COMER E FALAR

COMER E FALAR TODO É COMEZAR-SI RADIO GALICIA

Arts GL ↓ 270 episodes

Programa sobre Gastronomía galega emitido durante 8 anos na Radio Galega, que se manterá vivo como mínimo nas redes. Despois dun ano, voltamos a estar no aire, agora en SI RADIO GALICIA. Un percorrido por todo o que ten que ver co mundo da gastronomía, do viño, productores, chefs, sen perder nunca de vista algo que nos fai o que somos, a tradición. Pero por riba de todo, as persoas que estan detras deses proxectos, que son os que fan posible as historias que contamos.

Author

COMER E FALAR

Category

Arts

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jun 25, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

COMER E FALAR SI RADIO 17_02_19 21.02.2019

Falamos con Pablo Sobrado sobre o Campeonato de Baristas de Foz. Tamén con Iago Lesta, gañador do campeonato de escolas e segundo clasificado no campeonato profesional. Con Jose Luis Oliveira, falamos sobra a nova proposta de Alvaro Villasante no restaurante Paprica de Lugo.

Comer e falar si radio 10_02_19 11.02.2019

Neste programa damos a nosa visión externa do Salón Xantar de Ourense. Falamos con Gerson Iglesias tamés sobre o "A 4 Mans" que vai a realizar con Bruno Pena na Horta da Paula en Mondoñedo. Falamos con David Rodriguez de A Mirandilla de Rinlo. Sobre o Cocido day con Lino Fervenza de Taberna A de Lino. E con Pepe Oliveira analizamos o Salón Xantar.

Comer e falar si radio 03/02/19 03.02.2019

Falamos con Xosé Rios coordinador do Campeonato de Baristas de Foz, que se vai celebrar este mes de febreiro. Despois de estar en peligro a sua celebración, afortunadamente chega a edición numero 12. Falamos con Bruno Pene de A Horta da paula polo a 4 mans que vai a levar a cabo con Gerson Iglesias. E con Alberto Ribas falamos dunha nova edición do Cocido Day

COMER E FALAR SI RADIO 27_01_19 29.01.2019

Nesta ocasión falamos con dous dos chefs nominados para o concurso Cociñeiro novo do ano do Forum Coruña. Gerson Iglesias de Adega das Caldas de Ourense e Carlos Javier González do Merenza, que de paso nos adiantou nha importante novidade cun novo proxecto no Pazo da Pena de Manzaneda. Recuperamos unha sección moi querida polos ointes, "A Marola" de Xoanqui Ameixeiras.

COMER E FALAR SI RADIO 20_01_19 21.01.2019

Nesta ocasión mantemos unha interesante charla con Leti Lagarda, unha coruñesa afincada en Londres, que conta a través do seu perfil en instagram @desesperadamenteviajera as suas viaxes. Viaxes nas que conta de xeita especial como é viaxar soa, e narra a sua última viaxe a Irán. Tamén charlamos con Miguel Gonzalez sobre a oficialización de "Cociña Ourense".

Comer e falar si radio 13_01_19 19.01.2019

Este programa o adicamos por completo a falar de pan galego. Con motivo da semana gastrocultural do EFA a Cancela que vain a estar adicado precisamente o mundo do pan, charlamos sobre estas xornadas e sobre o sector coa mestra e coordinadora desta semana Fatima Estevez.

COMER E FALAR SI RADIO 06_01_19 08.01.2019

Coñecemos de man de Ivan Dominguez o que vai a ser o seu proxecto persoal, NaDo, que abrirá en aproximadamente 20 dias en Coruña. Tamén charlamos con Adrian Felifez sobre o seu proxecto Miga máis que consolidado. Con Xoan Cannas falamos dos cursos de Cultura do viño que voltan este vindeiro mes de febrero. E facemos unha reflexión sobre a ferramenta tripadvisor e o mal uso que sufriron nestes dias...

