Bueno Carallo Bueno

Bueno Carallo Bueno

Comedy GL ↓ 88 episodes

Silvio e Alberte perpetran un podcast que non vai de nada e vai de todo. Non é un podcast calquera, é O MELLOR PUTO PODCAST EN GALEGO DO MUNDO.Din eles.

Author

Bueno Carallo Bueno

Category

Comedy

Podcast website

podcasters.spotify.com

Latest episode

Jun 22, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

BCB 3x10 - O doutor Asumir 22.03.2023

Alberte e Silvio son detractores do mate e non entenden como na Arxentina e no Uruguai son capaces de consumir esa p*** m*****. Con perdón, non vaia ser que caia a xira latinoamericana prevista para o outono do 2023. Tratan o novo look de Alberte, despois da súa visita á consulta do prestixioso doutor Asumir . Na exitosa sección ' PUTO PÁDEL ' vanse desvelando detalles do que será o partid...

BCB 3x09 - GABALÍ 10.03.2023

Alberte e Silvio volven á carga despois de superar as calçotades , tremendo esforzo levaron! Silvio quéixase de que comeu pouco mentres que Alberte papou UN GABALÍ . Convirten o programa nun magacín falando dos Mestre Mateo e da súa versión de marca blanca: os Oscars de Hollywood. Estrean sección do deporte que se inventou para os que non queren facer deporte: O PUTO PÁDEL . Hai reto á vista. En r...

BCB 3x08 - O Usaín Bolt dos calçots 22.02.2023

Alberte e Silvio volven ao podcast para falar de dous temas de ardente actualidade: o entroido e as calçotades . Cousas deste tempo do ano, para desfrutar e para vivir. A ver, moito coidado cos calçots , que entran ben pero saen mellor. Máis detalles no programa! Co gallo de nacemento do fillo do grandísmo Lucas Pérez, Alberte fala da actualidade da súa cativa que pasa polas visitas de portas aber...

BCB 3x07 - 50 euros pra San Benito 02.02.2023

O podcast quincenal máis irregular da historia do podcasting está de volta, xa no 2023! Con moitos temas coma sempre, con plans de xira por Sudamérica e coa vontade de atopar patrocinadores capaces de aturar as súas tolemias. Será por ideas! Silvio explica como lle levou unha pequena propina a San Benito (e quen o mandou alá) e Alberte conta as horas do podcast como traballar. Menudos mangantes. O...

BCB 3x06 - Con Manolo Falcón 21.12.2022

Co gallo da celebración destas festas sinaladas, Alberte e Silvio reciben a visita na sede do Bueno Carallo Bueno do ilustrísimo Manuel Falcón. Falouse durante máis de hora e vinte sobre moitas cousas, para non acabar chegando a ningunha conclusión. O Manolo dixo que lle pareceran tres horas. Poderedes descubrir algunha anécdota máis do Tío Pedro, a figura casi mítica do Limiao e o concurso para a...

BCB 3x05 - Puta Fuenlabrada 02.12.2022

Alberte e Silvio tocaron un pouco de todo, coma sempre. Comentaron cousas sobre Polonia e Karol Wojtyla e incluso case volven FALAR DE CAGAR.  O Mundial de Qatar, moi mal, pero algunha cousa viron os dous; non teñen remedio. Os dous teñen cousas á promocionar: Silvio inicia o seu tour mundial con 'A la sobirania per l'esquerra' e Alberte estrea o seu show 'Patrón' en Barcelona o 20 de xaneiro...

BCB 3x04 - A cagada suíza 16.11.2022

Alberte e Silvio falan neste episodio de tres cousas, aínda que en realidade acaban falando de cagar, do Toro Acuña, de Lamatumbá, Manuel Rivas ou La Pegatina. Aínda así, en realidade querían tratar o vixésimo aniversario da catástrofe do Prestige (ao final tamén falan diso!), a estrea da nova película de Rodrigo Sorogoyen 'As bestas' e o lanzamento editorial do ano en lingua catalá.  Bueno,...

BCB 3x03 - Ás cinco xa é de noite 04.11.2022

Mentres Donato chama ao golpe de Estado en Brasil, Alberte e Silvio chámano por teléfono. A conversa que teñen non ten desperdicio. Ou sí. Neste episodio anuncian o nacemento dunha nova estrela cinematográfica galega. Quen será? O programa continúa sen patrocinios malia os esforzos de Silvio e Alberte por atoparlle un... ou dous!  A volta do tío Pedro, o cambio horario e botar sestas de dúas...

