mellor tradución que podía ter. Estou segura que outras non poden ter a mesma calidade que a versión en galego.....
3 libros, 3 23.05.2023 6:55
Falamos da colección Tucán de Rodeira, o selo galego de Edebé. Facémolo pola calidade dos seus libros, pero semella que, na actualidade é a única editorial de fóra de Galicia que continúa convocando os seus premios de literatura infantil e xuvenil nas catro linguas do Estado Español e con moi boa dotación. Premios que ganaron escritores de noso como Agustín Fernández Paz, Fina Casalderrey ou Glori...
Nais 09.05.2023 3:53
O 1º domingo de maio está declarado día da nai. Por iso, aínda que con certo retraso, queremos falar de libros relacionados coas nai. Mamá e mamá vai de viaxe de Mariana Ruiz Jonhson, Eu tamén son fonte de Teresa Moure, Mamá é fantástica de Nick Butterworth e Mamá Pingüín é a mellor de Chris Haughton.
Un libro con temática moi actual, situado nun afastado oriente 25.04.2023 4:26
Hoshi. A voz da pedra fósil . Un adolescente que leva tempo sen saír do seu apartamento, entre videoxogos e comida lixo, autoexiliado da sociedade. Un nonaxenario que se nega a admitir o final da II Guerra Mundial e segue a protexer un illote. Unha chamada vainos poñer en contacto e o abismo ábrese.
Na cerna da selva é o último libro de Pere Tobaruela 11.04.2023 6:24
Pere Tobaruela, un autor querido de noso porque chegado de fóra sempre escribe en galego, porque defende a lingua e o país sempre que lle é posible. E ademais un autor que escribe para crianzas, para rapazada e mocidade. Neste caso estamos ante unha novela xuvenil.
Día do teatro 28.03.2023 4:32
O premio Anisia Miranda de Teatro convocouse o ano pasado por primeira vez, aínda que se podía dicir que dalgunha maneira substituía ao premio Estornela que a Fundación Neira Vilas convocaba en vida de Neira Vilas e Anisia Miranda. Esta vez, o premio recaeu na obra Travesía Unicornio de María Canosa. Unha escritora próxima á Fundación a través do premio Arume de Poesía para a Infancia convocado po...
Día da poesía. 21 de marzo - Unha nova dimensión 14.03.2023 6:06
O último Premio Merlín de Literatura Infantil, foi para Unha nova dimensión de Anxo Iglesias ilustrado por María Montes. Coincidindo coas datas do día da poesía (21 de marzzo) preséntase un libro de poemas que acada o premio Merlín. Pasa poucas veces pero cada vez que sucede agradecémolo, porque a narrativa ten moita proxección pero a poesía e o teatro teñen moita menos. Este é un poemario que ten...
Premio Jules Verne 28.02.2023 4:53
Hoxe falamos do último premio Jules Vernes de Literatura Infantil e Xuvenil de Xerais, a novela Cicuta para dous .
Lecturas para a paz 07.02.2023 7:05
O 30 de xaneiro celebramos o día da paz, especialmente nas escolas. Daquela, as pombas visitan á rapazada. Moitos libros falan da paz pero hoxe traemos unha novela da que leremos un fragmento. A primeira aventura de Said e Sheila de Ramón Caride.
Picasso, tamén, para aquelas persoas que non acabaron de medrar 17.01.2023 12:13
En 2023 cúmprense 50 anos da morte de Picasso. Para lembralo, que mellor que traer un par de libros que falan da súa obra máis coñecida o Guernika e a novela de Marcos Calveiro Pablo e as pombas publicado en Tambre para lectorado a partir de dez anos.
Recomendacións para este tempo de agasallos 20.12.2022 8:18
Para as crianzas, libros duros da colección Do berce á lúa, álbums ilustrados de moita calidade e con mensaxe como corresponde a estes tempos, porque contra tanta mentira precisammos consciencia. Álbums que non poden faltar en ningunha casa. Para rapazada que le pola súa conta e ten un bo grao de autonomía, algo de poesía, banda deseñada e narrativa. Para adolescentes, un par de novelas premiadas....