COMER E FALAR SI RADIO 30_12_18 03.01.2019

Charlamos con Lucia Freitas de A Tafona tras recibir unha estrela Michelín. Coñecemos dous proyectos interesantes, o de Alen Tarrio no Pampín Bar e o de Tomas e Bianca con A Viaxe. E charlamos con Anxo de La Viuda en Trives e con Xiana Dominguez de Adega Chao do Couso.

COMER E FALAR SI RADIO 23_12_2018 28.12.2018

Falamos con Kike Piñeiro de A Horta do Obradoiro, tas a sua viaxe a amsterdam e facendo balance do ano. Miguel González Quintela danos máis información sobre o primeiro 4 mans que vai facer no Hotel Rustico San Jaime. E coñecemos o proxecto de Bodegas Santiago Roma co seu viño Pedranai

COMER E FALAR SI RADIO 09_12_18 14.12.2018

Programa especial adicado a tradicional Festa da pisa da Castaña do Caurel que se leva a cabo na aldea de Froxan, organizado pola asociación Fonte do Milagro e na que colabora o Concello de Folgoso do Courel. Na pisa da castaña coñecemos todo o proceso de secado da castaña entre outras moitas cousas

COMER E FALAR SI RADIO 02_12_2018 04.12.2018

Charla interesante con Conchi Zuñiga sobre o mundo das setas, e o cambio de estación. Falamos con Julio de Queixos Feijoo que veu cunha medaia de prata do World Cheese Awards. E Jorge Gago de A Maceta, contanos a sua viaxe a Arxentina e Uruguay coa Xunta de Galicia.

COMER E FALAR SI RADIO 25_11_18 29.11.2018

Neste programa falamos co chef Miguel Gonzalez Quintela, para coñecer máis de preto o seu novo proxecto persoal a fronte do Hotel Rustico San Jaime. Tamén charlamos con Willy Gómez, que vai a representar a España no campeonato panamericano de cocteleria. E rematamos con Bruno Pena Arnau da Horta da Paula en Mondoñedo, para falar sobre distintas actividades da Asociación de cociñeiros da Mariña.

COMER E FALAR SI RADIO 18_11_2018 21.11.2018

Neste programa mantemos unha charla co chef Jesús Crespo e falamos sobre o proceso no que está o proxecto que el e Lara del Rio están levando a cabo en Balieiros Corrubedo. Tamén co noso amigo José Luis Oliveira falamos dunha nova edición dos Fins de semana Gastronómicos organizados por Turismo de Porto e Norte. E tamén con Paco Teira coñecemos un pouco máis o proxecto posto en marcha por Benboa e...

COMER E FALAR SI RADIO 11_11_2018 15.11.2018

Visitamos a feira Etiqueta Negra Gourmet que se celebrou en Pontevedra esta pasada Fin de semana. Charlamos con Pepe Solla sobre a Feira e a sua próxima apertura en Compostela. Coñecemos un novo proxecto de queixos feitos con leite crú cos amigos de Bisqato. Tamen charlamos con Xesús Mazaira de Airas Moniz. O amigo Pousa fala dos seus licores e a asociación Sabor Lalín. E tamén falamos con Alvaro...

COMER E FALAR SI RADIO 04_11_2018 ESPECIAL CAUREL 07.11.2018

Voltamos de novo a terras do Caurel, na fin de semana na que se celebrou a Festa da Castaña. Falamos co pregoeiro Miguel González Quintela. Tamén coa concelleira Maricarmen Vergara. Lembramos a charla da semana anterior cos gañadores do concurso de tapas Castaña do Caurel. Falamos cos rapaces de Caurelor.

COMER E FALAR SI RADIO ESPECIAL FESTA DA CASTAÑA DO CAUREL 28_10_18 29.10.2018

Programa especial adicado a Festa da Castaña do Caurel e o 1º Concurso de Tapas "Castaña do Caurel". Falamos con Lola Castro alcaldesa de Folgoso do Caurel, e cos distintos participantes do concurso durante esta fin de semana e a fin de semana da festa, o día 3 de novembro.