BCB 3x02 - Linkedin os rumorosos 20.10.2022

A terceira tempada do Bueno Carallo Bueno continúa o seu camiño de victoria. O Mundial que está por vir -que non lles gusta, pero o fútbol sí- forma parte da conversa, pero tamén o churrasquiño que promete o noso pai, Lula da Silva, para que coman todos os cidadáns do Brasil.  Alberte tamén anuncia que quere mercar un coche e pide consello á audiencia sobre cal escoller. De segunda man, iso s...

BCB 3x01 - Lula é meu pai 05.10.2022

Lula é o noso pai, é un patrón e un paisano o candidato á presidencia da Xunta... do Brasil! Falamos das eleccións brasileiras logo da viaxe de Silvio aló, pero tamén comentamos as tremendas vacacións podcastiles -dignas dun neno de escola-. Alberte, ollo aí, estrea sección co seu GÓDEME QUE ... onde como é habitual no podcast seguirá á facer de hater . Case unha hora de programa na que Leia, a ca...

BCB 2x15 - Morra o conto 29.06.2022

Alberte e Silvio enterran a tempada cun directo de Twitch e coa confirmación de que haberá terceira tempada do podcast! A cultura galega terá que agradecer tal contribución feita desde a cidade de Barcelona. Atenderon os comentarios dos seguidores do streaming, xogaron ao concurso do tío Pedro e Alberte tampouco falou do Deportivo da Coruña.  O viño da cimeira da OTAN, galego, por suposto. E...

BCB 2x14 - Pasou un mes! 17.06.2022

Reapareceron os dos Bueno Carallo Bueno ! Un mes de programa dá para moita preparación, pero non é o caso de Silvio e de Alberte. O capítulo catorce da segunda tempada inclúe "O que vexo no metro" -de camiño da praia- e o concurso "O tío Pedro". Moita carallada para acabar falando de vacacións, COVID-19, un premio literario ou da coroneta. Non, non se falou do Depor. O 2x14 tamén se grabou en víde...

BCB 2x13 - Silvio e Alberte: galegos ilustres 17.05.2022

Cal dos dous protagonistas do podcast será primeiro o persoeiro homenaxeado nun día das Letras Galegas? A teoría de Alberte é que será el, porque, entre outras razóns, vai morrer antes. Cousas de ser un artista. Silvio discrepa do seu compañeiro, non acaba de ver claro que obra literaria van estudar os rapaces nas escolas cando recorden ao gran Alberte. Neste capítulo dan bastante guerra entre ele...

BCB 2x12 - A pomba de dios 29.04.2022

Alberte e Silvio teñen que enfrentarse ao inimigo máis poderoso que tiveron de convidado no programa: unha pomba! Pois sí, o animaliño entrou na casa de Silvio e acompañounos na gravación do programa 2x12 do mellor puto podcast en galego do mundo. Traballos universitarios, Sant Jordi pasado por auga, o tío Pedro e 'O que vexo no metro' -onde volve haber un pouco de hate, que sabemos que vos gusta-...

BCB 2x11 - Hate de máis 13.04.2022

Alberte e Silvio traballan para ofrecer aos seus seguidores un podcast de Semana Santa. O que pasa é que tanto traballar fixo que quedase un programa un pouco amargo de máis. Criticaron a Semana Santa, os pantalóns piratas, a ultradereita francesa e mesmo se atreveron a meterse coa sogra dun deles. O hate está de moda. Alberte trouxo o micro e o cable desta vez -logo de recibir 25 mensaxes de mamá...

BCB 2x10 - Non estamos para hostias 01.04.2022

Alberte e Silvio evitan falar, como xa fixo todo o mundo, da hostia que lle pegou a Will Smith a Chris Rock na gala dos Oscar. Non estamos para hostias. A sogra de Silvio caeu enriba da súa cadela e Alberte recibe un trato diferente cando vai no transporte público coa súa filla. Cousas que pasan. Tamén falan do medo que Alberte ten da Roomba que dá voltas na casa de Silvio e do partido de fútbol f...

