Radio Ateneo

Libros para as medras

Arts GL ↓ 112 episodes

Libros para as medras, foi o título que lle puxen a este programa. Nel imos falar de libros para bebés, para rapazada, para mocidade, para xente que aínda non acabou de medrar.

Author

Radio Ateneo

Category

Arts

Podcast website

www.spreaker.com

Latest episode

Jun 16, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Bo tempo 19.04.2022

Transxénero. Cómic, biografía, reflexións sobre a arte... Unha novela gráfica arredor dunha biografía incompleta. Coma pezas de rompecabezas pequenos capítulos que xorden das chispas que prenden na luz de Raimundo Patiño, un autor aínda por reivindicar, un home inclasificable e incomprendido, unha obra demasiado descoñecida.

A gran tribo 05.04.2022

A gran tribo propón un xogo entre dúas linguaxes. A textual sitúanos nunha tribo india, as imaxes nunha sociedade actual.

De amores diferentes 22.03.2022

Continuaremos con álbum ilustrado e con afectos. Despois do podcast de amor cos libros de Xabier Puente Docampo, quedáronnos ganas de seguir falando de amor, noutras voces. Así chegaron os libros de Daniela Kulot, Javier Sobrino ou José Campanari.

Día da muller 08.03.2022

O libro Infantil e Xuvenil ten moito que dicir no Día da Muller, porque o imaxinario co que creamos a nova propia maneira de ver o mundo e movernos por el está conformado pola ficción. O que sucede na casa e na escola, xunto co que vemos no cine e na tv, o que temos nos libros, a música que escoitamos… vai creando un pouso do que resulta difícil librarnos. Por iso, tentamos que a música non diga o...

Día de Rosalía, agasallando libros 22.02.2022

O noso é sempre provisorio, é provisoria a normativa da nosa lingua, son provisorias as leis que deben apoiala... e ata resultou provisorio o Día de Rosalía que se celebraba o 24 de febreiro, ata que as últimas investigacións demostraron que naceu un día antes, por iso, este ano, por primeira vez, pasamos a celebrar o Día de Rosalía o 23 de febreiro. Non importa. A vida é provisional, a ciencia ca...

Día do amor, da amizade, do cariño... 08.02.2022

O 14 de febreiro deu en chamarse Día dos namorados e namoradas, pero pode que lle acaia máis chamalo: Día do amor, da amizade, do cariño, dos afectos. Para un día así, sóbrannos libros e deles imos falar, por exemplo de Bolboretas e De cores e de amores, ambos de Docampo, con imaxes do seu ilustrador de cabeceria; Xosé Cobas.

Peque mais eu 25.01.2022

Contar a morte dun ser querido, traballar esa dor a través dun álbum ilustrado. O seu nome, Peque mais eu, do selo Nubeocho. Porque é difícil, necesitamos axuda e os libros poden dárnola. Non o dubidemos!

Rumores no bosque 11.01.2022

Os álbumes ilustrados poden falar de todo. Poden ser moi planos, ter unha soa lectura e pode ser suficiente. Poden ser moi simbólicos e ter varias interpretacións... Este pode dar que falar porque vai de oralidade e distorsión, de construción dunha verdade - mentira conforme se vai contando.

Os libros infantís de Darío Xohán Cabana. Unha memoria debida 21.12.2021

Non son moitos os libros que escribe DXC para a infancia e a mocidade, pero son obras a ter moi en conta. Descubriremos hoxe cales foron estas obras e por que este autor merece tamén unha homenaxe dentro da literatura infantil e xuvenil.

Contos de obxectos, un libro póstumo de Xabier Puente Docampo 07.12.2021

Este libro está nunha sección xuvenil, pero gustará tanto a persoas adultas como á mocidade. É unha obra do autor Xabier P. Docampo, que foi, ademais dun grande escritor, un gran contador.

Para os peques da casa 16.11.2021

Un par de libros de Frédérick Stehr: Chin Bam Bum e O día das apertas.