Unha traducción de excelencia 08.12.2022 8:04
Gústanos que os nosos libros se trasladen a outros idiomas para que teñan noticia de nós, do que nós escribimos e como o facemos. Pero tamén nos gusta que se volque ao galego, o mellor da literatura infantil e xuvenil mundial. Moitas destas traducións son realmente moi boas. E contamos con varias editoriais centradas na tradución: Sushi, Irmás Carton, Hugin e Munin...
O único que queda é o amor, de Agustín Fernández Paz 22.11.2022 10:00
O único que queda é o amor, de Agustín Fernández Paz, acadou o premio Nacional de Literatura Xuvenil. Con el rematamos este grupo de podcasts referidos a libros que falan de libros. Porque cando lemos detidamente esta obra descubrimos que o que realmente queda é o amor pola lectura, polos libros.
Catro cartas 08.11.2022 6:56
Seguimos falando de libros que falan de lectura, libros que falan de libros. Neste caso, escollemos unha absoluta referencia: Catro cartas, de Xabier P. Docampo. Preséntase así: "Catro cartas ou... cinco. En conxunto, mensaxes de amor —non sabemos se de curso legal— arredor da lectura. Catro pretextos para compartir ese mundo marabilloso da literatura, a palabra, a ficción...
Libros que falan de libros 27.10.2022 6:15
Tres libros, moi diferentes pero que teñen en común a temática da lectura. O libro de Manuel Rivas A nena lectora. Un magnífico ensaio dirixido á rapazada: Douche a miña palabra de Fran Alonso. Un novo álbum ilutrado Un universo na túa maleta de Ana Meilán.
Libros que poñen en valor a lectura 11.10.2022 6:31
Todos os libros de calidade o fan, pero hai algúns que centran a mirada nese obxectivo. Así o fai o álbum ilustrado de Eva Mejuto Cando leo. Está magnificamente ilustrado por Bea Gregores, que expresa á súa maneira o significado da lectura. Un libro publicado por Edicións Xerais de Galicia.
Dous álbums: Ao meu lado mil animais podes ser e Boas noites a todos 27.09.2022 4:42
Aquí van dous libros para pequerrechos e pequerrechas publicados polas editoriais Entrenubesycuentos e Nubeocho.
Ana e a lúa lueira 28.06.2022 6:36
Poesía e conto: Ana e a lúa lueira de Toño Núñez con ilustracións de Noemí López e música de Fernando Gómez Jácome.
O premio Merlín 2021. O neno de lume 14.06.2022 5:40
O neno de lume de Ledicia Costas acadou o último premio Merlín de literatura infantil. A autora achega unhas breves palabras antes de comezar a lectura.
Veña, avoa! 31.05.2022 5:32
Un álbum ilustrado de porquiñas: unha avoa e a súa neta. Polo tanto, unha historia interxeracional. Un libro de aprendizaxe: a avoa axuda á neta a que aprenda a andar en bicicleta, e logo será a neta a que se empeñe en que a avoa tamén aprenda a voar sobre rodas, a conquerir esa liberdade.
As letras de Florencio Delgado Gurriarán para rapazada 17.05.2022 5:18
Presentamos varios libros que nacen ao redor do 17 de maio para dar a coñecer a Florencio Delgado Gurriarán. "Polos vieiros da saudade" de Héctor Cajaraville en Xerais, Polo correo do vento publicaron "De Valdeorras e México. Terra a nosa!, Florencio Delgado Gurriarán". "Un legado infindo", un libro con pictogramas de Lucia Gómez ou "Florencio Delgado Gurriarán", dentro da colección dos Bolechas,...
Biografías de mulleres 03.05.2022 5:17
Libros que visibilizan mulleres galegas que están de centenario. Dúas mulleres, Emilia Pardo Bazán e María Casares, vistas por outras dúas mulleres: María Canosa e Bea Gregores. Libros grandes, de pastas duras, nos que texto e ilustración colaboran na biografía de mulleres enormes que fixeron máis grande o seu tempo.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.