BCB 2x09 - O podcast do que todo o mundo fala 18.03.2022

Silvio e Alberte regresan ao mellor puto podcast do mundo despois dun mes de parón por mor de outras ocupacións. ADVERTENCIA: este podcast foi gravado á hora da sesta, por se vos dá ganas de durmir. Nesta ocasión comentaron despedidas de solteiro algo tétricas, vodas en tenis, as entrevistas en Podgalego e na Lobeira Today...  Moito contido para o regreso do Bueno Carallo Bueno, onde tamén ho...

BCB 2x08 - Luis del Olmo ten bo lombo 12.02.2022

Alberte e Silvio contestan aos seus haters, falan da súa infancia e incluso comentan a estrea mundial da película de Tom Holland, 'Uncharted'. Para manter o nivel do mellor puto podcast en galego do mundo atrévense a criticar a parte da súa audiencia potencial, a xente maior do país e á súa sinceridade sen filtro. A visita do Obradoiro a Barcelona, colarse no metro e os grelos de Manolo Falcón com...

BCB 2x07 - Por fin xuntos! 28.01.2022

Alberte e Silvio comparten estudo en vivo e en directo, de novo, pero agora para quedarse. Comentan o novo equipo técnico da casa de Silvio mentres a súa cadela dorme no colo de Alberte. E na mesa había uns croissants, como debe ser. Falan das Tanxugueiras e as súas posibilidades de chegar ao Festival de Eurovisión, da terceira dose da vacina contra o COVID-19 e sobre apañar leña. Ademais Alberte...

BCB 2x06 - O despropósito 14.01.2022

Alberte fai a súa lista de propósitos realistas para 2022, un ano que Silvio comezou cunha viaxe en Praga. Que ingredientes leva unha pizza Real Madrid? Por que Silvio mercou un gorro soviético?  O mellor puto podcast en galego do mundo volve con forza tratando temas como a posible película para adultos protagonizada polo Apalpador ou o inoportuno ruxido de tripas dun amigo do programa. Veña,...

BCB 2x05 - O mellor puto twitch en galego do mundo 15.12.2021

Para celebrar o Nadal e o primeiro aniversario do podcast, Alberte e Silvio viaxaron ás instalacións de KW Radio -no Poblenou de Barcelona- para facer o seu primeiro directo en Twitch ! Así que non pensedes mal, se escoitades xente rirse non son audios enlatados...  Neste especial de Nadal falan de todo un pouco. Alberte máis enérxico ca nunca, Silvio máis faltoso aínda, se cadra. Coa partici...

BCB 2x04 - A Voz 02.12.2021

Monti Castiñeiras é un actor e actor de dobraxe galego. Pero, ademais diso, é a voz do Bueno Carallo Bueno! Tarde ou cedo ía tocarlle comparecer no programa para falar da súa traxectoria, das súas inquedanzas e do futuro do sector audiovisual na nosa lingua. Monti incluso se anima a propoñer -seguro?- títulos para este episodio do podcast.  Ademáis, Alberte e Silvio encetan o seu consultorio...

BCB 2x03 - A resaca dos Ondas 17.11.2021

Grabar un podcast o día seguinte da entrega dos Premios Ondas é un exercicio complexo. En primeiro lugar, por ver o éxito de outros programas radiofónicos e, sobre todo, porque Alberte asistiu á gala e non está moi católico. Neste episodio falan dunha viaxe de Silvio á Coruña, da experiencia de Alberte na gala dos Premios Ondas pero tamén de Manel Monteagudo, das criptomoedas ou de asuntos de Amér...

BCB 2x02 - O Manuel 03.11.2021

Alberte e Silvio superaron o parón de outubro. Logo de máis dun mes sen publicar un episodio do podcast ofrecen as súas desculpas. A ver, que foi por razóns de peso. De feito, unha das seccións senlleiras do programa agora terá que cambiar de formato, cousas da vida. Coma sempre, falan de temas de todo tipo: desde os nenos rata, pasando por Dembelé, Cruz y Raya ou Gonzalo Jácome.  Se queres p...

BCB 2x01 - Godzilla por Vimianzo 25.09.2021

Ninguén contaba con que o Bueno Carallo Bueno chegase a unha segunda tempada , tampouco Alberte e Silvio. Encetan nova tempada do mellor puto podcast en galego do mundo con voces na intro de Monti Castiñeiras e coas parvadas de sempre. Godzilla seica anda por Vimianzo a tomarlle uns viños -con pincho, claro-.   Volcáns, funcionarios, garderías e outras lerias para comentar na resaca das vacac...

Listen to the Bueno Carallo Bueno podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.