COMER E FALAR SI RADIO 21_10_2018 23.10.2018

Nesta ocasión falamos co chef Ivan Domínguez tras rematar a sua etapa no grupo amicalia, repasamos esa etapa e falamos xa do seu novo proxecto. Facemos unha visita á praza de abastos de Bueu, onde falamos coas peixeiras Marga e Sheila. E rematamos falando de cogumelos coa experta Conchi Zuñiga de "Cocinando con setas"

COMER E FALAR SI RADIO 14_10_2018 16.10.2018

Neste programa falamos con Manel Rial do Restaurante Il Popolo de Cangas, tras participar no Campeonato de España de Pizza. Descubrimos o proxecto Albarro de Vinagres do Ribeiro con Xoan Pablo Lorenzo. E falamos sobre o evento Etiqueta Negra Gourmet que se vai celebrar o vindeiro mes en Pontevedra.

COMER E FALAR SI RADIO 07_10_2018 10.10.2018

Falamos con Miguel Gonzalez Quintela tras a sua participación no Enbiga Costa Rica. Tamén con Jesús Méndez da Trastienda del Cuatro pola sua participación no concurso nacional de pinchos en Valladolid. E na sección Blogueando estrease Emilio Vila de Cocina and Go.

COMER E FALAR SI RADIO 30_09_2018 01.10.2018

Nesta ocasión falamos co Chef Chechu Rey. Cunha gran traxectoria detras, dende fai 5 anos é o Chef executivo dos restaurantes de Estrella Galicia, e coñecemos un pouco mellor as suas funcións. E falamos tamen co gran "Filosofo" das Viñas, José Luis Aristegui dende a comarca de Valdeorras. Unha charla chea de importantes reflexiósn.

COMER E FALAR SI RADIO 16_09_2018 18.09.2018

Charlamos co chef Kike Piñeiro da Horta do Obradoiro pola sua viaxe a Hong Kong con productos galegos. José Crusat de Adega entreosrios sobre a vendima na IXP Iria-Barbanza. E na sección Blogueando falamos con José Luis Oliveira sobre a adega da Ribeira Sacra, Regoa.

COMER E FALAR SI RADIO 09_09_2018 10.09.2018

Nesta ocasión falamos con Ana Méndez de Reboreda Morgadío polo comezo da vendima e de paso coñecemos o seu proxecto persoal Genus de Vinum. Tamén da man de David Couñago descubrimos un novo establecemento en Vigo, Malasangre Food¬Soul. E celebramos os catro meses de programa, recuperando a primeira entrevista que fixemos, a Miguel Liboreiro de O Tobo do Lobo de Melide

Comer e falar si radio 02_09_2018 05.09.2018

Nesta ocasión coñecemos o proxecto do Restaurante Merenzao en Doade, da man do seu chef e xerente Carlos Javier González. Tamén descubrimos o "Home que pasea as carnes", Lino Fervenza de Taberna A de Lino. E pechamos co chef Miguel González Quintela sobre a viaxe a Costa Rica no Enbiga 2018.

COMER E FALAR SI RADIO 19_08_2018 21.08.2018

Nesta ocasión falamos co chef Juan Crujeiras do Restaurate Bido, tras a sua viaxe a Australia para mostrar a sua cciña e tamén sobre a sua aventura ali. Blogueamos con Jose Luis Oliveira das Pequenas Viaxes, sobre a sua recente visita a Vila Praia de Ancora con Turismo de Porto e Norte, pola festa do Bifé de Espadarte.

COMER E FALAR SI RADIO 12_08_2018 13.08.2018

Nesta ocasión falamos con Jesús Méndez Álvarez, chef de La Trastienda del Cuatro en Vigo. Tamén blogueamos con Conchi Zúñiga do Blog Cociñando con setas, sobre tamén a sua viaxe a Ecuador. E queixeamos co gran German García de Cortes de Muar sobre distintos queixos e especialmente do creado co bagazo do viño Komokabras de José Crusat.

Listen to the COMER E FALAR TODO É COMEZAR-SI RADIO GALICIA podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.