Bocachanclas Productions
ProcastiNation
Comezamos unha nova aventura do mundo podcast, facemos un lavado de cara e traemos enerxias renovadas. De estes mimbres saen estes cestos e Bocachanclas pasa a ser ProcastiNation. Bocachanclas Productions somos uns amigos que falan... falan moito... incluso de máis. As veces metémonos en sumidoiros de opinión que normalmente levannos a botar unhas risas xuntos. Nunca se nos pasara pola cabeza publicar isto, pero se uns profesionais poden facelo... por que nós non?
Author
Bocachanclas Productions
Category
Podcast website
Latest episode
Dec 29, 2023
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
King, gobernando cada librería 29.12.2023 1:33:26
O' Pablo decidiu traer un debate á mesa. Un dos escritores máis famosos do mundo. Un fenómeno cultural indubidable. Alta cultura pop ou cultura de masas sen máis? Repasamos a vida do escritor estadounidense e os seus universos. Escribindo tres novelas ó ano, temos bastante do que charlar. Tamén xogamos ás adiviñanzas. Que máis queredes? Pensamento lateral, misterioso e oscuro, para tod@s. O pr...
Arsène, un francés con moito encanto 15.12.2023 1:26:02
O' Roi trae un macguffin que tedes que descubrir escoitando o programa. O que é seguro é que relatamos dous roubos famosos, para dar un previo atractivo á súa sección. Falamos da relevancia do personaxe creado por Maurice Leblanc. Navegamos tamén polo mundo das súas adaptacións. Información, entretemento, recomentacións, debate…todo xunto aquí na vosa “pérdida de tempo”
Hogwarts traducido a videoxogo: Aventura ou Sims? 01.12.2023 1:28:32
Falamos dun videoxogo que marcou a moita xente neste 2023: Hogwarts Legacy. O’Lois, que xogou unha boa cantidade de horas, decidiu analizar un pouco polo miúdo este fenómeno. Non só de ventas, tamén para a comunidade potteriana, que non é pequena. Forza nostálxica ou algo máis? O’Roi e O’Pablo cóntannos dos seus obxetos máxicos favoritos, tamén temos un xogo sobre o propio xogo…un mundo de cousas!...
Jury Duty, máis ala dos formatos 17.11.2023 1:17:48
O’Roi quixo desta volta traernos unha serie que é varias cousas á vez: un documental, un reality e unha ficción. Si, todo xunto. Falamos tamén doutros temas que saen a raíz disto: os Mockumentary, diferentes noticias que teñen que ver cos xuízos. Moita cousa, acorde co ben que o pasamos contándoas.
Cociña, estrés e outras tolemias contemporáneas 03.11.2023 1:22:23
Fogóns. Ritmo. Unha das series favoritas dos últimos tempos. O’Lois tráenos unha viaxe a través desta ficción protagonizada por Jeremy Allen White. Analizámola, así de relax e con cariño. Aproveitamos, os tres procastinadores, para charlar de alta cociña, estrés e outras divagacións. Vide cear con nós por aí!
Cómo están ustedes?! 🤡 20.10.2023 1:11:29
Desta volta, O’Pablo quixo profundizar nunha das familias máis coñecidas dentro do entretemento ibérico: os Aragón. Aproveita tamén para darnos máis contexto previo do mundo circense. Enlazando coa temática, tamén charlamos sobre pallasos máis…escuros. Viaxe completa a pasados do mundo clown!
Descubrindo a Jeremy Rifkin 06.10.2023 1:14:52
Perder o tempo tamén pode ser debatindo. Os temas serios sonche boa fonte de intensos e “inútiles” divagares. Rifkin é un ensaísta tan polémico como prestixioso. Neste caso, Lois vaise centrar en falarnos do libro La era de la Resilencia. Vaia, imos falar da sociedade e eses temas potentes. Neste programa somos de variar, xa sabedes.