Ledicia Costas 02.11.2021

Para tempo de defuntiños e samaín, para os días escuros da invernía... unha mirada sobre a obra de Ledicia Costas, autora de Escarlatina, a cociñeira defunta e da súa precuela Esmeraldina, a pequena defunta, de Vampira de biblioteca e tamén da serie d´Os minimortos.

Do xornal á novela. A pintora libertaria 19.10.2021

Neste caso falamos dun libro nacido dunha exposición con pinturas de Maruja Mallo e Luís Seoane que se realizou fai pouco en Galicia. Trátase de A pintora libertaria, unha novela xuvenil de Pepe Carballude.

Máis libros relacionados coa arte: de Gaudí a Kiko da Silva, pasando por David Pintor 05.10.2021

Hoxe volvemos ligar os libros coa arte, pasando por unha obra relacionada con Antonio Gaudí, un libro de David Pintor e outro de Kiko da Silva.

Libros e outras artes III 21.09.2021

Libros e outras artes: un libro da editorial Kalandraka (Mirar a pintura a través dos séculos) e a colección de arte de editorial OQO (OQ art) con dúas obras (Gran libro dos retratos de animais e Caderno de animalista)

Libros e outras artes II 27.07.2021

Libros e outras artes: a pintura nos libros da editorial Kalandraka. Porque esta editora especializada en álbum ilustrado ten unha querenza especial polo mundo da arte e demóstrao a través da publicación de libros que buscan xunguir a rapazada á arte, dende as primeiras idades.

Libros e outras artes I 13.07.2021

A colección “Unha historia para un cadro” do Museo de Belas Artes de A Coruña, un libro da editorial Bululú (Alén. A arte de explorar) e outro de Galaxia (Jan estivo alí).

Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil. Santoamaro de Antonio Fraga 29.06.2021

A novela Santoamaro é a ganadora do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2020. Unha novela moi especial na que se mestura libremente a narrativa co teatro e as mensaxes de móbil coas que comeza cada capítulo.

Premio Merlín 2020 15.06.2021

O Premio Merlín de Literatura Infantil é unha das achegas anuais de Edicións Xerais de Galicia. En pé dende 1986, ten como obxectivo fomentar a creación literaria destinada especificamente ao público infantil. Aquel primeiro premio fora para Ursula Heinze por A casa abandonada. No 2020 resultou ganadora a obra A folla azul de Andrea Maceiras.

Velloucas & Minchas 01.06.2021

O III Premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil vainos mostrar o que poden facer as maiores e as preadolescentes cando non lles queda outra que tomar as rendas contra as inxustizas.

Vai de mitoloxías 25.05.2021

A moura que creou o mundo. O mito galego da creación é unha obra publicada en 2020 na que o antropólogo Rafael Quintiá recrea e sintetiza as diferentes lendas das mouras en distintos lugares de Galicia, ao tempo que realiza un percorrido por esa cartografía, pensando na rapazada.

Xela Arias nas Letras Galegas de 2021 18.05.2021

Non te amola! é a contribución de Xela Arias á literatura infantil, un libro inédito do que se dera noticia en 1991. Nel reconstrúe a través dunha voz feita ficción os anos da infancia, unindo diferentes anécdotas.

Contrahistorias de Galicia 11.05.2021

Neste podcast falaremos de Contrahistorias de Galicia, de Antonio Reigosa, un libro moi difícil de explicar sen as súas ilustracións. Estaríamos a falar como se fose dunha exposición de pintura para persoas cegas.

Emilia Pardo Bazán, tamén para a rapazada 04.05.2021

Emilia Pardo Bazán está de centenario e por iso son moitos os eventos que se realizan arredor da súa figura. Neste podcast falaremos de libros galegos para a infancia centrados nesta figura.

Álbum ilustrado para ler e mirar 27.04.2021

Hoxe traemos un álbum ilustrado. Un deses libros que son verdadeiras alfaias, libros obxecto nos que é tan importante o texto como a ilustración. Libros que comparten linguaxes: textual e icónica, e nos que cada unha delas achega a súa riqueza. Libros para ler e ver, para mirar e compartir.

Listen to the Libros para as medras podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.