Remexendo no pasado do Baldur’s Gate 22.09.2023 1:18:10
O Baldur’s Gate está sendo unha revolución no mundo do gaming. Roi, quere aproveitar para explicarnos as orixes…irnos cara atrás e falar de como e cando comezou ese mundo do Dangeons and Dragons. Fai retrospectiva, e tamén máis alá. E, por suposto, doses do noso espíritu relaxado e absurdo para acompañar.
Verán de lecturas á sombra: Pablo & Co 08.09.2023 1:07:16
Retornamos actividade! Abrimos o programa cun variado de noticias (algunhas reais e outras non tanto). A tempada comeza coa sección de Pablo. Tráenos unha serie de recomendacións e análises literarias moi variadas. Tamén falamos do noso claro, ese perder o tempo vario pinto. Seguimos co orgullo ProcastiNoso!
Idiotas americanos dos días verdes 30.06.2023 54:58
Viaxamos á adolescencia de O’Pablo. A ese momento onde xa o neno comeza a ser un home, e quere aprender as sensacións de liberdade. Dulcificacións a parte, neste episodio (derradeiro da tempada 🥲) falamos da importancia que tivo o American Idiot de Green Day na súa carreira musical. Poñemos contexto, escoitamos temas, unha viaxe con este grupo que marcou a tanta xente. E a ti? Procastinade con nó...
Unplugged Rangers: The Movie 09.06.2023 1:18:14
A nostalxia é unha viaxe por un camiño circular que sempre volve. Desta vez paramos na estación dos 90's e damos un paseo pola epoca da musica grunge, do resurxir dos solos de guitarra e dos grupos de 5 adolescentes que se transformaban para loitar e salvar á terra: Go Go Power Rangers!
Chatbots: millóns de chimpancés aporreando teclados. 26.05.2023 1:20:24
Hoxe, sexa cando sexa para ti, temos un episodio histórico. A vida antes das IAs e a vida despois. A.I.D.I. Roi, acosado a preguntas polos outros dous, ábrenos o camiño do coñecemento para o tema. Estaremos gobernados dentro de pouco de robots IA? Non, tentamos ir máis ó básico, para entender de onde sae este boom actual. Invitámosvos a viaxar con nós, e a mandar ó mail dúbidas que tentaremos resp...
Especial Patróns: Series a Cara ou Cruz 28.04.2023 1:07:56
Somos de contrastes, porque procastinar vai coa contradicción. Neste episodio aventuràmonos con dúas series ben diferentes. Una no eido da ciencia-ficción (Fundation) e a outra realista pero nunha realidade allea para case todos: os ricos e tensos líos familiares de Succesion. Da temporada última xa falaremos, aquí tratamos as tres anteriores. Debullamos, dibagamos, entusiasmámonos. Esas cousas no...
O tiruliru dos heroes 14.04.2023 59:18
Boas xente! Aquí seguimos, perdendo o tempo. Neste novo episodio, O’Pablo tráenos músicas. Por iso o tiruliru do título. Mais non calquera, melodías significativas asociadas ó “Camiño do heroe”. Campbell, John Williams…tendes moito que descubrir aquí. Para acompañar, o noso charloteo habitual…con ganas e despreocupacións claro, iso nunca falta. Cal é a vinculación entre os leiv motivs musicais dos...
Menudos Mimemas 31.03.2023 1:07:29
Hoxe (sexa cando sexa para ti) traemos, da man de O’Roi, unha breve historia entusiástica dos memes. De onde saen? En que momento estamos nese sentido? Por suposto, comentamos tamén os nosos preferidos…certas divagacións coma sempre…”Procastimovidas”, disfrutando.
Especial Patróns: Ted Lasso e Os Nosos Discos 17.03.2023 1:04:40
Estamos tan vagos (ou non tanto) que volvemos a recuperar contido do noso Patreon. Desta vez marcámonos un mix musical xuntando os extras de Ted Lasso e un percorrido polos nosos discos preferidos.
Tier List Ridley Scott 03.03.2023 2:20:46
Segundo especial co querido Quique Lojo (2/2, de momento). Desta vez exploramos o mundo dun director máis asociado ó mundo comercial, que ten un percorrido fílmico moi variado. Tamén a nivel calidade. Debatimos, rimos, facemos o que nos gusta: perder o tempo pasándoo ben. E de paso soltar algunhas intelectualidades das que nos molan. Catro cabezas frikis dan pa moito, ou polo menos pa entreterse b...
Tier List Tim Burton 17.02.2023 2:07:59
Volvemos cos especiais. Vaia, a falar aínda máis. Uniuse a nós outro tolo, Quique Lojo, guionista e friki coma nós. Se che gusta este dibuxante-director-icono, este é o teu programa. Percorremos as películas máis puntuadas del, básicamente por non facer un programa de seis horas, que poderíamos, pero non é plan. Viaxade con nós a mundos imaxinarios oscuros pero entrañables á vez.
Unha familia pouco convencional: Os Adams 20.01.2023 1:09:30
Entramos nun mundo misterioso e divertido. O’Pablo tráenos unha familia recoñecida que non segue as convecións sociais Os Adams. Como naceron? Cal foi o seu camiño ata o éxito de Mércores. Deunos moito pa falar. Fantasías e realidades polas que Procastinamos con moito gusto.
Misterios con Lupa 06.01.2023 1:02:14
O'Roi tráenos un xogo. Falamos sobre canles de youtube que se adican a resolver películas, e sobretodo de misterios e pensamento lateral. Algo de O Xogo do Calamar...unha boa mestura entretida e entusiasta. Viaxade con nós, temos boas divagacións mais enfocadas e botamos unhas risas. Moito Procastinar para 2023! Non todo vai ser currar ou...
Especial Nadal: Cowboy Murakami 25.12.2022 1:24:58
Chegamos a estas datas cun contido moi especial. O escritor ó que din que lle negan o Novel e unha revolución no anime xaponés, Murakami e Cowboy Bebop. Espazo asiático en ProcastiNation, o teu lugar friki favorito. Charlamos sobre o literato as súas curiosidades. Tamén da serie de Netflix por suposto, que se adaptou fai uns meses e trouxo todo tipo de comentarios. Paz e Zen para tod@s!
Tempos pasados si foron mellores 09.12.2022 1:05:16
Hoxe toca unha viaxe no tempo. A non moi lonxe, a finais do século XX. Nas terras inglesas había unha xente tola á que lle deixaron experimentar. E saiu unha serie transgresora, precursora de moitas outras que podedes ver hoxe. É Spaced, e Pablo fálanos dela. E xa de paso falamos de outras tantas cousas xa que estamos. Procastinar ten sempre espazo nas nosas vidas.
Novas semánticas en tempos pesados 25.11.2022 56:51
Imos xogar coas palabras. Como fixo Rodrigo Cortés, o noso querido amigo, no seu último libro: Verbolario. Facemos un pouco de spoiler do libro (pola pasta que nos paga o salmantino) e de paso aproveitamos para inventar un concurso. Lois fálanos sobre a última creación de Cortés e fai un acto de oportunismo querendo simular algo parecido. Se tendes intriga, a escoitalo. Non é xerundio, pero quedou...
Un debate inesperado para viaxar pola Terra Media (2ª parte) 11.11.2022 1:37:26
O debate da pa moito. Desta vez máis e mellor. Súmase Iria Veiga, a contarnos a súa visión da polarizada resposta á serie de Amazon. Segue con nós Raquel BGes. Nesta ocasión profundizamos máis en Tolkien. Continuamos co misterio de Sauron, análise de diversos detalles e tamén as nosas expectativas de cara o futuro da serie. Que fai Amazon Studios coa serie máis cara da historia? Tentamos respostal...
Un debate inesperado para viaxar pola Terra Media 28.10.2022 1:05:50
Sentámonos a falar sobre Os Aneis de Poder cunha invitada de luxo: Raquel Besteiro Gestoso. Analizamos as tramas, debullamos a construcción dos personaxes. Iso si, mellor escoitar isto despois de ver a serie. Avisamos. Tamén o pasamos moi ben, non todo vai ser pensar. Esta é a primeira parte, na segunda crecerá a familia con Iria de Balea Vermella. Que tal foi a serie máis cara da historia? Descub...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.